Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Arquitectura Legal Código 630G01046
Titulación
Grao en Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións Arquitectónicas
Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo
Coordinación
Sánchez Iglesias, Santiago
Correo electrónico
santiago.sanchez@udc.es
Profesorado
Borobio Sanchiz, Manuel
García Fontán, Cristina
Llamazares Castro, Jesus
Sánchez Iglesias, Santiago
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
manuel.borobio@udc.es
cristina.garcia.fontan@udc.es
j.llamazares@udc.es
santiago.sanchez@udc.es
jose.vmosquera@udc.es
Web
Descrición xeral MARCO CURRICULAR
Co termo Arquitectura Legal entendeuse tradicionalmente a formación en dereito dos profesionais que proxectan e executan obras de edificación e interveñen no campo do urbanismo. Esta formación proporciona o coñecemento das normas que rexen a súa actividade e o propio resultado da mesma.
A formación é compartida polos Departamentos de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo e o Departamento de Construcións Arquitectónicas, a materia tratará de enfocar os temas desde a comprensión do espazo construído polo home, as súas orixes e organización en especial desde o punto de vista da realidade actual do territorio galego.

OBXECTIVO
A materia pretende ser unha aproximación á compresión do marco legal no que se desenvolve a profesión de arquitecto desde a edificación e o urbanismo ata a ordenación do territorio. Preténdese introducir ao alumno na terminoloxía, conceptos e leis organizadoras da que será a súa práctica profesional no futuro.

O obxectivo da materia é dotar ao alumno dos coñecementos teóricos e prácticos básicos necesarios para a elaboración, avaliación e execución de proxectos arquitectónicos, plan urbanístico que complementes a formación desenvolvida noutras materias da carreira, como culminación na formación do alumno a nivel universitario de segundo ciclo previo á súa incorporación ao mundo laboral.

Competencias do título
Código Competencias do título
A29 ANÁLISE TÉCNICO DE PROXECTOS: aptitude ou capacidade para elaborar estudos de viabilidade e exercer a supervisión, control e coordinación de proxectos integrados de edificación e de conxuntos e espazos urbanos.
A30 XESTIÓN DE NORMAS URBANÍSTICAS: aptitude ou capacidade para aplicar as normas urbanísticas e xestionar a obtención de licenzas nos proxectos integrados e na execución, tanto de obras de edificación como de espazos urbanos.
A31 VALORACIÓN DE BENS INMOBLES: aptitude ou capacidade para realizar valoracións e taxacións inmobiliarios, incluíndo terreos rústicos e solares, edificacións e espazos urbanos.
A47 ECOLOXÍA E SOSTENIBILIDADE: comprensión ou coñecemento da responsabilidade do arquitecto respecto aos principios básicos de ecoloxía, de sostenibilidade e de conservación dos recursos e do medio ambiente na edificación, o urbanismo e a paisaxe.
A61 FUNDAMENTOS LEGAIS: comprensión ou coñecemento do marco legal do desempeño profesional no relativo á saúde, a seguridade e o benestar públicos e á regulamentación civil, administrativa, urbanística, da edificación e da industria.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B9 Creatividade.
B10 Sensibilidade estética.
B18 Razoamento crítico.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B27 Liderado.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1.- Coñecer e comprender a regulamentación civil, administrativa e urbanística 2.- Coñecer e comprender a responsabilidade do arquitecto respecto dos principios básicos de ecoloxía, de sustentabilidade e de conservación dos recursos e do medio ambiente no urbanismo e o paisajismo. 3.- Aptitude para elaborar estudos de viabilidade e exercer a supervisión, control e coordinación de proxectos integrados de conxuntos e espazos urbanos. 4.- Capacidade para realizar valoracións e tasaciones inmobiliarias, incluíndo terreos rústicos e solares, edificacións e espazos urbanos. A29
A30
A31
A47
A61
B5
B9
B10
B18
B20
B27
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
2. Lexislación sectorial


Lexislación sectorial
Estatal /Autonómica
Normativa Provincial
Percorrido pola lexislación de maior incidencia

1. Lexislación urbanística básica 1. Lexislación urbanística básica Leis do chan. Regulamentos
Edificar: Dereitos e deberes que comporta
A acción urbanística
Obtención do chan: sistemas.
A intermediación da Administración na edificación e os usos do chan
Licencia e disciplina urbanística
O patrimonio público de Chan: Equipamentos-mercado do chan
3. Planeamento La ordenación del territorio
Historia- evolución
Lexislación de ordenación do territorio
Documentos de Ordenación do territorio.

Esquema xeral do proceso de plan
Os plans por dentro.
Contido documental dos plans.
Os documentos normativos do plan: memoria e normas urbanísticas.
Os documentos económicos do plan:estudo económico-financeiro e programa de actuación.
Percorrido dun plan desde se redacción ata a súa aprobación.
A posta en práctica dun plan: desenvolvemento e xestión do plan.
Plans xerais, especiais, parciais, sectorización, etc.

4. Economía urbana A economía urbana no seu contexto
O mercado do chan:
O chan como valor de uso e valor de cambio
Plusvalías derivadas da acción urbanística.
Produción do chan urbano (do chan rústico ao chan urbano).
Valor-prezo do chan.
O prezo da vivenda
Sustentabilidade. Axenda 21
Transporte e enerxías.
A vivenda pública en España. Evolución, lexislación.
A vivenda de protección oficial en Galicia
5. Deontología, Responsabilidade civil e Exercicio da profesión Actuación profesional do arquitecto
Responsabilidade dos arquitectos no exercicio da profesión
Profesión regulada. Servizos profesionais
Actuación da administración, Contratación
O proxecto de edificación e a dirección de obra
Sustentabilidade, conservación e rehabilitación
Informes e peritaciones
Lexislación da edificación
6. Valoracións inmobiliarias Valoracións. Conceptos Xerais
Valoracións administrativas
Estimacións de custo dunha obra e avaliación de proxectos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 35 4 39
Obradoiro 12 32 44
Traballos tutelados 0 20 20
Recensión bilbiográfica 0 10 10
Proba de resposta múltiple 1 14 15
Discusión dirixida 9 0 9
Proba obxectiva 1 10 11
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como "Cconferencia", "método expositivo" ou "Lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "cómo facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Recensión bilbiográfica A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración da mesma en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación á súa propia experiencia.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en expor unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só una delas é válida.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo argumentan e discuten de forma libre, sobre informal e espontáneo un asunto, ainda que poden estar coordinados por un moderador.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Recensión bilbiográfica
Traballos tutelados
Descrición
As clases prácticas en taller, os traballos tutelados e a recesión bibliográfica contarán con atención personalizada para o seu desenvolvemento por parte do alumno en sesións abertas con presenza dos seus compañeiros. As sesións maxistrais e probas terán unha atención personalizada para aclaración de conceptos e dúbidas en tutorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro Desenvolverase traballo en grupos de máximo 3 persoas e requirirá presentacións públicas e entregas parciais. 30
Proba obxectiva Proba presencial de desenvolvemento de contidos teóricos e prácticos da materia 20
Recensión bilbiográfica Achegarase ás prácticas de grupo e individual. 5
Discusión dirixida Valorarase a capacidade de lectura crítica, escritura e a expresión oral en público. Destacando as conclusións e achegas propias. 5
Sesión maxistral Esíxese a asistencia ás sesións maxistrais polo menos nun 75% para poder optar á superación da materia en calquera das oportunidades. A avaliación realizarase mediante a proba obxectiva, probas de respostas múltiples, recesión bibliográfica e traballos tutelados
10
Traballos tutelados Traballo de carácter individual e requirirá presentacións públicas e entregas parciais. 20
Proba de resposta múltiple Exame tipo test a realizar a través da plataforma moodle 10
 
Observacións avaliación
Utilizarase o método de Avaliación Continua, o que supón que se controlará a asistencia a clase
e que unha parte da cualificación obterase da actitude e do traballo do estudante ao longo do
cuadrimestre; pero debe completarse coa realización de probas teóricoprácticas
que permitan comprobar que o estudante asimilou os contidos conceptuais e
procedimentales propios da materia.
Na avaliación final do estudante terase en conta:
A asistencia a clase e o interese e participación nas sesións presenciais.
A realización e exposición individual dos exercicios propostos.
A realización de traballos en grupo e a súa presentación e defensa individual e/ou en grupo.
As probas escritas ao longo do curso, que constarán de preguntas relativas tanto á
parte teórica como aos exercicios realizados.
Os exames parciais e/ou finais.
Calquera outra actividade que se detalle na Guía Docente da materia
Realizaranse prácticas curtas case todas as semanas, a maioría delas durante unha parte da
clase. Será necesario a presentación de polo menos o 75% das prácticas para a
cualificación por curso. Así mesmo, o traballo en equipo e individual será obrigatorio para a
cualificación por curso.
Esíxese a asistencia de polo menos o 75% das horas presenciais.

CONDICIÓNS PARA TODAS As OPORTUNIDADES

Na avaliación do estudante nesta materia, aplicaranse as seguintes condicións simultaneamente para poder superala:

-Cumprimentar a asistencia esixida en ambas as partes da materia. 

-A superación do taller cunha cualificación 5,0 sobre 10,0.

-A superación das probas de resposta múltiple independentemente con 5,0 sobre 10,0 realizadas en clase

-A superación da proba obxectiva con 4,0 sobre 10,0 realizada en clase.

-Entrega dos traballos tutelados, sen erros graves.

-Unha cualificación de 5,0 sobre de 10,0, en ambas as partes da materia (urbanismo e construción).

CÁLCULO DA CUALIFICACIÓN

Unha vez superadas as condicións anteriores realízase unha media ponderada entre as cualificacións de ambas as partes da materia.

Na segunda oportunidade poderase recuperar aquelas partes non superadas realizadas durante o semestre, non se PODERÁ RECUPERAR As NON ENTREGADAS Ou NON REALIZADAS que supoñen un "NON PRESENTADO" como cualificación da convocatoria. Consérvanse as cualificacións das partes superadas na segunda oportunidade.O incumprimento da asistencia suporá a cualificación de "NON PRESENTADO" na convocatoria (en calquera das oportunidades)


Fontes de información
Bibliografía básica

- CAMAGNI, Roberto:"Economía Urbana" Editorial Antoni Bosch, Barcelona 2005

- ESTEBAN I NOGUER, Juli: “Elementos de Ordenación Urbana”. Publicación Colegio Oficial de Arquitectos de Catalunya. Barcelona 1981. Ref. 60 ESTE

- GONZÁLEZ-BERENGUER URRUTIA, José Luis: “Urbanismo Sectorial”. Editorial Montecorvo SA. Madrid 1999.

- MARTÍNEZ CARO Y OTROS: “La ordenación urbana”. EUNSA. Pamplona 1985.

- PANERAI Y OTROS. “Elementos de Análisis Urbano”. IEAL. Madrid 1985.

- SANTAMERA, Juan Antonio: “Introducción al Planeamiento Urbano”

- SORRIBES, Josep: " Las ciudades del siglo XXI" Centro Francisco Tomás Valiente. UNED Alzira Valencia, 2001

- Xunta de Galicia, “Directrices para a ordenación urbanística dos municipios galegos”. Consellería de Ordenación del Territorio e Obras Públicas. Xunta.

- Texto Refundido de la Ley sobre Regimen del Suelo y Ordenación Urbana y sus Reglamentos, varios. BOE, Tecnos, Civitas.

- GARCÍA ERVITI, Federíco: "Compendio de Arquitectura Legal" REVERTÉ. Barcelona, 2006

- TUNSTALL, Gavin: "La gestión del proceso de edificación" REVERTÉ. Barcelona, 2009

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Urbanística 4/630G01032
Proxectos 8/630G01036
Construción 6/630G01037

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Urbanística 5/630G01042

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías