Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Urbanística 3 Código 630G01029
Titulación
Grao en Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo
Coordinación
Creus Andrade, Juan Jose
Correo electrónico
juan.creus@udc.es
Profesorado
Beltran Pedreira, Jose Ricardo
Carro Patiño, Yago Borja
Conde Garcia, Jesus
Creus Andrade, Juan Jose
Liebe , Juan
Correo electrónico
ricardo.beltran@udc.es
iago.carro@udc.es
jesus.conde@udc.es
juan.creus@udc.es
jan.liebe@udc.es
Web
Descrición xeral O curso plantéase como unha introducción ao proxecto urbano de espacio libre-público, mediante a achega ao medio ambiente e á sostibilidade como referencias clave para o seu diseño, a importancia do trazado dos servizos urbanísticos, o coñecemento das condicións normativas, de accesibilidade e mobilidade, así como unha aproximación á súa construcción. A asignatura estructúrase en dúas partes: teoría e práctica, estreitamente relacionadas e que se desenrolan en paralelo ao longo do curso. A avaliación do alumno dependerá, ademáis da súa participación na materia específica, na que se estima unha asistencia mínima obligatoria dun 80%, da participación e entregas realizadas no conxunto do Taller 6, a onde se vincula a parte práctica principal da asignatura.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 PROXECTO BÁSICO ARQUITECTÓNICO E URBANO: aptitude ou capacidade para aplicar os principios básicos formais, funcionais e técnicos á concepción e deseño de edificios e de conxuntos urbanos, definindo as súas características xerais e as prestacións que se acadan.
A2 PROXECTOS DE EXECUCIÓN: aptitude ou capacidade para elaborar proxectos integrais de execución de edificios e espazos urbanos en grao de definición suficiente para a súa completa posta en obra e equipamento de servizos e instalacións.
A3 DIRECCIÓN DE OBRAS: aptitude ou capacidade para dirixir obras de edificación e urbanización desenvolvendo proxectos, replanteando no terreo, aplicando os procedementos de construción adecuados e coordinando oficios e industrias.
A4 PROGRAMACIÓN FUNCIONAL: aptitude ou capacidade para elaborar programas de edificios, considerando os requisitos de clientes e usuarios, analizando os precedentes e as condicións de localización aplicando estándares e establecendo dimensións e relacións de espazos e equipos.
A5 INTERVENCIÓN NO PATRIMONIO EDIFICADO: aptitude ou capacidade para intervir nos edificios de valor histórico, coordinar estudos históricos e arqueolóxicos sobre eles, elaborar os seus plans directores de conservación e redactar e executar os proxectos de restauración e rehabilitación.
A7 SUPRESIÓN DE BARREIRAS: aptitude ou capacidade para deseñar e executar edificios e espazos urbanos aptos para as persoas con diferentes capacidades físicas ou para adaptar con este fin os xa existentes.
A9 CRÍTICA ARQUITECTÓNICA: aptitude ou capacidade para analizar morfolóxica e tipoloxicamente a arquitectura e a cidade e para explicar os precedentes formais e programáticos das solucións proxectuais.
A12 PROXECTO DE ACONDICIONAMENTO AMBIENTAL: aptitude ou capacidade para concibir, deseñar, calcular, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar solucións de acondicionamento ambiental, incluíndo o illamento térmico e acústico, o control climático, o rendemento enerxético e a iluminación natural, así como para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos.
A19 ADECUACIÓN MEDIOAMBIENTAL: aptitude ou capacidade para realizar estudos medioambientais e paisaxísticos, e definir medidas de protección fronte ao impacto ambiental.
A20 PROXECTO DE ESPAZOS LIBRES: aptitude ou capacidade para redactar e executar trazados urbanos e proxectos de urbanización e de xardinería, así como os de obra civil e complementaria asociada a eles.
A25 PROXECTO DE SEGURIDADE EN INMOBLES: aptitude ou capacidade para concibir, deseñar, calcular, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar solucións de seguridade, de evacuación de persoas e de protección contra incendios, tanto activas como pasivas, asi como para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos.
A29 ANÁLISE TÉCNICO DE PROXECTOS: aptitude ou capacidade para elaborar estudos de viabilidade e exercer a supervisión, control e coordinación de proxectos integrados de edificación e de conxuntos e espazos urbanos.
A30 XESTIÓN DE NORMAS URBANÍSTICAS: aptitude ou capacidade para aplicar as normas urbanísticas e xestionar a obtención de licenzas nos proxectos integrados e na execución, tanto de obras de edificación como de espazos urbanos.
A34 FUNCIÓNS PRÁCTICAS E SIMBÓLICAS: comprensión ou coñecemento dos métodos de estudo dos procesos de simbolización da ergonomía e das relacións entre o comportamento humano, o entorno natural ou artificial e os obxectos, de acordo cos requirimentos e a escala humanos.
A35 SOCIOLOXÍA RESIDENCIAL: comprensión ou coñecemento dos métodos de estudo das necesidades e demandas sociais, dos compoñentes da calidade de vida, das condicións de habitabilidade e dos programas básicos de vivenda.
A36 SOCIOLOXÍA CULTURAL: comprensión ou coñecemento das implicacións que nas funcións e responsabilidades sociais do arquitecto ten as necesidades, valores, normas de conduta e de organización e patróns espaciais e simbólicos determinados pola pertenza a unha cultura.
A42 TEORÍA XERAL DA ARQUITECTURA: comprensión ou coñecemento das teorías da arquitectura pasadas e presentes, especialmente as relativas á interdependencia de formas, usos e técnicas, á estrutura formal, ao estudo dos tipos e aos métodos de composición de edificios e espazos abertos.
A43 HISTORIA XERAL DA ARQUITECTURA: comprensión ou coñecemento da historia xeral da arquitectura, tanto en si mesma como na súa relación coas artes, as técnicas, as ciencias humanas, a historia do pensamento e os fenómenos urbanos.
A47 ECOLOXÍA E SOSTENIBILIDADE: comprensión ou coñecemento da responsabilidade do arquitecto respecto aos principios básicos de ecoloxía, de sostenibilidade e de conservación dos recursos e do medio ambiente na edificación, o urbanismo e a paisaxe.
A48 SOCIOLOXÍA E HISTORIA URBANAS: comprensión ou coñecemento das relacións entre o medio físico e o medio social e as bases da teoría e a historia dos asentamentos humanos, da socioloxía, da economía urbana e da estadística como fundamentos dos estudos territoriais e urbanísticos.
A49 CIENCIAS DO MEDIO FÍSICO: comprensión ou coñecemento das bases de climatoloxía, xeomorfoloxía, xeoloxía, hidroloxía e edafoloxía precisas para abordar os estudos territoriais, urbanísticos e paisaxísticos.
A50 MORFOLOXÍA E REPRESENTACIÓN DO TERREO:comprensión ou coñecemento das bases de topografía, hipsometría e cartografía e das técnicas de modificación do terreo precisas para realizar estudos e proxectos de carácter territorial, urbanístico e paisaxístico e para practicar deslindes e parcelacións.
A51 BASES DE XARDINERÍA: comprensión ou coñecemento das bases de botánica, horticultura, floricultura e silvicultura e as técnicas de hidráulica precisas para realizar estudos e proxectos de xardín, de paisaxe e de urbanización.
A52 MÉTODOS URBANÍSTICOS: comprensión ou coñecemento dos fundamentos metodolóxicos do planeamento urbano a diferentes escalas e da ordenación territorial e metropolitana, na súa relación co deseño urbano e edificatorio.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B9 Creatividade.
B10 Sensibilidade estética.
B18 Razoamento crítico.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B27 Liderado.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O estudante debe coñecer as prestacións que se demandan no proxecto e construcción do esparzo público, recoñecendo as categorías nas que se pode clasificar. Debe saber facer as análisis necesarias da problemática que plantexa, elaborando un catálogo dos tipos de espazos recoñecidos, en especial os relacionados cos conceptos xerais de rúa, praza e xogo. A1
A4
A5
A7
A9
A12
A20
A35
A36
A42
A43
A48
B5
B9
B10
B18
B20
C6
C7
O estudante debe de saber da normativa aplicable no proxecto de espazo público, coñecendo as súas prestacións como garante dunhas axeitadas condicións de accesibilidade e de servizo. Debe saber atopar a solución axeitada e demostrar que o seu proxecto cumpre con estas condicións. A12
A20
A29
A30
A34
A36
A47
A49
A50
B5
B9
B10
B18
B20
C6
C7
O estudante debe coñecer as condicións ambientais que afectan ao proxecto de espazo público, entendendo a relación entre vexetación e arquitectura como parte importante do seu valor e cualidade. Debe saber dar solucións axeitadas e cuantificar o valor ambiental do seu proxecto. A1
A2
A12
A19
A20
A47
A49
A50
A51
B5
B9
B10
B18
B20
C6
C7
O estudante debe alcanzar a competencia para dirixir e integrarse nun equipo multidisciplinar capaz de elaborar proxectos de espazo público, en escalas que irán, dende a estratexia de ordenación ata o proxecto de urbanización, incluindo o detalle da súa construcción e o entendemento dos elementos de servizo. A1
A2
A3
A7
A12
A19
A20
A25
A30
A34
A47
A48
A52
B5
B9
B10
B18
B20
B27
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
MÓDULO I:
PROXECTO E CONSTRUCIÓN DO ESPAZO URBANO
I.I. ESPAZO PÚBLICO (RED) E TECIDO
I.II. CATEGORÍAS
I.III. RÚA
I.IV. PRAZA E XOGO
MÓDULO II:
CONDICIÓNS DE ACCESIBILIDADE E SERVIZO. NORMATIVA APLICABLE
II.I. ACCESIBILIDADE E MEDIO FÍSICO
II.II. TRAZADO DE VÍAS URBÁNS
II.III. APARCAMENTO
II.IV. PEATÓN E BICI
II.V. SERVIZOS URBÁNS
MÓDULO III:
MEDIOAMBIENTE E ESPAZO LIBRE-PÚBLICO
III.I. CONDICIÓNS AMBIENTAIS
III.II. PLANTA E ARQUITECTURA
III.III. ESPAZO VERDE
III.IV. BORDE URBANO
MÓDULO I:
PROXECTO E CONSTRUCIÓN DO ESPAZO URBANO
I.I. ESPAZO PÚBLICO (RED) E TECIDO
I.II. CATEGORÍAS
I.III. RÚA
I.IV. PRAZA E XOGO

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A7 A9 A12 A19 A20 A29 A30 A34 A50 A52 B5 B9 B10 B18 B20 B27 C7 40 40 80
Sesión maxistral A4 A5 A7 A9 A12 A19 A20 A25 A29 A30 A34 A35 A36 A42 A43 A47 A48 A49 A51 B9 B10 B18 B20 C6 30 15 45
Saídas de campo A2 A5 A7 A12 A19 A20 A25 A29 A30 A34 A35 A47 A50 A51 A52 B5 B9 B10 B20 B27 C7 2 0 2
Proba mixta A1 A2 A4 A7 A9 A12 A19 A20 A30 A34 A36 A42 A43 A47 A48 A49 A50 A51 A52 B18 B20 C6 1 1 2
Presentación oral A1 A2 A4 A5 A7 A12 A19 A20 A29 A30 A34 A47 A48 A50 A51 A52 B5 B9 B10 B18 B20 B27 C6 C7 10 0 10
Discusión dirixida A1 A2 A4 A5 A7 A9 A12 A20 A29 A30 A34 A47 A48 A50 A52 B5 B9 B10 B18 B20 B27 C6 C7 2 0 2
Lecturas A1 A2 A4 A5 A7 A9 A12 A19 A20 A29 A30 A34 A36 A42 A43 A47 A48 A49 A51 A52 B9 B10 B18 B20 C6 1 7 8
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Traballo de proxecto dun espazo público con criterios ambientáis e de sostibilidade. O alumno deberá participar tanto na materia específica como no Taller 6, onde se vincula a parte práctica principal da asignatura, cunha asistencia mínima dun 80%, .
Sesión maxistral Os distintos temas relevantes para o desenvolvemento do obradoiro serán obxecto de sesións maxistrais.
Saídas de campo Considérase fundamental o coñocemento do espazo obxeto da anáise, polo que a visita o lugar elixido para o traballo considérase esencial.
Proba mixta Ao final do curso o alumno realizará unha proba mixta (de xeito indiviual) na que se comprobarán os coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso académico.
Presentación oral Os traballos elaborados no obradoiro serán presentados públicamente.
Discusión dirixida Os resultados do obradoiro serán obxecto de discusións dirixidas o longo do curso.
Lecturas Ao longo do curso indícanse unha serie de lecturas de apoio, que son de gran utilidade para facilitar o entendemento e asimilación dos coñecementos teóricos; así como para establecer pautas e abrir posibilidades que orienten o traballo no obradoiro.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Presentación oral
Discusión dirixida
Obradoiro
Descrición
Centrarase no seguimento do traballo realizado polos alumnos, dun xeito individualizado, no que se pretende a aplicación dos coñecementos explicados na teoría

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A4 A7 A9 A12 A19 A20 A30 A34 A36 A42 A43 A47 A48 A49 A50 A51 A52 B18 B20 C6 Consistirá nun examen escrito que pode ter preguntas de resposta multiple ou de resposta breve, no que se valoran os coñecementos e habilidades que o alumno ten sobre as cuestións fundamentais da teoría, mais tamén poderá constar dalgunha pregunta para desenrolar temas relacionados coa parte práctica da asignatura. 50
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A7 A9 A12 A19 A20 A29 A30 A34 A50 A52 B5 B9 B10 B18 B20 B27 C7 O traballo final valorarase na suas vertentes analítica, planificadora e de deseño. O traballo práctico estará relacionado coa práctica do Taller 6, de tal maneira que, tanto o texto como as entregas formarán parte dos contidos do mesmo. As entregas serán únicas e para a avaliación do alumno será imprescindibla ter participado e entregado de forma completa o traballo do taller. O non cumprimento deste requisito, consensuado e ratificado na Xunta de Evaluación do Taller, suporá a calificación de Non Presentado. 50
 
Observacións avaliación

Trátase dunha Avaliación Continua, controlada mediante a asistencia a
clase completada coa realización de probas teórico-prácticas que permiten
comprobar que o estudante asimilou os contidos conceptuais e procedimentais
propios da asignatura. A avaliación do alumno dependerá, ademáis da súa
participación na materia específica, na que se estima unha asistencia mínima
obligatoria dun 80%, da participación e entregas realizadas no conxunto de
Taller 6, a onde se vincula a parte práctica principal da asignatura. Tanto a
non realización das probas propostas como o incumprimento de asistencia ou de
entregas suporá un Non Presentado como calificación da convocatoria. En
cualquera caso, a calificación final da asignatura será valorada coa
media que resulta das calificacións tanto das probas escritas e examen como as
probas teórico prácticas. O coñecemento do alumno deberá estar sempre en
cualquera de elas por riba do 50%.
A
avaliación do estudante nas convocatorias extraordinarias levarase a cabo
mediante a realización dun único exame, se ben aqueles alumnos que non teñan
superado a parte correspondente ás probas teórico-prácticas, deberán tamén
acreditar a corrección e realización das mesmas. A avaliación do estudante
en sucesivas matrículas realizarase polo mesmo procedimento arriba
descrito. 

A docencia a alumnos de programas de mobilidade adaptarase a condicións pedagóxicas e de traballos tutelados especiais, así como as probas e exames de avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica Carlos Martínez Caro y Juan Luís de Las Rivas (). Arquitectura Urbana.
Fernando Terán (). Calles y algo más que Calles.
Y. Ashihara (). El Diseño de Espacios Exteriores.
Gordon Cullen (). El Paisaje Urbano.
M. Herce y J. Miró (). El soporte infraestructural de la ciudad.
J. Martínez Sarandeses (). Espacios Públicos Urbanos.
Manuel Solá Morales (). Espacios públicos y espacios colectivos.
CSCAE (). Guía para la redacción de Proyectos de Urbanización.
C. Norberg-Schulz (). Intenciones en arquitectura.
Aldo Rossi (). La Arquitectura de la Ciudad.
J. Gehl (). La Humanización del Espacio Urbano .
M. Hough (). Naturaleza y Ciudad.
I. McHarg (). Proyectar con la naturaleza.
F. Manchón y J. Santamera (). Recomendaciones para el proyecto y diseño del viario urbano.


Bibliografía complementaria AAVV (). a+t.
Robert Venturi y AAVV (). Aprendiendo de las Vegas.
Gilles Clément (). El jardín en movimiento.
A. Falcón (). Espacios Verdes para una Ciudad Sostenible.
Antoni Falcón (). Espacios verdes para una ciudad sostenible. .
AAVV (). La Calle. Diseño para peatones y ciclistas.
C. Juel-Christiansen (). Monumento y Nicho.
AAVV (). Paisea.
D. Boeminhaus (). Pavimentos y límites urbanos.
Dieter Printz (). Planificación y Configuración Urbana.


A. FalcónEspacios Verdes para una Ciudad SostenibleLibro
 

AAVVLa Calle. Diseño para peatones y ciclistasLibro
 

D. BoeminhausPavimentos y límites urbanosLibro
 

Dieter PrintzPlanificación y Configuración UrbanaLibro
 

Robert Venturi y AAVVAprendiendo de las VegasLibro
 

C. Juel-ChristiansenMonumento y NichoLibro
 

AAVVa+tRevista
 

AAVVPaiseaRevista
 

Gilles ClémentEl jardín en movimientoLibro
Antoni FalcónEspacios verdes para una ciudad sostenible.Libro


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Proxectos 1/630G01001
Proxectos 2/630G01006
Proxectos 3/630G01011
Proxectos 4/630G01016
Urbanística 1/630G01018
Proxectos 5/630G01021
Urbanística 2/630G01024

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Proxectos 6/630G01026

Materias que continúan o temario
Proxectos 6/630G01026
Urbanística 4/630G01032
Urbanística 5/630G01042

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías