Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Proxectos 8 Código 630G01036
Titulación
Grao en Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Meijide Tomas, Jorge Vicente
Correo electrónico
jorge.meijide@udc.es
Profesorado
Meijide Tomas, Jorge Vicente
Correo electrónico
jorge.meijide@udc.es
Web http://www.udc.es
Descrición xeral Las intenciones básicas que sustenta el desarrollo de la asignatura son:
-La elaboración de proxectos de complexidade media-alta, nos que se satisfagan adecuadamente as exigencias compositivas, espaciais, técnicas e funcionais inherentes ao diseño arquitectónico e urbanístico. -A integración dentro do proceso compositivo y de proxectación arquitectónica -ademáis de afondar no coñecemento de un mesmo, nos desexos e necesidades, na realidade e as formas de vida, na súa repercusión formal e social, no xénero, nas relacións humanas e o simbólico, no pasado e o futuro, no "genius loci"- da aprendizaxe das asignaturas de perfil tecnolóxico e urbanístico, cunha metodoloxía que permita a aplicación práctica dos contidos teóricos de todas elas nun proxecto de complexidade media-alta.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 PROXECTO BÁSICO ARQUITECTÓNICO E URBANO: aptitude ou capacidade para aplicar os principios básicos formais, funcionais e técnicos á concepción e deseño de edificios e de conxuntos urbanos, definindo as súas características xerais e as prestacións que se acadan.
A2 PROXECTOS DE EXECUCIÓN: aptitude ou capacidade para elaborar proxectos integrais de execución de edificios e espazos urbanos en grao de definición suficiente para a súa completa posta en obra e equipamento de servizos e instalacións.
A7 SUPRESIÓN DE BARREIRAS: aptitude ou capacidade para deseñar e executar edificios e espazos urbanos aptos para as persoas con diferentes capacidades físicas ou para adaptar con este fin os xa existentes.
A10 REPRESENTACIÓN ESPACIAL: aptitude ou capacidade para aplicar, tanto manual como informaticamente, os sistemas de representación gráfica, dominando os procedementos de proxección e corte, os aspectos cuantitativos e selectivos da escala e a relación entre o plano e a profundidade.
A25 PROXECTO DE SEGURIDADE EN INMOBLES: aptitude ou capacidade para concibir, deseñar, calcular, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar solucións de seguridade, de evacuación de persoas e de protección contra incendios, tanto activas como pasivas, asi como para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos.
A34 FUNCIÓNS PRÁCTICAS E SIMBÓLICAS: comprensión ou coñecemento dos métodos de estudo dos procesos de simbolización da ergonomía e das relacións entre o comportamento humano, o entorno natural ou artificial e os obxectos, de acordo cos requirimentos e a escala humanos.
A35 SOCIOLOXÍA RESIDENCIAL: comprensión ou coñecemento dos métodos de estudo das necesidades e demandas sociais, dos compoñentes da calidade de vida, das condicións de habitabilidade e dos programas básicos de vivenda.
A36 SOCIOLOXÍA CULTURAL: comprensión ou coñecemento das implicacións que nas funcións e responsabilidades sociais do arquitecto ten as necesidades, valores, normas de conduta e de organización e patróns espaciais e simbólicos determinados pola pertenza a unha cultura.
A37 ANÁLISE DE FORMAS: comprensión ou coñecemento das leis da percepción visual e da proporción, as teorías da forma e da imaxe, as teorías estéticas da cor e os procedementos de estudo fenomenolóxico e analítico das formas arquitectónicas e urbanas.
A38 SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN: comprensión ou coñecemento dos sistemas de representación espacial e a súa relación cos procedementos de ideación gráfica e de expresión visual das distintas fases do deseño arquitectónico e urbanístico.
A47 ECOLOXÍA E SOSTENIBILIDADE: comprensión ou coñecemento da responsabilidade do arquitecto respecto aos principios básicos de ecoloxía, de sostenibilidade e de conservación dos recursos e do medio ambiente na edificación, o urbanismo e a paisaxe.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B8 Visión espacial.
B9 Creatividade.
B10 Sensibilidade estética.
B11 Capacidade de análise e síntese.
B12 Toma de decisións.
B13 Imaxinación.
B14 Habilidade gráfica xeral.
B15 Capacidade de organización e planificación.
B18 Razoamento crítico.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B23 Capacidade de xestión da información.
B24 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ao superar este materia, o alumno deberá estar en condicións de: -Elaborar proxectos de complexidade media-alta, nos que se satisfagan adecuadamente as exigencias compositivas, espaciais, técnicas e funcionais inherentes ao diseño arquitectónico e urbanístico. -Integrar dentro do proceso compositivo y de proxectación arquitectónica a aprendizaxe das asignaturas de perfil tecnolóxico e urbanístico, cunha metodoloxía que permita a aplicación práctica dos contidos teóricos de todas elas nun proxecto de complexidade media-alta. -Utilizar o contido do bloque docente A vivienda II. Equipamentos. Normativa. O barrio e o espacio urbano, resolvendo proxectos de equipamentos e vivendas que permitan unha visión global das circunstancias que conforman as relacións complexas que se dan nun LUGAR. O paso seguinte ao cuatrimestre anterior, intesificando a complexidade, obliga a utilizar experiencias e coñecementos adquiridos noutras disciplinas, así como na vida diaria de alumnas e alumnos. Tamén, aparecen outros elementos de coñecemento como o traballo de campo e entrevistas cos veciños que impulsan propostas de investigación adaptándose ás necesidades dos seus habitantes. O traballo do taller está situado en espazos urbanos de transición ou vilas. Se proxectan diferentes equipamentos e vivendas que dan resposta aos distintos tipos de cidadáns. Os proxectos desenvolvense a nivel de proxecto básico e de execución, dende as ideas iniciais ata a elaboración máis detallada, incluíndo a definición dos seus materiais e a súa construcción e a incorporación, deseño e dimensionado de elementos estruturais. Trabállase coas normas sobre a habitabilidade, eliminación de barreiras, os criterios de evacuación, código técnico, normativa urbanística... A1
A2
A7
A10
A25
A34
A35
A36
A37
A38
A47
B1
B2
B3
B4
B5
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B18
B20
B23
B24
C1
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
A VIVENDA II - Tipoloxías de vivenda: unifamiliares, colectivas libres, colectivas de protección oficial, outros tipos
- Vivenda e economía
- Criterios de accesibilidade
- Flexibilidade espacial
- Areas privadas e compartidas
- Espazos de xogo infantil
- Areas de tránsito exteriores e interiores
- Espazos de almacenamento
- Areas de traballo
- As necesidades da vida diaria
- Vivenda e trama urbana
EDIFICIOS DE EQUIPAMENTOS - Tipoloxías dotacionais
- Espazos sociais e comunitarios
- Tratamento integral de áreas
NORMATIVA II - Normativa local, estatal e autonómica
- Normativa urbanística
- Normativa de supresión de barreiras
- Normativa de promoción pública e protección oficial
- O Código Técnico da Edificación.
EXERCICIOS - Vivenda colectiva e adaptación o seu uso por parte de diferentes grupos sociais e
tipos de convivencia.
- Equipamento dotacional urbano

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A1 A7 A34 A35 A36 A37 A38 A47 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B15 B18 B20 B23 B24 C1 C4 C5 C6 C7 C8 0 11 11
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A7 A10 A34 A35 A36 A47 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B18 B20 B24 C1 C4 C5 C6 C7 C8 4 10 14
Discusión dirixida A1 A2 A7 A25 A34 A35 A36 A47 B1 B2 B3 B4 B5 B10 B11 B12 B15 B18 B20 B23 B24 C1 C4 C5 C6 C7 C8 5 0 5
Esquemas A1 A7 A10 A34 A35 A36 A47 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B18 B20 B23 B24 C1 C4 C5 C6 C7 C8 0 7 7
Obradoiro A1 A2 A7 A10 A25 A34 A35 A36 A37 A38 A47 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B18 B20 B23 B24 C1 C4 C5 C6 C7 C8 15 21 36
Traballos tutelados A1 A2 A7 A10 A25 A34 A35 A36 A37 A38 A47 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B18 B20 B23 B24 C1 C4 C5 C6 C7 C8 14 21 35
Proba obxectiva A1 A2 A7 A10 A25 A34 A35 A36 A37 A38 A47 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B18 B20 B23 B24 C1 C4 C5 C6 C7 C8 1 0 1
Portafolios do alumno A1 A2 A7 A10 A25 A34 A35 A36 A37 A38 A47 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B18 B20 B23 B24 C1 C4 C5 C6 C7 C8 0 20 20
Sesión maxistral A1 A2 A7 A10 A25 A34 A35 A36 A37 A38 A47 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B18 B20 B23 B24 C1 C4 C5 C6 C7 C8 15 0 15
Actividades iniciais A1 A10 A34 A35 A36 A37 A38 A47 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B18 B20 B23 B24 C1 C4 C5 C6 C7 C8 2 0 2

Atención personalizada 4 0 4

*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Antes de iniciar o desenvolvemento material dos traballos no TALLER, procederase á análise das fontes documentais relacionadas co tema proposto mediante a utilización de de documentos audiovisuais, bibliográficos, reportaxes documentais, paneis gráficos, fotografías, maquetas, artigos, textos informativos, normativa de aplicación, etc. Os grupos (profesor - alumnos) analizan a documentación dispoñible e amplíana, elaborando unha síntese das distintas fontes documentais. Compleméntase esta análise con intervencións de profesionais da arquitectura e doutros campos, que serán invitados a efectuar charlas e coloquios con desenvolvemento de temas concretos e experiencias persoais.
Aprendizaxe colaborativa A clase organízase en pequenos grupos de traballo, onde os alumnos traballan conxuntamente para resolver as tarefas asignadas polo profesor. Organízase ao grupo para obter a máxima información posible e compartila (análise do parcelario, busca de exemplos, de normativas, construción da maqueta xeral do emprazamento, toma de datos ou medicións in situ, tratamento infográfico da documentación obtida, etc.). Este traballo está guiado de forma presencial polo profesor asignado. Trátase de optimizar a aprendizaxe individual e o do grupo.
Discusión dirixida Tanto o traballo de grupo coma o individual expóñense de xeito público para incitar os membros do grupo a intervir no proceso creativo propio e alleo, de forma libre, informal e espontánea.
Esquemas Os datos obtidos nas análises, así como as intencións do proxecto, exprésanse de forma gráfica simplificada nas primeiras fases de cada traballo. Son as fases de información previa e anteproxecto. Iníciase a síntese.
Obradoiro Os proxectos desenvólvense mediante a combinación de diversas metodoloxías e probas: asistencia a exposicións, conferencias, análise de problemas concretos do programa. O alumno realiza tarefas eminentemente prácticas en cada un dos exercicios do curso, sempre co apoio e baixo a supervisión do profesorado.
Traballos tutelados Preténdese promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor. Refírese á aprendizaxe de "como facer as cousas", é o estudante o que asume a responsabilidade da súa formación.
Proba obxectiva Farase unha proba obxectiva sobre os contidos presentados nas sesións expositivas, que configuran o marco teórico e normativo da asignatura. Pódese pedir tamén un exercicio práctico.
Portafolios do alumno Como resultado do seu traballo ao final do cuadrimestre, o alumno terá elaborado o seu portafolios da materia, accesible a través da plataforma docente Moodle. Este obxecto final, desenvolvido a través das sesións en grupos e no taller, servirá de base á cualificación e curriculum persoal do alumno.
Sesión maxistral Periodicamente realízanse conferencias ou exposicións, relacionadas co tema a tratar en cada exercicio. Onde o relator expón de forma oral e/ou gráfica a información aos alumnos.
Nestas sesións apórtase parte do contido teórico da asignatura, que formarán parte da proba obxectiva.
Actividades iniciais Nas primeiras clases do curso formúlanse ao alumno tests e probas gráficas que permitan coñecer o nivel previo co que parte o alumno. As devanditas probas realizaranse na aula. Proporase tamén un exercicio de aproximación ó traballo do cuatrimestre.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Obradoiro
Traballos tutelados
Discusión dirixida
Descrición
O alumno recibe atención personalizada concernente ao traballo que está a desenvolver na materia e no Taller, a través do profesor do grupo ao que fose asignado. No Taller, ademais, terá a posibilidade de comentar e obter revisións críticas por parte dos profesores dos demais grupos e materias, para poder contrastar opinións e criterios e confrontalos cos propios.

O portafolio do alumno será obxecto de revisións personalizadas, para observar a súa evolución e constatar a súa autoría.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A2 A7 A10 A25 A34 A35 A36 A37 A38 A47 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B18 B20 B23 B24 C1 C4 C5 C6 C7 C8 O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno, físico e dixital, dispoñible físicamente en papel e accesible a través da ferramenta informática para a docencia Moodle.

Avalíanse os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final.
80
Proba obxectiva A1 A2 A7 A10 A25 A34 A35 A36 A37 A38 A47 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B18 B20 B23 B24 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Os coñecementos instrumentais contidos no temario de docencia expositiva, teóricos e prácticos, do curso serán avaliados mediante unha proba obxectiva. 20

Observacións avaliación

Para poder superar a materia será necesario cumprir os seguintes requisitos:
1º Entregar todos os traballos propostos nos prazos e formas indicados nas materias implicadas no Taller.
2º Asistir regularmente as clases e ao Taller. Esixirase unha asistencia mínima do 80%
3º Facer a proba obxectiva

Terá a condición de NON PRESENTADO o/a alumno/a que se atope nalgunha das seguintes circunstancias:
1º Non cumpla a asistencia esixida ás clases e ao Taller.
2º Non entregue os traballos propostos en forma e prazo, ou os entregue incompletos. Consideraranse incompletos aqueles traballos que non conteñan a documentación requerida en tódalas asignaturas que compoñen o Taller.
3º Non asista á proba obxectiva.

De acordo co establecido na memoria do Título de Grao de Arquitecto, convocarase unha Xunta de Avaliación do taller, que analizará os resultados globales do mesmo e dirimirá, no seu caso, sobre as situacións especiales de avaliación do alumnado.

Cando non se supere a asignatura na primeira oportunidade, se permitirá completar e modificar os traballos presentados no taller, sempre que se teña cumprida a asistencia mínima, todos os traballos entregados de tódalas asignaturas implicadas no taller e a proba obxectiva da primeira oportunidade feita. Para superar a asignatura, neste caso, e obrigatoria a realización da proba obxectiva da segunda oportunidade.

Os alummnos que non superen en ningunha das dúas oportunidades a materia de Proxectos 8 deberán cursar o taller o ano seguinte. Neste caso, os alumnos, ademáis de Proxectos 8, desenrolarán os traballos das materias que non houberan superado no taller do ano anterior.

Aqueles alumnos que, superada a materia de Proxectos 8, non superaran algunha das outras materias do taller, terán que presentar, en consecutivas convocatorias, de novo e coas correccións oportunas, os traballos propostos no taller no que participaron.

Fontes de información
Bibliografía básica Neufert, E (1991). Arte de proyectar en arquitectura. E. Gustavo Gili
Rowe, Collin (1981). Ciudad Collage. E. Gustavo Gili
Bloomer, K.C. y Moore, Ch (1982). Cuerpo, memoria y arquitectura. E. Blume
Benevolo, L (1977). El diseño de la ciudad (5 tomos). E. Gustavo Gili
Espegel, Carmen (2007). Heroínas del espacio. E. Biblioteca Nueva
Argan, G. C (1984). Historia del arte como historia de la ciudad. E. Laia
Pallasmaa, Juhani (2010). La arquitectura de la humildad. Fundación Caja de Arquitectos
Boeri, Cini (1991). La dimensioni Umana dell´abitazione. E. Franco Angeli
Lonzi, Marta (1982). L´architteto fuora di se. E. Roma,Rivolta Femmmenile
Alexander, Ch (1978). Urbanismo y participación. E. Gustavo Gili

Código Técnico de la Edificación

Bibliografía complementaria Benjamin, Walter (1988). Dirección única. E. Alfaguara
Urkia, Sebastián (2003). Energía Renovable Práctica. E. Pamiela
Arendt, Hanna (2013). Existencialismo y compromiso. RDA libros
Rodríguez,Carlos (1978). Manual de autoconstrucción. E. Concepto S.A. México
Foucault, Michel (2013). Obras esenciales. E. Paidos

Diversos ensayos sobre las componentes específicas del proyecto

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Instalacións 1/630G01030
Proxectos 7/630G01031
Construción 5/630G01033
Estruturas 4/630G01034

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Construción 6/630G01037
Estruturas 5/630G01038
Instalacións 2/630G01039

Materias que continúan o temario
Proxectos 9/630G01041

Observacións

(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías