Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Introdución á Arquitectura Código 630G02005
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Alonso Pereira, Jose Ramón
Correo electrónico
jose.ramon.alonso.pereira@udc.es
Profesorado
Abelleira Doldán, Miguel A.
Alonso Pereira, Jose Ramón
Blanco Lorenzo, Enrique Manuel
Caridad Graña, Juan Antonio
Río Vázquez, Antonio Santiago
Correo electrónico
miguel.abelleira@udc.es
jose.ramon.alonso.pereira@udc.es
enrique.blanco@udc.es
juan.caridad@udc.es
antonio.rio.vazquez@udc.es
Web http://http://iala.udc.es/
Descrición xeral Curso inicial dos estudos da Escola de Arquitectura, o primeiro cuadrimestre da carreira
quere iniciar a formación da/o futura/o arquitecta/o atendendo dende os momentos
iniciais, ó triple soporte reflexivo, proxectivo e construtivo do feito
arquitectónico.
Dentro del, Introdución á Arquitectura é a única materia obrigatoria dentro do bloque proxectual e é a encargada de espertar ou de acrecentar o interese pola Arquitectura e pola súa razón de ser, aproximándose ó seu concepto dende a teoría e dende a historia e fomentando a capacidade analítica, o sentido crítico e o desenvolvemento lóxico do alumnado no amplo campo que vai da cidade ao deseño elemental, como territorio propio da arquitectura.
Plan de continxencia No caso de que se produzan circunstancias excepcionais motivadas pola Pandemia COVID 19, que impidan a docencia presencial prevista, plantéxase o paso desta á modalidade docente non presencial baseada no soporte TIC proporcionado pola Universidade.
Utilizarase o conxunto de ferramentas TIC, posto a disposición pola Universidade, especialmente a plataforma Moodle, Teams e o correo electrónico para a comunicación có estudantado.

1. Modificacións nos contidos.
No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e a integridade dos contidos. Non se realizan cambios nos contidos.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Mantense o conxunto das metodoloxías docentes empregadas, pasando a docencia a desenvolverse de xeito non presencial, total ou parcialmente.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Non está previsto modificar metodoloxías docentes

3. Mecanismos de atención personalizada al alumnado.
Os mecanismos de atención personalizada ó estudantado utilizarán as plataformas sinaladas con anterioridade postas a disposición pola Universidade: Moodle, Microsoft Teams y el Correo electrónico institucional.
Temporalización: a establecida segundo o calendario e horario académicos fixados polo centro ó comezo do curso.

4. Modificacións na avaliación
Suprimiranse aqueles criterios que impliquen asistencia e presencialidade. Este principio terá validez temporalmente dende o momento no que exista instrución de aplicación do presente Plan de Continxencia.
Mantéñense o resto dos criterios de avaliación.
Para o alumnado con dificultades xustificadas para realizar probas ou entregas, poderanse prever solucións alternativas personalizadas.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Mantense a bibliografía proposta para a asignatura. Subiranse aos soportes de intercambio de arquivos institucionais aqueles textos, fragmentos de textos ou outro material, cuxo coñecemento é imprescindible para superar a materia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A50 Coñecemento axeitado dos métodos de estudo dos procesos de simbolización, as funcións prácticas e a ergonomía.
A54 Coñecemento axeitado da estética e a teoría e historia das belas artes e as artes aplicadas.
A63 Elaboración, presentación e defensa ante un Tribunal Universitario dun traballo académico orixinal realizado individualmente relacionado con calquera das disciplinas cursadas.
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B6 Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta
B12 Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Introducir al alumnado en la arquitectura despertando o acrecentando su interés por ella y por su razón de ser. A50
A54
B1
B2
B3
B6
B12
C1
C4
C6
C7
C8
Aproximarse a la arquitectura desde la teoría, el pensamiento y el magisterio. A50
A54
B1
B2
B3
B6
B12
C1
C4
C6
C7
C8
Introducción a la historia de la arquitectura y al proceso proyectivo de sus edificios emblemáticos A50
A54
B1
B2
B3
B6
B12
C1
C4
C6
C7
C8
Conocer e introducirse en el territorio de la arquitectura como un amplio campo que va de la ciudad al diseño elemental. A50
A54
B1
B2
B3
B6
B12
C1
C4
C6
C7
C8
Fomentar la capacidad analítica, el sentido crítico y el desarrollo lógico del alumno en el campo de la arquitectura. Saber ver la arquitectura. Saber pensar la arquitectura. A50
A54
A63
B1
B2
B3
B6
B12
C1
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
I. A IDEA DE ARQUITECTURA 01. PRESENTACION. APROXIMACIÓN Á IDEA DE ARQUITECTURA (I)
02. DEFINICIÓNS DE ARQUITECTURA
03. O COÑECEMENTO DA ARQUITECTURA
04. TERRITORIO E ESCALAS DA ARQUITECTURA
II. A ARQUITECTURA NA HISTORIA 05. ORIXES E LÍMITES DA ARQUITECTURA
06. A ARQUITECTURA NO MUNDO CLÁSICO
07. A ARQUITECTURA DA IDADE MEDIA
08. A ARQUITECTURA DO HUMANISMO
09. A ARQUITECTURA DA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
10. A ARQUITECTURA DO MOVEMENTO MODERNO (I)
11. A ARQUITECTURA DO MOVEMENTO MODERNO (II)
III. A PROXECTACIÓN ARQUITECTÓNICA 12. ARQUITECTURA E PROXECTO
13. ARQUITECTURA E SIGNIFICADO
14. ARQUITECTURA E FORMA
15. ARQUITECTURA E CONSTRUCCIÓN
IV. MAXISTERIO E ARQUITECTURA 16. OS MESTRES DA ARQUITECTURA
V. A ANÁLISE ARQUITECTÓNICA 17. A LEITURA DA OBRA DE ARQUITECTURA (I)
18. A LEITURA DA OBRA DE ARQUITECTURA (II)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A50 A54 B1 B2 B3 B6 B12 C1 C4 C6 C7 C8 2 0 2
Sesión maxistral A50 A54 B6 B12 C1 C4 C6 C7 C8 26 0 26
Discusión dirixida A50 A54 B1 B2 B3 B6 B12 C1 C4 C6 C7 C8 14 0 14
Saídas de campo A50 A54 B6 B12 C1 C4 C6 C7 C8 4 0 4
Traballos tutelados A50 A54 A63 B1 B2 B3 B6 B12 C1 C4 C6 C7 C8 10 45 55
Prácticas a través de TIC A50 A54 A63 B1 B2 B3 0 15 15
Proba obxectiva A50 A54 A63 B1 B2 B3 B6 B12 C1 C4 C6 C7 C8 2 30 32
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Encuadramiento da asignatura no Plano de Estudos. Plantexamento do curso e obxetivos pretendidos.
Sesión maxistral Sesións maxistrais. Clases teóricas e exposicións orais complementadas có uso de medios audiovisuais, coa finalidade de transmitir ós estudantes as bases fundamentais dos coñecementos e facilitar a súa aprendizaxe, facendo fincapé no feito de ser a única materia dentro do bloque proxectual arquitectónico, convertíndose así no primeiro contacto que ten o alumnado co carácter teórico, proxectivo, constructivo e territorial da Arquitectura.
Discusión dirixida Discusións dirixidas. Exposicións orais, con uso de medios audiovisuais, complementadas por debates activos con participación dos estudantes, para potenciar a transmisión dos coñecementos expostos polo profesoraso nas sesións maxistrais e facilitar a aprendizaxe do alumnado. Nelas os estudantes deberán interactuar cós docentes, non só plantexando dúbidas ou cuestións senón debatindo activamente. Fomentarase a adquisición de coñecemento de modo autónomo a través da utilización de novas tecnoloxías para a realización de buscas dirixidas.
Saídas de campo Saídas de campo mas que se realizarán visitas guiadas polo profesorado a obras de arquitectura e a cidades de Galicia vinculadas ó temario.
Traballos tutelados Como complemento das discusións dirixidas e có obxectivo de promover a aprendizaxe autónoma e grupal dos estudantes, desenvolveranse continuadamente traballos prácticos de tipo analítico e/ou gráfico en diversos formatos baixo a tutela do profesorado, tanto en grupos reducidos como en titorías individualizadas que atendan ás consultas puntuais de forma personal. Todo baixo o soporte dun Entorno Virtual Docente [ENVIDO] que facilitará o contacto e o seguemetno do estudante.
Prácticas a través de TIC Tanto as propostas dos traballos tutelados como a súa elaboración e contestación faranse a través das TIC.
Proba obxectiva Cunha duración máxima de dúas horas, proporánse cuestións sobre o temario para ser respostadas en papel tanto de forma escrita como gráfica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Como complemento das discusións dirixidas e có obxecto de promover a aprendizaxe autónoma e grupal dos
estudantes, desenvolveranse continudadmente traballos prácticos de tipo análitico e/ou gráfico en diversos formatos baixo a tutela do profesorado, tanto en grupos reducidos como en titorías individualizadas que atendan as consultas puntuais de forma persoal. Todo baixo o soporte dun Entorno Virtual Docente [ENVIDO] que facilitará o contacto e seguemiento do estudante

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A50 A54 A63 B1 B2 B3 B6 B12 C1 C4 C6 C7 C8 Realización satisfactoria correspondendo a unha axeitada progresión ó longo do curso tanto dos traballos individuais coma dos grupais.
Valoración parte individual: 20%
Valoración parte grupal: 20%
40
Proba obxectiva A50 A54 A63 B1 B2 B3 B6 B12 C1 C4 C6 C7 C8 Constará de varias cuestións teóricas e prácticas relativas ós contidos da materia. Serán obligatorias e plantexadas de modo progresivo buscando unha axeitada personalización da calificación final.
60
 
Observacións avaliación

A avaliación da asignatura configúrase como unha suma ponderada
dos traballos tutelados e das probas obxectivas. Cada unha das tres partes que
conformarn a calificación (traballo individual, traballo en grupo e proba
obxectiva) son valorados de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar unha
calificación mínima de 3 puntos en cada unha delas para poder superar a
asignatura.



A asistencia e participación nas clases presenciais é precisa para
ser avaliado. O traballo non presencial é valorado a través dos traballos tutelados
segundo as porcentaxes descritas anteriormente.



A proba obxectiva consiste en preguntas e en análises
concretas de textos, obras ou fragmentos arquitectónicos que permitan valorar a
comprensión dos aspectos particulares do temario e posibiliten verificar a
asimilación dos contidos da asignatura e a axeitada personalización da
cualificación. Os trabllos tutelados son uns exercicios prácticos de elaboración
personal e/ou grupal que desenvolven aspectos particulares e fundamentais do
temario; na súa cualificación valorarase especialemtne a ideación gráfica e a
capacidade analítica do alumnado.



Para poder ser avaliado na primeira oportunidade (xaneiro) o
estudante deberá cumplir a totalidade dos seguintes requisitos:



1. Asistir como mínimo ó 80% das clases presenciais.



2. Entregar como mínimo o 80% dos traballos individuais nas datas
indicadas.



3. Entregar o traballo de grupo na data sinalada.



4. Realizar a proba obxectiva sin deixar de contestar ningunha
das preguntas plantexadas.



No caso de non cumplir algún dos tres primeros puntos o alumno
obterá “Non presentado” na convocatoria (oportunidades de xaneiro e xullo).



Se o estudante non se presentara á proba obxectiva, tendo cumprido o
resto dos requisitos, obterá “Non presentado” na oportunidade de Xaneiro

Se o estudante non aproba na primeira oportunidade e sempre que teña cumpridos os puntos 1, 2 y 3, é posible reelaborar ou completar prácticas individuais para mellorar esa calificación parcial para a segunda oportunidade.



Na segunda oportunidade (xullo), repetirase
únicamente a proba obxectiva, coas mesmas condicións que na primeira
oportunidade, á que só se poderán presentar aqueles estudantes que:


1. Ou ben teñan cumprido os catro requisitos sinalados anteriormente e non teñan acadado a
puntuación suficiente para aprobar.



2. Ou ben
teñan cumprido os tres primeiros pero non se teñan presentado á proba obxectiva
na primeira oportunidade.


Aqueles estudantes que se incorporen co curso xa comenzado:


1. Terán que asistir a un mínimo dun 90% das clases presenciais restantes dende
a súa incorporación


2. Terán que entregar en tempo as prácticas que se realicen a partires da súa
incorporación


3. As prácticas con data previa á súa incorporación terán que ser entregadas
no momento que lles indique o seu profesor .


O resto de normas que non entren en contradición coas anteriores seranlles de
aplicación igual que ó resto de estudantes.


Aqueles estudantes que participen programas de mobilidade saínte ou entrante
adaptaranse ás mesmas normas que o resto do estudantado.

Os
estudantes repetidores que nun curso anterior teñan cumprido o requisito
de presencialidade quedan exentos de cumplilo nos cursos seguintes.

Os estudantes repetidores que
nun curso anterior teñan as prácticas individuais aprobadas quedan exentos de voltar a
facelas nos cursos seguintes.

Os
estudantes repetidores que nun curso anterior teñan a práctica grupal aprobada quedan exentos de voltar a facela nos cursos seguintes.

Fontes de información
Bibliografía básica
https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gif

1. ALONSO PEREIRA, JOSE RAMON (2012). INTRODUCCION A LA HISTORIA DE LA ARQUITECTURA. BARCELONA, REVERTE

https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gif

2. AGRASAR QUIROGA, FERNANDO (2008). EL CONOCIMIENTO DE LA ARQUITECTURA. A CORUÑA, COAG

https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gif

3. BENEVOLO, LEONARDO (1982). DISEÑO DE LA CIUDAD (5 vol). BARCELONA, GILI

https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gif

4. QUARONI, LUDOVICO (1980). PROYECTAR UN EDIFICIO. OCHO LECCIONES DE ARQUITECTURA. MADRID. XARAIT

https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gif

5. LE CORBUSIER (1978). HACIA UNA ARQUITECTURA. BARCELONA, POSEIDON

https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gif

6. WRIGHT, FRANK LLOYD (1978). EL FUTURO DE LA ARQUITECTURA. EL IDIOMA DE UNA ARQUITECTURA ORGANICA. BARCELONA, POSEIDON

https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gif

7. ZEVI, BRUNO (1969). ARCHITECTTURA IN NUCE. MADRID, AGUILAR

Bibliografía complementaria

01. IALA (2010). HERRAMIENTAS WEB Y DISEÑO DE APRENDIZAJEINTERACTIVO EN LA ENSEÑANZA TECNICA SUPERIOR. MADRID, UPM
02. IALA (2010). DOCENCIA 2.0. EXPERIENCIAS DE INTRODUCCIONA LA ARQUITECTURA. MADRID, UPM
03. IALA (2009). GENERADOR DE AFICION 2.0. GIRONA, UDG
04. IALA (2009). INTRODUCCION A LA ARQUITECTURA 2.0. VIGO,UDC/UDV/USC
05. IALA (2009). ANALISIS GRAFICO Y DOCENCIA NO PRESENCIAL.VIGO, UDC/UDV/USC
06. IALA (2009). HERRAMIENTAS WEB EN LA FORMACION INCIALDEL ARQUITECTO. VIGO, UDC/UDV/USC
07. IALA (2008). LA WEB 2.0 EN LA ENSEÑANZA DE INTRODUCCIONA LA ARQUITECTURA. GIRONA, UDG
08. BAKER, GEOFFREY (1998). ANALISIS DE LA FORMA. URBANISMOY ARQUITECTURA. BARCELONA, GILI
09. CHING, FRANCIS D.K. (1998). ARQUITECTURA: FORMA,ESPACIO Y ORDEN. BARCELONA, GILI
10. CHING, FRANCIS D.K. (1997). DICCIONARIO VISUAL DEARQUITECTUAR. BARCELONA, GILI
11. CHING, FRANCIS D.K. (1999). MANUAL DE DIBUJOARQUITECTONICO. BARCELONA, GILI
12. CLARK, ROGER YPAUSE, M. (1997). ARQUITECTURA: TEMAS DE COMPOSICION. BARCELONA,GILI
13. LEUPEN, BERNARD (1999). PROYECTO Y ANALISIS. EVOLUCIONDE LOS PRINCIPIOS EN ARQUITECTURA. BARCELONA, GILI;
14. RISEBERO, BILL (1982). HISTORIA DIBUJADA DE LAARQUITECTURA OCCIDENTAL. MADRID, BLUME
15. UNWIN, SIMON (2003). ANALISIS DE LA ARQUITECTURA.BARCELONA, GILI

http://dugi-doc.udg.edu/bitstream/10256/2003/1/216.pdf

http://dugi-doc.udg.edu/bitstream/10256/906/1/215.pdf
http://www.ialaudc.es/docs/Analisis_de_arquitectura_y_docencia_no_presencial.pdf http://www.ialaudc.es/docs/Herramientas_Web_20_en_la_formacion_academica_inicial_del_arquitecto.pdf http://www.ialaudc.es/docs/La_Web_20_en_la_ense%C3%B1anza_de_Introduccion_a_la_Arquitectura.pdf http://www.ialaudc.es/docs/Introduccion_a_la_arquitectura_20.pdf 
http://www.ialaudc.es/docs/Herramientas_web_y_dise%C3%B1o_de_aprendizaje_interactivo.pdf 
http://iala0910.blogspot.com/
http://iala0910p.blogspot.com/ 
http://iala0910gdc.blogspot.com/ 
http://iala0809.blogspot.com/ 
http://iala0809p.blogspot.com/ 
http://introduccionalaarquitectura.blogspot.com/



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Teoría da Arquitectura/630G02025
Historia da Arte/630G02015
Historia da Arquitectura 2/630G02040

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías