Identifying Data 2015/16
Subject (*) Teoría da Arquitectura Code 630G01025
Study programme
Grao en Arquitectura
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatoria 6
Language
Spanish
Galician
English
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Composición
Coordinador
Agrasar Quiroga, Fernando
E-mail
fernando.agrasar@udc.es
Lecturers
Agrasar Quiroga, Fernando
Garcia Braña, Celestino
Paz Agras, Mari Luz
E-mail
fernando.agrasar@udc.es
celestino.garcia.brana@udc.es
luz.paz.agras@udc.es
Web http://http://etsa.udc.es/web/
General description Os presupostos e obxectivos básicos da docencia desta asignatura cuatrimestral son:

A necesidade de abordar a comprensión do fenómeno arquitectónico dende o mundo das ideas, entendendo a reflexión como parte substancial da creación artística.

A toma de conciencia do estreito vínculo dos sistemas de pensamento e os resultados creativos coas circunstancias do seu propio tempo. A nosa comprensión dos mesmos está, necesariamente, tamizada pola nosa propia perspectiva temporal.

O fío conductor utilizado no curso é o valor da doble natureza artística e técnica da arquitectura, contemplando todas as súas implicacións: perceptivas, formales, sociales, morales, estéticas,…

Os textos de arquitectos e pensadores e as circunstancias históricas do seu tempo leranse en paralelo, nunha continua relación de causa-efecto, xunto coas obras arquitectónicas e outras manifestacións artísticas, consideradas dende a súa realidade técnica e a súa materialidade.

Os primeiros temas do programa incidirán na teoría arquitectónica anterior á experiencia moderna, como necesaria preparación á comprensión deste fenómeno, que centrará a maior parte dos contidos do cuatrimestre.

A asignatura, TEORÍA DA ARQUITECTURA, estructúrase en 15 temas, agrupados en 7 bloques. En cada tema, exporanse contidos explicativos e unha serie de exemplos de análise, nos que o feito arquitectónico será estudiado a través dos seus soportes teóricos. Estes exemplos serán obras contemporáneas sobre as que se poda estudiar o reflexo de teorías da arquitectura formuladas por outros autores e noutros tempos.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A9 CRÍTICA ARQUITECTÓNICA: aptitude ou capacidade para analizar morfolóxica e tipoloxicamente a arquitectura e a cidade e para explicar os precedentes formais e programáticos das solucións proxectuais.
A36 SOCIOLOXÍA CULTURAL: comprensión ou coñecemento das implicacións que nas funcións e responsabilidades sociais do arquitecto ten as necesidades, valores, normas de conduta e de organización e patróns espaciais e simbólicos determinados pola pertenza a unha cultura.
A41 BASES ARTÍSTICAS: comprensión ou coñecemento da estética e a teoría das artes e da producción pasada e presente das belas artes e as artes aplicadas susceptibles de influír nas concepcións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas.
A42 TEORÍA XERAL DA ARQUITECTURA: comprensión ou coñecemento das teorías da arquitectura pasadas e presentes, especialmente as relativas á interdependencia de formas, usos e técnicas, á estrutura formal, ao estudo dos tipos e aos métodos de composición de edificios e espazos abertos.
A43 HISTORIA XERAL DA ARQUITECTURA: comprensión ou coñecemento da historia xeral da arquitectura, tanto en si mesma como na súa relación coas artes, as técnicas, as ciencias humanas, a historia do pensamento e os fenómenos urbanos.
A44 BASES DA ARQUITECTURA OCCIDENTAL: comprensión ou coñecemento das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental e dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
A45 BASES DA ARQUITECTURA NATIVA: comprensión ou coñecemento das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas de carácter nacional, local e vernáculo e dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
B1 Learn how to learn
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Visión espacial.
B9 Creatividade.
B10 Sensibilidade estética.
B11 Capacidade de análise e síntese.
B18 Razoamento crítico.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
A9
A36
A41
A42
A43
A44
A45
B1
B3
B5
B6
B8
B9
B10
B11
B18
C1
C4
C6
C7
C8

Contents
Topic Sub-topic
ARQUITECTURA: PENSAMENTO, PROXECTO E OBRA 1 A teoría da arquitectura fronte á súa dobre natureza, artística e técnica. As implicacións sociais da arquitectura: pensamento arquitectónico e política.

Da teoría á práctica: O Pabellón Alemán de Mies van der Rohe e a Casa en Canoas de Oscar Niemayer.
A TRADICIÓN CLÁSICA 2 O legado clásico. Fundamentos e formulacións: A herencia inagotable. A arquitectura codificada: Vitruvio. A continua reinterpretación do legado clásico. Tradición clásica e teoría medieval. Proxectar e construir: Brunelleschi e Alberti. Transgresións formais e lóxica construtiva: Bernini e Borromini. Teoría escrita, teoría debuxada e teoría construida.

Da teoría á práctica: A Casa do Fascio en Como de Terragni: proporcións, orde e composición.

3 Ilustración e Revolución. Os presupostos intelectuais da Ilustración. Arquitectura para unha nova sociedade: Boullée, Ledoux, Lequeu. Arquitectura e método compositivo.

Da teoría á práctica: A casa da Música de Porto como “arquitectura parlante”/ O Museo de arte contemporánea en Kanazawa de SAANA e o concepto de “proporción” de Boullée.
AS RAICES DECIMINÓNICAS DA MODERNIDADE 4 As raíces modernas no século XIX.
K. F. Schinkel: charnela entre dous mundos.
As aportacións alemanas: Semper e Bötticher.
As aportacións francesas: Labrouste, Viollet-le-Duc, Gaudet e Choisy.

Da teoría á práctica: Edificio Ricola en Laufen de Herzog& de Meuron baixo a mirada de Semper.

5 A arte no mundo industrial.
A máquina e o problema da forma.
Ch. Baudelaire: o poeta lúcido.
A búsqueda da expresión do propio tempo. Ruskin e o pensamento conservador. Arts&Crafts.
J. Hoffmann Vs A. Loos.
Material e construcción: Gaudí

Da teoría á práctica: Castevecchio en Verona de Carlo Scarpa, transgresión e artesanía.

NOVOS MATERIAIS E TÉCNICAS DE CONSTRUCCIÓN
6 As Exposicións Universais: Crystal Palace e Tour Eiffel.
A invención da arquitectura americana: a Escola de Chicago.

7 Perret e Garnier

Da teoría á práctica: Torre Beekman en Nueva York de Ghery, as novas posibilidades técnicas e as súas consecuencias formais.
CREACIÓN E VANGARDA 8 DeutscherWerkbund. Bauhaus. Behrens

9 A arte no mundo industrial: o constructivismo soviético

10 Negación e exaltación da forma: Meyer e ABC; Mendelsohn.

Da teoría á práctica: MAXXI en Roma de Zaha Hadid e ol concepto de extrañamento semántico.
OS MAESTROS DA MODERNIDADE 11 Wright: da Pradeira a Broadacrecity

12 Le Corbusier: racionalidade e forma

13 Mies van der Rohe: o paradigma moderno

14 Aalto: a resposta nórdica

Da teoría á práctica: A herencia dos maestros: do MASP de Bo Bardi á Casa Floriac de Rem Koolhaas.

MODERNIDADE, ENERXÍA E SOSTENIBILIDADE
15 Modernidade e responsabilidade medioambiental: O legado de Fuller

Da teoría á práctica: Alison e Peter Smithson, the Solar Pavillion.


Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Supervised projects B1 B3 B5 B6 B9 B10 B11 15 45 60
Mixed objective/subjective test A36 A41 B8 B18 C1 C4 C8 3 42 45
Guest lecture / keynote speech A9 A42 A43 A44 A45 C6 C7 42 0 42
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Mixed objective/subjective test Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
Os traballos consistirán en análises prácticos nos que se vinculen textos e ideas, incluidos no temario, con obras arquitectónicas concretas. Os grupos de traballo serán de tres alumnos, asignados polo profesor.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects B1 B3 B5 B6 B9 B10 B11 Os traballos, realizados en grupo, terán unha cualificación máxima de 2 puntos. Será preciso ter entregado os traballos para superar a asignatura. 20
Mixed objective/subjective test A36 A41 B8 B18 C1 C4 C8 Un exame ao final do cuatrimestre, referido á totalidade de todos os contidos do curso. A este exame corresponderá un 80% da cualificación final. No mesmo, é preciso acadar unha cualificación de 4 (sobre un máximo de 10) para poder superar a asignatura e poder facer media cos traballos. 80
 
Assessment comments

A asistencia regular a clase será necesaria para realizar a proba mixta e o traballo tutelado


Sources of information
Basic KRUFT, Hanno-Walter (1990). Historia de la teoría de la arquitectura, 2 vol.. Madrid: Alianza Forma
AGRASAR, Fernando (2008). Introducción al conocimiento de la arquitectura . A Coruña: COAG
CURTIS, William (2006). La arquitectura moderna desde 1900, 3ª edición. Londres, Nueva York: PHAIDON
HEREU, MONTANER, OLIVERAS (1994). Textos de arquitectura de la modernidad. Madrid: Nerea

 A bibliografía xeral é corta e substancial, a través da cal o alumno completará o estudo dos temas expostos na clase.

 

Complementary

A bibliografía específica está disponible en Moodle e organizada por temas. 


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Introduction to Architecture/630G01005
Historia da Arte/630G01015

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Teoría da Composición e Patrimonio/630G01055

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.