Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Física para a Arquitectura 2 Código 630G02013
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Enxeñaría Civil
Coordinación
López César, Isaac
Correo electrónico
isaac.lopez@udc.es
Profesorado
Cuba Cabana, Hilda
Dominguez Diez, Javier Faustino
López César, Isaac
Correo electrónico
hilda.cuba@udc.es
javier.dominguez@udc.es
isaac.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral A materia Física para a Arquitectura 2 realiza unha introdución a fenómenos físicos relevantes para o deseño arquitectónico e como estes se atopan recollidos nas normativas actuáis de obrigado cumplimento.
Trátase, polo tanto, dun curso de física aplicada á arquitectura no que se abordan contidos de hidrostática -que permitirán ao alumnado determinar empuxes hidrostáticos sobre muros ou lousas-; hidrodinámica -centrándose especialmente no comportamento de fluidos no interior de conductos-; conceptos de termodinámica e higrometría enfocados ao estudo das envolventes dos edificios e ao acondicionamento térmico de espazos arquitectónicos; acústica aplicada ao illamento e ao acondicionamento de locáis; ademáis de contidos sobre electricidade e teoría da luz e a cor. Siempre que resulta posible, os conceptos explicados aplícanse a situación arquitectónicas reais, incidindo na relación íntima entre a física e a arquitectura.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos principios da termodinámica, acústica e óptica.
A9 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos principios da mecánica de fluídos, hidráulica, electricidade e electromagnetismo.
A63 Elaboración, presentación e defensa ante un Tribunal Universitario dun traballo académico orixinal realizado individualmente relacionado con calquera das disciplinas cursadas.
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta
B10 Coñecer os problemas físicos, as distintas tecnoloxías e a función dos edificios de xeito que se dote a estes de condicións internas de comodidade e protección dos factores climáticos, no marco do desenvolvemento sostible
B11 Coñecer as industrias, organizacións, normativas e procedementos para plasmar os proxectos en edificios e para integrar os planos na planificación
B12 Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
MECANICA DE FLUIDOS E HIDRÁULICA A8
A9
A63
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B10
C1
C3
C5
C6
C7
C8
TRANSM. CALOR EN CERRAMENTOS REAIS A8
A9
A63
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B10
B11
B12
C1
C3
C4
C6
C7
C8
ACUSTICA A8
A9
A63
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B10
C1
C3
C5
C6
C7
C8
ELECTRICIDADE A8
A9
A63
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B10
C1
C3
C5
C6
C7
C8
TEORÍA DA LUZ E COR A8
A9
A63
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B10
C1
C3
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
MECANICA DE FLUIDOS E HIDRÁULICA INTRODUCIÓN
ANTECEDENTES HISTÓRICOS
PROPIEDADES DOS FLUÍDOS
HIDRÓSTÁTICA
PRESIÓN NUN PUNTO
PRINCIPIOS BÁSICOS
ECUACIÓN FUNDAMENTAL
PRESIÓNS SOBRE SUPERFICIES MERGULLADAS
PULO HIDROSTÁTICO
CENTRO DE PRESIÓNS
PRISMA DE PRESIÓNS
FUNDAMENTOS DO FLUXO DE FLUÍDOS
CLASIFICACIÓNS DO FLUXO
LIÑAS, FÍOS E TUBOS DE CORRENTE
CAUDAL. ECUACIÓN DIMENSIONAL. UNIDADES
ENERXÍAS NUN FLUÍDO EN MOVEMENTO
TEOREMA DE BERNOULLI
FLUÍDO IDEAL
FLUÍDO REAL
POTENCIA HIDRÁULICA
MEDIDA DE FLUXO EN FLUÍDOS
FLUXOS DE FLUÍDOS EN TUBERIAS
FLUXOS LAMINAR E TURBULENTO
DISTRIBUCIÓN DE VELOCIDADES. CAPA LÍMITE
NÚMEROS ADIMENSIONAIS. NÚMERO DE REYNOLDS
RESISTENCIA DE SUPERFICIE. PÉRDIDAS DE CARGA PRIMARIAS
ECUACIÓN XERAL
DIAGRAMA DE MOODY
PÉRDIDAS DE CARGA SECUNDARIAS
SISTEMA DE TUBERIAS EN SERIE, PARALELO E RAMIFICADAS. MALLAS
FLUXO EN CANLES ABERTAS
FORMULA DE CHÉZY E MANNING
FORZAS DESENVOLVIDAS POR FLUÍDOS EN MOVEMENTO
PRINCIPIOS DE IMPULSO. CANTIDADE DE MOVEMENTO
FORZAS SOBRE CÓBADOS
GOLPE DE ARIETE
TRANSMISIÓN DA CALOR EN CERRAMENTOS REAIS INTRODUCIÓN
ACCIÓN COMBINADA DOS TRES MECANISMOS DE TRANSMISIÓN DE CALOR
CONDICIÓNS DE INVERNO
TRANSMISIÓN DA CALOR A TRAVÉS DE CERRAMENTOS OPACOS
DISTRIBUCIÓN DE TEMPERATURAS NO CERRAMENTO
TRANSMISIÓN DE CALOR DERIVADA DE INFILTRACIÓNS E VENTILACIÓN DAS LOCAIS
CONDICIÓNS DE VERÁN
TRANSMISIÓN DA CALOR A TRAVÉS DE CERRAMENTOS OPACOS
INERCIA TÉRMICA DO CERRAMENTO
TRANSMISIÓN DE CALOR A TRAVÉS DE CERRAMENTOS SEMITRANSPARENTES
ACÚSTICA O SON. CONCEPTOS FUNDAMENTAIS.
FISIOLOXÍA AUDITIVA.
ASPECTOS FÍSICOS DO SON.
ILLAMENTO DO SON.
AMORTIGUACIÓN DO SON.
ACONDICIONAMENTO ACÚSTICO.
SISTEMAS ABSORBENTES DE ENERXÍA SONORA.
MATERIAIS ABSORBENTES DE ENERXÍA SONORA.
ACÚSTICA ARQUITECTÓNICA.
CTE -DB-HR
ELECTRICIDADE INTRODUCIÓN
CARGA ELÉCTRICA
LEI DE COULOMB
CONCEPTO DE CAMPO ELÉCTRICO. LIÑAS DE FORZA
POTENCIAL ELÉCTRICO. DIFERENZA DE POTENCIAL ELÉCTRICO
CORRENTE ELÉCTRICA
LEI DE OHM
RESISTIVIDADE
ENERXÍA NOS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS. POTENCIA ELÉCTRICA
CORRENTE CONTINUA.
CORRENTE ALTERNA. C. A. MONOFÁSICA. C. A. TRIFÁSICA
REDES DE DISTRIBUCIÓN
CARACTERÍSTICAS. TIPOS
INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS DE BAIXA TENSIÓN
ABASTECEMENTO EN BAIXA TENSIÓN A EDIFICIOS
SISTEMAS DE PROTECCIÓN
TEORÍA DA LUZ E DA COR ILUMINACIÓN
INTRODUCIÓN. ANTECEDENTES HISTÓRICOS.
ONDAS ELECTROMAGNÉTICAS. CARACTERÍSTICAS. CLASIFICACIÓN.
PROPAGACIÓN DA LUZ. PRINCIPIO DE HUYGENS-FRESNEL. REFLEXIÓN E REFRACCIÓN.
MAGNITUDES FOTOMÉTRICAS.
EFECTO PURKINJE
MAGNITUDES LUMINOSAS
FLUXO. INTENSIDADE. ILUMINANCIA. LUMINANCIA
REFLECTANCIA, ABSOTANCIA E TRANSMITANCIA.
LUZ E VISIÓN
O OLLO HUMANO
FACTORES DE RENDEMENTO VISUAL
DESLUMBRAMIENTO
TEMPERATURA DE COR DA LUZ
TEORÍA DA COR

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A8 A9 A63 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B10 C1 C3 C5 C6 C7 C8 2 0 2
Sesión maxistral A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B10 B11 C4 C8 23 23 46
Solución de problemas A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B10 B11 B12 C1 C3 C4 C7 C8 23 23 46
Esquemas A8 A9 B1 B2 B3 B4 B10 1 0 1
Glosario A8 A9 B1 B3 B6 B10 B11 C1 0 1 1
Lecturas A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B10 B11 B12 C1 C3 C7 C8 0 28 28
Traballos tutelados A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B10 B11 B12 C1 C3 C4 1 15 16
Proba mixta A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B10 B11 C8 4 0 4
Proba de resposta múltiple A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B10 B11 C8 1 0 1
Proba obxectiva A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B10 B11 B12 C1 C3 C8 4 0 4
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación sobre a materia, explicando o seu funcionamento e obxectivos.
Sesión maxistral Clases nas que o profesorado exporá no taboleiro ou con medios audiovisuais parte dos contidos teórico prácticos da materia e/ou resolverá dudas das lecturas realizadas polo alumnado.
Solución de problemas Plantearanse, na clase, unha serie de casos prácticos que o alumnado resolverá, de forma parcial ou total, coa axuda e consello do profesorado.
Esquemas Breves introducións en cada tema tratan de relacionar os contidos dentro do mapa de coñecementos da materia na carreira a modo de esquema
Glosario O alumnado elabora unha folla resumen con definicións, formulación e unidades físicas relacionadas con cada un dos temas da materia.
Lecturas O alumnado selecciona e analiza exercicios e/ou teoría sobre a materia na bibliografía básica e complementaria, ou nos materiais facilitados polo profesorado.
Traballos tutelados O alumnado entregará problemas resoltos de cada un dos temas da materia, han de ser realizados de forma individualizada e personalizada, en papel formato A4 manuscrito. Servirán, xunto co cumprimento dos requisitos de asistencia, para poder acceder á nota complementaria da materia.
Proba mixta Resolución na aula, de forma individualizada, de cuestións teóricas ou prácticas propostas polo profesorado ao longo do curso.
Proba de resposta múltiple Un test de resposta múltiple servirá para avaliar o nivel de aprendizaxe de aspectos teórico prácticos da materia.
Proba obxectiva Exporanse problemas numéricos e gráficos sobre os contidos da materia, a bibliografía e materiais de apoio. Servirá para avaliar o nivel de aprendizaxe de aspectos prácticos da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Solución de problemas
Descrición
Na resolución de problemas que se propoñan ao alumnado para a súa realización na aula de forma parcial ou total, o profesor apoiará, resolverá e explicará persoalmente aquelas dúvidas que vaian surxindo.

A atención personalizada aos traballos tutelados realizarase no horario de tutorías do profesorado. Neste sentido, os horarios de tutorías estarán expostos na plataforma disposta a tal efecto pola UDC.

O estudo continuado da materia considérase fundamental. Por iso, resulta especialmente recomendable a asistencia a tutorías, coa finalidade de consultar as dúvidas que vaian surxindo ao longo do desenrolo do curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B10 B11 B12 C1 C3 C4 Requírese expor e resolver de forma individualizada e personalizada exercicios dos items descritos no apartado de contidos da materia, que o profesorado establecerá en tempo e forma ao longo do curso xunto coa súa data límite de entrega. 5
Proba de resposta múltiple A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B10 B11 C8 Valorarase a exactitude na contestación a preguntas sobre aspectos teórico prácticos con catro opcións cada unha, das cales polo menos unha é correcta. No enunciado do exercicio estableceranse as condicións das respostas erróneas. 20
Proba obxectiva A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B10 B11 B12 C1 C3 C8 Exporanse tres problemas ou casos prácticos baseados no temario e bibliografía, e o alumnado dará resposta numérica a cada un deles; tendo mesmo que representar
os resultados de forma gráfica.

Cada exercicio contestarase e cualificará nun prego DIN A3, escrito con tinta indeleble, e dobrado en A4. Os pregos de solucións así como a folla do enunciado levarán escrito o nome do alumno e o seu grupo para ser corrixidas.

O resultado darase de forma que resulte claramente visible, indicando o valor numérico coa precisión e unidades correspondentes. As partes non válidas deben ser claramente anuladas.

60
Proba mixta A8 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B10 B11 C8 Será necesarío superar as probas de control individualizadas e plantexadas polo profesorado ao longo do curso académico, sen previo aviso da realización das mesmas. Estas probas de control poderán ser tanto teóricas como prácticas.
15
 
Observacións avaliación
CRITERIOS DE AVALIACIÓN

O aprobado establécese en cinco puntos sobre dez posibles, de acordo co seguinte desglose (igual para a 1ª e 2ª oportunidade):

- Proba teórica de resposta múltiple: 2 puntos.
- Proba práctica obxectiva: 6 puntos.
- Nota de curso: traballos tutelados 0,5 puntos; probas mixtas 1,5 puntos.

a) Primeira oportunidade: para presentarse a esta convocatoria, o/a alumno/a debe cumplir as seguintes condicións:
-Ter asistido polo menos a un 80% do total das clases da asignatura.
-Ter obtido polo menos 1 punto (sobre 2) da nota de curso (traballos tutelados + probas mixtas).

b) Segunda oportunidade: estará aberta á totalidade do alumnado matriculado na materia, independentemente do seu porcentaxe de asistencia e independentemente de que alcanzara ou non a nota mínima de curso. Manténse o desglose de cualificación indicado.

Durante o desenrolo do cuestionario teórico non se permitirá material de ningún tipo, más aló dun bolígrafo. Para a realización da parte práctica usarase formulario, calculadora e material de escritura e debuxo. O examen é individual. O incumplimento deste requisito implicará a expulsión e a aplicación da normativa vixente. Os teléfonos móviles, smart watch, o calquera outro medio de almacenamento, fotografía, intercambio ou acceso á información están terminantemente prohibidos. Todos estes dispositivos deberán permanecer apagados e fora das mesas. A realización de fotografías do examen, durante a celebración do mesmo, suporá a expulsión.

A publicación das notas realizarase dentro dos plazos legalmente establecidos. No listado de notas figurará o día e a hora da revisión de exámenes, que se realizará dentro dos plazos fixados pola Normativa Académica de Evaluacións, Cualificacións e Reclamacións.

CRITERIOS DE CORRECCIÓN

Os criterios de corrección adecúanse aos derivados da realidade profesional. Como criterio xeral, os errores conceptuais valoraranse en función de súa gravedade, podendo chegar a anular o exercicio. Tamén resulta relevante a comisión dun error numérico, dado que o exercicio profesional busca resultados concretos. Neste aspecto, sinálase que unha equivocación de signo significa un error do 200%.

CONDICIONS PARA O ALUMNADO CON MATRÍCULA NA MODALIDADE DE TEMPO PARCIAL

O alumnado matriculado na modalidade a tempo parcial (que así o demostre, previa presentación do resgardo de matrícula ou da resolución do centro de concesión de tal condición) poderá presentarse ás dúas oportunidades, quedando eximido do cumplimento do mínimo de asistencia a clase e do mínimo da nota de curso. Nestes casos, o examen será o único elemento evaluable, puntuando de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter polo menos 5 puntos para superar a asignatura.

Fontes de información
Bibliografía básica Arau Puchades, Higini (1999). ABC de la acústica arquitectónica. Barcelona: Planeta
Beranek Leo (1986). Acoustics. McGraw-Hill: New York
Varios (2009). Código Técnico de la Edificación. Documento básico HE. Ahorro de energía. Ministerio de Vivienda, Gobierno de España.
Varios (2009). Código Técnico de la Edificación. Documento básico HR. Protección frente al ruido.. Ministerio de Fomento, Gobierno de España.
Varios (2008). Fundamentos Físicos de la Arquitectura I. Departamento de Tecnología de la Construcción. ETSAC
Guerrero, A (). Instalaciones eléctricas en las edificaciones. Editorial McGraw-Hill
Roca Vila, M (1980). Introducción a la mecánica de los fluidos. México: Limusa
Freire Tellado, M.; Muñoz Vidal, M (2007). Introducción a las condiciones Térmicas en Edificación . Departamento de Tecnología de la Construcción . UDC
Ramírez Vázquez, J (). Luminotecnia. Editorial Ceac
Mataix, Claudio (1982). Mecánica de fluidos y máquinas hidráulicas (2ª edición). México: Alfaomega

Bibliografía complementaria Colina Tejeda, C., Moreno Arranz, A. (1999). Acústica de la edificación.. Madrid: Fundación Escuela de la Edificación.
Manuel Margarida (). Aislameinto térmico. Editorial Etasa.
Varios (2009). Catálogo de elementos constructivos del CTE.. Redacción: Instituto Eduardo Torroja. Ministerio de vivienda, Gobierno de España.
Augé, R. (). Curso de electricidad general. Editorial Paraninfo
Carrión Isbert, A. (1998). Diseño acústico de espacios arquitectónicos. Barcelona: Edicions UPC.
Bueche, F. J (). Física para estudiantes de ciencias e ingeniería. Editorial McGraw-Hill.
Llinares, J.; Lloppis Regna (). Fundamentos de acústica. Universidad Politécnica de Valencia
Varios (2007). Guía técnica para la rehabilitación de la envolvente térmica de los edificios. Soluciones de aislamiento con vidrios y cerramientos.. Instituto para la diversificación y ahorro de la energía. Ministerio de Industria. Gobierno de Españ
Recuero López, M (1999). Ingeniería acústica.. Madrid: Paraninfo
López Hernández, E; Muñoz Vidal, M (1994). Introducción a las instalaciones de edificación. Departamento de Tecnología de la Construcción. A Coruña
Avilés López, R., Perera Martín, R. (2017). Manual de acústica ambiental y arquitectónica. Madrid: Paraninfo.
Agüera Soriano (). Mecánica de fluidos. Editorial Ciencia y Distribución
Giles, R. V, Evett, J., Liu, C. (1995). Mecánica de los fluidos e hidráulica. Editorial McGraw-Hill Interamericana. Mexico
Guillón, López Rodríguez (1999). Problemas de física (volumen 2). Madrid: Editorial Limusa
Zwikker, C. Kosten, C.W. (). Sound absorbing materials. Amsterdam: Elsevier Publishing Company.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Física 1/630G01008

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Proxectos 3/630G01011
Análise Arquitectónico 1/630G01012
Xeometría da Forma Arquitectónica/630G01014

Materias que continúan o temario
Estruturas 1/630G01019

Observacións
Para un adecuado seguimento da materia é necesario o dominio previo dos seguintes temas por parte do alumnado: - Razoamento Lóxico. - Sistemas de unidades. - Xeometría e trigonometría. - Derivación e integración. - Resolución de sistemas de ecuacións. - Coñecemento básico dos materiais de construción.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías