Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Proxectos 6 Código 630G01026
Titulación
Grao en Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Crespo Gonzalez, Cristobal
Correo electrónico
cristobal.crespo@udc.es
Profesorado
Crespo Gonzalez, Cristobal
Correo electrónico
cristobal.crespo@udc.es
Web http://proyectoarquitecturayciudad.org/
Descrición xeral ESTA ASIGNATURA TEN EXTINGUIDA A SÚA DOCENCIA PRESENCIAL DE ACORDO CO CRONOGRAMA DE IMPLANTACIÓN DA TITULACIÓN DE GRADO EN ESTUDOS DE ARQUITECTURA.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 PROXECTO BÁSICO ARQUITECTÓNICO E URBANO: aptitude ou capacidade para aplicar os principios básicos formais, funcionais e técnicos á concepción e deseño de edificios e de conxuntos urbanos, definindo as súas características xerais e as prestacións que se acadan.
A2 PROXECTOS DE EXECUCIÓN: aptitude ou capacidade para elaborar proxectos integrais de execución de edificios e espazos urbanos en grao de definición suficiente para a súa completa posta en obra e equipamento de servizos e instalacións.
A3 DIRECCIÓN DE OBRAS: aptitude ou capacidade para dirixir obras de edificación e urbanización desenvolvendo proxectos, replanteando no terreo, aplicando os procedementos de construción adecuados e coordinando oficios e industrias.
A5 INTERVENCIÓN NO PATRIMONIO EDIFICADO: aptitude ou capacidade para intervir nos edificios de valor histórico, coordinar estudos históricos e arqueolóxicos sobre eles, elaborar os seus plans directores de conservación e redactar e executar os proxectos de restauración e rehabilitación.
A7 SUPRESIÓN DE BARREIRAS: aptitude ou capacidade para deseñar e executar edificios e espazos urbanos aptos para as persoas con diferentes capacidades físicas ou para adaptar con este fin os xa existentes.
A8 PROXECTO DE OBRA ACABADA: aptitude ou capacidade para dimensionar, deseñar, programar e poñer en obra e integrar en edificios e conxuntos urbanos as solucións construtivas, encontros e remates dos sistemas de obra acabada, divisións interiores, carpintería, escaleiras e demais obra acabada, en conxunto e en detalle, así como para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos.
A9 CRÍTICA ARQUITECTÓNICA: aptitude ou capacidade para analizar morfolóxica e tipoloxicamente a arquitectura e a cidade e para explicar os precedentes formais e programáticos das solucións proxectuais.
A13 IDEACIÓN GRÁFICA: aptitude ou capacidade para concibir e representar graficamente a figura, a cor, a textura e a luminosidade dos obxectos e dominar a proporción e as técnicas de debuxo, incluídas as informáticas.
A20 PROXECTO DE ESPAZOS LIBRES: aptitude ou capacidade para redactar e executar trazados urbanos e proxectos de urbanización e de xardinería, así como os de obra civil e complementaria asociada a eles.
A34 FUNCIÓNS PRÁCTICAS E SIMBÓLICAS: comprensión ou coñecemento dos métodos de estudo dos procesos de simbolización da ergonomía e das relacións entre o comportamento humano, o entorno natural ou artificial e os obxectos, de acordo cos requirimentos e a escala humanos.
A35 SOCIOLOXÍA RESIDENCIAL: comprensión ou coñecemento dos métodos de estudo das necesidades e demandas sociais, dos compoñentes da calidade de vida, das condicións de habitabilidade e dos programas básicos de vivenda.
A36 SOCIOLOXÍA CULTURAL: comprensión ou coñecemento das implicacións que nas funcións e responsabilidades sociais do arquitecto ten as necesidades, valores, normas de conduta e de organización e patróns espaciais e simbólicos determinados pola pertenza a unha cultura.
A61 FUNDAMENTOS LEGAIS: comprensión ou coñecemento do marco legal do desempeño profesional no relativo á saúde, a seguridade e o benestar públicos e á regulamentación civil, administrativa, urbanística, da edificación e da industria.
A63 TRÁMITES PROFESIONAIS: comprensión ou coñecemento dos procedementos administrativos da actividade arquitectónica, como os de financiamento e contratación de obras, preparación de expedientes unitarios, presentación de documentos e xestión de visados e licenzas.
A65 METODOLOXÍA DO TRABALLO: comprensión ou coñecemento dos sistemas de organización das oficinas profesionais respecto á distribución de tarefas e responsabilidades, ao control de tempos de produción, custos e rendementos laborais, á administración económica e á planificación comercial.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B8 Visión espacial.
B9 Creatividade.
B10 Sensibilidade estética.
B11 Capacidade de análise e síntese.
B12 Toma de decisións.
B13 Imaxinación.
B14 Habilidade gráfica xeral.
B15 Capacidade de organización e planificación.
B16 Motivación pola calidade.
B17 Cultura histórica.
B18 Razoamento crítico.
B19 Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ao superar este materia, o alumno deberá estar en condicións de: - Saber manexar as ferramentas materiais e intelectuais para acometer a redacción dun proxecto arquitectónico de pequeña escala e escasa complexidade. - Saber relacionar as diferentes escalas de análise e concreción do proxecto, dende a urbanística ata a de detalle, incluindo certos elementos de definición construtiva. - Saber elaborar unha documentación técnica axeitada para un proxecto de reducida complexidade e escala, indicando con precisión a súa configuración formal e construtiva, e tendo en conta aspectos básicos de normativa técnica e urbanística. - Saber utilizar diferentes ferramentas e técnicas para manexar axeitadamente os procesos de creación e ideación. A1
A2
A3
A5
A7
A8
A9
A13
A20
A34
A35
A36
A61
A63
A65
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B17
B18
B19
B20
C1
C2
C5

Contidos
Temas Subtemas
EXERCICIO 1 - Análise urbana

- Proxecto dun elemento arquitectónico sen programa relevante, simbólico, referencial ou utilitario a escala urbana.

- Desenrolo de elementos constructivos
EJERCICIO 2 - Análise urbana

- Proxecto de vivenda, ou dun grupo de vivendas, nun contexto social, cultural ou paisaxístico de interese.

- Desenrolo da materialidade física (estructural, constructiva e de materiais) do proxecto.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A9 B3 B11 B15 B18 B20 8 12 20
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A5 A7 A8 A13 A20 A34 A35 A36 A61 A63 A65 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B13 B14 B16 B17 B19 C1 C2 C5 0 128 128
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Farase unha proba obxectiva sobre os contidos presentados nas sesións expositivas, que configuran o marco teórico e normativo da asignatura.
Portafolios do alumno Como resultado do seu traballo ao final do cuadrimestre, o alumno terá elaborado o seu portafolios da materia, accesible a través da plataforma docente Moodle. Este obxecto final, desenvolvido a través das sesións en grupos e no taller, servirá de base á cualificación e curriculum persoal do alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Portafolios do alumno
Descrición
O alumno recibirá atención personalizada concernente ao desenvolvemento e características da proba obxectiva.

O portafolio do alumno poderá ser obxecto de revisións personalizadas, para observar a súa evolución e constatar a súa autoría.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A9 B3 B11 B15 B18 B20 Os coñecementos instrumentais contidos no temario de docencia expositiva do curso serán avaliados mediante unha proba oxectiva. 20
Portafolios do alumno A1 A2 A3 A5 A7 A8 A13 A20 A34 A35 A36 A61 A63 A65 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B12 B13 B14 B16 B17 B19 C1 C2 C5 O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno, dispoñible e accesible a través da ferramenta informática para a docencia Moodle.

Avalíanse os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final.
80
 
Observacións avaliación
ESIXIRASE UNHA CUALIFICACIÓN MÍNIMA EN CADA UNHA DAS PROBAS QUE COMPUTAN NA AVALIACIÓN PARA SUPERAR A ASIGNATURA.

Fontes de información
Bibliografía básica NEUFERT, Ernst (2007). Arte de Proyectar en Arquitectura. Barcelona, G.G.
VVAA (2010). Código Técnico de la Edificación. http://www.codigotecnico.org/web/recursos/documentos/
TANIZAKI, Junichiro (1933). El elogio de la sombra. Siruela
Aldo Rossi (1966). La Arquitectura de la Ciudad. Barcelona, GG
AUGÉ, Marc (). Los no lugares. Gedisa
VVAA (2007). Normas do hábitat galego. http://igvs.xunta.es/ipecos-opencms-portlet/export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/normashabi
VVAA (2009). O río no urbano: do Umia ao Danubio. A Coruña, UDC
VVAA (2003). Teoría de la Arquitectura. Del Renacimiento a la actualidad. Taschen
ZUMTHOR, Peter (). Thinking architecture. Birkhäuser
ASCHNER ROSELLI, Juan Pablo (2009). ¿Cómo concebir un proyecto arquitectónico?. deArq (Revista digital) num. 05

Breves lecturas de carácter xeral.

Bibliografía complementaria DAZA, Ricardo (2000). Buscando a Mies. Barcelona, Actar Publishers
MONTEYS, X., FUERTES, P. (2001). Casa Collage. Barcelona, G.G.
KOOLHAAS, Rem (2007). Conversaciones con estudiantes. Barcelona, G.G.
RYBCZYNSKI, Witold (2003). La casa, historia de una idea. Madrid, Nerea
PEREC, Georges (2004). La vida, instrucciones de uso. Barcelona, Anagrama
TORRES TUR, Elías (2005). Luz cenital. Barcelona, Collegi d´Arquitectes de Catalunya
PAWSON, John (1998). Minimum. Londres, Phaidon
HERZOG, J., DE MEURON, P. (2002). Natural History. Baden, Lars Müller
LE CORBUSIER (2005). Una pequeña casa. Buenos Aires, Ediciones Infinito

Diversos ensayos sobre las componentes específicas del proyecto.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Proxectos 4/630G01016
Análise Arquitectónico 2/630G01017
Urbanística 1/630G01018

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Construción 3/630G01022
Urbanística 2/630G01024

Materias que continúan o temario
Proxectos 6/630G01026

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías