Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A34 |
Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos básicos e de execución, esbozos e anteproxectos. (T) |
A39 |
Aptitude para suprimir barreiras arquitectónicas. (T) |
A50 |
Coñecemento axeitado dos métodos de estudo dos procesos de simbolización, as funcións prácticas e a ergonomía. |
A53 |
Coñecemento axeitado das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental, así como dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos. |
A55 |
Coñecemento axeitado da relación entre os patróns culturais e as responsabilidades sociais do arquitecto. |
A63 |
Elaboración, presentación e defensa ante un Tribunal Universitario dun traballo académico orixinal realizado individualmente relacionado con calquera das disciplinas cursadas. |
B1 |
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B6 |
Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta |
B10 |
Coñecer os problemas físicos, as distintas tecnoloxías e a función dos edificios de xeito que se dote a estes de condicións internas de comodidade e protección dos factores climáticos, no marco do desenvolvemento sostible |
B12 |
Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Capacidade de resolver problemas proyectuales compositivos atendendo a factores diversos, con respostas múltiples, que se han de concretar nunha única proposta final, que ha de ser determinada entre un conxunto.
|
A50 A53 A55 A63
|
B6 B10 B12
|
C1 C8
|
Capacidade para comprender, asimilar e desenvolver relacións de carácter sensible que se desenvolven a partir dos principios de composición desenvolvidos ao longo do tempo, e en especial ás vangardas artísticas e en relación cos movementos filosóficos, científicos e artísticos contemporáneos.
|
A34 A50 A55
|
B12
|
C7
|
Aptitude para representar correctamente os elementos da arquitectura e desenvolver un relato coherente dun exercicio proyectual, así como capacidade de representar obxectos e elementos abstractos nas súas distintas situacións nunha relación espazo-temporal. |
A50 A55
|
B1 B2 B3
|
C3 C4 C6 C8
|
Capacidade de expor oralmente e de argumentar as formulacións encamiñadas a desenvolver as propostas elaboradas.
|
A63
|
B6
|
C1 C3
|
Competencia para realizar composicións cos sólidos platónicos e as figuras planas elementais nas que se comprendan, asimilen e desenvolver relacións de carácter sensible desenvoltas a partir dos principios de composición aplicados ao longo do tempo, e en especial polas vangardas artísticas e en relación cos movementos filosóficos, científicos e artísticos contemporáneos.
|
A34 A39
|
B10
|
C5
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Os fundamentos instrumentáis do proxecto
|
- Accións: debuxar, proxectar, transmitir
- A liña: os seus significados
- A composición: plano e volume
- As dimensións antropométricas
|
Pensar e transmitir |
- A planta
- A sección
- O alzado
|
O obxecto arquitectónico |
- Orden interno: esquemas e fluxos
A escaleira
- Orden externo: o obxecto no terreo
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A50 A53 B10 B12 C1 C3 C4 |
10 |
10 |
20 |
Portafolios do alumno |
B1 B2 B3 |
0 |
12.5 |
12.5 |
Obradoiro |
A34 A39 A50 A55 A63 B1 B2 B3 B6 B10 B12 C1 C5 C6 C7 C8 |
45 |
67.5 |
112.5 |
Proba obxectiva |
A63 B1 B2 |
4 |
0 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais na que se introducen as achegas teóricas que permitirán ao alumnado enfrontarse coa materia e desenvolver os traballos e prácticas do taller.
|
Portafolios do alumno |
Conxunto dos traballos realizados ao longo do curso, xunto con apuntamentos gráficos e escritos, acompañados de aclaracións e esquemas da sesión maxistral, conferencias e eventos, se procede, e notas do estudo persoal, e da observación da realidade. |
Obradoiro |
O obradoiro de proxectos é a modalidade formativa básica da materia Proxectos 1. O Componse de traballo presencial e non presencial.
O traballo proyectual (prácticas individuais e/ou en grupo), complétase con sesións críticas colectivas, debates e comentarios. Nas sesións críticas o alumnado explicará ao conxunto da clase as propostas en desenvolvemento.
Nas horas de taller, o alumnado desenvolverá o seu traballo proyectual, co apoio e supervisión do profesorado.
Horas non presenciais: revisarase e completarse o traballo desenvolvido na aula. Desenvolveranse, se fose o caso, aqueles traballos específicos para a súa realización individual e autónoma.
Acreditación de asistencia ao taller: entrega do traballo realizado en cada sesión semanal.
|
Proba obxectiva |
Instrumento de medida articulado para avaliar as capacidades e competencias adquiridas polo alumnado en relación á materia.
Poderase descompor en partes vencelladas coas metodoloxías "sesión maxistral", e "obradoiro".
Preparación da proba práctica: asistencia ás sesións maxistrais, e elaboración dos traballos do obradoiro. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
A atención personalizada forma parte do desenvolvemento da materia, xa que o traballo en taller, o comentario dos traballos en fase de ideación -sesións críticas-, a exposición e crítica dos traballos finalizados, teñen como eixo a atención individualizada. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A34 A39 A50 A55 A63 B1 B2 B3 B6 B10 B12 C1 C5 C6 C7 C8 |
Traballo presencial e non presencial: na aula e na casa.
Trátase dunha avaliación progresiva, continua e global.
Contidos xerais mínimos dos traballos:
- Organización da lámina: ordenar os debuxos, as fotos, os textos e outros elementos gráficos.
- Selección da información
- Coherencia entre proposta e intención.
- Rigor na descrición da proposta: adecuación da escala, información suficiente para a súa compresión, aplicación de criterios arquitectónicos (manexo da luz; orde; ritmo; seriación); coherencia nos debuxos (plantas, alzados, seccións, perspectivas).
- Valoración da liña
- Trazado e disposición adecuada da escaleira e os elementos de acceso.
- Aplicación rigurosa das dimensións antropométricas
- Aplicación dos contenidos explicados nas sesiones maxistrais
|
80 |
Sesión maxistral |
A50 A53 B10 B12 C1 C3 C4 |
A asistencia acreditarase co seguimento do portafolio |
1 |
Proba obxectiva |
A63 B1 B2 |
Carácter presencial.
Obrigatoria para superar a materia.
Cualificación necesaria: apto
Avaliación conxunta polo profesorado
Rexen as mesmas condicións que para os traballos do obradorio |
10 |
Portafolios do alumno |
B1 B2 B3 |
Elaboración: presencial e non presencial.
Pódense solicitar para a súa revisión aleatoriamente.
Rexen as mesmas condicións que para os traballos do obradorio no relativo a presentación e coidado na elaboración dos esquemas e apuntes. |
9 |
|
Observacións avaliación |
Condicións xerais de SEGUIMENTO do curso para SUPERAR A MATERIA:
- Cumplimentar o 80% das entregas semanais do Obradoiro, que xustificarán á asitencia ao taller
- Cumprimento das prácticas vencelladas á sesión maxistral, que forman parte do portafolios.
- Portfolio do alumno: ha de axustarse ao contido sinalado na metodoloxía e avaliación. Nel encontranse o conxunto de traballos vencellados ao obradoiro e á sesión maxistral.
AVALIACIÓN FINAL:
A. OPORTUNIDADE DE XUÑO requírese:
Cumprir as condicións xerais de Seguimento do curso e obter na proba obxectiva a CUALIFICACIÓN MÍNIMA: 5 sobre 10
B. OPORTUNIDADE DE XULLO.
B.1 Cumprir as condicións xerais de Seguimento do curso e obter na proba obxectiva a CUALIFICACIÓN MÍNIMA: 5 sobre 10.
B.2- No caso de incumprir as condicións xerais de Seguimento:
a CUALIFICACIÓN MÍNIMA na proba obxectiva: 9 sobre 10. A nota final será de 5,0.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Carreiro Otero, María (coord. (2006). Catálogo de puestos de feria : proyectos 1 : curso 2005-2006 (grupo María Carreiro) . A Coruña (consulta en biblioteca ETSAC).
Bowkett, Steve (2014). Un libro de arquitectura para dibujar. Croquis. Para arquitectos de todas las edades. Barcelona: Coco Books
Espegel, Carmen (2010). Aires modernos : E. 1027 : maison en bord de mer : Eileen Gray y Jean Badovici, 1926-1929 . Madrid: Mairea
Unwin, Simon (2003). Análisis de la arquitectura. Barcelona: Gustavo Gili
Ching, Francis D.K. (2010). Arquitectura: forma, espacio y orden. Barcelona: Gustavo Gili
Zell, Mo (2009). Curso de dibujo arquitectónico: herramientas y técnicas para la representación bidimensional y tridimensional.. Barcelona: Acanto
Ching, Francis D. K. (1999). Dibujo y proyecto.. Barcelona: Gustao Gili
Carreiro Otero, María (2007). El pliegue complejo. La escalera. A Coruña: Netbiblo
Panero, Julius y Martin Zelnik (2006). Las dimensiones humanas en los espacios interiores.. Barcelona: Gustavo Gili
Carreiro Otero, María (2006). Los espacios cotidianos: la casa y el lugar. A Coruña: Universidade da Coruña (consultar Servicio de Reprografía.
Ching, Francis D. K. (2013). Manual de dibujo arquitectónico. Barcelona: Gustavo Gili
Roth, Leland (1999). Primera parte: los elementos de la arquitectura. Barcelona: Gustavo Gili
Carreiro, María et al. (2004). Proyectos 1. Curso 2003-2004. A Coruña: Universidade da Coruña (consultar Servicio de Reprografía)
Carreiro Otero, María (coord.) (2011). Proyectos 1. Diez lecciones.. A Coruña: Universidade da Coruña (consultar Servicio de Reprografía)
Carreiro Otero, María (2010). Siete escaleras. Siete casas. A Coruña: Netbiblo
Ching, Francis D. K. (2011). Una historia universal de la arquitectura: un análisis cronológico comparado a través de las culturas.. Barcelona: Gustavo Gili
Munari, Bruno (1997). ¿Cómo nacen los objetos?. . Barcelona: Gustavo Gili |
Tódalas contempladas nas presentación incorporadas e nos documentos de información volcados específcamente cada curso na plataforma Moodle.
|
Bibliografía complementaria
|
(). . |
Outras referencias:
- Uderzo y Goscinny. "La residencia de los dioses" (cómic)
- La pirámide de Keops
- Proyecto de Eduardo Chillida para Tindaya
- Francisco de Goya: "Los fusilamientos de la Moncloa o El tres de mayo de 1808 en Madrid"
- Donald Judd: esculturas de hormigón
- Constantin Brancusi: "La mesa del silencio"
- Cristina Iglesias: Puertas en los Jerónimos (Museo del Prado)
- Cristina Ezcurra y Cristina Ouzande: proyecto para zona de juegos en Santiago de Compostela
Películas:
- "Caro diario", de Nanni Moretti
- "Al caer el sol", de Robert Benton
- "El crack", de José Luis Garci |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Xeometría Descritiva/630G02003 | Introdución á Arquitectura /630G02005 | Debuxo de Arquitectura/630G02002 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Análise de Formas Arquitectónicas/630G02007 | Xeometría da Forma Arquitectónica/630G02014 |
|
Materias que continúan o temario |
Proxectos 9/630G02041 | Proxectos 8/630G02036 | Proxectos 5/630G02021 | Proxectos 4/630G02016 | Proxectos 2/630G02006 | Proxectos 3/630G02011 | Proxectos 7/630G02031 | Proxectos 6/630G02026 |
|
Observacións |
- A importancia da expresión gráfica require dedicación especial ás materias que a tratan, existindo unha gran vinculación entre a expresión gráfica e os contidos da materia Proxectos 1.
- Destácase a importancia do coñecemento das teorías artística, filosóficas e científicas contemporáneas e que acompañaron o desenvolvemento das vangardas do século XX.
- Requírese curiosidade intelectual e dotes de observación.
- É preciso desenvolver destreza no manexo de maquetas para lograr expresar as intencións arquitectónicas (opacidade, lixeireza, transparencia, contraste, masa/baleiro...). |
|