Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Urbanística 2 Código 630G01024
Titulación
Grao en Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Creus Andrade, Juan Jose
Correo electrónico
juan.creus@udc.es
Profesorado
Creus Andrade, Juan Jose
Correo electrónico
juan.creus@udc.es
Web
Descrición xeral

ESTA ASIGNATURA TIENE EXTINGUIDA SU DOCENCIA PRESENCIAL DE ACUERDO CON EL CRONOGRAMA DE IMPLANTACIÓN DE LA TITULACIÓN DE GRADO EN ESTUDIOS DE ARQUITECTURA.

O curso plantease como unha introducción xeral aos diversos temas que se desenrolarán máis adiante en sucesivas asignaturas da area de urbanismo. Tratarase de introducir ó alumno na disciplina urbanística, familiarizándoo con coñecementos de carácter instrumental e básico que faciliten, en niveis superiores, o seu enfrontamento co proxecto de escala territorial e urbana.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O estudante debe saber o que é a cartografía e como se elabora. Debe saber como se utiliza, recoñecer a súa linguaxe, os elementos que a compoñen, así como a metodoloxía utilizada para coñecer e representar o medio, tanto dende a súa compoñente física, como construida e humana.
O estudante debe saber o que é a cartografía e como se elabora. Debe saber como se utiliza, recoñecer a súa linguaxe, os elementos que a compoñen, así como a metodoloxía utilizada para coñecer e representar o medio, tanto dende a súa compoñente física, como construida e humana.
O estudante debe de saber da normativa aplicable ao espacio de estudio, recoñecer os niveis de aplicación e coñecer a estrutura dos documentos urbanísticos. Debe saber establecer límites de solo, recoñecer cualidades e propoñer o seu uso axeitado.
O estudante debe de saber da normativa aplicable ao espacio de estudio, recoñecer os niveis de aplicación e coñecer a estrutura dos documentos urbanísticos. Debe saber establecer límites de solo, recoñecer cualidades e propoñer o seu uso axeitado.
O estudante debe coñecer o significado dos elementos e relacións que definen a estrutura urbana, entendendo as consecuencias do manexo da tipoloxía edificatoria e o deseño do espazo público. Debe saber describir unha tipoloxía arquitectónica feita por el e definir o espazo público relacionado coa movilidade e a estancia
O estudante debe coñecer o significado dos elementos e relacións que definen a estrutura urbana, entendendo as consecuencias do manexo da tipoloxía edificatoria e o deseño do espazo público. Debe saber describir unha tipoloxía arquitectónica feita por el e definir o espazo público relacionado coa movilidade e a estancia.
O estudante debe alcanzar a competencia para dirixir e integrarse nun equipo multidisciplinar capaz de elaborar documentos de información urbanística relacionados coa ordenación do territorio, a diferentes escalas, interpretando a normativa urbanística e os elementos da estrutura urbana dende unha óptica propositiva.
O estudante debe alcanzar a competencia para dirixir e integrarse nun equipo multidisciplinar capaz de elaborar documentos de información urbanística relacionados coa ordenación do territorio, a diferentes escalas, interpretando a normativa urbanística e os elementos da estrutura urbana dende unha óptica propositiva.

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO I:
INFORMACIÓN URBANÍSTICA
I.I. CONCEPTO
I.II. FONTES
I.III. CARTOGRAFÍA. GIS
I.IV. METODOLOXÍA. MEDIO FÍSICO
I.V. METODOLOXÍA. MEDIO CONSTRUIDO E HUMANO
MÓDULO II:
MARCO LEGAL
II.I. LEXISLACIÓN
II.II. CLASIFICACIÓN DO SOLO
II.III. INSTRUMENTOS DE PLANEAMENTO TERRITORIAL
II.IV. INSTRUMENTOS DE PLANEAMENTO MUNICIPAL
MÓDULO III:
ESTRUCTURA URBANA
III.I. ESPACIO PÚBLICO E SISTEMAS
III.II. USOS DO SOLO E PARCELACIÓN
III.III. TIPOS EDIFICATORIOS
III.IV. PAISAXE URBANO

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro 30 60 90
Saídas de campo 3 3 6
Discusión dirixida 2 0 2
Actividades iniciais 1 0 1
Proba obxectiva 1 0 1
Traballos tutelados 7 0 7
Proba de resposta múltiple 1 0 1
Análise de fontes documentais 5 0 5
Esquemas 2 0 2
Portafolios do alumno 3 0 3
Prácticas a través de TIC 5 0 5
Lecturas 12 0 12
Sesión maxistral 13 0 13
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro traballo de análisis, planificación territorial e deseño urbano. Desenrólase vinculado ao Taller 5, onde se definen os contidos da práctica, obxectivos, documentación e entregas.
Saídas de campo considérase fundamental o coñocemento do territorio obxeto do análise, polo que a visita ao lugar elixido para o traballo é fundamental.
Discusión dirixida os resultados do obradoiro serán obxecto de discusións dirixidas ao longo do curso.
Actividades iniciais presentación das actividades a realizar no curso e inicio da busca a partir da descripción de fontes documentais básicas
Proba obxectiva proba utilizada para evaluar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc, aplicable tanto para a evaluación diagnóstica, formativa ou aditiva e pode conter tanto preguntas escritas de resposta múltiple, escritas de resposta curta, longa e de xeito gráfico.
Traballos tutelados traballos de busca de información, análise ou resumo en paralelo co traballo do obradoiro.
Proba de resposta múltiple proba obxectiva que consiste en preguntas directas con varias opcións de resposta das que unha de ellas é válida.
Análise de fontes documentais técnica metodolóxica na que se utilizan documentos audiovisuais e bibliográficos relevantes para a temática da materia e que forman parte non só da aproximación á solución dos traballos a resolver senón contido relevante dos mesmos.
Esquemas consiste na elaboración de síntesis dos principias contidos dos traballos, sendo un recurso óptimo que falicita a comprensión da realidade e a explicación das propostas.
Portafolios do alumno documentos de resumo gráfico e escrito que explican partes concretas dalgún traballo específico realizado como as maquetas que se realizan no curso ou a posta en orde da información urbanística.
Prácticas a través de TIC control do traballo individual das prácticas do obradoiro mediante TIC.
Lecturas ao longo do curso indícanse unha serie de lecturas de apoio que son de grande utilidade para facilitar o entendemento e asimilación dos coñecementos teóricos así como para establecer pautas e abrir posibilidades que orienten o traballo no obradoiro.
Sesión maxistral os distintos temas relevantes para o desenvolvemento do obradoiro serán obxecto de sesións maxistrais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Saídas de campo
Discusión dirixida
Obradoiro
Traballos tutelados
Lecturas
Descrición
Centrarase no seguimento do traballo realizado polos alumnos, no que se pretende se apliquen os coñecemetnos explicados na teoría.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva Os coñecementos instrumentais contidos no temario de docencia expositiva, teóricos e prácticos, do curso serán avaliados mediante unha proba obxectiva que pode conter tanto preguntas escritas de resposta múltiple, escritas de resposta curta, longa e de xeito gráfico. 50
Obradoiro O traballo final valorarase nas súas vertentes analítica, planificadora e de deseño. Parte do traballo práctico estará relacionado coa práctica do Taller 5, de tal maneira que, tanto o texto como as entregas formarán parte dos contidos do mesmo. As entregas serán únicas e para a avaliación do alumno será imprescindible ter participado e entregado de forma completa o traballo do taller. 50
 
Observacións avaliación

ESTA ASIGNATURA TIENE EXTINGUIDA SU DOCENCIA PRESENCIAL DE ACUERDO CON EL CRONOGRAMA DE IMPLANTACIÓN DE LA TITULACIÓN DE GRADO EN ESTUDIOS DE ARQUITECTURA.

Trátase dunha Avaliación Continua, controlada mediante a asistencia a clase completada coa realización de probas teórico-prácticas que permiten comprobar que o estudante asimilou os contidos conceptuais e procedimentais propios da asignatura. A avaliación do alumno dependerá, ademáis da súa participación na materia específica, na que se estima unha asistencia mínima obligatoria dun 80%, da participación e entregas realizadas no conxunto de Taller 5, a onde se vincula parte da práctica da asignatura. Tanto a non realización das probas propostas como o incumprimento de asistencia ou de entregas suporá un Non Presentado como calificación da convocatoria. En cualquera caso, a calificación final da asignatura será valorada coa media que resulta das calificacións tanto das probas escritas e examen como as probas teórico prácticas. O coñecemento do alumno deberá estar sempre en cualquera de elas por riba do 50%.
A avaliación do estudante nas convocatorias extraordinarias levarase a cabo mediante a realización dun único exame, se ben aqueles alumnos que non teñan superado a parte correspondente ás probas teórico-prácticas, deberán tamén acreditar a corrección e realización das mesmas. A avaliación do estudante en sucesivas matrículas realizarase polo mesmo procedimento arriba descrito.

A docencia a alumnos de programas de mobilidade adaptarase a condicións pedagóxicas e de traballos tutelados especiais, así como as probas e exames de avaliación.

Fontes de información
Bibliografía básica

Juli Eesteban i Noguera (). Elementos de Ordenación Urbana.
AAVV (). Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.
Manuel Solá Morales (). Las Formas de Crecimiento Urbana.
Rafael Moneo y AAVV (). Sobre el Concepto de Tipo en Arquitectura.
Kevin Lynch (). La Imagen de la Ciudad.
AAVV
(). UR.
AAVV (). Publicaciones del Laboratorio de Urbanismo.
José Fariña Tojo (). Clima, Territorio y Urbanismo.
Laboratotio de Urbanismo (). Teoría de la proyectación arquitectónica.
Xunta de Galicia (). Legislación del Suelo y Directrices de Ordenación.

Bibliografía complementaria

Manuel Castells (). La Cuestión Urbana.
Gordon Cullen (). El Paisaje Urbano.
Carlos Martí Arís (). Formas de la Residencia en la Ciudad Moderna.
AAVV (). Quaderns.
Xosé M. Souto (). Xeografía Humana.
Augusto Pérez Alberti (). Xeografía de Galicia. O medio.
C. Martínez Caro y J.L. de las Rivas (). Arquitectura urbana.
Jan Gehl (). La Humanización del espacio urbano.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Urbanística 1/630G02018
Proxectos 4/630G02016
Proxectos 2/630G02006
Proxectos 3/630G02011
Proxectos 1/630G02001

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Proxectos 5/630G02021

Materias que continúan o temario
Urbanística 4/630G02032
Proxectos 6/630G02026
Urbanística 3/630G02029

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías