Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Análise Arquitectónico 1 Código 630G02012
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Expresión Gráfica Arquitectónica
Coordinación
Doce Porto, Juan Manuel
Correo electrónico
juan.doce@udc.es
Profesorado
Amado Lorenzo, Antonio Gonzalo
Caridad Yañez, Eduardo
Castro García, Óscar
Doce Porto, Juan Manuel
Lizancos Mora, Plácido
López Chao, Vicente Adrián
Lorenzo Duran, Margarita
Correo electrónico
antonio.amado@udc.es
eduardo.caridad@udc.es
oscar.castro@udc.es
juan.doce@udc.es
placido.lizancos@udc.es
v.lchao@udc.es
margarita.lorenzo@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é desenvolver as capacidades dos estudantes para a análise do espazo arquitectónico e a súa representación a través de linguaxes gráficas e modelos arquitectónicos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Aptitude para aplicar os procedementos gráficos á representación de espazos e obxectos (T)
A2 Aptitude para concibir e representar os atributos visuais dos obxectos e dominar a proporción e as técnicas do debuxo, incluídas as informáticas. (T)
A3 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos sistemas de representación espacial.
A4 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo da análise e teoría da forma e as leis da percepción visual.
A5 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo da xeometría métrica e proxectiva.
A6 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo das técnicas de levantamento gráfico en todas as súas fases, dende o debuxo de apuntes á restitución científica.
A34 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos básicos e de execución, esbozos e anteproxectos. (T)
A40 Capacidade para exercer a crítica arquitectónica.
A48 Coñecemento axeitado das teorías xerais da forma, a composición e os tipos arquitectónicos.
A49 Coñecemento axeitado da historia xeral da arquitectura.
A63 Elaboración, presentación e defensa ante un Tribunal Universitario dun traballo académico orixinal realizado individualmente relacionado con calquera das disciplinas cursadas.
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta
B7 Coñecer o papel das belas artes como factor que pode influír na calidade da concepción arquitectónica
B12 Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. Coñecer e utilizar os distintos tipos de debuxos ea súa aplicación ás fases da actividade arquitectónica. A1
A2
A3
A4
A5
A34
A40
A63
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B12
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
2. Identificar e analizar os aspectos determinantes do espazo arquitectónico. A1
A2
A3
A4
A5
A34
A40
A48
A49
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B12
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
3. Coñecer e utilizar as técnicas de representación do espazo arquitectónico e da súa análise mediante ferramentas gráficas e modelos arquitectónicos. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A34
A40
A48
A49
A63
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B12
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
4. Coñecer e utilizar as metodoloxías de análise espacial. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A34
A40
A48
A49
A63
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B12
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Presentación da materia Explicación detallada da Guía docente. Axenda, organización, obxectivos e metodoloxía. Material de traballo e bibliografía. Os espazos da materia: as aulas. Tempo de materia: calendario.
O sistema de avaliación.
A importancia da materia no currículo e na arquitectura.
Presentación do curso Explicación do argumento do curso: dinámica de traballo, obxectivos. Presentación dos casos prácticos.
Proposta do primeiro "Estudo de caso" como ensaio metodolóxico.
Representación gráfica arquitectónica avanzada As distintas dimensións do proceso arquitectónico e a súa representación gráfica: elaborar, analizar, comunicar e producir.
Introdución ás ferramentas gráficas para a análise arquitectónica Representación para a análise arquitectónica: diagramas, imaxes, colaxes, modelos, etc.
A organización de información para a análise arquitectónica.
Análise espacial. Fundamentos e conceptos. Espazo como esencia da arquitectura.
A percepción sensorial da arquitectura.
Espazo, tempo e arquitectura.
Metodoloxías e recursos gráficos I Metodoloxías e recursos gráficos para a representación intencional do espazo arquitectónico.
Metodoloxías e recursos gráficos II Metodoloxías gráficas a análise do espazo arquitectónico.
O "parti" Identificación da idea principal do proxecto.
Metodoloxías gráficas para a representación do "parti".

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A4 A5 A40 B2 B4 B6 B7 C4 C7 C8 15 0 15
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A34 A40 A48 A49 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 28 63 91
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A34 A40 A48 A49 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 15 20 35
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A40 B3 B4 B6 C1 C7 C8 0 4 4
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A5 A6 A34 A40 A48 A49 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 4 0 4
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Introdución de conceptos teóricos fundamentais, metodoloxías gráficas e presentación de casos prácticos.
Os contidos da materia iranse expoñendo de xeito non liñal, na secuencia que o profesorado estime oportuna en función da marcha do curso e da heteroxeneidade do grupo para obter os resultados previstos.
Traballos tutelados Os alumnos aplicarán os conceptos e metodoloxías aos casos de estudo propostos, supervisados polo profesorado.
Isto inclúe a presentación oral do traballo desenvolvido, a resposta a probas de control do proceso de formación e a produción dun documento cos materiais resultantes.
Obradoiro Espacio de confluencia entre las materias Análise Arquitectónica 1 y Proxectos 2.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas por el alumnado que implican la asistencia y/o participación en eventos científicos y/o divulgativos (congresos, jornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposiciones, etc.) con el objetivo de profundizar en el conocimiento de temas de estudio relacionados con la materia.

Preparación de material síntesis del trabajo realizado en la materia para su publicación o exposición pública.
Proba obxectiva Os coñecementos e habilidades adquiridos ao longo do curso serán avaliados nun ou varios exames obxectivos ao longo do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Proba obxectiva
Descrición
Tanto o contido das clases expositivas como as dúbidas relacionadas coas prácticas propostas no taller, así como os estudos de casos, poden ser obxecto de consultas individuais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A34 A40 A48 A49 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O Obradoiro é un espazo onde o alumnado aplica os seus coñecementos e habilidades. Por compartir espazo e tempo coa materia "Proxectos2" esta metodoloxía podería aplicarse nos proxectos propios do alumnado.
A materialización consistirá na realización dun traballo específico que se explicará ao comezo do curso.
15
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A34 A40 A48 A49 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O obxectivo da materia é formar aos alumnado na análise de espazos arquitectónicos e na xestión de fontes de información, todo baseado en estudos de casos reais.
Isto articúlase a través dun ou varios Traballos Tutelados, orixinais e inéditos, que deben realizarse ao longo do período docente de acordo cunha metodoloxía científica, combinando os coñecementos teóricos impartidos polo profesorado.
Producirase un documento final no que se expresarán todos os seus contidos con procedementos comunicativos propios da arquitectura.
65
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A5 A6 A34 A40 A48 A49 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O alumnado debe obter unha nota superior a cinco (5) puntos sobre (10) nas probas de avaliación obxectiva, para superar a materia. 20
 
Observacións avaliación

1. Asistencia
O alumnado debe asistir ás clases expositivas, actividades recomendadas, e presentar as obras gráficas, maquetas, etc. propostas nos talleres, co nivel de calidade requirido para superar a materia.

A asistencia é obrigatoria ao 80%, así como aos talleres compartidos. Sen este requisito, ningún estudante poderá aprobar a materia por curso. A entrega de menos do 100% das prácticas, no seu prazo, significará que o curso non foi seguido e unha nota de "Non presentado" na primeira oportunidade. 

2. Inscrición tardía

O estudantado matriculados tralo inicio do curso, deberá asistir ás clases teóricas e prácticas desde a data de matrícula, coa posibilidade de recuperación das prácticas realizadas ata esa data.

3. Oportunidades.

Para superar a materia o estudantado terá dúas oportunidades: xaneiro e xullo. Quen non pase a primeira oportunidade pode presentarse á segunda. En ambos os casos deberá realizar unha proba obxectiva.

Para poder presentarse á segunda oportunidade o alumnado deberá entregar o 100% das prácticas do curso debidamente tuteladas. No caso de non ter aprobado os traballos tutelados na 1ª oportunidade, os mesmos poderánse mellorar, ou no seu caso realizar outro traballo adicional, dacordo coas indicacións do profesorado.

4. Mobilidade.A docencia ao alumnado procedente de programas de mobilidade basearase en condicións pedagóxicas, lingüísticas e de programación específicas e na realización de traballos tutelados especiais.

*En caso de dispensa académica ou dedicación a tempo parcial, deberá poñerse en contacto co responsable do seu grupo nas primeiras semanas do curso para resolver o caso concreto. En calquera caso, deberase cumprir todo o relacionado coa entrega de tarefas e titorías.


Fontes de información
Bibliografía básica Ching, Francis D.K. (2015). Arquitectura: forma, espacio y orden. Barcelona: Gustavo Gili (4ª ed.)
Montaner, Josep M. (2014). Del diagrama a las experiencias, hacia una arquitectura de la acción.. Barcelona: Gustavo Gili
Balmer, J. e Swisher, M. (2013). Diagramming the Big Idea: Methods for architectural composition. New York: Routledge
Ching, Francis D.K. (1999). Dibujo y proyecto. México: Gustavo Gili
Fraser, Iain; Henmi, Rod (1994). Envisioning architecture. An analysis of drawing.. New York: John Wiley & sons
Mc. Quaid (2003). Envisioning architecture. Drawings from the Museum of Modern Art. New York: the Museum of Modern Art. Nova York
Norberg- Schulz, Christian (1998). Intenciones en arquitectura.. Barcelona: Gustavo Gili
Michel, Lou (1995). Light. The shape of space. New York: John Wiley & Sons
Moo Zell (2008). The architectural Drawing Course..

Enlace listado bibliografía recomendada en biblioteca ETSAC

https://kmelot.biblioteca.udc.es/search~S1*gag?/rAnalise+arquitectonico+1/ranalise+arquitectonico+1/1%2C2%2C2%2CB/frameset&FF=ranalise+arquitectonico+1+grao+en+estudos+de+arquitectura&1%2C1%2C

Enlace a eBooks disponibles de la bibliografía recomendada en la Biblioteca de la ETSAC

https://www.udc.es/es/biblioteca.etsa/guia_cursos_ebooks/analise_arq_i/

Bibliografía complementaria

Amado Lorenzo, Antonio e Franco Taboada, Juan Manuel (2013).Wright: Debuxo II, análisis gráfico arquitectónico 2º, memoria docente curso 2003/2004. Repositorio UDC

Amado Lorenzo, Antonio e Franco Taboada, Juan Manuel (2014).Arquitecturas para la Moda. Repositorio UDC.

Amado Lorenzo, Antonio e Franco Taboada, Juan Manuel (2017).Ando, Tadao ; Ito, Toyo : Debuxo II, análisis arquitectónico 2º, memoria docente curso 2005/2006. Repositorio UDC.

Amado Lorenzo, Antonio e Franco Taboada, Juan Manuel (2007).Aalto, Alvar: Debuxo II, análisis arquitectónico 2º, memoria docente curso 2004/2005.Repositorio UDC.

Amado Lorenzo (2022). DAVID CHIPPERFIELD: Debuxo II, análisis arquitectónico 2º, memoria docente curso 2002-03.

Amado Lorenzo (2022). PETER ZUMPTHOR /JAQUES HERZOG & PIERRE DE MEURON: Debuxo II, análisis arquitectónico 2º, memoria docente curso 2001-02.

Franco Taboada, Juan Manuel e Castro García, Óscar (2018).Casas 16 y 17 de Walter Gropius para la Weissenhof Siedlung de Stuttgart, 1927. Analisis. Repositorio UDC

Lizancos, P. e LLano, P. de. (2014).Desvelar a arquitectura. Análise Arquitectónica nos Proxectos Fin de Carreira. Cadernos PFC. Universidade da Coruña

Llano, P. de, Rosales Noves, J.M., Lizancos, P., Ventura Real, J.M. e Vizcaíno Monti, F.J. (2000)Dibujo II (grupos A y C): análise gráfica da arquitectura. Boletín académico, ISSN 0213-3474, Nº. 24, p. 38-47


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Debuxo de Arquitectura/630G02002
Análise de Formas Arquitectónicas/630G02007
Proxectos 1/630G02001

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Proxectos 2/630G02006

Materias que continúan o temario
Análise Arquitectónico 2/630G02017

Observacións
Non se permite o uso de teléfonos móbiles, tabletas ou ordenadores durante as clases teóricas, para fins non académicos. 
O incumprimento desta regra pode provocar a expulsión inmediata da aula.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías