Competencias do título |
Código
|
Competencias do título
|
A2 |
PROXECTOS DE EXECUCIÓN: aptitude ou capacidade para elaborar proxectos integrais de execución de edificios e espazos urbanos en grao de definición suficiente para a súa completa posta en obra e equipamento de servizos e instalacións. |
A3 |
DIRECCIÓN DE OBRAS: aptitude ou capacidade para dirixir obras de edificación e urbanización desenvolvendo proxectos, replanteando no terreo, aplicando os procedementos de construción adecuados e coordinando oficios e industrias. |
A4 |
PROGRAMACIÓN FUNCIONAL: aptitude ou capacidade para elaborar programas de edificios, considerando os requisitos de clientes e usuarios, analizando os precedentes e as condicións de localización aplicando estándares e establecendo dimensións e relacións de espazos e equipos. |
A5 |
INTERVENCIÓN NO PATRIMONIO EDIFICADO: aptitude ou capacidade para intervir nos edificios de valor histórico, coordinar estudos históricos e arqueolóxicos sobre eles, elaborar os seus plans directores de conservación e redactar e executar os proxectos de restauración e rehabilitación. |
A7 |
SUPRESIÓN DE BARREIRAS: aptitude ou capacidade para deseñar e executar edificios e espazos urbanos aptos para as persoas con diferentes capacidades físicas ou para adaptar con este fin os xa existentes. |
A9 |
CRÍTICA ARQUITECTÓNICA: aptitude ou capacidade para analizar morfolóxica e tipoloxicamente a arquitectura e a cidade e para explicar os precedentes formais e programáticos das solucións proxectuais. |
A12 |
PROXECTO DE ACONDICIONAMENTO AMBIENTAL: aptitude ou capacidade para concibir, deseñar, calcular, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar solucións de acondicionamento ambiental, incluíndo o illamento térmico e acústico, o control climático, o rendemento enerxético e a iluminación natural, así como para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos. |
A19 |
ADECUACIÓN MEDIOAMBIENTAL: aptitude ou capacidade para realizar estudos medioambientais e paisaxísticos, e definir medidas de protección fronte ao impacto ambiental. |
A25 |
PROXECTO DE SEGURIDADE EN INMOBLES: aptitude ou capacidade para concibir, deseñar, calcular, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar solucións de seguridade, de evacuación de persoas e de protección contra incendios, tanto activas como pasivas, asi como para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos. |
A29 |
ANÁLISE TÉCNICO DE PROXECTOS: aptitude ou capacidade para elaborar estudos de viabilidade e exercer a supervisión, control e coordinación de proxectos integrados de edificación e de conxuntos e espazos urbanos. |
A30 |
XESTIÓN DE NORMAS URBANÍSTICAS: aptitude ou capacidade para aplicar as normas urbanísticas e xestionar a obtención de licenzas nos proxectos integrados e na execución, tanto de obras de edificación como de espazos urbanos. |
A34 |
FUNCIÓNS PRÁCTICAS E SIMBÓLICAS: comprensión ou coñecemento dos métodos de estudo dos procesos de simbolización da ergonomía e das relacións entre o comportamento humano, o entorno natural ou artificial e os obxectos, de acordo cos requirimentos e a escala humanos. |
A35 |
SOCIOLOXÍA RESIDENCIAL: comprensión ou coñecemento dos métodos de estudo das necesidades e demandas sociais, dos compoñentes da calidade de vida, das condicións de habitabilidade e dos programas básicos de vivenda. |
A36 |
SOCIOLOXÍA CULTURAL: comprensión ou coñecemento das implicacións que nas funcións e responsabilidades sociais do arquitecto ten as necesidades, valores, normas de conduta e de organización e patróns espaciais e simbólicos determinados pola pertenza a unha cultura. |
A42 |
TEORÍA XERAL DA ARQUITECTURA: comprensión ou coñecemento das teorías da arquitectura pasadas e presentes, especialmente as relativas á interdependencia de formas, usos e técnicas, á estrutura formal, ao estudo dos tipos e aos métodos de composición de edificios e espazos abertos. |
A43 |
HISTORIA XERAL DA ARQUITECTURA: comprensión ou coñecemento da historia xeral da arquitectura, tanto en si mesma como na súa relación coas artes, as técnicas, as ciencias humanas, a historia do pensamento e os fenómenos urbanos. |
A47 |
ECOLOXÍA E SOSTENIBILIDADE: comprensión ou coñecemento da responsabilidade do arquitecto respecto aos principios básicos de ecoloxía, de sostenibilidade e de conservación dos recursos e do medio ambiente na edificación, o urbanismo e a paisaxe. |
A48 |
SOCIOLOXÍA E HISTORIA URBANAS: comprensión ou coñecemento das relacións entre o medio físico e o medio social e as bases da teoría e a historia dos asentamentos humanos, da socioloxía, da economía urbana e da estadística como fundamentos dos estudos territoriais e urbanísticos. |
A49 |
CIENCIAS DO MEDIO FÍSICO: comprensión ou coñecemento das bases de climatoloxía, xeomorfoloxía, xeoloxía, hidroloxía e edafoloxía precisas para abordar os estudos territoriais, urbanísticos e paisaxísticos. |
A50 |
MORFOLOXÍA E REPRESENTACIÓN DO TERREO:comprensión ou coñecemento das bases de topografía, hipsometría e cartografía e das técnicas de modificación do terreo precisas para realizar estudos e proxectos de carácter territorial, urbanístico e paisaxístico e para practicar deslindes e parcelacións. |
A51 |
BASES DE XARDINERÍA: comprensión ou coñecemento das bases de botánica, horticultura, floricultura e silvicultura e as técnicas de hidráulica precisas para realizar estudos e proxectos de xardín, de paisaxe e de urbanización. |
A52 |
MÉTODOS URBANÍSTICOS: comprensión ou coñecemento dos fundamentos metodolóxicos do planeamento urbano a diferentes escalas e da ordenación territorial e metropolitana, na súa relación co deseño urbano e edificatorio. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B9 |
Creatividade. |
B10 |
Sensibilidade estética. |
B18 |
Razoamento crítico. |
B20 |
Sensibilidade cara a temas medioambientais. |
B27 |
Liderado. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias do título |
O estudante debe coñecer as condicións ambientais que afectan ao proxecto de espazo público, entendendo a relación entre vexetación e arquitectura como parte importante do seu valor e cualidade. Debe saber dar solucións axeitadas e cuantificar o valor ambiental do seu proxecto. |
A2 A3 A4 A5 A12 A19 A29 A30 A47 A49 A50 A51 A52
|
B5 B9 B10 B18 B20 B27
|
|
O estudante debe alcanzar a competencia para dirixir e integrarse nun equipo multidisciplinar capaz de elaborar proxectos de espazo público, en escalas que irán, dende a estratexia de ordenación ata o proxecto de urbanización, incluindo o detalle da súa construcción e o entendemento dos elementos de servizo. |
A2 A3 A4 A5 A7 A9 A12 A19 A25 A29 A30 A34 A35 A36 A42 A43 A47 A48 A49 A50 A51 A52
|
B5 B9 B10 B18 B20
|
|
O estudante debe de saber da normativa aplicable no proxecto de espazo público, coñecendo as súas prestacións como garante dunhas axeitadas condicións de accesibilidade e de servizo. Debe saber atopar a solución axeitada e demostrar que o seu proxecto cumpre con estas condicións. |
A2 A3 A4 A5 A7 A19 A29 A30 A34 A47 A48 A49 A50
|
B5 B9 B10 B18 B20 B27
|
|
O estudante debe coñecer as prestacións que se demandan no proxecto e construcción do esparzo público, recoñecendo as categorías nas que se pode clasificar. Debe saber facer as análisis necesarias da problemática que plantexa, elaborando un catálogo dos tipos de espazos recoñecidos, en especial os relacionados cos conceptos xerais de rúa, praza e xogo. |
A2 A3 A4 A5 A7 A12 A25 A29 A30 A50 A51 A52
|
B5 B9 B10 B18 B20 B27
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
MÓDULO I:
PROXECTO E CONSTRUCIÓN DO ESPAZO URBANO |
I.I. ESPAZO PÚBLICO (RED) E TECIDO
I.II. CATEGORÍAS
I.III. RÚA
I.IV. PRAZA E XOGO
|
MÓDULO II:
CONDICIÓNS DE ACCESIBILIDADE E SERVIZO. NORMATIVA APLICABLE |
II.I. ACCESIBILIDADE E MEDIO FÍSICO
II.II. TRAZADO DE VÍAS URBÁNS
II.III. APARCAMENTO
II.IV. PEATÓN E BICI
II.V. SERVIZOS URBÁNS |
MÓDULO III:
MEDIOAMBIENTE E ESPAZO LIBRE-PÚBLICO |
III.I. CONDICIÓNS AMBIENTAIS
III.II. PLANTA E ARQUITECTURA
III.III. ESPAZO VERDE
III.IV. BORDE URBANO |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Proba obxectiva |
A52 A51 A50 A49 A48 A47 A43 A42 A36 A35 A34 A30 A29 A25 A19 A12 A9 A7 A5 A4 A3 A2 B5 B9 B10 B18 B20 B27 |
87 |
63 |
150 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
0 |
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba obxectiva |
Proba utilizada para evaluar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc,
aplicable tanto para a evaluación diagnóstica, formativa ou aditiva e pode conter tanto preguntas escritas de resposta
múltiple, escritas de resposta curta, longa e de xeito gráfico. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
Centrarase no seguimento do traballo realizado polos alumnos, dun xeito individualizado, no que se pretende a aplicación dos coñecementos explicados na teoría |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A52 A51 A50 A49 A48 A47 A43 A42 A36 A35 A34 A30 A29 A25 A19 A12 A9 A7 A5 A4 A3 A2 B5 B9 B10 B18 B20 B27 |
Proba utilizada para evaluar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc,
aplicable tanto para a evaluación diagnóstica, formativa ou aditiva e pode conter tanto preguntas escritas de resposta
múltiple, escritas de resposta curta, longa e de xeito gráfico. |
100 |
|
Observacións avaliación |
Trátase dunha Avaliación controlada mediante a Proba Obxectiva que permite comprobar que o estudante asimilou os contidos conceptuais e procedimentais
propios da asignatura.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Proxectos 1/630G01001 | Proxectos 2/630G01006 | Proxectos 3/630G01011 | Proxectos 4/630G01016 | Urbanística 1/630G01018 | Proxectos 5/630G01021 | Urbanística 2/630G01024 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Proxectos 6/630G01026 | Urbanística 4/630G01032 | Urbanística 5/630G01042 |
|
|