Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Física para a Arquitectura 1 Código 630G02008
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Enxeñaría Civil
Coordinación
Lamas Lopez, Valentin
Correo electrónico
valentin.lamas@udc.es
Profesorado
Aragon Fitera, Jorge
Cuba Cabana, Hilda
Dominguez Diez, Javier Faustino
Lamas Lopez, Valentin
Correo electrónico
j.aragon@udc.es
hilda.cuba@udc.es
javier.dominguez@udc.es
valentin.lamas@udc.es
Web http://http://www.estructuras.udc.es
Descrición xeral A asignatura estrutúrase en parte teórica e parte práctica, esta impartida en grupo reducido.

Nas clases teóricas, a labor expositiva resulta predominante, se ben o alumnado participará de forma activa no seu desenvolvemento. Esta labor complétase coa resolución por parte do alumnado de diversos exercicios sobre os temas do programa propostos durante as clases prácticas.

É imprescindible coñecer, comprender e saber manexar con soltura os contidos básicos que integran o documento dispoñible neste enlace http://etsa.udc.es/web/wp-content/uploads/2012/06/Precurso-Física.pdf

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos principios da mecánica xeral, a estática, a xeometría de masas e os campos vectoriais e tensoriais.
A63 Elaboración, presentación e defensa ante un Tribunal Universitario dun traballo académico orixinal realizado individualmente relacionado con calquera das disciplinas cursadas.
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta
B9 Comprender os problemas da concepción estrutural, de construción e da enxeñería vinculados cos proxectos de edificios así como as técnicas de resolución destes
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Determinar as condicións de equilibrio dun sólido ríxido tanto no plano como no espazo. A7
A63
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
C1
C3
C5
C6
C7
C8
Coñecer os tipos de enlaces dunha estrutura isostática. A7
A63
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
C3
C5
C6
C7
C8
Avaliar as reaccións nunha estruturas isostática. A7
A63
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
C1
C3
C5
C6
C7
C8
Coñecer e saber calcular os esforzos internos dunha estrutura isostática porticada (cortante, flector...). A7
A63
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
C1
C3
C5
C6
C7
C8
Saber dividir unha estructura mixta en partes para o seu cálculo por separado. A7
A63
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
C1
C3
C5
C6
C7
C8
Coñecer e saber calcular os esforzos internos dunha estrutura isostática articulada (axil...). A7
A63
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
C1
C3
C5
C6
C7
C8
Coñecer e saber calcular os esforzos internos dunha estrutura isostática de cables. A7
A63
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
C1
C3
C5
C6
C7
C8
Localizar o centro de gravidade dun corpo. A7
A63
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
C1
C3
C5
C6
C7
C8
Calcular o momento e produtos de inercia dun área con respecto a un plano, eixos ou punto. A7
A63
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
C1
C3
C5
C6
C7
C8
Avaliar as reaccións nunha estrutura por métodos enerxéticos/traballos virtuais. A7
A63
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
C1
C3
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
ESTÁTICA DO SÓLIDO RÍXIDO Revisión de Mecánica.
Concepto de forza.
Sistemas de Forzas. Propiedades:
Composición de forzas. Resultante.
Momento dunha forza respecto a un punto.
Momento dunha forza respecto a un eixo.
Par de forzas. Composición de pares.
Redución de sistemas.
Condicións de equilibrio en 3D e 2D.
Casos Particulares:
Equilibrio do sólido ríxido baixo a acción de dúas forzas.
Equilibrio do sólido ríxido baixo a acción de tres forzas.
ENLACES E REACCIÓNS. EQUILIBRIO DE CORPOS RÍXIDOS Introdución. Concepto de sólido ríxido, libre e vinculado.
Enlace, vínculo ou ligadura. Definición. Clasificacións.
Forzas Activas (ou Accións) e Forzas Reactivas (ou Reaccións).
Graos de liberdade: Internos, Externos e Totais.
Enlaces ou Coaccións en sistemas planos.
Inmobilización do corpo no plano.
Enlaces en sistemas espaciais.
Inmobilización do corpo no espazo.
Sistemas isostáticos, hiperestáticos e mecanismos.
Equilibrio en dúas dimensións. Cálculo de reaccións.
Equilibrio en tres dimensións. Cálculo de reaccións.
Diagrama de sólido ríxido.
CÁLCULO DE ESTRUTURAS ARTICULADAS. Introdución. Forzas externas e internas.
Equilibrio do sólido baixo a acción de dúas forzas:
Esforzo Axil: Tracción e Compresión.
Estruturas articuladas planas.
Definición. Hipótesis Básicas. Tipos.
Condición de Isostatismo.
Métodos de cálculo de estruturas articuladas planas isostáticas.
Método de Ritter ou das seccións.
Método dos nós.
Casos Particulares de Carga.
VIGAS: SOLICITACIÓNS E FORZAS INTERNAS Introdución. Peza Prismática.
Vigas. Tipos de vigas.
Cargas. Tipos de cargas.
Solicitacións e forzas internas. Convenio de signos.
Equilibrio dunha rebanada.
Diagramas de solicitacións
Trazado de diagramas:
Viga articulada-apoiada con carga puntual
Viga articulada-apoiada con carga uniformemente repartida.
Voladizo con carga puntual.
Voladizo con carga repartida.
RESOLUCIÓN DE VIGAS ISOSTÁTICAS Vigas con carga cualquera.
Vigas inclinadas.
Vigas con articulacións e apoios intermedios. Vigas Gerber.
Vigas crebadas.
RESOLUCIÓN DE PÓRTICOS ISOSTÁTICOS Definición. Tipos.
Método de estudo.
Pórticos apoiados-articulados.
Pórticos con voladizos.
Pórticos triarticulados.
Pórticos compostos.
ESTRUTURAS DE CABLES Hipótesis Básicas. Principio de solidificación. Equilibrio.
Cables con cargas concentradas.
Cables con cargas distribuidas
Ecuación diferencial dun cable
Cable parabólico.
CENTRO DE GRAVIDADE E CENTRO DE MASA Introdución.
Centro dun sistema de forzas paralelas.
Peso e masa. Centro de gravidade e centro de masas.
Aplicación a Sistemas Discretos e a Sistemas Continuos.
Centro de Gravidade de Superficies. Centroides.
Momento estático ou primeiro momento.
Propiedades do centro de masas.
MOMENTOS DE INERCIA Introdución.
Momentos de inercia dun sistema de puntos materiais. Momento Polar.
Produto de inercia dun sistema de puntos materiais.
Propiedades.
Momentos e Produtos de inercia de sistemas continuos.
Momentos e Produtos de inercia de sistemas planos
Momentos e Produtos de inercia de superficies e liñas.
Propiedade Distributiva
Teorema de Steiner aplicado a momentos de inercia.
Teorema de Steiner relativo a produtos de inercia.
Momentos de inercia de áreas compostas.
Radio de xiro dunha área.
Momento de inercia respecto a unha recta calquera.
Rotación de Eixos.
Eixos principais de inercia.
Momentos principais de inercia.
Momentos de inercia máximo e mínimo.
MÉTODO DOS TRABALLOS VIRTUAIS Introdución.
Principio dos traballos virtuais.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B1 B2 B3 B4 C3 2 1 3
Sesión maxistral A7 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 C5 C6 C7 C8 27 40.5 67.5
Solución de problemas A7 A63 B1 B3 B4 B5 B6 B9 C3 C5 C6 C7 C8 22 22 44
Proba mixta A7 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C1 C3 C6 1 0 1
Proba obxectiva A7 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 C1 C3 C5 C6 C7 C8 5 0 5
Esquemas A7 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C1 C3 C6 C7 0 0.5 0.5
Glosario A6 A53 A56 A57 B1 B2 B3 B9 B11 B12 0 1 1
Traballos tutelados A7 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 C1 C3 C5 C6 C7 C8 2 20 22
Lecturas A7 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 C3 C5 C6 C7 C8 0 5 5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación sobre a materia, explicando o seu funcionamento e obxectivos. A continuación impártese unha aula sobre tipos estruturais e bases de Mecánica vectorial
Sesión maxistral Clases expositivas, no taboleiro ou con medios audiovisuais, de parte dos contidos teóricos prácticos da materia.
Solución de problemas En clase de grupo reducido proporanse unha serie de casos prácticos que o alumnado resolverá, de xeito parcial ou total, co axuda e consello do profesorado.
Proba mixta Responderase a diversas preguntas conceptuais e/ou numéricas. Esta proba servirá para avaliar o nivel de aprendizaxe de aspectos teórico prácticos da materia.
Proba obxectiva Proporanse problemas numéricos e gráficos sobre os contidos da materia e a bibliografía de apoio. Servirá para avaliar o nivel de aprendizaxe de aspectos prácticos da materia.
Esquemas Breves introducións en cada tema tratan de relacionar os contidos dentro do mapa de coñecementos da materia na carreira a modo de esquema.
Glosario O alumnado elabora unha folla resumo con definicións, formulación e unidades físicas relacionadas con cada un dos temas da materia.
Traballos tutelados Entregaranse problemas resoltos de cada un dos temas da materia, deben ser realizados de xeito individualizado e personalizado, en papel formato A4 manuscrito. Servirán, xunto co cumplimento dos requisitos de asistencia, para poder acceder á nota complementaria da materia.
Lecturas O alumnado selecciona e analiza exercicios e/ou teoría sobre mecánica na bibliografía básica e complementaria sinalada polos docentes nesta guía.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Someterase a control de xeito exhaustivo a asistencia e a actividade desenvolvida. O traballo realizado terá que demostrarse coa entrega dunha serie de exercicios completamente resoltos de xeito autónomo de cada un dos temas da materia. Entregaranse en número e data determinados na aula.

O horario de titorías para a realización dunha atención personalizada estará exposto na plataforma disposta a tal efecto na UDC.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A7 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C1 C3 C6 Valorarase a exactitude na contestación a diversas preguntas sobre aspectos teórico prácticos. Durante o desenvolvemento desta proba non se permitirá material de ningún tipo, agás bolígrafos.

As cuestións poden ser conceptuais e/ou numéricas, podendo presentar unha ou varias respostas posibles. Neste caso, só unha sería a correcta.

Establécese un mínimo do 50% nesta proba para superar o curso; en caso contrario a calificación será de Non Presentado, ao non cumplirse os requisitos para a consideración da proba obxectiva.
30
Solución de problemas A7 A63 B1 B3 B4 B5 B6 B9 C3 C5 C6 C7 C8 Resolución na aula, de xeito individualizado, de cuestións propostas polo profesorado ao longo do curso. 7.5
Proba obxectiva A7 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 C1 C3 C5 C6 C7 C8 Propóñense problemas ou casos prácticos baseados no temario e a bibliografía aos que se dará unha resposta numérica precisa a cada un deles, tendo nalgúns casos que representar os resultados de xeito gráfico.

O exame é individual, o incumprimento deste requisito implica a expulsión e a aplicación da normativa vixente. Os teléfonos móbiles no exame están terminantemente prohibidos, non podendo substituir á calculadora tradicional.

Durante o desenvolvemento da parte práctica empregaranse: formulario, calculadora e material de debuxo

Cada exercicio contestarase independentemente nun prego DIN A3, escrito con tinta indeleble e dobrado en A4 na entraga.

O resultado darase dunha forma que resulte claramente visible, indicando o valor numérico con precisión e coas unidades correspondentes. As partes non válidas deben ser claramente anuladas. Escribirase obrigatoriamente o nome e grupo nos pregos de solucións, así como na folla do enunciado, para ser corrixidas.
60
Traballos tutelados A7 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 C1 C3 C5 C6 C7 C8 Será necesario que o alumnado propoña e resolva de xeito individualizado e personalizado exercicios dos ítems descritos no apartado de contidos da materia, que o profesorado establecerá en tempo e forma ao longo do curso, xunto coa súa data límite de entrega. 2.5
 
Observacións avaliación

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

O aprobado establécese en cinco puntos sobre dez posiblesde acordo coa seguinte desagregación (ídem na 1ª e 2ª oportunidade):

Proba teórica de resposta múltiple: 3 ptos. [Débese acadar 1,50 puntos mínimo para a consideración da proba obxectiva]

Proba práctica obxectiva: 6 ptos.

solución de problemas e traballos tutelados ao longo do curso: 1ptos.

a) Primeira oportunidade:

ao final do cuadrimestre será posible optar á avaliación sempre e cando se teñan cumprimentado os diferentes controis de asistencia que se presenten e/ou os exercicios debidamente resoltos, ata completar un mínimo do 80% do total. O seu incumprimento levará implícita unha calificación de NON PRESENTADO e unha calificación de 0 puntos no apartado de solución de problemas e traballos tutelados para a segunda oportunidade.


b) Segunda oportunidade: estará aberta á totalidade do alumnado matriculado na materia, manténdose a desagregación de calificacións da primeira oportunidade.

NOTA: aclaración sobre asistencia e avaliación para o alumnado de segunda e posteriores matrículas na materia (coa condición de ter asistido no curso anterior ao 80% comentado):

Quen non supere o 40% da asistencia total non poderá presentarse á primeira oportunidade e sí á segunda, pero só sobre nove puntos.

Se supera o 40% de asistencia total, poderá presentarse á primeira oportunidade.

O alumnado de segunda e posteriores matrículas poderá optar á calificación complementaria cando, despois de superar o 40% de asistencia ás aulas teóricas e prácticas, sexa posible asignarlle unha nota complementaria en función das prácticas e dossieres que teña entregado ao longo do curso académico.

CRITERIOS DE CORRECCIÓN: adecúanse aos derivados da realidade profesional da arquitectura. Como criterio xeral os errores conceptuais valoraranse en función da súa gravidade, podendo chegar a anular o exercicio. Tamén resulta relevante a comisión dun error numérico, dado que o exercicio profesional busca resultados concretos. Así, unha equivocación de signo significaría un erro do 200%.

Fontes de información
Bibliografía básica Lamas, V; Otero, Mª Dolores (2002). Cálculo de estructuras artículadas. Editorial Gráficas del Noroeste
Lamas, V; Otero, Mª Dolores (2002). Cálculo de solicitaciones en vigas isostáticas. Editorial Gráficas del Noroeste
Durá Doménech, A. – Vera Guarinos, J. (). Fundamentos Físicos de las Construcciones Arquitectónicas . Universidad de Alicante
Meriam, J.L. – Kraige, L.G (). Mecánica para Ingenieros. Estática. Editorial Reverté
Beer. F.P.; Jonhson. (). Mecánica Vectorial para Ingenieros. Estática. Ed. McGraw-Hill.
Fontán, A; Nogueira, P; Pico; J.M.; Vázquez, J.A. (2004). Precurso I. Física. Vicerrectorado de Innovación Tecnológica
Gere, James (2002). Resistencia de Materiales. Editorial Thomson

Bibliografía complementaria Herrero Arnaiz – Rodríguez Cano – Vega González (). Estática: Problemas Resueltos. Editorial Reverté


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Proxectos I/630011106
Xeometría Descritiva I/630011102
Debuxo I/630011103
Fundamentos Físicos na Arquitectura I/630011104
Fundamentos Matemáticos na Arquitectura I/630011105
Construción I/630011107
Xeometría Descritiva II/630011108
Fundamentos Matemáticos na Arquitectura II/630011110

Materias que continúan o temario
Física 2/630G01013
Estruturas 1/630G01019

Observacións

Para un axeitado seguimento da materia é imprescisdíbel o dominio previo dos seguintes temas:

- Razoamento Lóxico.

- Cálculo vectorial.

- Sistemas de unidades.

- Matrices.

- Xeometría e Trigonometría.

- Derivación e Integración.

- Resolución de sistemas de ecuacións.

Todo el alumnado da materia debe coñecer, comprender e saber manexar os contidos que integran o documento dispoñible neste enlace http://etsa.udc.es/web/wp-content/uploads/2012/06/Precurso-Física.pdf



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías