Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Historia da Arte Código 630G02015
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Louzao Martinez, Francisco Xabier
Correo electrónico
x.louzao@udc.es
Profesorado
López Salas, Estefanía
Louzao Martinez, Francisco Xabier
Pérez Sanchez, Yolanda
Correo electrónico
estefania.lsalas@udc.es
x.louzao@udc.es
yolanda.perez@udc.es
Web http://https://dpauc.udc.es/
Descrición xeral A Historia da Arte en todos os estudos de Arquitectura, sempre foi un paréntesis e unha contribución complementaria ao exercicio de formación do proxecto do alumnado.

A historiografía da arte é unha ciencia multidisciplinar que busca un estudo obxectivo da arte, a través da historia, clasifica as culturas, establece periodoloxías e observa as súas características e influencias distintivas.

Con iso, buscamos coñecer os aspectos básicos que caracterizan os diferentes períodos e manifestacións artísticas e poder valorar, con máis precisión, as obras que aínda se conservan hoxe en día. Apreciar mellor o seu valor artístico e sociocultural, a influencia que tiveron nas etapas posteriores da historia e na nosa visión do mundo actual.
Plan de continxencia Caso de producirse circunstancias excepcionais motivadas pola pandemia Covid 19, que impidan a docencia presencial prevista, plantéxase o paso basado no soporte TIC proporcionado pola universidade.
l1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios. En caso de continxencia adoptaránse as medidas necesarias para garantir a calidade da ensinanza e a integridade dos contidos.

2. Metodoloxías


*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Sesión maxistral.
-Traballos tutelados.
-Presentación oral.
-Proba obxectiva.
-Atención personalizada.
Mantense o conxunto de metodoloxías empregadas, pasando a desenvolverse de xeito non presencial, total ou parcialmente.


*Metodoloxías docentes que se modifican
En caso de que as limitacións espaciais motivadas polas medidas de prevención e saúde, ou outros condicionantes relacionados coa pandemia, imposibiliten levar a cabo de forma presencial algunha das metodoloxías descritas, estas realizaránse de acordo ó establecido no plan de continxencia. Non está prevista a modificación das metodoloxías docentes.


3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
Utilizaránse as plataformas de atención personalizada postas a disposición pola universidade.
-Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar titorías virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos.
-Moodle: Diariamente. Disponse de un foro da materia para facer consultas.
Servirá para deixar o material das presentacións, entregando os traballos tanto individuais como grupais.
Poderanse descargar os power point dos temas.
-Teams. As tutorías realizaránse a través desta plataforma.
A temporalización será a establecida según o calendario e horario académico fixados polo centro ó inicio do curso.

4. Modificacións na avaliación
No caso da imposibilidade de levar a cabo a proba escrita de xeito presencial, esta verase sustituida por un exame que será realizado on line a través de Teams, consistente nunha proba tipo test, composta de 20 preguntas, para a que se dará un prazo de tempo de 10 minutos. Esta proba valorarase co 60%, quedando o 40% restante para os traballos.
Suprimiránse aqueles criterios que impliquen asistencia e presencialidade. Mantéñense os criterios de avaliación. Para o alumnado con dificultades xustificadas para realizar probas ou entregas poderánse prever solucións alternativas personalizadas.


*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente. Lembrar que a proba da oportunidade de xullo estaría sometida ós mesmos criterios que a de xaneiro.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ademásis dos power point que se poden descargar a través de moodle, incluimos unhas referencias de bibliografía on line, que se pode obter a través da biblioteca da udc: https://ellibro-net.accedys.udc.es/lcbibliotecaudc titulos, seguido dos nº 37909, 111046, 49344, 39504, 94685, 106061, 34639, 48546, 36384, 36396, 36397, 36398 e 36400.

Competencias do título
Código Competencias do título
A40 Capacidade para exercer a crítica arquitectónica.
A48 Coñecemento axeitado das teorías xerais da forma, a composición e os tipos arquitectónicos.
A49 Coñecemento axeitado da historia xeral da arquitectura.
A53 Coñecemento axeitado das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental, así como dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
A54 Coñecemento axeitado da estética e a teoría e historia das belas artes e as artes aplicadas.
A55 Coñecemento axeitado da relación entre os patróns culturais e as responsabilidades sociais do arquitecto.
A68 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Composición no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta
B7 Coñecer o papel das belas artes como factor que pode influír na calidade da concepción arquitectónica
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
BASES ARTÍSTICAS: comprensión ou coñecemento da estética e a teoría das artes e da producción pasada e presente das belas artes e as artes aplicadas susceptibles de influír nas concepcións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas. A40
A48
A49
A54
A55
A68
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C3
C4
C6
C7
HISTORIA XERAL DA ARQUITECTURA: comprensión ou coñecemento da historia xeral da arquitectura, tanto en si mesma como na súa relación coas artes, as técnicas, as ciencias humanas, a historia do pensamento e os fenómenos urbanos. A40
A48
A49
A55
A68
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C3
C4
C6
C7
BASES DA ARQUITECTURA OCCIDENTAL: comprensión ou coñecemento das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental e dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos. A40
A48
A49
A53
A54
A55
A68
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C3
C4
C6
C7
SOCIOLOXÍA E HISTORIA URBANAS: comprensión ou coñecemento das relacións entre o medio físico e o medio social e as bases da teoría e a historia dos asentamentos humanos, da socioloxía, da economía urbana e da estadística como fundamentos dos estudos territoriais e urbanísticos. A53
A55
A68
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C3
C4
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
1.- Idade Antiga 1. Historia da arte grega
2. Historia da arte romana
3. Historia da arte cristiá temperá
4. Historia da arte bizantina
2.- Idade Media 5. Historia da arte prerrománica
6. Historia da arte románica
7. Historia da arte gótica
8. Historia da arte renacentista
3.- Idade Moderna e Contemporánea
9. Historia da arte barroca
10. Historia da arte neoclásica
11. Historia da arte romántica e realista
12. Historia da arte ecléctica e historicista
13. Historia da arquitectura en ferro
14. Historia da Escola de Chicago
15. Historia do Modernismo
16. Historia da arte no século XX

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A40 A48 A49 A53 A54 A55 A68 B5 B6 B7 C6 C7 42 0 42
Traballos tutelados A40 A48 A49 A53 A54 A55 A68 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 7 45 52
Presentación oral A40 A48 A49 A53 A54 A55 A68 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 7 45 52
Proba obxectiva A40 A48 A49 A53 A54 A55 A68 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballos tutelados O alumnado realizará un traballo grupal relacionado con algún dos apartados dos temas do programa que seleccionará o profesorado. Os pasos a seguir son: asignación do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula.
Presentación oral O alumnado realizará un traballo individual relacionado co temario da asignatura que será acordado co profesorado. Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, preparación da presentación e exposición na aula, cunha duración máxima de 15 minutos.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. A Proba obxectiva combinará distintos tipos de preguntas: unha análise e comentario de varias obras de arte (práctica) e o desenvolvemento de varios temas da asignatura (teórica 1 + teórica 2).
Para superar o exame o alumnado deberá alcanzar un mínimo de 3 puntos en cada unha das preguntas: práctica (mín. 3) + teórica 1 (mín. 3) + teórica 2 (mín. 3), nas que se divida o exame.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada desta asignatura realizarase a través do seguimento en clase do alumnado, da súa asistencia e da presentación dos dous traballos, grupal e individual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A40 A48 A49 A53 A54 A55 A68 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 O alumnado realizará un traballo individual relacionado co temario da asignatura que será acordado co profesorado. Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, preparación da presentación e exposición na aula, cunha duración máxima de 15 minutos. 20
Proba obxectiva A40 A48 A49 A53 A54 A55 A68 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. A Proba obxectiva combinará distintos tipos de preguntas: unha análise e comentario de varias obras de arte (práctica) e o desenvolvemento de varios temas da asignatura (teórica 1 + teórica 2).
Para superar o exame o alumnado deberá alcanzar un mínimo de 3 puntos en cada unha das preguntas: práctica (mín. 3) + teórica 1 (mín. 3) + teórica 2 (mín. 3), nas que se divida o exame.
60
Traballos tutelados A40 A48 A49 A53 A54 A55 A68 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 O alumnado realizará un traballo grupal relacionado con algún dos apartados dos temas do programa que seleccionará o profesorado. Os pasos a seguir son: asignación do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula. 20
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: O alumnado debe realizar todas as actividades da avaliación continua (traballos tutelados e presentación oral) para aprobar o curso.

segunda oportunidade constará dunha proba obxectiva (exame) e as calificacións obtidas nas probas da avaliación continua realizadas en periodo lectivo e que non poderán volver a repetirse.



History of Art:

 

Continuous Assessment (40%): Work completed in class during
lectures and independently. 

Continuous assessment exercises require demonstration of understanding of
the relevant course contents and materials:

1 – An individual presentation (2)

2 –  Group presentation (2)

3 - OPTIONAL: A personal sketchbook (portfolio of individual
learning) (1)

 

Final Exam (60%): A two hour written exam will assess
knowledge and comprehension of theoretical content and its applications. In
order to pass the course, the student must get at least the grade 3 in the
exam.

 











Attendance and students' active participation in class discussions will
be valued positively in the final grade.


Fontes de información
Bibliografía básica HONOUR, Hugh y FLEMING, John (1986). Historia del Arte. Barcelona: Reverté
DUROZOI, Gérard (1997). Diccionario de arte del siglo XX. Madrid: Akal
(2009). Diccionario de conceptos de arte contemporáneo. Madrid : Abada
REVILLA, Federico (2012). Diccionario de iconografía y simbología. Madrid: Cátedra
LUCIE-SMITH, Edward (1997). Diccionario de términos artísticos . Barcelona: Destino
GOMBRICH, Ernst Hans (1988). Historia del Arte. Madrid: Akal
RAMÍREZ, Juan Antonio (1996-1997). Historia del Arte. Madrid : Alianza
JANSON, Horst Waldemar y JANSON Anthony F. (1988). Historia del arte para jóvenes. Madrid: Akal

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución á Arquitectura /630G02005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías