Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Teoría da Composición e Patrimonio Código 630G01055
Titulación
Grao en Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Expresión Gráfica Arquitectónica
Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Agrasar Quiroga, Fernando
Correo electrónico
fernando.agrasar@udc.es
Profesorado
Agrasar Quiroga, Fernando
Correo electrónico
fernando.agrasar@udc.es
Web
Descrición xeral O actual programa da Escola Superior de Arquitectura de A Coruña recolle, en 5º curso, a materia de Teoría da Composición e Patrimonio asignada ó departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición, sendo compartida por dúas seccións departamentais: Proxectos Arquitectónicos e Composición Arquitectónica. En consecuencia, na asignatura converxen dúas singularidades disciplinares, centradas cada unha delas en aspectos que se complementan, pero que son diferentes. Á súa vez, esta asignación enténdese como ferramenta de reforzo de intensidade programática de ambas seccións pero, sobre todo, resulta unha resposta para as prácticas de caracterización e situación da nosa rica e ampla arquitectura edificada, urbana e territorial que aporta ao imaxinario colectivo do país galego unha realidade insustituíble nos procesos e experiencias indentitarias no coñecemento da disciplina e, por tanto, na formación dos alumnos da escola galega de Arquitectura.

Estes procesos son tamén imprescindibles para profundizar na comprensión cultural e identitaria do Estado das Autonomías e da Historia da Humanidade, como documentan e certifican os inmobles edificados urbanos e territoriais que son parte do listado de Patrimonio Mundial da UNESCO e do rexistro de Bens Culturais do Estado Español e de Galicia.

A intención desta materia é a de apuntar información, coñecementos, criterios, materiais e técnicas imprescindibles para as prácticas encamiñadas á Conservación e Restauración (tal como se veñen sistematizando fundamentalmente dende o século XVIII ata agora), en clara convivencia coas normativas xurídicas e administrativas que cautelan as actuacións que se levan a cabo dentro do marco do noso estado de dereito social e democrático a través da Constitución, os Estatutos de Autonomía e os tratados internacionais, que fan referencia ás obrigas de acceso, protección e conservación do patrimonio cultural arquitectónico edificado, urbano e territorial caracterizado como tal.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 INTERVENCIÓN NO PATRIMONIO EDIFICADO: aptitude ou capacidade para intervir nos edificios de valor histórico, coordinar estudos históricos e arqueolóxicos sobre eles, elaborar os seus plans directores de conservación e redactar e executar os proxectos de restauración e rehabilitación.
A9 CRÍTICA ARQUITECTÓNICA: aptitude ou capacidade para analizar morfolóxica e tipoloxicamente a arquitectura e a cidade e para explicar os precedentes formais e programáticos das solucións proxectuais.
A14 CONTROL DE EXECUCIÓN DE OBRA GROSA: aptitude ou capacidade para analizar, controlar a calidade e definir condicións de mantemento e medidas de intervención nos sistemas de obra grosa, cerramento, cuberta e demais obra grosa, así como nos de obra civil asociados a eles.
A15 CONSERVACIÓN DE OBRA PESADA: aptitude ou capacidade para analizar, controlar a calidade, definir as condicións de mantemento e reparar as estruturas de edificación, as cimentacións e a obra civil.
A16 PROTECCIÓN DO PATRIMONIO EDIFICADO: aptitude ou capacidade para realizar tarefas de catalogación monumental, definir medidas de protección de edificios e conxuntos históricos e redactar plans de delimitación e conservación destes últimos.
A34 FUNCIÓNS PRÁCTICAS E SIMBÓLICAS: comprensión ou coñecemento dos métodos de estudo dos procesos de simbolización da ergonomía e das relacións entre o comportamento humano, o entorno natural ou artificial e os obxectos, de acordo cos requirimentos e a escala humanos.
A36 SOCIOLOXÍA CULTURAL: comprensión ou coñecemento das implicacións que nas funcións e responsabilidades sociais do arquitecto ten as necesidades, valores, normas de conduta e de organización e patróns espaciais e simbólicos determinados pola pertenza a unha cultura.
A39 RESTITUCIÓN GRÁFICA: comprensión ou coñecemento das técnicas de medición e levantamento gráfico de edificios e de ámbitos urbanos e naturais en todas as súas fases, dende o debuxo de apuntamentos á restitución científica.
A41 BASES ARTÍSTICAS: comprensión ou coñecemento da estética e a teoría das artes e da producción pasada e presente das belas artes e as artes aplicadas susceptibles de influír nas concepcións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas.
A43 HISTORIA XERAL DA ARQUITECTURA: comprensión ou coñecemento da historia xeral da arquitectura, tanto en si mesma como na súa relación coas artes, as técnicas, as ciencias humanas, a historia do pensamento e os fenómenos urbanos.
A44 BASES DA ARQUITECTURA OCCIDENTAL: comprensión ou coñecemento das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental e dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
A45 BASES DA ARQUITECTURA NATIVA: comprensión ou coñecemento das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas de carácter nacional, local e vernáculo e dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
A46 BASES DA ARQUITECTURA NON OCCIDENTAL: comprensión ou coñecemento das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas do mundo non occidental, os seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos e as súas semellanzas e diferencias coas propias da cultura occidental.
A48 SOCIOLOXÍA E HISTORIA URBANAS: comprensión ou coñecemento das relacións entre o medio físico e o medio social e as bases da teoría e a historia dos asentamentos humanos, da socioloxía, da economía urbana e da estadística como fundamentos dos estudos territoriais e urbanísticos.
A58 MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN: comprensión ou coñecemento das características físicas e químicas, os procedementos de fabricación e homologación, a análise patolóxica e as aplicacións e restricións de uso dos materiais empregados en obra estrutural, civil, grosa e acabada.
A59 SISTEMAS CONSTRUTIVOS CONVENCIONAIS: comprensión ou coñecemento das características físicas, os procedementos de fabricación e homologación, os tratamentos e acabados, a organización dimensional, os métodos de montaxe e a análise patolóxica dos compoñentes construtivos convencionais na obra estrutural, civil, grosa e acabada.
A61 FUNDAMENTOS LEGAIS: comprensión ou coñecemento do marco legal do desempeño profesional no relativo á saúde, a seguridade e o benestar públicos e á regulamentación civil, administrativa, urbanística, da edificación e da industria.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B8 Visión espacial.
B9 Creatividade.
B10 Sensibilidade estética.
B11 Capacidade de análise e síntese.
B12 Toma de decisións.
B13 Imaxinación.
B14 Habilidade gráfica xeral.
B15 Capacidade de organización e planificación.
B17 Cultura histórica.
B18 Razoamento crítico.
B19 Traballo nun equipo de carácter interdisciplinar.
B22 Traballo en colaboración con responsabilidades compartidas.
B23 Capacidade de xestión da información.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Unha vez superada esta asignatura, xunto con tódalas demáis, o alumno debe haber adquirido as seguintes competencias: 1. Aptitude para crear proxectos de restauración arquitectónica que comportan unha fase importante dos procesos de patrimonialización cultural dun Ben Cultural (edificio, ben urbano ou territorio) que satisfagan á súa vez as esixencias estéticas e as técnicas. 2. Coñecemento adecuado da historia e das teorías da arquitectura, da conservación da arquitectura, da cidade e do territorio histórico, así como das artes, tecnoloxía e ciencias humanas relacionadas. 3. Coñecemento das belas artes como factor que pode influir na calidade da concepción arquitectónica. 4. Coñecemento adecuado do urbanismo, a planificación e as técnicas empregadas no proceso de planificación da cidade histórica e do territorio histórico. 5. Capacidade de comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como os valores patrimoniais que estes soportan e a necesidade de relacionar os edificios e os espacios situados entre eles en función das necesidades e da escala humanas. 6. Capacidad de comprende-la profesión de arquitecto e o seu papel na sociedade, en particular elaborando estudios, informes ou proxectos tendo en conta os factores sociais e os valores patrimoniais e culturais. 7. Coñecemento dos métodos de investigación e preparación do proxecto de restauración. 8. Comprensión dos problemas da concepción estructural, de construcción e de enxeñería vencellados cos proxectos de edificios con valores históricos e patrimonial-culturais, coa cidade histórica ou co territorio histórico. 9. Coñecemento adecuado dos problemas físicos e das distintas técnicas e tecnoloxías, así como da función dos bens inmobles, de forma que se dote a estes de condicións internas de comodidade e de protección funcionais e culturais en consonancia e compatibilidade cos usos históricos reportados polo Ben arquitectónico. 10. Capacidade de concepción para satisfacer os requisitos dos usuarios dos bens inmobles respectando os límites impostos polos factores presupostarios, pola normativa da construcción e polas boas prácticas de intervención no patrimonio edificado, a cidade e o territorio histórico. 11. Coñecemento apropiado das industrias, organizacións, regulamentacións, normativas e procedementos metodolóxicos para plasmar os proxectos nos Bens e para integrar os planos na planificación. A5
A9
A14
A15
A16
A34
A36
A39
A41
A43
A44
A45
A46
A48
A58
A59
A61
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B17
B18
B19
B22
B23

Contidos
Temas Subtemas
HISTORIA E CRITERIOS DE RESTAURACIÓN 1 Introducción ao concepto de Patrimonio: O Patrimonio Europeo, conformación da idea Política e Cultural de Europa.

2 A Escola Arqueolóxica de Roma e a Escola Inglesa da Conservación do Patrimonio Arquitectónico, dúas alternativas á Restauración Estilística.

3 O século XIX, periodo de gran importancia para o Patrimonio en Francia.
4 Camilo Boito (1836-1914)

5 Lucca Beltrami (1854-1933) e Alfredo D'Andrade (1839-1915). O Método Histórico. A restauración histórica.

6 Alois Rielg (1858-1905). Unha aportación singular e fundamental.

7 As intervencións filolóxicos de Ricardo Velázquez Bosco (1843-1923)

8 Gustavo Giovannoni (1873-1947)

9 A restauración na España do século XIX-XX-XXI.
D. Vicente Lamperez y Romea (1861-1923).
D. Leopoldo Torres Balbas (1888-1960).
D. Gabriel Ruíz Cabrero y Rafael Moneo Vallés (Restauración y conservación de la Mezquita de Córdoba).

10 O Restauro Crítico. Cesare Brandi (1906-1988).

11 Paolo Marconi (1933-2015) Restauración da Basílica de Vicenza.

12 Os documentos de ámbito internacional. As leis do Estado Español e do Patrimonio Cultural de Galicia. Comentarios.

13 Os proxectos e obras de restauración que manteñen a perspectiva de Europa e o seu Patrimonio Arquitectónico. (La restauración de la Bauhaus, finales do S. XX y principio do S. XXI)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas B11 B12 B15 B17 B18 0 110.5 110.5
Proba obxectiva B11 B12 B15 B17 B18 2 0 2
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Lecturas da bibliografía
Proba obxectiva Exame teórico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Descrición
A avaliación é un proceso continuo, no que a actividade que en cada unha das sesións do curso desenvolve o estudiante é controlada e rexistrada. Periodicamente e, en todo caso, sempre que o estudante así o requira, infórmaselle da adecuación do nivel acadado polas súas actividades en relación cos obxectivos programáticos da materia.

Establécese un perído ao remate do curso, libre de sesións teóricas e de obradoiros, nos que a atención se desenvolve exclusivamente de xeito individual de forma que cada estudante é orientado cara á consecución dos obxectivos finais da materia ou, no seu caso, á excelencia.
En todo momento do curso os profesores brindan aos estudantes apoio complementario ao docente de xeito individual, en horario coñecido.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B11 B12 B15 B17 B18 Xa que a asignatura non ten asignada docencia no curso 2019-20, por extinción do plan de estudos, as metodoloxía a seguir son as lecturas cas que o estudantado preparará a materia e a proba obxectiva, coa que se avaliarán. 100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Ceschi, Carlo. (1970). TEORÍA E STORIA DEL RESTAURO. . Mario Buzoni Editore. Roma
Choay, Françoise. (2007). ALEGORÍA DEL PATRIMONIO.. Gustavo Gili. Barcelona
Quatremère de Quincy, Antoine. (1998). CARTAS A MIRANDA. SOBRE EL DESPLAZAMIENTO DE LOS MONUMENTOS DE ARTE DE ITALIA.. Instituto de Patrimonio Cultural. Caracas
Rivera Blanco, Javier. (2008). DE VARIA RESTAURATIONE. TEORÍA E HISTORIA DE LA RESTAURACIÓN ARQUITECTÓNICA . Abada , editores. Madrid
Sanpaolesi, Piero. (1977). DISCORSO SULLA METODOLOGÍA GENERALE DEL RESTAURO DEI MONUMENTI.. Edam. Firenze
Riegl, Alöis. (1999). EL CULTO MODERNO A LOS MONUMENTOS.. Visor. Madrid
González Moreno-Navarro, José Luis. (1993). EL LEGADO OCULTO DE VITRUBIO.. Alianza. Madrid
Macarrón Miguel, Ana Mª. (1995). HISTORIA DE LA CONSERVACIÓN E LA RESTAURACIÓN. . Tecnos. Madrid
Gonzalo M. (2012). HISTORIA DEL ARTE E PATRIMONIO CULTURAL: UNA REVISIÓN CRÍTICA.. Prensas Universitarias. Universidad de Zaragoza.
Martínez Justicia, Mª José. (2000). HISTORIA E TEORÍA DE LA CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN ARTÍSTICA.. Tecnos. Madrid
Macarrón Miguel, Ana Mª e González Mozo, Ana. (1988). LA CONSERVACIÓN E LA RESTAURACIÓN EN EL SIGLO XX.. Tecnos. Madrid
Ruskin, John. (1987). LAS SIETE LÁMPARAS DE LA ARQUITECTURA . . Alta Fulla. Barcelona
Vitrubio Polión, Marco Lucio. (1995). LOS DIEZ LIBROS DE ARQUITECTURA.. Alianza. Madrid
Monterroso Montero, Juan M. (2001). PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DEL PATRIMONIO. PRINCIPIOS TEÓRICOS.. Tórculo Ediciones. Santiago de Compostela
Marconi, Paolo (2012). RESTAURO DEI MONUMENTI. GANGEMI EDITORE
Muñoz Viñas, Salvador. (2003). TEORÍA CONTEMPORÁNEA DE LA RESTAURACIÓN. . Editorial Síntesis. Madrid
Brandi, Césare. (1988-1989). TEORÍA DE LA RESTAURACIÓN .. Alianza Editorial. Madrid

Aparte destas entradas bibliográficas, cada ano a asignatura incorpora bibliografías específicas que serán suxeridas ós estudantes.

Bibliografía complementaria Diderot, Denis. (2008). EL SOBRINO DE RAMEAU.. Verticales de bolsillo.
Yourcenar, Marguerite. (1989). EL TIEMPO, GRAN ESCULTOR.. Alfaguara. Madrid
Capitel, Antón. (1988). METAMORFOSIS DE MONUMENTOS E TEORÍAS DE LA RESTAURACIÓN. Alianza. Madrid
González-Varas, Ignacio. (). CONSERVACIÓN DE BENS CULTURALES. TEORÍA, HISTORIA, PRINCIPIOS E NORMAS.. E. Manuales Arte Cátedra.
Humanes Bustamante, Alberto. (1987). CRITERIOS DE INTERVENCIÓN EN EL PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO. APROXIMACIÓN A UNA BIBLIOGRAFÍA BÁSICA. JORNADAS SOBRE CRITERIOS DE INTERVENCIÓN EN EL PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO.. Madrid, del 19 al 23 de octubre de 1987. Ministerio de Cultura.
Murray, Linda. (1995). EL ALTO RENACIMIENTO E EL MANIERISMO. . Ediciones Destino. Barcelona
Ballart, Josep. (2006). EL PATRIMONIO HISTÓRICO E ARQUEOLÓGICO: VALOR E USO. . Ariel Patrimonio. Barcelona
D´Angelo, Paolo. (1999). LA ESTÉTICA DEL ROMANTICISMO.. Visor. Madrid
Calvo Serraller, Francisco. (1995). LA IMAGEN ROMÁNTICA DE ESPAÑA. ARTE E ARQUITECTURA DEL SIGLO XIX. Alianza. Madrid
Berlin, Isaiah. (2000). LAS RAÍCES DEL ROMANTICISMO.. Taurus. Madrid
Díaz-Fierros Viquiera, Francisco e López Silvestre, Federico, Coordinadores. (2009). OLLADAS CRÍSTICAS SOBRE A PAISAXE.. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela
(2006). PAPELES DEL PARTAL. REVISTA DE RESTAURACIÓN MONUMENTAL.. Nº 3. Noviembre de 2006. Academia del Partal.
(2008). PAPELES DEL PARTAL. REVISTA DE RESTAURACIÓN MONUMENTAL.. Nº 4. Noviembre de 2008. Academia del Partal.
Rosen, Charles e Zerner, Henri. (1988). ROMANTICISMO E REALISMO. LOS MITOS DEL ARTE DEL SIGLO XIX.. Hermann Blume. Madrid
Ruskin, John. (1999). TÉCNICAS DE DIBUJO. . Laertes. Bacrelona


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Historia da Arquitectura 1/630G01035

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías