Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Urbanística 2 Código 630G01024
Titulación
Grao en Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Libre elección 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo
Coordinación
Creus Andrade, Juan Jose
Correo electrónico
juan.creus@udc.es
Profesorado
Beltran Pedreira, Jose Ricardo
Conde Garcia, Jesus
Creus Andrade, Juan Jose
Liebe , Juan
Correo electrónico
ricardo.beltran@udc.es
jesus.conde@udc.es
juan.creus@udc.es
jan.liebe@udc.es
Web
Descrición xeral O curso plantease como unha introducción xeral aos diversos temas que se desenrolarán máis adiante en sucesivas asignaturas da area de urbanismo. Tratarase de introducir ó alumno na disciplina urbanística, familiarizándoo con coñecementos de carácter instrumental e básico que faciliten, en niveis superiores, o seu su enfrontamento co proxecto de escala territorial e urbana. A asignatura estructúrase en dúas partes: teoría e práctica, estreitamente relacionadas e que se desenrolan paralelamente ao longo do curso. A avaliación do alumno dependerá, ademáis da súa participación na materia específica, na que se estima unha asistencia mínima obligatoria dun 80%, da participación e entregas realizadas no conxunto do Taller 5, a onde se vincula a parte práctica principal da asignatura.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 PROXECTO BÁSICO ARQUITECTÓNICO E URBANO: aptitude ou capacidade para aplicar os principios básicos formais, funcionais e técnicos á concepción e deseño de edificios e de conxuntos urbanos, definindo as súas características xerais e as prestacións que se acadan.
A2 PROXECTOS DE EXECUCIÓN: aptitude ou capacidade para elaborar proxectos integrais de execución de edificios e espazos urbanos en grao de definición suficiente para a súa completa posta en obra e equipamento de servizos e instalacións.
A3 DIRECCIÓN DE OBRAS: aptitude ou capacidade para dirixir obras de edificación e urbanización desenvolvendo proxectos, replanteando no terreo, aplicando os procedementos de construción adecuados e coordinando oficios e industrias.
A4 PROGRAMACIÓN FUNCIONAL: aptitude ou capacidade para elaborar programas de edificios, considerando os requisitos de clientes e usuarios, analizando os precedentes e as condicións de localización aplicando estándares e establecendo dimensións e relacións de espazos e equipos.
A5 INTERVENCIÓN NO PATRIMONIO EDIFICADO: aptitude ou capacidade para intervir nos edificios de valor histórico, coordinar estudos históricos e arqueolóxicos sobre eles, elaborar os seus plans directores de conservación e redactar e executar os proxectos de restauración e rehabilitación.
A7 SUPRESIÓN DE BARREIRAS: aptitude ou capacidade para deseñar e executar edificios e espazos urbanos aptos para as persoas con diferentes capacidades físicas ou para adaptar con este fin os xa existentes.
A9 CRÍTICA ARQUITECTÓNICA: aptitude ou capacidade para analizar morfolóxica e tipoloxicamente a arquitectura e a cidade e para explicar os precedentes formais e programáticos das solucións proxectuais.
A12 PROXECTO DE ACONDICIONAMENTO AMBIENTAL: aptitude ou capacidade para concibir, deseñar, calcular, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar solucións de acondicionamento ambiental, incluíndo o illamento térmico e acústico, o control climático, o rendemento enerxético e a iluminación natural, así como para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos.
A19 ADECUACIÓN MEDIOAMBIENTAL: aptitude ou capacidade para realizar estudos medioambientais e paisaxísticos, e definir medidas de protección fronte ao impacto ambiental.
A20 PROXECTO DE ESPAZOS LIBRES: aptitude ou capacidade para redactar e executar trazados urbanos e proxectos de urbanización e de xardinería, así como os de obra civil e complementaria asociada a eles.
A25 PROXECTO DE SEGURIDADE EN INMOBLES: aptitude ou capacidade para concibir, deseñar, calcular, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar solucións de seguridade, de evacuación de persoas e de protección contra incendios, tanto activas como pasivas, asi como para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos.
A29 ANÁLISE TÉCNICO DE PROXECTOS: aptitude ou capacidade para elaborar estudos de viabilidade e exercer a supervisión, control e coordinación de proxectos integrados de edificación e de conxuntos e espazos urbanos.
A30 XESTIÓN DE NORMAS URBANÍSTICAS: aptitude ou capacidade para aplicar as normas urbanísticas e xestionar a obtención de licenzas nos proxectos integrados e na execución, tanto de obras de edificación como de espazos urbanos.
A34 FUNCIÓNS PRÁCTICAS E SIMBÓLICAS: comprensión ou coñecemento dos métodos de estudo dos procesos de simbolización da ergonomía e das relacións entre o comportamento humano, o entorno natural ou artificial e os obxectos, de acordo cos requirimentos e a escala humanos.
A35 SOCIOLOXÍA RESIDENCIAL: comprensión ou coñecemento dos métodos de estudo das necesidades e demandas sociais, dos compoñentes da calidade de vida, das condicións de habitabilidade e dos programas básicos de vivenda.
A37 ANÁLISE DE FORMAS: comprensión ou coñecemento das leis da percepción visual e da proporción, as teorías da forma e da imaxe, as teorías estéticas da cor e os procedementos de estudo fenomenolóxico e analítico das formas arquitectónicas e urbanas.
A42 TEORÍA XERAL DA ARQUITECTURA: comprensión ou coñecemento das teorías da arquitectura pasadas e presentes, especialmente as relativas á interdependencia de formas, usos e técnicas, á estrutura formal, ao estudo dos tipos e aos métodos de composición de edificios e espazos abertos.
A43 HISTORIA XERAL DA ARQUITECTURA: comprensión ou coñecemento da historia xeral da arquitectura, tanto en si mesma como na súa relación coas artes, as técnicas, as ciencias humanas, a historia do pensamento e os fenómenos urbanos.
A47 ECOLOXÍA E SOSTENIBILIDADE: comprensión ou coñecemento da responsabilidade do arquitecto respecto aos principios básicos de ecoloxía, de sostenibilidade e de conservación dos recursos e do medio ambiente na edificación, o urbanismo e a paisaxe.
A48 SOCIOLOXÍA E HISTORIA URBANAS: comprensión ou coñecemento das relacións entre o medio físico e o medio social e as bases da teoría e a historia dos asentamentos humanos, da socioloxía, da economía urbana e da estadística como fundamentos dos estudos territoriais e urbanísticos.
A49 CIENCIAS DO MEDIO FÍSICO: comprensión ou coñecemento das bases de climatoloxía, xeomorfoloxía, xeoloxía, hidroloxía e edafoloxía precisas para abordar os estudos territoriais, urbanísticos e paisaxísticos.
A50 MORFOLOXÍA E REPRESENTACIÓN DO TERREO:comprensión ou coñecemento das bases de topografía, hipsometría e cartografía e das técnicas de modificación do terreo precisas para realizar estudos e proxectos de carácter territorial, urbanístico e paisaxístico e para practicar deslindes e parcelacións.
A51 BASES DE XARDINERÍA: comprensión ou coñecemento das bases de botánica, horticultura, floricultura e silvicultura e as técnicas de hidráulica precisas para realizar estudos e proxectos de xardín, de paisaxe e de urbanización.
A52 MÉTODOS URBANÍSTICOS: comprensión ou coñecemento dos fundamentos metodolóxicos do planeamento urbano a diferentes escalas e da ordenación territorial e metropolitana, na súa relación co deseño urbano e edificatorio.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B9 Creatividade.
B10 Sensibilidade estética.
B18 Razoamento crítico.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B27 Liderado.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O estudante debe saber o que é a cartografía e como se elabora. Debe saber como se utiliza, recoñecer a súa linguaxe, os elementos que a compoñen, así como a metodoloxía utilizada para coñecer e representar o medio, tanto dende a súa compoñente física, como construida e humana. A12
A19
A34
A35
A37
A47
A48
A49
A50
B5
B10
B18
B20
C6
C7
O estudante debe de saber da normativa aplicable ao espacio de estudio, recoñecer os niveis de aplicación e coñecer a estrutura dos documentos urbanísticos. Debe saber establecer límites de solo, recoñecer cualidades e propoñer o seu uso axeitado. A4
A7
A19
A25
A30
A52
B5
B9
B18
B20
C6
C7
O estudante debe coñecer o significado dos elementos e relacións que definen a estrutura urbana, entendendo as consecuencias do manexo da tipoloxía edificatoria e o deseño do espazo público. Debe saber describir unha tipoloxía arquitectónica feita por el e definir o espazo público relacionado coa movilidade e a estancia. A9
A12
A20
A30
A42
A43
A50
A51
B5
B9
B10
B18
B20
C6
C7
O estudante debe alcanzar a competencia para dirixir e integrarse nun equipo multidisciplinar capaz de elaborar documentos de información urbanística relacionados coa ordenación do territorio, a diferentes escalas, interpretando a normativa urbanística e os elementos da estrutura urbana dende unha óptica propositiva. A1
A2
A3
A5
A7
A12
A19
A29
A30
B5
B9
B10
B18
B20
B27
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO I:
INFORMACIÓN URBANÍSTICA
I.I. CONCEPTO
I.II. FONTES
I.III. CARTOGRAFÍA. GIS
I.IV. METODOLOXÍA. MEDIO FÍSICO
I.V. METODOLOXÍA. MEDIO CONSTRUIDO E HUMANO
MÓDULO II:
MARCO LEGAL
II.I. LEXISLACIÓN
II.II. CLASIFICACIÓN DO SOLO
II.III. INSTRUMENTOS DE PLANEAMENTO TERRITORIAL
II.IV. INSTRUMENTOS DE PLANEAMENTO MUNICIPAL
MÓDULO III:
ESTRUCTURA URBANA
III.I. ESPACIO PÚBLICO E SISTEMAS
III.II. USOS DO SOLO E PARCELACIÓN
III.III. TIPOS EDIFICATORIOS
III.IV. PAISAXE URBANO

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A7 A9 A12 A19 A20 A29 A30 A34 A35 A37 A42 A43 A47 A48 A49 A50 A51 A52 B9 B10 B18 C6 30 15 45
Obradoiro A2 A3 A5 A7 A9 A12 A19 A20 A25 A29 A30 A34 A35 A37 A49 A50 A51 A52 B5 B9 B10 B18 B20 B27 C7 40 40 80
Saídas de campo A2 A5 A7 A12 A19 A20 A29 A30 A34 A35 A37 A47 A50 A51 A52 B5 B9 B10 B20 B27 C7 2 0 2
Discusión dirixida A1 A2 A4 A5 A7 A9 A12 A19 A20 A30 A34 A37 A47 A49 A50 A51 A52 B5 B9 B10 B18 B20 B27 C6 C7 2 0 2
Proba mixta A1 A2 A4 A9 A12 A19 A20 A30 A34 A35 A37 A42 A43 A47 A48 A49 A50 A51 A52 B10 B18 B20 C6 1 1 2
Presentación oral A1 A2 A4 A9 A12 A19 A20 A30 A34 A35 A37 A47 A49 A52 B5 B9 B10 B18 B20 B27 C6 C7 10 0 10
Lecturas A1 A2 A4 A5 A7 A9 A12 A19 A20 A30 A34 A35 A37 A42 A43 A47 A48 A49 A50 A51 A52 B9 B10 B18 B20 C6 1 7 8
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral os distintos temas relevantes para o desenvolvemento do obradoiro serán obxecto de sesións maxistrais.
Obradoiro traballo de análisis, planificación territorial e deseño urbano. Desenrólase vinculado ao Taller 5, onde se definen os contidos da práctica, obxectivos, documentación e entregas.
Saídas de campo considérase fundamental o coñocemento do territorio obxeto do análise, polo que a visita ao lugar elixido para o traballo é fundamental.
Discusión dirixida os resultados do obradoiro serán obxecto de discusións dirixidas ao longo do curso.
Proba mixta ao final do curso o alumno realizará unha proba mixta (de xeito indiviual) na que se comprobarán os coñecementos adquiridos ao longo do curso académico.
Presentación oral os traballos elaborados no obradoiro serán presentados públicamente.
Lecturas ao longo do curso indícanse unha serie de lecturas de apoio que son de grande utilidade para facilitar o entendemento e asimilación dos coñecementos teóricos así como para establecer pautas e abrir posibilidades que orienten o traballo no obradoiro.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Discusión dirixida
Saídas de campo
Lecturas
Descrición
centrarase no seguimento do traballo realizado polos alumnos, no que se pretende a aplicación dos coñecementos explicados na teoría

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A2 A3 A5 A7 A9 A12 A19 A20 A25 A29 A30 A34 A35 A37 A49 A50 A51 A52 B5 B9 B10 B18 B20 B27 C7 O traballo final valorarase nas súas vertentes analítica, planificadora e de deseño. O traballo práctico estará relacionado coa práctica do Taller 5, de tal maneira que, tanto o texto como as entregas formarán parte dos contidos do mesmo. As entregas serán únicas e para a avaliación do alumno será imprescindible ter participado e entregado de forma completa o traballo do taller. O non cumprimento deste requisito, consensuado e ratificado na Xunta de Evaluación do Taller, suporá a calificación de Non Presentado. 50
Proba mixta A1 A2 A4 A9 A12 A19 A20 A30 A34 A35 A37 A42 A43 A47 A48 A49 A50 A51 A52 B10 B18 B20 C6 Consistirá nun exame escrito que pode constar de preguntas de resposta multiple ou resposta breve, no que se valoran os coñecementos que o alumno ten sobre as cuestións fundamentais da teoría, mais tamén poderá constar dalgunha pregunta para desenrolar algún tema relacionado coa parte práctica da asignatura. 50
 
Observacións avaliación
Trátase dunha Avaliación Continua, controlada mediante a asistencia a clase completada coa realización de probas teórico-prácticas que permiten comprobar que o estudante asimilou os contidos conceptuais e procedimentais propios da asignatura. A avaliación do alumno dependerá, ademáis da súa participación na materia específica, na que se estima unha asistencia mínima obligatoria dun 80%, da participación e entregas realizadas no conxunto de Taller 5, a onde se vincula a parte práctica principal da asignatura. Tanto a non realización das probas propostas como o incumprimento de asistencia ou de entregas suporá un Non Presentado como calificación da convocatoria. En cualquera caso, a calificación final da asignatura será valorada coa media que resulta
das calificacións tanto das probas escritas e examen como as probas teórico
prácticas. O coñecemento do alumno deberá estar sempre en cualquera de elas por riba do 50%.
A avaliación do estudante nas convocatorias extraordinarias levarase a cabo mediante a realización dun único exame, se ben aqueles alumnos que non teñan superado a parte
correspondente ás probas teórico-prácticas, deberán tamén acreditar a corrección e realización das mesmas. 
A avaliación do estudante en sucesivas matrículas realizarase polo mesmo procedimento
arriba descrito.

A docencia a alumnos de programas de mobilidade adaptarase a condicións pedagóxicas e de traballos tutelados especiais, así como as probas e exames de avaliación.

Fontes de información
Bibliografía básica José Fariña Tojo (). Clima, Territorio y Urbanismo.
Juli Eesteban i Noguera (). Elementos de Ordenación Urbana.
Kevin Lynch (). La Imagen de la Ciudad.
Manuel Solá Morales (). Las Formas de Crecimiento Urbana.
Xunta de Galicia (). Legislación del Suelo y Directrices de Ordenación.
AAVV (). Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.
AAVV (). Publicaciones del Laboratorio de Urbanismo.
Rafael Moneo y AAVV (). Sobre el Concepto de Tipo en Arquitectura.
Laboratotio de Urbanismo (). Teoría de la proyectación arquitectónica.
AAVV (). UR.

Bibliografía complementaria C. Martínez Caro y J.L. de las Rivas (). Arquitectura urbana.
Gordon Cullen (). El Paisaje Urbano.
Carlos Martí Arís (). Formas de la Residencia en la Ciudad Moderna.
Manuel Castells (). La Cuestión Urbana.
Jan Gehl (). La Humanización del espacio urbano.
AAVV (). Quaderns.
Augusto Pérez Alberti (). Xeografía de Galicia. O medio.
Xosé M. Souto (). Xeografía Humana.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Proxectos 1/630G01001
Proxectos 2/630G01006
Proxectos 3/630G01011
Proxectos 4/630G01016
Urbanística 1/630G01018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Proxectos 5/630G01021

Materias que continúan o temario
Proxectos 6/630G01026
Urbanística 3/630G01029
Urbanística 4/630G01032

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías