Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Xeometrías complexas en Arquitectura Código 630G01052
Titulación
Grao en Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Representación e Teoría Arquitectónica
Coordinación
Castro García, Óscar
Correo electrónico
oscar.castro@udc.es
Profesorado
Castro García, Óscar
Fraga Lopez, Fernando
Correo electrónico
oscar.castro@udc.es
fernando.fraga@udc.es
Web
Descrición xeral AFONDAR NO COÑECEMENTO DAS SUPERFICIES COMPLEXAS E A SÚA GRAFIACIÓN AVANZADA, DEBUXO CON ORDENADOR EN 3D.
ANÁLISE DA XEOMETRÍA SUBXACENTE NA ARQUITECTURA. AFONDAR NA RELACIÓN ENTRE A XEOMÉTRIA, O SISTEMA SUSTENTANTE E RESULTADO ARQUITECTÓNICO FINAL.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 PROXECTO BÁSICO ARQUITECTÓNICO E URBANO: aptitude ou capacidade para aplicar os principios básicos formais, funcionais e técnicos á concepción e deseño de edificios e de conxuntos urbanos, definindo as súas características xerais e as prestacións que se acadan.
A6 PROXECTO DE ESTRUTURAS: aptitude ou capacidade para concibir, deseñar, calcular, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar as solucións estruturais, así como para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos.
A9 CRÍTICA ARQUITECTÓNICA: aptitude ou capacidade para analizar morfolóxica e tipoloxicamente a arquitectura e a cidade e para explicar os precedentes formais e programáticos das solucións proxectuais.
A10 REPRESENTACIÓN ESPACIAL: aptitude ou capacidade para aplicar, tanto manual como informaticamente, os sistemas de representación gráfica, dominando os procedementos de proxección e corte, os aspectos cuantitativos e selectivos da escala e a relación entre o plano e a profundidade.
A13 IDEACIÓN GRÁFICA: aptitude ou capacidade para concibir e representar graficamente a figura, a cor, a textura e a luminosidade dos obxectos e dominar a proporción e as técnicas de debuxo, incluídas as informáticas.
A37 ANÁLISE DE FORMAS: comprensión ou coñecemento das leis da percepción visual e da proporción, as teorías da forma e da imaxe, as teorías estéticas da cor e os procedementos de estudo fenomenolóxico e analítico das formas arquitectónicas e urbanas.
A38 SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN: comprensión ou coñecemento dos sistemas de representación espacial e a súa relación cos procedementos de ideación gráfica e de expresión visual das distintas fases do deseño arquitectónico e urbanístico.
A40 XEOMETRÍA: comprensión ou coñecemento da xeometría métrica e proxectiva como fundamentos do trazado, deseño e composición arquitectónicos da comprensión dos sistemas de representación espacial.
A43 HISTORIA XERAL DA ARQUITECTURA: comprensión ou coñecemento da historia xeral da arquitectura, tanto en si mesma como na súa relación coas artes, as técnicas, as ciencias humanas, a historia do pensamento e os fenómenos urbanos.
A56 BASES DE MECÁNICA XERAL: comprensión ou coñecemento dos principios da mecánica básica e aplicada, a estática, a xeometría de masas e os campos vectoriais e tensoriais necesarios para entender as condicións de equilibrio dos edificios e obras civís e de urbanización.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B8 Visión espacial.
B9 Creatividade.
B11 Capacidade de análise e síntese.
B12 Toma de decisións.
B13 Imaxinación.
B14 Habilidade gráfica xeral.
B15 Capacidade de organización e planificación.
B17 Cultura histórica.
B18 Razoamento crítico.
B19 Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar.
B21 Intuición mecánica.
B23 Capacidade de xestión da información.
B24 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
B26 Habilidades nas relacións interpersoais.
B30 Comunicación oral e escrita na lingua nativa.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprensión da Xeometría subxacente na definición formal da arquitectura. Traballo tutelado. A1
A9
A13
B1
B4
B5
B11
B14
B17
B18
B23
C1
C3
C6
Comprender a relación entre o emprego dun tipo de superficie concreto, o espazo xerado e o resultado formal último. Practicas de laboratorio semanais. Proba obxectiva. A6
A10
A13
A37
A38
A40
A56
B1
B2
B4
B5
B8
B9
B12
B13
B14
B21
B24
C3
C6
C8
Adquirir destreza no manexo do debuxo asistido por ordenador en 3 D como ferramenta durante o proceso proxectual e como instrumento de comunicación e representación. Prácticas de laboratorio semanais. A10
A38
B1
B4
B8
B12
B13
B14
B21
C3
C8
Coñecemento e análise de arquitecturas carismáticas, construídas ou simplemente proxectadas, utilizando o CAD-CAD-3D. Exposición ante compañeiros e profesores. Traballo tutelado. A37
A43
B1
B3
B11
B12
B14
B15
B17
B19
B21
B26
B30
C1
C3
C4
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
1.- DEBUXO EN CAD-3D

1.1.- Ordenes relacionadas con 3D
1.2. -Sólidos 3D e Superficies 3D
1.3. -Comandos de renderizado
1.4.- Presentacións
2:-SUPERFICIES ARQUITECTÓNICAS DE BASE POLIEDRAL.

2.1 PLEGADURAS
Lineais. Radiais. So bre superficies curvas
Pregables. Exemplos arquitectónicos
2.2 REDES PLANAS E ESPACIAIS
Redes de base cuadrangular, triangular e hexagonal. De simple curvatura. De dobre curvatura. Cúpulas xeodésicas. Exemplos arquitectónicos.
3. –SUPERFICIES ARQUITECTÓNICAS CURVAS

3.1. -SIMPLE CURVATURA
Radiais. Lineais. Exemplos arquitectónicos.
3.2.- REVOLUCIÓN e TRANSLACIÓN.
Tóricas. Esféricas. Outras superficies.
Exemplos arquitectónicos.
Representación en CAD-3D
3.3.- DOBRE CURVAT. (POST. e NEG.)
Cuádricas Reguladas: Hip.R. e Par.R. Conoides: xerais e de P.director
Cilindroides: capialzado e corno vaca
Exemplos arquitectónicos
Representación en CAD-3D
4.- SUPERFICIES ARQUITECTÓNICAS DE DIFICIL DEFINICIÓN XEOMÉTRICA 4.1. - SUPERFICIES TRACCIONADAS
Superficies alabeadas sinxelas. Onduladas.
Entibadas. Exemplos arquitectónicos
4.2.- SUPERFICIES PNEUMÁTICAS
Superficies inflables a baixa presión. Paneis inflables.
Exemplos arquitectónicos.
Representación en CAD-3D
5.- APLICACIÓN Á REPRESENTACIÓN DE ARQUITECTURAS EMBLEMÁTICAS (CONSTRUIDAS OU SOLO DEBUXADAS). Representación en CAD-3D

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B3 B4 B15 B19 C4 1 0 1
Sesión maxistral A9 A37 A38 A40 A43 A56 B17 B18 B21 C8 12 4 16
Prácticas de laboratorio A6 A10 A13 B1 B8 B13 B24 C3 20 10 30
Traballos tutelados A1 B5 B9 B23 6 40 46
Presentación oral B30 C1 3 3.5 6.5
Saídas de campo B26 C6 2 0 2
Proba obxectiva B2 B11 B12 B14 1 9 10
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da programación temporal
Sesión maxistral Sesión Maxistral: Apoiándose na análise gráfica clasifícanse e representanse na pizarra a xeración xeométrica das diferentes superficies. Nunha segunda parte, con medios audiovisuais, expóñense exemplos construídos emblemáticos e representativos dos tipos de superficies abordadas na sesión. Analízanse estrutural, xeométrica e formalmente.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio realizanse de xeito individual no Laboratorio de Informática daETSA. Nas primeiras sesións explícase o manexo básico dos programas informáticos de deseño asistido por ordenador que se pretenden utilizar, sobre todo no respectivo a ordes 3D e renderizados. Posteriormente e ao longo de todo o curso, en cada sesión abordaranse as particularidades da representación de cada un das superficies cuxos contidos teóricos e conceptuais se van desenvolvendo nas clases maxistrais. Os alumnos que non consigan entregar na sesión de laboratorio, completarán practícaa con traballo autónomo e entregarana na sesión da boratorio da semana seguinte.
Traballos tutelados Traballos tutelados: Realizaranse un traballo tutelado que implica un maior traballo autónomo non presencial nas que se realizará a representación e análise xeométrica de arquitecturas emblemáticas da historia da arquitectura, construídas ou tan só debuxadas. O traballo realizarase en grupos de 3 membros como máximo e será o grupo o que a principio de curso elixa a arquitectura emblemática, consensuado cos profesores. Ao longo do curso realizaranse turtorias de control do desenvolvemento do traballo. Lle entrega realizarase ao final do cuadrimestre.
Presentación oral Presentación oral: Os alumnos en grupo de tres deberán expoñer o Traballo Tutelado inicial de análise e comprensión de arquitecturas emblemáticas.
Preténdese que todos os alumnos do curso sexan participes dos contidos dos exercicios dos outras compañeiros.
Valórase a capacidade de síntese e precisión da exposición, a calidade do material de apoio achegado e o grao de afondamento e coñecemento do tema tratado.
Estes contidos incorpóranse ao corpo teórico da materia sendo susceptibles de incluírse nas probas obxectivas a realizar.
Saídas de campo Saídas de campo: Ao longo do curso de pretende realizar polo menos unha saída para visitaralgún edificio que exemplifique os contidos teóricos desenvolvidos. Tamén se realizarán visitas a empresas que utilizan as últimas tecnoloxías do debuxo asistido por ordenador para o cálculo, o deseño e a representación da arquitectura.
Proba obxectiva Proba teórica: Realizaráse unha proba escrita dunha hora de duración, o final do curso,
sobre os contidos teóricos desenvolvidos nas sesións maxistrais e nas exposicións dos distintos grupos sobre a primeira práctica tutelada. Preténdese obter unha nota individualizada do alumno que se compoñerá co resto das notas dos traballos realizados individualmente ou en grupo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Descrición
Realizaranse titorías individualizadas ou en grupos moi reducidos para resolver dúbidas sobre os contidos teóricos da materia e sobre as prácticas tuteladAs e en xeral sobre calquera outra circunstancia sobrre a materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 B5 B9 B23 O traballo realizarase en grupos de 3 membros como máximo e será o grupo o que a principio de curso elixa a arquitectura emblemática, consensuado cos profesores. Ao longo do curso realizaranse tutorias de control do desenvolvemento do traballo. A entrega realizarase ao final do cuadrimestre. 25
Prácticas de laboratorio A6 A10 A13 B1 B8 B13 B24 C3 As Prácticas de Laboratorio realízanse de xeito individual no Laboratorio Informático da ETSA. Os alumnos que non consigan entregar na sesión de laboratorio correspondente, completarán practícaa con traballo autónomo e entregarana na sesión da boratorio da semana seguinte. 40
Presentación oral B30 C1 Presentación oral: Os alumnos en grupo de tres deberán expoñer o Traballo Tutelado inicial de análise e comprensión de arquitecturas emblemáticas.
Todos os membros do grupo deberán intervir.
Valórase a capacidade de síntese e precisión da exposición, a corrección oratoria, a calidade do material audiovisual de apoio achegado e o grao de afondamento e coñecemento do tema tratado.
Estes contidos incorpóranse ao corpo teórico da materia sendo susceptibles de incluírse nas probas obxectivas a realizar.
10
Proba obxectiva B2 B11 B12 B14 Realizásese unha proba escrita dunha hora de duración, ao final de curso sobre os contidos teóricos desenvolvidos nas sesións maxistrais e nas exposicións dos distintos grupos sobre a práctica tutelada. 25
 
Observacións avaliación
Utilizarase o método de Avaliación Continua, o que supón que se controlará a asistencia a clase e que a cualificación se obterá fundamentalmente a partir da actitude e do traballo do estudante ao longo do cuadrimestrePrimeira oportunidade O alumno deberá asistir polo menos ao 80% das sesións maxistrais e tamén ao 80% das clases de prácticas de laboratorio. Deberá ter entregado todas as prácticas propostas e terse presentado á proba obxectiva.
Segunda oportunidade: Para presentase deberá ter cumprida o 80% da asistencia esixida e ter entregado o 80% das prácticas no seu momento. A segunda oportunidade poderá consistir nunha proba obxectiva e/ou a entrega dun traballo complementario. A docencia a alumnos de programas de mobilidade adaptarase a condicións pedagóxicas e traballos tutelados especiais, así como as probas e exámens de avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica OTTO, Frey (1979). Arquitectura adaptable . G.G.
JOEDICKE, Jürgen. (1967 ). Estructuras en voladizos y cubiertas.. México D.F.:Hermes
FRANCO TABOADA, J.A. (2012). Geometría descriptiva para la representación arquitecónica.. Andavira
ATERINI, A. y otros (1990). Geometria e Structure. Aliena
SCHOCK, Hans-Joachim (1997). SOFT SHELLS. Desing and Technology of Tensile Arquitecture . Birkhäser

http://www.fosterandpartners.com/

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xeometría Descritiva/630G01003
Xeometría da Forma Arquitectónica/630G01014
Análise Arquitectónico 2/630G01017
RepresentacIón avanzada en Arquitectura/630G01051

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
RepresentacIón avanzada en Arquitectura/630G01051

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase que o alumno teña superadas as materias afíns á área de ExpresiónGráfica. Igualmente recoméndase contar con coñecementos de ferramentas informáticas de aplicación aos contidos detallados na presente materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías