Identifying Data 2015/16
Subject (*) Teoría da Composición e Patrimonio Code 630G01055
Study programme
Grao en Arquitectura
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Fifth Optativa 4.5
Language
Spanish
Galician
English
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Composición
Construcións Arquitectónicas
Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo
Representación e Teoría Arquitectónica
Tecnoloxía da Construción
Coordinador
Agrasar Quiroga, Fernando
E-mail
fernando.agrasar@udc.es
Lecturers
Agrasar Quiroga, Fernando
Garcia Braña, Celestino
Paz Agras, Mari Luz
Seara Morales, Santiago
E-mail
fernando.agrasar@udc.es
celestino.garcia.brana@udc.es
luz.paz.agras@udc.es
s.seara@udc.es
Web
General description O actual programa da Escola Superior de Arquitectura de A Coruña recolle, en 5º curso, a materia de Teoría da Composición e Patrimonio asignada ó departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo, por un lado, e ó de Teoría e Composición, por outro. En consecuencia, na asignatura converxen dúas singularidades disciplinares, centradas cada unha delas en aspectos que se complementan, pero que son diferentes. Á súa vez, esta asignación enténdese como ferramenta de reforzo de intensidade programática de ambos departamentos pero, sobre todo, resulta unha resposta para as prácticas de caracterización e situación da nosa rica e ampla arquitectura edificada, urbana e territorial que aporta ao imaxinario colectivo do país galego unha realidade insustituíble nos procesos e experiencias indentitarias no coñecemento da disciplina e, por tanto, na formación dos alumnos da Escola Galega de Arquitectura.

Estes procesos son tamén imprescindibles para profundizar na comprensión cultural e identitaria do Estado das Autonomías e da Historia da Humanidade, como documentan e certifican os inmobles edificados urbanos e territoriais que son parte do listado de Patrimonio Mundial da UNESCO e do rexistro de Bens Culturais do estado español e de Galicia.

A intención desta materia é a de apuntar información, coñecementos, criterios, materiais e técnicas imprescindibles para as prácticas encamiñadas á Conservación e Restauración (tal como se veñen sistematizando fundamentalmente dende o século XVIII ata agora), en clara convivencia coas normativas xurídicas e administrativas que cautelan as actuacións que se levan a cabo dentro do marco do noso estado de dereito social e democrático a través da Constitución, os Estatutos de Autonomía e os tratados internacionais, que fan referencia ás obrigas de acceso, protección e conservación do patrimonio cultural arquitectónico edificado, urbano e territorial caracterizado como tal.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A5 INTERVENCIÓN NO PATRIMONIO EDIFICADO: aptitude ou capacidade para intervir nos edificios de valor histórico, coordinar estudos históricos e arqueolóxicos sobre eles, elaborar os seus plans directores de conservación e redactar e executar os proxectos de restauración e rehabilitación.
A9 CRÍTICA ARQUITECTÓNICA: aptitude ou capacidade para analizar morfolóxica e tipoloxicamente a arquitectura e a cidade e para explicar os precedentes formais e programáticos das solucións proxectuais.
A14 CONTROL DE EXECUCIÓN DE OBRA GROSA: aptitude ou capacidade para analizar, controlar a calidade e definir condicións de mantemento e medidas de intervención nos sistemas de obra grosa, cerramento, cuberta e demais obra grosa, así como nos de obra civil asociados a eles.
A15 CONSERVACIÓN DE OBRA PESADA: aptitude ou capacidade para analizar, controlar a calidade, definir as condicións de mantemento e reparar as estruturas de edificación, as cimentacións e a obra civil.
A16 PROTECCIÓN DO PATRIMONIO EDIFICADO: aptitude ou capacidade para realizar tarefas de catalogación monumental, definir medidas de protección de edificios e conxuntos históricos e redactar plans de delimitación e conservación destes últimos.
A34 FUNCIÓNS PRÁCTICAS E SIMBÓLICAS: comprensión ou coñecemento dos métodos de estudo dos procesos de simbolización da ergonomía e das relacións entre o comportamento humano, o entorno natural ou artificial e os obxectos, de acordo cos requirimentos e a escala humanos.
A36 SOCIOLOXÍA CULTURAL: comprensión ou coñecemento das implicacións que nas funcións e responsabilidades sociais do arquitecto ten as necesidades, valores, normas de conduta e de organización e patróns espaciais e simbólicos determinados pola pertenza a unha cultura.
A39 RESTITUCIÓN GRÁFICA: comprensión ou coñecemento das técnicas de medición e levantamento gráfico de edificios e de ámbitos urbanos e naturais en todas as súas fases, dende o debuxo de apuntamentos á restitución científica.
A41 BASES ARTÍSTICAS: comprensión ou coñecemento da estética e a teoría das artes e da producción pasada e presente das belas artes e as artes aplicadas susceptibles de influír nas concepcións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas.
A43 HISTORIA XERAL DA ARQUITECTURA: comprensión ou coñecemento da historia xeral da arquitectura, tanto en si mesma como na súa relación coas artes, as técnicas, as ciencias humanas, a historia do pensamento e os fenómenos urbanos.
A44 BASES DA ARQUITECTURA OCCIDENTAL: comprensión ou coñecemento das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental e dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
A45 BASES DA ARQUITECTURA NATIVA: comprensión ou coñecemento das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas de carácter nacional, local e vernáculo e dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
A46 BASES DA ARQUITECTURA NON OCCIDENTAL: comprensión ou coñecemento das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas do mundo non occidental, os seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos e as súas semellanzas e diferencias coas propias da cultura occidental.
A48 SOCIOLOXÍA E HISTORIA URBANAS: comprensión ou coñecemento das relacións entre o medio físico e o medio social e as bases da teoría e a historia dos asentamentos humanos, da socioloxía, da economía urbana e da estadística como fundamentos dos estudos territoriais e urbanísticos.
A58 MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN: comprensión ou coñecemento das características físicas e químicas, os procedementos de fabricación e homologación, a análise patolóxica e as aplicacións e restricións de uso dos materiais empregados en obra estrutural, civil, grosa e acabada.
A59 SISTEMAS CONSTRUTIVOS CONVENCIONAIS: comprensión ou coñecemento das características físicas, os procedementos de fabricación e homologación, os tratamentos e acabados, a organización dimensional, os métodos de montaxe e a análise patolóxica dos compoñentes construtivos convencionais na obra estrutural, civil, grosa e acabada.
A61 FUNDAMENTOS LEGAIS: comprensión ou coñecemento do marco legal do desempeño profesional no relativo á saúde, a seguridade e o benestar públicos e á regulamentación civil, administrativa, urbanística, da edificación e da industria.
B1 Learn how to learn
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B8 Visión espacial.
B9 Creatividade.
B10 Sensibilidade estética.
B11 Capacidade de análise e síntese.
B12 Toma de decisións.
B13 Imaxinación.
B14 Habilidade gráfica xeral.
B15 Capacidade de organización e planificación.
B17 Cultura histórica.
B18 Razoamento crítico.
B19 Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar.
B22 Traballo en colaboración con responsabilidades compartidas.
B23 Capacidade de xestión da información.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Unha vez superada esta asignatura, xunto con tódalas demáis, o alumno debe haber adquirido as seguintes competencias: 1. Aptitude para crear proxectos de restauración arquitectónica que comportan unha fase importante dos procesos de patrimonialización cultural dun Ben Cultural (edificio, ben urbano ou territorio) que satisfagan á súa vez as esixencias estéticas e as técnicas. 2. Coñecemento adecuado da historia e das teorías da arquitectura, da conservación da arquitectura, da cidade e do territorio histórico, así como das artes, tecnoloxía e ciencias humanas relacionadas. 3. Coñecemento das belas artes como factor que pode influir na calidade da concepción arquitectónica. 4. Coñecemento adecuado do urbanismo, a planificación e as técnicas empregadas no proceso de planificación da cidade histórica e do territorio histórico. 5. Capacidade de comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como os valores patrimoniais que estes soportan e a necesidade de relacionar os edificios e os espacios situados entre eles en función das necesidades e da escala humanas. 6. Capacidad de comprende-la profesión de arquitecto e o seu papel na sociedade, en particular elaborando estudios, informes ou proxectos tendo en conta os factores sociais e os valores patrimoniais e culturais. 7. Coñecemento dos métodos de investigación e preparación do proxecto de restauración. 8. Comprensión dos problemas da concepción estructural, de construcción e de enxeñería vencellados cos proxectos de edificios con valores históricos e patrimonial-culturais, coa cidade histórica ou co territorio histórico. 9. Coñecemento adecuado dos problemas físicos e das distintas técnicas e tecnoloxías, así como da función dos bens inmobles, de forma que se dote a estes de condicións internas de comodidade e de protección funcionais e culturais en consonancia e compatibilidade cos usos históricos reportados polo Ben arquitectónico. 10. Capacidade de concepción para satisfacer os requisitos dos usuarios dos bens inmobles respectando os límites impostos polos factores presupostarios, pola normativa da construcción e polas boas prácticas de intervención no patrimonio edificado, a cidade e o territorio histórico. 11. Coñecemento apropiado das industrias, organizacións, regulamentacións, normativas e procedementos metodolóxicos para plasmar os proxectos nos Bens e para integrar os planos na planificación. A5
A9
A14
A15
A16
A34
A36
A39
A41
A43
A44
A45
A46
A48
A58
A59
A61
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B17
B18
B19
B22
B23

Contents
Topic Sub-topic
1. INTRODUCIÓN Os procesos de patrimonialización cultural da arquitectura, a cidade e o territorio histórico.
O valor de contemporaneidade e de antiguidade.
A intencionalidade na creación cultural histórica.
O soporte teórico da arquitectura, a cidade e o territorio histórico.
Teorías estéticas e da composición ó longo da historia.
O proxecto como integración das disciplinas e técnicas que están soportadas nos Bens e das que son necesarias para o estudo, coñecemento r práctica da conservación e protección dos mesmos.
Intervención no patrimonio.
Aspectos fundamentais da conservación-restauración.
Proxectos e plans.
O coñecemento, formulación e concreción do Patrimonio de Bens Culturais: arquitectura, cidade e territorio históricos.
2. ACOTACIÓN E EXPOSICIÓN DOS PERÍDOS CONFORMADORES DA TEORÍA E CRITERIOS DE INTERVENCIÓN SOBRE O PTRIMNIO CULTURAL CONSTRUÍDO. 2.1. ILUSTRACIÓN. SÉCULO XVIII
2.2. ROMANTICISMO. SÉCULO XIX
2.3. SÉCULO XX
3. EXPOSICIÓN, ESTUDO E COÑECEMENTO DE INTERVENCIÓNS PARADIGMÁTICAS DA PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL CONSTRUIDO. Exposición de intervencións paradigmáticas.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Directed discussion A9 A36 B3 B6 B7 20 0 20
Student portfolio A5 A14 A34 B4 0 35.5 35.5
Document analysis A39 A59 A61 B14 B23 0 16 16
Collaborative learning B5 B19 B22 0 16 16
Objective test B11 B12 B15 B17 B18 2 0 2
Guest lecture / keynote speech A15 A16 A41 A43 A44 A45 A46 A48 A58 B1 B2 B8 B9 B10 B13 22 0 22
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Directed discussion Periodicamente se organizan sesións de crise nas que se confrontan de xeito informal os resultados dos traballos de diversos grupos se ben esta discusión pode estar dirixida por un moderador.
As tutorías individualizadas adícanse a atender as consultas dos estudantes sobre os distintos aspectos da asignatura, xa sexan de teoría ou de resolución de aspectos concretos da práctica, de forma individual.
Student portfolio O alumno desenvolve un traballo persoal no que demostra a súa aptitud para crear estudos e proxectos de intervención no patrimonio cultural a nivel de proxecto básico.
Document analysis Antes de iniciar o desenvolvemento material dos traballos, se procederá á análise das fontes documentais relacionadas co tema proposto mediante a utilización de documentos audiovisuais, bibliográficos, reportaxes documentais, paneis gráficos, fotografías, maquetas, artículos, textos informativos, normativa de aplicación, etc. Os grupos (profesores–alumnos) analizan a documentación dispoñible e a amplían, elaborando una síntese das distintas fontes documentais.
Collaborative learning A clase se organiza en pequenos grupos de traballo, onde os alumnos traballan conxuntamente para resolver as tarefas asignadas polo profesor. Se organiza o grupo para obter a máxima información posible e compartila.
Objective test Exame teórico.
Guest lecture / keynote speech Destinada á introducción conceptual e á exposición de forma oral o gráfica da información aos alumnos.

Personalized attention
Methodologies
Directed discussion
Description
A avaliación é un proceso continuo, no que a actividade que en cada unha das sesións do curso desenvolve o estudiante é controlada e rexistrada. Periodicamente e, en todo caso, sempre que o estudante así o requira, infórmaselle da adecuación do nivel acadado polas súas actividades en relación cos obxectivos programáticos da materia.

Establécese un perído ao remate do curso, libre de sesións teóricas e de obradoiros, nos que a atención se desenvolve exclusivamente de xeito individual de forma que cada estudante é orientado cara á consecución dos obxectivos finais da materia ou, no seu caso, á excelencia.
En todo momento do curso os profesores brindan aos estudantes apoio complementario ao docente de xeito individual, en horario coñecido.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Student portfolio A5 A14 A34 B4 Nos traballos propostos, e a efectos da súa calificación, valoraranse aspectos como a coherencia conceptual, o nivel técnico das descripcións, a coherencia documental, a concreción técnica, a aportación personal na busca e elaboración dos datos e a claridade da expresión gráfica utilizada, pero, sobre todo, a correcta aplicación dos criterios desenvolvidos na asignatura en canto ás boas prácticas da conservación e restauración do patrimonio cultural. 15
Guest lecture / keynote speech A15 A16 A41 A43 A44 A45 A46 A48 A58 B1 B2 B8 B9 B10 B13 Sendo unha materia teórico-práctica, utilizarase o método de avaliación contínua, controlarase a sistencia á clase e unha parte da calificación obterase da actitude e do traballo do estudante ao longo do cuatrimestre; pero debe completarse coa realización de a lo menos un traballo de contido teórico-práctico que permita comprobar que o estudante asimilou os contidos conceptuais e procedimentais propios da asignatura.
Na avaliciaión final do estudante se terá en conta:
-A asistencia á clase e o interese e participación nas sesións presenciais.
-A realización e exposición individual dos exercicios propostos.
-A realización de traballos individuais e/ou en grupo e a súa presentación e defensa individual e/ou en grupo.
-Calquera outra actividade que se detalle na guía docente da asignatura
5
Objective test B11 B12 B15 B17 B18 Sendo unha materia teórico-práctica, utilizarase o método de avaliación contínua, controlarase a sistencia á clase e unha parte da calificación obterase da actitude e do traballo do estudante ao longo do cuatrimestre; pero debe completarse coa realización de a lo menos un traballo de contido teórico-práctico que permita comprobar que o estudante asimilou os contidos conceptuais e procedimentais propios da asignatura.
Na avaliciaión final do estudante se terá en conta:
-A asistencia á clase e o interese e participación nas sesións presenciais.
-A realización e exposición individual dos exercicios propostos.
-A realización de traballos individuais e/ou en grupo e a súa presentación e defensa individual e/ou en grupo.
-Calquera outra actividade que se detalle na guía docente da asignatura
- Todo esto completa e contextualiza á proba obxectiva: exame escrito sobre a materia teórica impartida.
80
 
Assessment comments

O alumno debe asistir fundamentalmente ás sesións maxistrais, e presentar os traballos propostos co nivel esixido de calidade cara superar a asignatura. Para aprobar a asignatura, o alumno contará con duas oportunidades (Xuño e Xullo). O profesor, dacordo cos alumnos, poderá optar por dividir o exame en dúas partes. O traballo será entregado en xuño e é indispensable para aprobar a asignatura. Se non se entrega, calificarase ao alumno como Non Presentado. A calificación acadada no traballo sumarase á obtida nos exames escritos, sempre que estes acaden un mínimo de 40 puntos. Con puntuacións inferiores a 40 se calificará suspenso, se ben a nota do traballo gardarase para sumala no exame de xullo. Igualmente, a asistencia ás sesións maxistrais sumará 5 puntos á nota do exame sempre que ésta acade os 40 puntos mínimos.


Sources of information
Basic Ceschi, Carlo. (1970). TEORÍA E STORIA DEL RESTAURO. . Mario Buzoni Editore. Roma
Choay, Françoise. (2007). ALEGORÍA DEL PATRIMONIO.. Gustavo Gili. Barcelona
Quatremère de Quincy, Antoine. (1998). CARTAS A MIRANDA. SOBRE EL DESPLAZAMIENTO DE LOS MONUMENTOS DE ARTE DE ITALIA.. Instituto de Patrimonio Cultural. Caracas
Rivera Blanco, Javier. (2008). DE VARIA RESTAURATIONE. TEORÍA E HISTORIA DE LA RESTAURACIÓN ARQUITECTÓNICA . Abada , editores. Madrid
Sanpaolesi, Piero. (1977). DISCORSO SULLA METODOLOGÍA GENERALE DEL RESTAURO DEI MONUMENTI.. Edam. Firenze
Riegl, Alöis. (1999). EL CULTO MODERNO A LOS MONUMENTOS.. Visor. Madrid
González Moreno-Navarro, José Luis. (1993). EL LEGADO OCULTO DE VITRUBIO.. Alianza. Madrid
Macarrón Miguel, Ana Mª. (1995). HISTORIA DE LA CONSERVACIÓN E LA RESTAURACIÓN. . Tecnos. Madrid
Gonzalo M. (2012). HISTORIA DEL ARTE E PATRIMONIO CULTURAL: UNA REVISIÓN CRÍTICA.. Prensas Universitarias. Universidad de Zaragoza.
Martínez Justicia, Mª José. (2000). HISTORIA E TEORÍA DE LA CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN ARTÍSTICA.. Tecnos. Madrid
Macarrón Miguel, Ana Mª e González Mozo, Ana. (1988). LA CONSERVACIÓN E LA RESTAURACIÓN EN EL SIGLO XX.. Tecnos. Madrid
Ruskin, John. (1987). LAS SIETE LÁMPARAS DE LA ARQUITECTURA . . Alta Fulla. Barcelona
Vitrubio Polión, Marco Lucio. (1995). LOS DIEZ LIBROS DE ARQUITECTURA.. Alianza. Madrid
Monterroso Montero, Juan M. (2001). PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DEL PATRIMONIO. PRINCIPIOS TEÓRICOS.. Tórculo Ediciones. Santiago de Compostela
Muñoz Viñas, Salvador. (2003). TEORÍA CONTEMPORÁNEA DE LA RESTAURACIÓN. . Editorial Síntesis. Madrid
Brandi, Césare. (1988-1989). TEORÍA DE LA RESTAURACIÓN .. Alianza Editorial. Madrid

Aparte destas entradas bibliográficas, cada ano a asignatura incorpora bibliografías específicas que serán suxeridas ós estudantes.

Complementary Diderot, Denis. (2008). EL SOBRINO DE RAMEAU.. Verticales de bolsillo.
Yourcenar, Marguerite. (1989). EL TIEMPO, GRAN ESCULTOR.. Alfaguara. Madrid
Capitel, Antón. (1988). METAMORFOSIS DE MONUMENTOS E TEORÍAS DE LA RESTAURACIÓN. Alianza. Madrid
González-Varas, Ignacio. (). CONSERVACIÓN DE BENS CULTURALES. TEORÍA, HISTORIA, PRINCIPIOS E NORMAS.. E. Manuales Arte Cátedra.
Humanes Bustamante, Alberto. (1987). CRITERIOS DE INTERVENCIÓN EN EL PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO. APROXIMACIÓN A UNA BIBLIOGRAFÍA BÁSICA. JORNADAS SOBRE CRITERIOS DE INTERVENCIÓN EN EL PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO.. Madrid, del 19 al 23 de octubre de 1987. Ministerio de Cultura.
Murray, Linda. (1995). EL ALTO RENACIMIENTO E EL MANIERISMO. . Ediciones Destino. Barcelona
Ballart, Josep. (2006). EL PATRIMONIO HISTÓRICO E ARQUEOLÓGICO: VALOR E USO. . Ariel Patrimonio. Barcelona
D´Angelo, Paolo. (1999). LA ESTÉTICA DEL ROMANTICISMO.. Visor. Madrid
Calvo Serraller, Francisco. (1995). LA IMAGEN ROMÁNTICA DE ESPAÑA. ARTE E ARQUITECTURA DEL SIGLO XIX. Alianza. Madrid
Berlin, Isaiah. (2000). LAS RAÍCES DEL ROMANTICISMO.. Taurus. Madrid
Díaz-Fierros Viquiera, Francisco e López Silvestre, Federico, Coordinadores. (2009). OLLADAS CRÍSTICAS SOBRE A PAISAXE.. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela
(2006). PAPELES DEL PARTAL. REVISTA DE RESTAURACIÓN MONUMENTAL.. Nº 3. Noviembre de 2006. Academia del Partal.
(2008). PAPELES DEL PARTAL. REVISTA DE RESTAURACIÓN MONUMENTAL.. Nº 4. Noviembre de 2008. Academia del Partal.
Rosen, Charles e Zerner, Henri. (1988). ROMANTICISMO E REALISMO. LOS MITOS DEL ARTE DEL SIGLO XIX.. Hermann Blume. Madrid
Ruskin, John. (1999). TÉCNICAS DE DIBUJO. . Laertes. Bacrelona


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Recoméndase ter cursado previamente todas as asignaturas de 1º, 2º, 3º e 4º e cursar simultáneamente todas as de 5º curso.

A bibliografía que se suxire estructúrase nun esquema de coñecementos semellante ó que se xunta:


1. Introducción ó curso

1.1. A tendencia da humanidade á conservación.

1.2. Os determinantes da historia da conservación-restauración.

1.3. A conservación-restauración, unha contribución á Historia da Arte e á Historia da Humanidade.

1.4. O estudio sobre a evolución histórica da conservación-restauración. Aspectos a ter en conta.

1.5. A bibliografía

1.6. Os períodos históricos. Breves reseñas.

1.6.1. Grecia e Roma (períodos clásicos)

1.6.2. Medievo

1.6.3. Renacemento

1.6.4. Barroco

2. O século XVIII. O persamento ilustrado: a sistematización da conservación e da restauración. O sentimento do Patrimonio Cultural Colectivo.

2.1. Sociedade e pensamento ilustrado.

2.2. Unha nova filosofía da arte como reacción ao Barroco en decadencia.

2.3. Arqueoloxía e coleccionismo.

2.4. As Academias e os Museos. O comezo da institucionalización e sistematización da conservación-restauración do Patrimonio.

2.5. A diagnose previa e os criterios e métodos a aplicar na conservación-restauración dos mobles artísticos. O texto de Pietro Edwards.

2.6. Os criterios de limpeza.

2.7. A protección estatal e xurídica dos Bens Culturais

3. Denis Diderot (1713-1784)

3.1. As súas primeiras obras e participación no proxecto enciclopedista.

3.2. As concepcións filosóficas de Diderot.

3.3. O proceso converxente das ciencias e das artes: unha reafirmación do materialismo.

3.4. O sobrino de Rameau: diálogo no café de la Régence de París.

4. As Cartas a Miranda, de Antoine Quatremère de Quincy

4.1. Introducción e notas da edición en castelán en Venezuela, 1998.

4.2. O discurso sobre os monumentos públicos, pronunciado no Consello do Departamento de París o 15 de decembro de 1791 por Armand Guy Kersaint.

4.3. As sete cartas. Aspectos máis significativos e singulares.

4.4. Petición de 16 de agosto de 1796 ao Directorio Revolucionario por parte de 50 artistas para apoiar as teses de Quatremère de Quincy

4.5. Idem de 30 de octubre de 1796 por parte de 37 artistas para apoiar a política de apropiación de obras de arte de Italia.

4.6. Outras cartas e informe sobre Miranda, por Quatremère de Quincy

4.7. O Xeneral Miranda, ¿un quixote sen loucura?

5. O XIX, século do sublime e o pintoresco das ruinas.

5.1. A revolución artística no contexto da revolución industrial.

5.2. O coleccionismo e a conservación-restauración.

5.3. Métodos, criterios e restauración arquitectónica.

5.3.1. Historicismo.

5.3.2. Restauración estilística.

5.3.3. Ruskin, o pintoresquismo e o valor da ruina.

5.3.4. A restauración científica. A escola italiana.

5.4. Criterios de intervención no XIX contrastados cos criterios actuais

6. A imaxe romántica de España.

6.1. O descubrimento de España. A viaxe pintoresca.

6.2. A interpretación romántica do costumbrismo.

6.3. A teoría da paisaxe na pintura española do século XIX.

6.4. Pedro Madrazo, historiador e crítico de arte.

6.5. A arquitectura española na época do romanticismo. problemas xerais.

6.5.1. A renovación da pedagoxía académica e a creación da Escola da Arquitectura.

6.5.2. O urbanismo das cidades españolas antes do Plan de Ensanches.

6.5.3. O urbanismo dos ensanches: as transformacións urbanas do século XIX. Madrid.

6.6. A Arte, entre Historia e Absoluto.

6.6.1. O descubrimento da Edade Media e de Oriente.

6.6.2. Canto máis poético, máis verdadeiro.

6.6.3. Imaxe estética e intelixencia intuitiva.

6.7. A superación do principio de imitación.

6.7.1. A arte como expresión.

6.7.2. O sublime e o marabilloso.

6.7.3. Alegoría e símbolo.

6.8. A polémica contra as reglas. O debate entre clásicos e románticos.

7. As raíces do Romanticismo: Isaiah Berlin.

7.1. A arte domina a vida. Moitos fenómenos de hoxe se ven profundamente afectados polo Romanticismo.

7.2. En busca dunha definición.

7.3. Primeiro ataque á Ilustración.

7.4. Efectos perdurables do Romanticismo.

7.5. A crenza apasionada na arte culta.

7.6. O Romanticismo, unha revolución permanente.

7.7. Gaspar David Friedrich e a linguaxe da paisaxe.

7.7.1. A edades do home.

7.7.2. La imaxe reproducida e a fotografía.

7.8. A Recuperación do Pasado e a Tradición Moderna.

7.8.1. O interese polo medieval, pola arte gótica. A nova modernidade.

7.8.2. Os movementos do revival.

8. O século XIX, período de grande importancia para o Patrimonio en Francia e Europa.

8.1. O movemento arqueolóxico en Francia e a Restauración Monumental.

8.2. Teoría da restauración de Eugène Viollet-le-Duc (1814-1879). A restauración estilística.

8.2.1. O plantexamento teórico.

8.2.2. O plantexamento metodolóxico e os catro puntos esenciais.

8.2.3. Jean-Baptiste Lassus (1807-1857) e a Catedral de Notre Dame de París. Unha colaboración singular.

8.3. Os chartieres de restauración de Viollec-le-Duc.

8.4. A restauración monumental na España do século XIX.

8.4.1. O marco administrativo e institucional.

8.4.2. A asimilación da doctrina francesa.

8.4.3. Reconstruccións, reparacións e restauracións.

9. A Escola Arqueolóxica de Roma e a Escola Inglesa da Conservación do Patrimonio Arquitectónico, dúas alternativas á Restauración Estilística.

9.1. Introducción.

9.2. A Escola Arqueolóxica en Roma. Rafael Stern (1774-1820) e Giuseppe Valadier (1762-1839)

9.2.1. Introducción.

9.2.2. No Forum Romanum Magnum.

9.2.3. No Arco de Tito.

9.2.4. No Coliseum. 

9.3. Conservación-restauración en Inglaterra. O contexto de Jhon Ruskin.

9.3.1. Introducción.

9.3.2. A Lámpada do recordo.

a. Extensión e cualificación do concepto de arte.

b. A arte como signo e símbolo da Historia.

c. A autenticidade do obxecto histórico.

9.3.3. A “conservación” estrita e escrupulosa.

a. Imposibilidade de restauración

b. Individualidade material e documental.

c. Mantemento do monumento e sinceridade de intervención.

d. Os tres momentos.

e. O valor de antiguidade.

f. A ruina e a desaparición inevitable do monumento.

9.3.4. Ruskin e Venecia.

10. Camilo Boito (1836-1914)

10.1. Un posicionamento entre as ideas de Ruskin e a necesidade de restaurar.

10.2. O Congreso de Enxeñeiros e Arquitectos Italianos de 1883. Os principios fundamentais da restauración.

10.3. 1886, o ensaio I nostri vechi monumenti. ¿Conservar ou restaurar?

10.4. Unha teoría filológica da conservación-restauración do patrimonio arquitectónico.

10.5. O restaurador: historiador e arquiveiro.

10.6. A Lei italiana de 12 de xuño de 1902.

10.7. A Conferencia Internacional de Atenas, 1937.

10.8. Intervención restrita e discriminación moderna dos engadidos.

10.9. Clasificación das restauracións e conflictos entre arte e historia.

11. Lucca Beltrami (1854-1933) e Alfredo D´Andrade (1839-1915). O Método Histórico. A restauración histórica.

11.1. Luca Beltrami

11.1.1. Os seus escritos

11.1.2. As súas intervencións

11.1.3. Os seus criterios metodolóxicos.

11.2. Alfredo D´Andrade

11.2.1. O Método Histórico e a súa comprensión positivista da Historia.

11.2.2. As súas intervencións.

11.2.3. Os seus criterios e metodoloxía.

12. Alois Riegl (1858-1905). Unha aportación singular e fundamental.

12.1. Unha contribución teórica e práctica na concepción do patrimonio europeo.

12.2. A lei para a reorganización da tutela dos monumentos públicos do imperio austrohúngaro.

12.2.1. Os valores rememorativos.

12.2.2. Os valores de contemporaneidade.

12.3. O peso semántico do monumento histórico.

13. As intervenciónes filolóxicas de Ricardo Velázquez Bosco (1843-1923)

13.1. O método histórico e Ricardo V. Bosco.

13.2. As súas intervencións.

13.3. Criterios e metodoloxía.

13.4. A restauración histórica correcta.

14. Gustavo Giovannoni (1873-1947)

14.1. Compendio da restauración científica. A Carta de Atenas de 1931 e a Carta Italiana do Restauro de 1932.

14.2. Os principios e posicionamentos restauradores.

14.3. A unidade e a harmonía da obra de arte como finalidade prevalente na restauración.

14.4. A consolidación do restauro científico.

15. A restauración na España do século XX.

15.1. Entre o debate e a acción restauradora.

15.2. A Escola Restauradora. Vicente Lampérez (1861?-1923)

15.3. A Escola Conservadora.

15.3.1. Leopoldo Torres Balbás (1888-1960)

15.3.2. Jeroni Matorell (1877-1951)

15.3.3. Josep Puig i Cadafalch (1867-1956)

15.4. O período republicano.

15.5. LAreconstrucción de posguerra.

15.6. Expansión económica e crise do Patrimonio Histórico.

15.7. Actualización e renovación. Período democrático.

16. O Restauro Crítico.

16.1. A dialéctica entre proceso crítico e acto creativo.

16.2. A Teoría do Restauro de Césare Brandi (1906-1988)

16.2.1. O Instituto Central do Restauro.

16.2.2. O fundamento teórico da restauración.

16.2.3. Instancia histórica e instancia estética.

16.2.4. Definición teórica da restauración e as súas implicacións metodolóxicas.

16.2.5. O concepto de restauración.

16.2.6. A materia da obra de arte.

16.2.7. A unidade potencial da obra de arte.

16.2.8. O problema das lagunas na interpretación arquitectónica: unha aproximación dende Brandi.
16.2.9. O tempo, a obra de arte e a restauración.

16.2.10. A harmonización das instancias histórica e estética.

16.2.11. Tratamentos das ruinas. Os engadidos e reconstruccións. As pátinas e as limpezas.

17. Os documentos de ámbito internacional. As leis do Estado Español e do Patrimonio Cultural de Galicia. Comentarios.

17.1. A Carta de Atenas, 1931.

17.2. A Carta de Venecia, 1964.

17.3. A Carta de Toledo. Conservación das cidades históricas, 1986.

17.4. Outros documentos europeos.

17.4.1. A Carta de Granada.

17.4.2. Outros.

17.5. Lei do Patrimonio Histórico Español.

17.6. Lei do Patrimonio Cultural Galego.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.