Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Urbanística 1 Código 630G01018
Titulación
Grao en Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Martinez Suarez, Jose Luis
Correo electrónico
j.l.martinez@udc.es
Profesorado
Martinez Suarez, Jose Luis
Correo electrónico
j.l.martinez@udc.es
Web
Descrición xeral Ofrecer un corpus de coñecimentos de teoría e historia dos trazados urbanos e de útiles metodolóxicos de analise que permitan aos estudantes percibir o Proxecto Arquitectónico e o Proxecto Urbano como parte dun contexto mais amplo, desarrollando un posicionamento critico ante a cidade contemporánea
Definir a especificidade da Cidade Europea e comprender o porqué da súa existencia como un sistema de conceptos, signos, formas

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 PROXECTO BÁSICO ARQUITECTÓNICO E URBANO: aptitude ou capacidade para aplicar os principios básicos formais, funcionais e técnicos á concepción e deseño de edificios e de conxuntos urbanos, definindo as súas características xerais e as prestacións que se acadan.
A2 PROXECTOS DE EXECUCIÓN: aptitude ou capacidade para elaborar proxectos integrais de execución de edificios e espazos urbanos en grao de definición suficiente para a súa completa posta en obra e equipamento de servizos e instalacións.
A3 DIRECCIÓN DE OBRAS: aptitude ou capacidade para dirixir obras de edificación e urbanización desenvolvendo proxectos, replanteando no terreo, aplicando os procedementos de construción adecuados e coordinando oficios e industrias.
A4 PROGRAMACIÓN FUNCIONAL: aptitude ou capacidade para elaborar programas de edificios, considerando os requisitos de clientes e usuarios, analizando os precedentes e as condicións de localización aplicando estándares e establecendo dimensións e relacións de espazos e equipos.
A5 INTERVENCIÓN NO PATRIMONIO EDIFICADO: aptitude ou capacidade para intervir nos edificios de valor histórico, coordinar estudos históricos e arqueolóxicos sobre eles, elaborar os seus plans directores de conservación e redactar e executar os proxectos de restauración e rehabilitación.
A7 SUPRESIÓN DE BARREIRAS: aptitude ou capacidade para deseñar e executar edificios e espazos urbanos aptos para as persoas con diferentes capacidades físicas ou para adaptar con este fin os xa existentes.
A9 CRÍTICA ARQUITECTÓNICA: aptitude ou capacidade para analizar morfolóxica e tipoloxicamente a arquitectura e a cidade e para explicar os precedentes formais e programáticos das solucións proxectuais.
A12 PROXECTO DE ACONDICIONAMENTO AMBIENTAL: aptitude ou capacidade para concibir, deseñar, calcular, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar solucións de acondicionamento ambiental, incluíndo o illamento térmico e acústico, o control climático, o rendemento enerxético e a iluminación natural, así como para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos.
A19 ADECUACIÓN MEDIOAMBIENTAL: aptitude ou capacidade para realizar estudos medioambientais e paisaxísticos, e definir medidas de protección fronte ao impacto ambiental.
A20 PROXECTO DE ESPAZOS LIBRES: aptitude ou capacidade para redactar e executar trazados urbanos e proxectos de urbanización e de xardinería, así como os de obra civil e complementaria asociada a eles.
A21 PROXECTO DE OBRA CIVIL: aptitude ou capacidade para concibir, deseñar, calcular e executar as solucións de obra civil asociadas á edificación e aos conxuntos urbanos, así como para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos.
A22 CONSERVACION DE INSTALACIÓNS: aptitude ou capacidade para analizar, controlar a calidade e definir as condicións de mantemento das instalacións de subministro e evacuación de augas, electricidade, iluminación artificial, calefacción, aclimatación, transporte mecánico, comunicacións audiovisuais, seguridade e protección contra incendios.
A25 PROXECTO DE SEGURIDADE EN INMOBLES: aptitude ou capacidade para concibir, deseñar, calcular, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar solucións de seguridade, de evacuación de persoas e de protección contra incendios, tanto activas como pasivas, asi como para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos.
A29 ANÁLISE TÉCNICO DE PROXECTOS: aptitude ou capacidade para elaborar estudos de viabilidade e exercer a supervisión, control e coordinación de proxectos integrados de edificación e de conxuntos e espazos urbanos.
A30 XESTIÓN DE NORMAS URBANÍSTICAS: aptitude ou capacidade para aplicar as normas urbanísticas e xestionar a obtención de licenzas nos proxectos integrados e na execución, tanto de obras de edificación como de espazos urbanos.
A34 FUNCIÓNS PRÁCTICAS E SIMBÓLICAS: comprensión ou coñecemento dos métodos de estudo dos procesos de simbolización da ergonomía e das relacións entre o comportamento humano, o entorno natural ou artificial e os obxectos, de acordo cos requirimentos e a escala humanos.
A35 SOCIOLOXÍA RESIDENCIAL: comprensión ou coñecemento dos métodos de estudo das necesidades e demandas sociais, dos compoñentes da calidade de vida, das condicións de habitabilidade e dos programas básicos de vivenda.
A36 SOCIOLOXÍA CULTURAL: comprensión ou coñecemento das implicacións que nas funcións e responsabilidades sociais do arquitecto ten as necesidades, valores, normas de conduta e de organización e patróns espaciais e simbólicos determinados pola pertenza a unha cultura.
A37 ANÁLISE DE FORMAS: comprensión ou coñecemento das leis da percepción visual e da proporción, as teorías da forma e da imaxe, as teorías estéticas da cor e os procedementos de estudo fenomenolóxico e analítico das formas arquitectónicas e urbanas.
A42 TEORÍA XERAL DA ARQUITECTURA: comprensión ou coñecemento das teorías da arquitectura pasadas e presentes, especialmente as relativas á interdependencia de formas, usos e técnicas, á estrutura formal, ao estudo dos tipos e aos métodos de composición de edificios e espazos abertos.
A43 HISTORIA XERAL DA ARQUITECTURA: comprensión ou coñecemento da historia xeral da arquitectura, tanto en si mesma como na súa relación coas artes, as técnicas, as ciencias humanas, a historia do pensamento e os fenómenos urbanos.
A44 BASES DA ARQUITECTURA OCCIDENTAL: comprensión ou coñecemento das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental e dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
A47 ECOLOXÍA E SOSTENIBILIDADE: comprensión ou coñecemento da responsabilidade do arquitecto respecto aos principios básicos de ecoloxía, de sostenibilidade e de conservación dos recursos e do medio ambiente na edificación, o urbanismo e a paisaxe.
A48 SOCIOLOXÍA E HISTORIA URBANAS: comprensión ou coñecemento das relacións entre o medio físico e o medio social e as bases da teoría e a historia dos asentamentos humanos, da socioloxía, da economía urbana e da estadística como fundamentos dos estudos territoriais e urbanísticos.
A49 CIENCIAS DO MEDIO FÍSICO: comprensión ou coñecemento das bases de climatoloxía, xeomorfoloxía, xeoloxía, hidroloxía e edafoloxía precisas para abordar os estudos territoriais, urbanísticos e paisaxísticos.
A50 MORFOLOXÍA E REPRESENTACIÓN DO TERREO:comprensión ou coñecemento das bases de topografía, hipsometría e cartografía e das técnicas de modificación do terreo precisas para realizar estudos e proxectos de carácter territorial, urbanístico e paisaxístico e para practicar deslindes e parcelacións.
A51 BASES DE XARDINERÍA: comprensión ou coñecemento das bases de botánica, horticultura, floricultura e silvicultura e as técnicas de hidráulica precisas para realizar estudos e proxectos de xardín, de paisaxe e de urbanización.
A52 MÉTODOS URBANÍSTICOS: comprensión ou coñecemento dos fundamentos metodolóxicos do planeamento urbano a diferentes escalas e da ordenación territorial e metropolitana, na súa relación co deseño urbano e edificatorio.
B1 Aprender a aprender.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B9 Creatividade.
B10 Sensibilidade estética.
B11 Capacidade de análise e síntese.
B14 Habilidade gráfica xeral.
B18 Razoamento crítico.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B22 Traballo en colaboración con responsabilidades compartidas.
B24 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
B27 Liderado.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprensión dos fundamentos metodolóxicos do planeamento urbano a diferentes escalas e da ordenación territorial e metropolitana, na súa relación co deseño urbano e edificatorio. A1
A2
A3
A4
A5
A7
A9
A12
A19
A20
A21
A22
A25
A29
A30
A34
A35
A37
A42
A47
A48
A49
A51
A52
B1
B5
B7
B11
B24
Ofrecer un corpus de coñecimentos de teoría e historia dos trazados urbanos e de útiles metodolóxicos de analise que permitan aos estudantes percibir o Proxecto Arquitectónico e o Proxecto Urbano como parte dun contexto mais amplo, desarrollando un posicionamento critico ante a cidade contemporánea A19
A20
A21
A22
A36
A50
A52
B5
B6
B14
B18
B20
C1
Definir a especificidade da Cidade Europea e comprender o porqué da súa existencia como un sistema de conceptos, signos, formas. A43
A44
B9
B10
B11
B22
B27
C6

Contidos
Temas Subtemas
TEORÍAS E HISTORIA DOS TRAZADOS URBANOS.
TEORÍA URBANISTICA MEDIEVAL
01._.A CIDADE MEDIEVAL. A CIDADE PECHADA.

TEORIA RENACENTISTA DA CIDADE
02._ A CIDADE COMO PROXECTO DE ARQUITECTURA.
03._A CIDADE BARROCA. DO EMBELLISMENT PARCIAL AO EMBELLISMENT TOTAL.

REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E CIDADE
04._MODELOS DE ORGANIZACIÓN ESPACIAL ANTIURBANA.
05._A DIALÉCTICA REFORMA URBANA / EXTENSION URBANA.

TEORÍA URBANÍSTICA MODFERNA
Análise Científica dos problemas urbanos
06._A URBANISTICA COMO CIENCIA: CERDÁ. TEORÍA GENERAL DE LA URBANIZACIÓN
07._O PLANO REGULADOR E ZONING.
As grandes propostas para a cidade contemporánea
08._CIDADE XARDIN.
09._CIDADE LINEAL.
10._CIDADE INDUSTRIAL.
As teorías sobre a gran cidade
11._GROSSTADT-METROPOLIS.
12._LE CORBUSIER. HILBERSEIMER. WRIGHT
13._CIAM: A CIDADE FUNCIONAL
A construcción da cidade contemporánea. O Urbanismo coa cidade
14._A URBANÍSTICA CONTEMPORÁNEA
ELEMENTOS DE ANALISE URBANO.
A._O LUGAR

B._OS TRAZADOS

C._OS TECIDOS

D._COMPOÑENTES:
1.A PARCELA.
2.A ILLA.
3.AS RÚAS E A PLAZA.
4.ESPACIOS LIBRES E ZONAS VERDES: PARQUES.
5.O TIPO EDIFICATORIO.
6.OS EQUIPAMENTOS.


PRÁCTICAS ANALISIS URBAN O TEMA CENTRAL DO CURSO É O ANÁLISIS E ESTUDO DOS TECIDOS URBÁNS PROTOTÍPICOS DA CIDADE EUROPEA.
CONTEXTOS DOS TRABALLOS:
1. CIDADE HISTORICA:
- CIDADE DE ORIXE MEDIEVAL: CIDADE E ARRABÁIS.
- EXTENSIONS URBANAS: ENSANCHES
2. CIDADE CONTEMPORÁNEA:
- PLANS DE ALINEACIÓNS, PLANS XERÁIS
- POLÍGONOS
- ESCALA TERRITORIAL DO URBANO

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Portafolios do alumno A3 A5 A7 A9 A12 A20 A21 A22 A25 A29 A34 A35 A36 A37 A42 A47 A48 A49 A50 A51 B1 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B14 B18 B20 B24 B27 C1 C6 0 144 144
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A7 A9 A12 A19 A20 A21 A22 A25 A29 A30 A34 A35 A36 A37 A42 A43 A44 A47 A48 A49 A50 A51 A52 B1 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B14 B18 B20 B22 B24 B27 C1 C6 4 0 4
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Portafolios do alumno Revisaranse os portafolios dos alumnos que terán que elaborar durante todo o curso académico: O PORTFOLIO é un documento imprescindible de aproximacion do alumno a través das técnicas de representacion gráfica (dibuxo, fotografía, collage...) e da reflexion teórica á lectura da cidade nos diferentes ámbitos espaciáis prototípicos estudiados.
No portfolio o dibuxo reproducirá a mirada do alumno a través da consciencia das diferentes escalas de aproximación e identificación do específicamento urbanístico, facendo fincapé nas RELACIÓNS sobre as que opera consciente ou inconscientemente o PROXECTO URBANÍSTICO ou o propio PROXECTO ARQUITECTÓNICO, enriquecendo ou empobrecendo o ámbito de actuación.
Proba mixta Exame final da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Descrición
Os profesores de prácticas realizarán un seguimento persoalizado dos traballos dos alumnos. As prácticas dos Obradoiros se realizarán como máximo en grupos de 3 persoas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A3 A5 A7 A9 A12 A20 A21 A22 A25 A29 A34 A35 A36 A37 A42 A47 A48 A49 A50 A51 B1 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B14 B18 B20 B24 B27 C1 C6 Descrición grafica e escrita con dibuxos de perspectiva, plantas e seccións dos tecidos prototípicos da cidade europea reflexo das percepcións do alumno 30
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A7 A9 A12 A19 A20 A21 A22 A25 A29 A30 A34 A35 A36 A37 A42 A43 A44 A47 A48 A49 A50 A51 A52 B1 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B14 B18 B20 B22 B24 B27 C1 C6 Proba composta de contidos teóricos e contidos prácticos
Os contidos teóricos da materia serán os impartidos nas sesións maxistrais e tamén a información colgada na plataforma moodle.
Será obligatorio para superar a materia ter aprobada esta proba mixta individual
70
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica L. Benevolo (). Diseño de la Ciudad 1, 2, 3, 4 e 5. Gustavo Gili
A. E. J. Morris (1994). Historia de la Forma Urbana. Gustavo Gili
B. Gravagnuolo (1998). Historia del urbanismo en Europa. 1750-1960. Akal
G. Cannigia- G.L. Maffei (). Tipologia de la Edificación. Estructura del Espacio Antrópico.. Celeste Ediciones

- ETSA. Barcelona. Laboratorio de Urbanismo (). - LUB: Formas de Crecimiento Urbano. Edicions UPC.

- L. Benevolo (). Diseño de la Ciudad 1, 2, 3, 4 e 5. Gustavo Gili

- A. E. J. Morris (1994). Historia de la Forma Urbana. Gustavo Gili

- B. Gravagnuolo (1998). Historia del urbanismo en Europa. 1750-1960. akal

- G. Cannigia- G.L. Maffei (). Tipologia de la Edificación. Estructura del Espacio Antrópico. Celeste Ediciones

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Análise Arquitectónico 1/630G01012

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Proxectos 4/630G01016
Análise Arquitectónico 2/630G01017

Materias que continúan o temario
Urbanística 2/630G01024

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías