Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Análise Arquitectónico 2 Código 630G02017
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 9
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Expresión Gráfica Arquitectónica
Coordinación
Franco Taboada, Juan Manuel
Correo electrónico
manuel.franco.taboada@udc.es
Profesorado
Amado Lorenzo, Antonio Gonzalo
Castro García, Óscar
Doce Porto, Juan Manuel
Franco Taboada, Juan Manuel
Lizancos Mora, Plácido
Perez Naya, Antonia Maria
Tarrio Carrodeguas, Santiago
Correo electrónico
antonio.amado@udc.es
oscar.castro@udc.es
juan.doce@udc.es
manuel.franco.taboada@udc.es
placido.lizancos@udc.es
antonia.perez.naya@udc.es
santiago.tarrio@udc.es
Web
Descrición xeral ANÁLISE ARQUITECTÓNICA 2.
METODOLOXÍA DO PROXECTO. TEORÍA DA ARQUITECTURA. ANÁLISE ARQUITECTONICA

O obxectivo desta materia céntrase na adquisición de habilidades e capacidades para a análise da arquitectura, graficamente e por medio de maquetas analíticas, que lle permitirán abordar o estudo de diversos aspectos do proxecto arquitectónico, a súa relación co seu ámbito e a adecuación ás necesidades dos usuarios, adquirindo competencias específicos dos bloques técnico e proxectual.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Aptitude para aplicar os procedementos gráficos á representación de espazos e obxectos (T)
A2 Aptitude para concibir e representar os atributos visuais dos obxectos e dominar a proporción e as técnicas do debuxo, incluídas as informáticas. (T)
A3 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos sistemas de representación espacial.
A4 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo da análise e teoría da forma e as leis da percepción visual.
A40 Capacidade para exercer a crítica arquitectónica.
A48 Coñecemento axeitado das teorías xerais da forma, a composición e os tipos arquitectónicos.
A63 Elaboración, presentación e defensa ante un Tribunal Universitario dun traballo académico orixinal realizado individualmente relacionado con calquera das disciplinas cursadas.
A64 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Expresión Gráfica Arquitectónica no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta
B7 Coñecer o papel das belas artes como factor que pode influír na calidade da concepción arquitectónica
B12 Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultura da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir coñecementos técnicos para a análise da arquitectura por medio de ferramentas gráficas e maquetas. A1
A2
A3
A4
A40
A48
A63
A64
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B12
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
INTRODUCCIÓN Ó TEMA ESPECÍFICO DO CURSO Introducción. Organización, obxetivos e metodoloxía.
Cada curso a asignatura, céntrase no estudo dun tema monográfico, que pode ser a obra dun arquitecto, ou ben un tema de arquitectura xeralista. Éste tema será presentado ao comenzo do curso.
INTRODUCIÓN Á ANÁLISE GRÁFICA DA ARQUITECTURA A que chamamos proxecto arquitectónico
Aprendendo a ler un proxecto.
Conceptos básicos para una introdución á análise
O diagrama como xeito de expresión
ANÁLISE FUNCIONAL O contido funcional do feito arquitectónico.
A estrutura funcional como base da arquitectura.
Características das circulacións.
Tipoloxía. Tipo e Modelo
ANÁLISE ESPACIAL O espazo e a luz como esencia da arquitectura.
A percepción da arquitectura a través dos seus percorridos.
Estratexias para a representación do espazo e a súa análise.
ANÁLISE LUMÍNICA O espazo e a luz como esencia da arquitectura.
Estratexias para a representación da luz e a súa análise.
A luz como revelación dos espazos interiores
Luz natural directa, reflectida, difuminada, ensombrecida.
O control da luz e as novas tecnoloxías.
ANÁLISE TOPOLÓXICA O “genius loci”. A elección do lugar
A adecuación ao emprazamento: tensión e harmonía.
Espazos interiores, espazos exteriores: relacións.
ANÁLISE CONSTRUCTIVA O sistemas constructivo na materialización e significado da arquitectura.

ANÁLISE TECNOLÓXICA O sistema tecnolóxico na materialización e significado da arquitectura.
A pel na conformación tectónica da arquitectura.
ANÁLISE FORMAL Recoñecendo a aparencia visual dun obxecto.
A forma como principio e a forma como consecuencia.
O proceso xenerativo da forma como relación entre a masa, o espazo e a superficie.
Xeometría: proposta gráfica para a ordenación morfolóxica. O concepto de módulo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A40 A48 A64 B6 B7 C5 C8 22 1 23
Presentación oral B3 B4 C1 C2 5 5 10
Saídas de campo A40 B12 C4 C6 C7 C8 8 0 8
Eventos científicos e/ou divulgativos B3 B6 B7 B12 C6 C7 9 0 9
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A40 A64 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C2 C3 C4 28 70 98
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A40 A63 B1 B5 B12 28 40 68
Discusión dirixida A40 C1 C2 C5 C6 C7 C8 6 0 6
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Destinada á introducción conceptual e a ofrecer a información necesaria para o desenvolvemento dos traballos de taller.
Presentación oral Os estudiantes expoñen verbalmente, co apoio de TIC, os resultados dos seus traballos, interactuando co profesorado e con outros estudiantes.
Saídas de campo A viaxe de estudios facilita o directo coñecemento das arquitecturas sobre as que se traballa ou doutras análogas.
Eventos científicos e/ou divulgativos Para profundar no coñecemento de aspectos especializados relacionados coa materia que podan aportar novos datos sobre os aspectos xerais do curso
Obradoiro Nos obradoiros combínanse tódalas metodoloxías (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) simultaneamente, sobre tarefas prácticas, co asistencia do profesor.
Traballos tutelados O obxectivo da materia é adestrar ao estudante na análise arqwuitectyónica, estudando fontes de información diversas sobre casos de estudo reais.
Todo esto é estruturado nun Traballo Tutelado, que haberá de realizarse ao longo do período docente dacuerdo cunha metodoloxía científica, acompasándose aos coñecementos teóricos impartidos polo profesorado.
Producirase un documento final no que tódolos seus contidos se expresen con estratexias comunicativas avanzadas, propias dos profesionais da arquitectura.
Discusión dirixida Periodicamente se organizan sesións de crise nas que se confrontan de xeito informal os resultados dos traballos de diversos grupos se ben esta discusión pode estar dirixida por un moderador.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
A avaliación é un proceso continuo, no que a actividade que en cada unha das sesións do curso desenvolve o estudiante é controlada e rexistrada. Periodicamente e -en todo caso, sempre que o estudante asi o requira- infórmaselle da adecuación do nivel acadado polas súas actividades en relación cos obxectivos programáticos da materia.
Establécese un perído ao remate do curso, libre de sesións teóricas e de obradoiros, nos que a atención se desenvolve exclusivamente de xeito individual de forma que cada estudante é orientado cara á consecución dos obxectivos finais da materia ou, no seu caso, á excelencia.
En todo momento do curso os profesores brindan aos estudantes apoio complementario ao docente de xeito individual, en horario coñecido.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A40 C1 C2 C5 C6 C7 C8 As discusións dirixidas poñerán en evidencia a solidez dos coñecementos do estudiante e dos mecanismos visuais de comunciación das súas ideas. 5
Presentación oral B3 B4 C1 C2 Sendo unha materia eminentemente práctica, as presentacións orais que os estudiantes realizan constitúen o mellor xeito de valorar o dominio dos coñecementos e técnicas que son o obxectivo da materia. 10
Saídas de campo A40 B12 C4 C6 C7 C8 Procurase realizar viaxes de estudos que axuden ao coñecemento das obras obxecto de análise ou relacionadas. 2
Sesión maxistral A40 A48 A64 B6 B7 C5 C8 Os contidos das sesións teóricas son fundamentais para coñecer as técnicas e obxectivos de análise que logo serán empregados no desenvolvemento do traballo. 10
Eventos científicos e/ou divulgativos B3 B6 B7 B12 C6 C7 Para afondar no coñecemento de aspectos especializados, relacionados coa materia que poidan aportar novos datos sobre os aspectos xerais do curso. 3
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A40 A64 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C2 C3 C4 O obradoiro é o ámbito de síntese da materia. Aqui se evidencian simultaneamente o desenvolvemento intelectual do estudiante, o coñecemento dos obxectivos do curso, o dominio da materia tratada e o dos recurso comunicativos propios do arquitecto. 30
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A40 A63 B1 B5 B12 O obxectivo da materia é adestrar ao estudante na análise da arquitectura e na organización de fontes de información para casos de estudo reais.
Todo esto é estruturado nun Traballo Tutelado, que haberá de realizarse ao longo do período docente de acordo cunha metodoloxía científica, acompasándose aos coñecementos teóricos impartidos polo profesorado. Producirase un documento final no que tódolos seus contidos se expresen con estratexias comunicativas avanzadas, propias dos profesionais da arquitectura.
40
 
Observacións avaliación

O alumno debe asistir as sesións maxistrais e presentar os
traballos gráficos, maquetas e demais elementos propostos nos obradoiros co
nivel exisido de calidade para superar a asignatura.

A asistencia e obrigatoria alo
menos nun 80% das clases teóricas e prácticas, así como a os obradoiros
compartidos. Sin ese requisito o alumno non poderá aprobar por curso a
asignatura. Para superar a materia o alumno dispoñerá de dúas oportunidades: xuño e
xullo. A primeira coincide coa data de entrega do último traballo, e capacitará
ao alumno para aprobar por curso. O alumno que non supere esta primeira
oportunidade poderá presentarse a unha segunda, que consistirá nunha proba
práctica no mes de xullo.

Entregar menos do 80% das
prácticas acredita que non se seguiu o curso e implica unha calificación de
"Non Presentado" nas dúas oportunidades de avaliación, por tanto o
alumno terá que repetir a asignatura por completo.

Os estudantes matriculados con posterioridade ao inicio do curso
académico deberán asistir ás clases teóricas e prácticas dende a data da
súa matrícula, coa posibilidade de recuperación das prácticas realizadas
até a data.

MOBILIDADE: A docencia a alumnos de programas de mobilidade,
poderá adaptarase a condicións pedagóxicas e a traballos tutelados especiais.


Fontes de información
Bibliografía básica Varios autores (2014). Cadernos PFC. ETSAC, A Coruña.
Antonio Amado y Manuel Franco (2017). Aalto, Alvar: debuxo II, análisis arquitectónico 2º, memoria docente curso 2004/2005. http://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/18341
Antonio Amado y Manuel Franco (2017). Ando, Tadao ; Ito, Toyo : debuxo II, análisis arquitectónico 2º, memoria docente curso 2005/2006. http://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/18342
Clark & Pause (1984). Arquitectura. Temas de composición. Aalto, Kahn, Moore, Stirling, Le Corbusier, Paladio, Venturi.
Ching, Frank (1988). Arquitectura: forma, espacio y orden..
Manuel Franco Taboada (2014). Arquitecturas para la Moda. URI: http://hdl.handle.net/2183/14685
Ching, Frank (1989). Dibujo y proyecto.
Fraser & Henmi (1994). Envisioning architecture. An analysis of drawing..
Norberg- Schulz, Christian (1967). Intenciones en arquitectura..
Moore /Allen & Lyindon (1974). La casa:forma y diseño..
Curtis, Wilian (1987). Le Corbusier, Ideas y formas..
Baker, Geoffrey H. (1989). Le Corbusier. Análisis de la forma.
Michel, Lou (1996). Light. The shape of space..
Wittkower, Rudolf (1995). Los fundamentos de la arquitectura en la edad del humanismo..
Moo Zell (2008). The architectural Drawing Course..
Antonio Amado y Manuel Franco (2013). Wright: debuxo II, análisis gráfico arquitectónico 2º, memoria docente curso 2003/2004. http://hdl.handle.net/2183/10020

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Análise Arquitectónico 1/630G02012
Debuxo de Arquitectura/630G02002
Análise de Formas Arquitectónicas/630G02007
Proxectos 2/630G02006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

RECOMÉNDSE A ACCESO CON BEN DESENVOLTAS HABILIDADES GRÁFICAS MANUAIS ASÍ COMO DE INFORMÁTICA GRÁFICA.

RECOMÉNDASE TER APROBADAS AS MATERIAS QUE CONFORMAN O TALLER DO 3º CADRIMESTRE E A MATERIA DE ANÁLISE ARQUITECTÓNICO 1

ESTA MATERIA NON DEBE CURSARSE SIMULTANEAMENTE CON TALLERES SUPERIORES.

ESTA MATERIA DEBE CURSARSE CONXUNTAMENTE CON PROXECTOS 4 E URBANÍSTICA 1.

NON SE PERMITE O USO DE TELÉFONOS MÓBILES, TABLETAS OU ORDENADORES NAS AULAS TEÓRICAS PARA FINS NON ACADÉMICOS. O INCUMPLIMENTO DESTA NORMA PODERÁ SUPOÑER A EXPULSIÓN INMEDIATA DA AULA.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías