Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Comunicación gráfica en Arquitectura Código 630G01053
Titulación
Grao en Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Optativa 4.5
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Representación e Teoría Arquitectónica
Coordinación
Pernas Alonso, Maria Ines
Correo electrónico
ines.alonso@udc.es
Profesorado
Fernandez-Gago Longueira, Paula
Fraga Lopez, Francisco Javier
Mantiñan Campos, Carlos
Pernas Alonso, Maria Ines
Correo electrónico
paula.fernandez-gago@udc.es
javier.fraga@udc.es
carlos.mantinan@udc.es
ines.alonso@udc.es
Web
Descrición xeral Poñer en coñecemento do alumnado os contidos teóricos sobre os procesos de comunicación gráfica, representación, ideación, deseño, fotografía, medios audiovisualis, señalética e infografía necesarios para o desenvolvemento práctico do programa docente plantexado.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 REPRESENTACIÓN ESPACIAL: aptitude ou capacidade para aplicar, tanto manual como informaticamente, os sistemas de representación gráfica, dominando os procedementos de proxección e corte, os aspectos cuantitativos e selectivos da escala e a relación entre o plano e a profundidade.
A13 IDEACIÓN GRÁFICA: aptitude ou capacidade para concibir e representar graficamente a figura, a cor, a textura e a luminosidade dos obxectos e dominar a proporción e as técnicas de debuxo, incluídas as informáticas.
A37 ANÁLISE DE FORMAS: comprensión ou coñecemento das leis da percepción visual e da proporción, as teorías da forma e da imaxe, as teorías estéticas da cor e os procedementos de estudo fenomenolóxico e analítico das formas arquitectónicas e urbanas.
A41 BASES ARTÍSTICAS: comprensión ou coñecemento da estética e a teoría das artes e da producción pasada e presente das belas artes e as artes aplicadas susceptibles de influír nas concepcións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B8 Visión espacial.
B9 Creatividade.
B10 Sensibilidade estética.
B11 Capacidade de análise e síntese.
B12 Toma de decisións.
B13 Imaxinación.
B14 Habilidade gráfica xeral.
B17 Cultura histórica.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
B22 Traballo en colaboración con responsabilidades compartidas.
B24 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento e aplicación dos procedementos de deseño para a resolución de proxectos gráficos e aplicacións arquitectónicas. Coñecemento da organización estética e expresiva das artes visuais como punto de partida para a percepción estética do entorno. A avaliación de estas competencias faranse en conxunto a traves do seguimento do traballo tutelado, traballos individuais e en grupo e da proba obxectiva. A13
A37
A41
Manexar os elementos do vocabulario visual para a súa formalización gráfica no soporte adecuado. Manexar técnicas fotográficas como ferramenta visual na exposición de proxectos gráficos e arquitectónicos. A avaliación de estas competencias faranse en conxunto a traves do seguimento do traballo tutelado, traballos individuais e en grupo e da proba obxectiva. A10
B4
B5
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
Manexar técnicas fotográficas como ferramenta visual na exposición de proxectos gráficos e arquitectónicos. Saber aplicar as ferramentas informáticas adecuadas a cada proxecto gráfico. Iniciación ao deseño de páxinas web como recurso persoal do deseñador na sua proxección social. A avaliación de estas competencias faranse en conxunto a traves do seguimento do traballo tutelado, traballos individuais e en grupo e da proba obxectiva. B1
B2
B3
B7
B17
B20
B22
B24

Contidos
Temas Subtemas
1: COMUNICACION VISUAL Tema 1: Comunicacion visual na actualidade.
Tema 2: As artes visuais. Concepto. O vocabulario visual.
Tema 3: Técnicas de presentación na actualidade: Fotografía, infografías, vídeos, fotomontaxes.
2: IMAXE CORPORATIVA. DESEÑO DE PROGRAMAS. Tema 4: Imaxe corporativa. Deseño de programas.
Tema 5: Imaxe corporativa na Arquitectura.
Tema 6: Grafismo ambiental.
3: TEORIA E PRACTICA DA SEÑALETICA. Tema 7: Teoría e práctica da señalética.
Tema 8: Linguaxe señalético.
Tema 9: A cor señalético.
4: INFORMATICA APLICADA AO DESEÑO GRAFICO. Tema 10: Creación e deseño de páxinas web.
Tema 11: Imaxes, formatos e tamaños.
Tema 12: Servidores e dominios. Mantemento e actualizacións da páxina web.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A37 A41 B24 12 0 12
Seminario B7 B9 B12 26 0 26
Traballos tutelados B2 B3 B5 B11 B22 0 64.5 64.5
Proba obxectiva B14 2 0 2
Eventos científicos e/ou divulgativos B1 B20 2 0 2
Presentación oral B10 2 3 5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase teórica dunha hora de duración, impartida con soporte informático, onde se desenvolven os contidos do programa da materia, para a súa utilización nas prácticas propostas.
Seminario Seminario por bloque de traballo: Clase expositiva por parte dos grupos de traballo, onde se mostrará a solución adoptada ao apartado correspondente do traballo tutorado. Exponse unha quenda de comentarios, onde participa o resto de grupos, sobre os aspectos do traballo que previamente se definiron.
Traballos tutelados Practica semestral que se expón a principio do semestre e desagrégase en varios apartados, cada un dos cales constitúe un bloque de aplicación dos contidos impartidos nas sesións maxistrais. Esta práctica realízase en grupo, polo que supón un traballo colaborativo e de toma de decisións compartidas.
Dentro de cada un dos apartados constituíntes da práctica tutorada, o alumno realiza de forma individual un traballo de investigacion relativo ao tema tratado no devandito bloque.
Contémplase o seguimento en forma de tutoria individualizada do traballo do alumno dentro do traballo tutorado, tanto no seu desenvolvemento presencial como non presencial.
Proba obxectiva Proba teórico/práctica utilizada para a avaliación da aprendizaxe, co trazo distintivo da posibilidade de determinar se o alumno alcanzou o nivel esperado de aprendizaxe. Constituirá un instrumento de medida, articulado rigorosamente, que permita avaliar capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes e actitudes.
Eventos científicos e/ou divulgativos Outras actividades complementarias na formación do alumno constituídas por asistencia a conferencias, charlas, exposicións, etc.
Presentación oral Ao final do semestre, cada grupo debe facer unha exposición oral da práctica xeral realizada, presentando cada un dos apartados e participando todos os integrantes, durante un tempo fixado previamente.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atencion concíbese como momentos presenciais de traballo do alumno co profesor en forma de tutorías en grupos moi reducidos e en tutorias individualizadas que se realizarán nas horas establecidas para ese efecto no calendario de tutorías xerais do profesor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B14 É unha proba teórico/práctica que se utiliza para a evaluacion da aprendizaxe individual do alumno. 15
Traballos tutelados B2 B3 B5 B11 B22 Realízase durante todo o semestre nos horarios facilitados ao alumno e cunha periodicidade tal que permita o seguimento e correción da práctica exposta. 75
Presentación oral B10 É unha presentación por parte dos alumnos do traballo realizado durante o semestre. 10
 
Observacións avaliación

En relación ao artigo 7 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamación das cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario para os estudantes con dedicación a tempo parcial ou con modalidades específicas de aprendizax,e e en apoio á mobilidade, adaptaránse a docencia e os traballos tutelados así como as probas e exames de avaliación.

Primeira oportunidade: A cualificación final responderá aos criterios porcentuais establecidos segundo as metodoloxias de avaliación. Dado o caracter de avaliacion continua da materia, a asistencia do alumno debe superar o 80 % das horas lectivas. Non se cualificarán, en ningun caso, os traballos tutelados que non tivesen o seguimento e control exigido. 

Segunda oportunidade: Non se permite presentarse á segunda oportunidade, aos alumnos que non cumplan os requisitos de asistencia e realizacion dos traballos requeridos para a primeira oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Cohen, David (2012). A visual language : [elements of design] / David Cohen & Scott Anderson. London : Herbert Press
Martínez-Val, Juan. (2004). Comunicación en el diseño gráfico : la lógica de los mensajes visuales en diseño, publicidad e Internet. Madrid : Laberinto
edited by Mathieu Lommen (2012). The book of books : 500 years of graphic innovation/. London : Thames & Hudson
Heller, Steven (2012). Cien ideas que cambiaron el diseño gráfico. Barcelona : Blume
González Romano, José Mariano (2001). Diseño de páginas web iniciación y referencia . Madrid : McGraw-Hill
Mariño Campos, Ramón (2007). Diseño de páginas web y diseño gráfico : metodologías para la implementación de sitios web y para el diseño gráfico. Vigo : Ideaspropias
Hess, Jay (2010). Diseño gráfico para moda . Barcelona : Acanto
Landa, Robin (2010). Diseño gráfico y publicidad : fundamentos y soluciones. Madrid : Anaya Multimedia
Knobler, Nathan (1970). El diálogo visual. Introducción a la apreciación del arte. Aguilar
Satué, Enric (2012). El diseño gráfico desde los orígenes hasta nuestros días. Madrid : Alianza
Satué, Enric (1977). El diseño gráfico en España. Historia de una forma comunicativa nueva. Alianza Editorial
Poulin, Richard (2012). El lenguaje del diseño gráfico: conocimiento y aplicación práctica de los principios fundamentales del diseño. Barcelona ; Promopress
Skolos, Nancy (2012). El proceso del diseño gráfico: del problema a la solución. Barcelona : Blume
Gerritsen, Frans (1988). Evolution in color. Pennsylvania : Schiffer,
Müller-Brockmann, Josef, 1914-1996. (1998). Historia de la comunicación visual. México : Gustavo Gili
Meggs, Philip B. (1991 (2000 reimp.)). Historia del diseño gráfico. México : Trillas
Meggs, Philip B (2009). Historia del diseño gráfico . Barcelona : RM
Bastos de Quadros Junior, Itanel (2009). Las páginas web : un nuevo campo del diseño gráfico. La Laguna : Universidad de La Laguna
Costa, Joan (2013). Los 5 pilares del branding : anatomía de la marca. Barcelona : CPC
Gil, Emilio (2007). Pioneros del diseño gráfico en España . Barcelona : Index Book
Twemlow, Alice (2007). ¿Qué es el diseño gráfico? : manual de diseño. Barcelona : GG

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías