Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Análise Arquitectónico 2 Código 630G02017
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Formación básica 9
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Expresión Gráfica Arquitectónica
Coordinación
Amado Lorenzo, Antonio Gonzalo
Correo electrónico
antonio.amado@udc.es
Profesorado
Amado Lorenzo, Antonio Gonzalo
Caridad Yañez, Eduardo
Castro García, Óscar
Doce Porto, Juan Manuel
Lizancos Mora, Plácido
López Chao, Vicente Adrián
Lorenzo Duran, Margarita
Correo electrónico
antonio.amado@udc.es
eduardo.caridad@udc.es
oscar.castro@udc.es
juan.doce@udc.es
placido.lizancos@udc.es
v.lchao@udc.es
margarita.lorenzo@udc.es
Web
Descrición xeral ANÁLISE ARQUITECTÓNICA 2.
Esta materia ten por obxectivo desenvolver as capacidades do alumnado para analizar a arquitectura como obxecto a través de ferramentas analóxicas e dixitais destinadas á produción de documentos gráficos ou maquetas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
• CANCELACIÓN DA PRÁCTICA PRESENCIAL PREVISTA DE MAQUETAS ANALÍTICAS EN GRUPO.

2. Metodoloxías
2.a. Metodoloxías docentes que se manteñen
• PRÁCTICAS GRÁFICAS. PRÁCTICAS SEMANAIS QUE SE ENTREGAN A TRAVÉS DE MOODLE.
• TRABALLO TUTELADO. REALÍZASE A TUTELA DAS PRÁCTICAS A TRAVÉS DAS PLATAFORMAS DIXITAIS UTILIZADAS POLA UDC. (TEAMS, MOODLE)

2.b. Metodoloxías docentes que se modifican
• SESIÓN MAXISTRAL. ADAPTACIÓN DA FORMA PRESENCIAL TRADICIONAL Á FORMA TELEMÁTICA A TRAVÉS DAS PLATAFORMAS TEAMS, MOODLE OU CHAT CO DOCENTE.
• PROBA OBXECTIVA. SIGUE A TER O CARÁCTER PREVISTO DUN TRABALLO FINAL ENTREGADO EN PDF A TRAVÉS DE MOODLE. INCLUIDO DENTRO DO PORCENTAXE DE TRABALLOS TUTELADOS
• OBRADOIRO 4C: SE PODERÁN REALIZAR TUTORÍAS SOBRE OS TRABALLOS TUTELADOS DA MATERIA DE AA2 OU CORRECCIONS COLECTIVAS CAS OUTRAS MATERIAS PARTICIPANTES NO OBRADOIRO SE AS HOUBERA.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
FERRAMENTAS: TEAMS/CORREO ELECTRÓNICO
TEMPORALIZACIÓN: MANTEÑENSE OS HORARIOS ESTABLECIDOS INICIALMENTE NAS TUTORIAS DOS DOCENTES DURANTE A SEMANA.

4.a. Modificacións na avaliación
• Metodoloxía: TRABALLOS TUTELADOS. Peso na cualificación: 80% Descrición: PRÁCTICAS INDIVIDUAIS ENTREGADAS EN MOODLE.
• Metodoloxía: OBRADOIRO 4C. Peso na cualificación: 10%. Descrición: ELEMENTOS DE ANÁLISIS PRESENTES NO PROXECTO ARQUITECTÓNICO DESENVOLVIDO NO OBRADOIRO.
• Metodoloxía: PRÁCTICA TIC. Peso na cualificación: 10%. Descrición: TRABALLO NO QUE SE APLICAN OS COÑECEMENTOS ADQUIRIDOS NAS CLASES TEÓRICAS IMPARTIDAS.

4.b. Observacións de avaliación:
• 1ª OPORTUNIDADE – ENTREGA FINAL COMPLETA
• 2ª OPORTUNIDADE – SERÁ UNHA PRÁCTICA FINAL, TELEMÁTICA E SÍNCRONA. TERANSE EN CONTA AS CIRCUNSTANCIAS ESPECIAIS E XUSTIFICADAS DO ALUMNADO NO CASO DE NON TER RECURSOS INFORMÁTICOS QUE PERMITAN A SÚA ASISTENCIA ON-LINE. NESTES CASOS EXCEPCIONAIS ESTUDARASE UNHA SOLUCIÓN COMO UN CASO ESPECIAL, DE XEITO PERSONALIZADO.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
MANTENSE A INFORMACIÓN SOBRE BIBLIOGRAFÍA APORTADA DESDE O COMENZO DO CURSO XA QUE CONTÉN RECURSOS DIXITAIS É LIBROS EN PAPEL. ENGÁDESE DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA DOS PROXECTOS ARQUITECTÓNICOS ANALIZADOS.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Aptitude para aplicar os procedementos gráficos á representación de espazos e obxectos (T)
A2 Aptitude para concibir e representar os atributos visuais dos obxectos e dominar a proporción e as técnicas do debuxo, incluídas as informáticas. (T)
A3 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos sistemas de representación espacial.
A4 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo da análise e teoría da forma e as leis da percepción visual.
A40 Capacidade para exercer a crítica arquitectónica.
A48 Coñecemento axeitado das teorías xerais da forma, a composición e os tipos arquitectónicos.
A63 Elaboración, presentación e defensa ante un Tribunal Universitario dun traballo académico orixinal realizado individualmente relacionado con calquera das disciplinas cursadas.
A64 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Expresión Gráfica Arquitectónica no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta
B7 Coñecer o papel das belas artes como factor que pode influír na calidade da concepción arquitectónica
B12 Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir coñecementos técnicos para a análise da arquitectura por medio de ferramentas gráficas e maquetas. A1
A2
A3
A4
A40
A48
A63
A64
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B12
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
A. ANÁLISE ARQUITECTÓNICA Análise Gráfica da Arquitectura
A.1. PRESENTACIÓN DA MATERIA Explicación detallada da Guía Docente.
Temario, organización, obxectivos e metodoloxía.
Material de traballo e bibliografía.
Espazos da materia: as aulas.
Os tempos da materia: calendario.
O sistema de avaliación.
A importancia da materia no Plan de Estudos e na arquitectura.
A.2. INTRODUCIÓN AO CURSO Explicación do argumento do curso: dinámicas de traballo, obxectivos. Presentación dos casos de estudo.
A.3. ANALISIS GRÁFICO DA ARQUITECTURA: A MATERIALIDAD Procedementos de análise arquitectónica.
Métodos gráficos para a análise arquitectónica.
A.4. ANÁLISE TOPOLÓXICA Relación entre arquitectura e a súa contorna.
Relación entre espazos interiores e exteriores
Métodos gráficos para a análise topolóxica.
A.5. ANÁLISE FUNCIONAL O contido funcional do feito arquitectónico. A estrutura funcional como base da arquitectura. Tipoloxía. Tipo e Modelo.
Métodos gráficos para a análise funcional.
A.6. ANÁLISE CONSTRUTIVA Os sistemas construtivos na materialización e a construción do significado da arquitectura.
Métodos gráficos para a análise construtiva.
A.7. ANÁLISE ESTRUTURAL Os sistemas estruturais na materialización e a construción do significado da arquitectura. A pel na conformación tectónica da arquitectura.
Métodos gráficos para a análise tecnolóxica.
A.8. ANÁLISE FORMAL O proceso generativo da forma como relación entre a masa, o espazo e a superficie.
Métodos gráficos para a análise formal.
A.9. ANÁLISE XEOMÉTRICA A análise xeométrica. O concepto de módulo.
Métodos gráficos para a análise formal.
A.10. O "PARTI" Procedementos de síntese analítica.
Métodos gráficos para a realización do "parti" e a comunicación da análise arquitectónica.
B. CAPACITACIÓN EN FERRAMENTAS GRÁFICAS DIXITAIS As ferramentas gráficas dixitais na representación e análise da arquitectura.
B.1 Ferramentas dixitais para a representación da arquitectura A implementación da sociedade da información.
O dixital fronte ao analóxico e o seu efecto no traballo profesional da arquitectura.
O ambiente de traballo dixital: a xestión da información e o traballo en concorrencia.
B.2. Ferramentas dixitais I Ferramentas para a ideación arquitectónica.
Os programas de debuxo sensible.
B.3. Ferramentas dixitais II Ferramentas para a análise arquitectónica.
Os programas de ilustración, edición e maquetación.
Os programas de modelado espacial.
B.4. Ferramentas dixitais III Ferramentas para a comunicación arquitectónica.
Os programas de delineación, renderizado e realidade aumentada.
B.5. Ferramentas dixitais IV Ferramentas para a execución da arquitectura.
Os programas de modelado da edificación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A40 A48 A64 B6 B7 C5 C8 14 7 21
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A40 A64 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C2 C3 C4 C7 15 13 28
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A40 A63 B1 B5 B12 30 66 96
Prácticas a través de TIC A1 A2 A3 A4 B4 B5 C3 C6 30 45 75
Proba obxectiva A63 4 0 4
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Introducción de conceptos teóricos fundamentales, metodologías gráficas y presentación de los casos de estudio.
Obradoiro Espazo de confluencia coas materias Proxectos 3 e Urbanística 1.
Traballos tutelados O alumnado aplicará os conceptos e metodoloxías aos casos de estudo propostos, tutelado polo profesorado. Isto inclúe a presentación oral do traballo desenvolvido, a resposta ante probas de control do proceso de capacitación e a produción dun documento cos materiais resultantes.



Prácticas a través de TIC O alumnado desenvolverá prácticas específicas nas que aplicará os coñecementos adquiridos sobre ferramentas gráficas dixitais.
Proba obxectiva O alumnado deberá superar, cunha nota mínima de 5, a proba ou probas específicas que se propoñan para xustificar o coñecemento da materia. Sen a superación das mesmas non se poderá aprobar o curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Obradoiro
Traballos tutelados
Prácticas a través de TIC
Proba obxectiva
Descrición
A avaliación é un proceso continuo no que a actividade que desenvolve o estudante é controlada e rexistrada. Periodicamente e -en todo caso, sempre que o estudante así o requira- infórmaselle da adecuación do nivel alcanzado polas súas actividades en relación cos obxectivos programáticos da materia.
Establécese un período, ao remate do curso, libre de sesións teóricas e de talleres, nos que a atención se desenvolve exclusivamente de maneira individual, de maneira que cada estudante é orientado de face a alcanzar os obxectivos finais da materia ou, no seu caso, a excelencia.
En todo momento do curso, os profesores brindan aos estudantes apoio complementario ao docente de maneira individual, en horario coñecido.







Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A40 A48 A64 B6 B7 C5 C8 Os contidos das sesións teóricas son fundamentais para coñecer as técnicas e obxectivos de análise que logo serán empregados no desenvolvemento do traballo. 5
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A40 A64 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B12 C1 C2 C3 C4 C7 O obradoiro é o ámbito de síntese da materia. Aqui se evidencian simultaneamente o desenvolvemento intelectual do estudiante, o coñecemento dos obxectivos do curso, o dominio da materia tratada e o dos recurso comunicativos propios do arquitecto. 15
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A40 A63 B1 B5 B12 O obxectivo da materia é adestrar ao estudante na análise da arquitectura e na xestión de fontes de información aplicadas a supostos reais.
Todo iso é estruturado nun Traballo Tutelado, que haberá de realizarse ao longo do período docente de acordo cunha metodoloxía científica, compasándose aos coñecementos teóricos impartidos polo profesorado. Producirase un documento final onde todos os seus contidos exprésense con estratexias comunicativas avanzadas, propias dos profesionais da arquitectura.


45
Prácticas a través de TIC A1 A2 A3 A4 B4 B5 C3 C6 Desenvolveranse prácticas que demostren destrezas no manexo das ferramentas dixitais expostas durante as clases. 15
Proba obxectiva A63 Exporanse probas de control específicas para xustificar os coñecementos adquiridos durante o curso.
20
 
Observacións avaliación

1. Asistencia. O alumnado debe asistir ás sesións maxistrais e presentar os traballos gráficos, maquetas, etc. propostos, co nivel de calidade esixido para superar a materia.

A asistencia é obligatoria polo menos nun 80% ás clases teóricas e prácticas, así como aos talleres compartidos. Sen ese requisito, ningún estudante poderá aprobar por curso a asignatura. 

A entrega de menos do 100% das prácticas, no seu prazo, significará que o curso non foi seguido e unha nota de "Non presentado" na primeira oportunidade. 
Para poder presentarse á segunda oportunidade o alumnado deberá ter entregado o 100% das prácticas do curso debidamente tuteladas, tamén poderá ter que que realizar outro traballo adicional.

2. Matrícula tardía. O alumnado matriculado con posterioridade ao comezo do curso académico, deberá asistir ás clases teóricas e prácticas desde a data da súa matrícula, coa posibilidade de recuperación das prácticas realizadas ata esa data.

3. Oportunidades. Para superar a materia, o alumno disporá de dúas oportunidades: xuño e xullo. Quen non supere a primeira oportunidade poderá presentarse á segunda. En ambos os casos trátase de probas gráficas prácticas.

4. Mobilidade. A docencia ao alumnado procedente de programas de mobilidade, remitirase a condicións pedagóxicas, lingüísticas e de calendario específicas e á realización de traballos tutelados especiais.


Fontes de información
Bibliografía básica Varios autores (2014). Cadernos PFC. ETSAC, A Coruña.
Amado Lorenzo, Antonio y Franco Taboada, Juan Manuel (2017). Alvar Aalto: Debuxo II, Análisis Arquitectónico 2º, memoria docente 2004/2005. http://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/18341
Clark & Pause (1984). Arquitectura. Temas de composición. Aalto, Kahn, Moore, Stirling, Le Corbusier, Paladio, Venturi.
Ching, Frank (1988). Arquitectura: forma, espacio y orden..
Franco Taboada, Juan Manuel (2014). Arquitecturas para la Moda. URI: http://hdl.handle.net/2183/14685
Franco Taboada, Juan Manuel y Castro García, Óscar (2018). Casas 16 y 17 de Walter Gropius para la Weissenhof Siedlung de Stuttgart, 1927. http://hdl.handle.net/2183/21620
De Llano Cabado, Pedro; Vizcaíno Monti, Javier; Rosales Noves, José Manuel; Lizancos Mora, Plácido; (2000). Dibujo II (grupos A y C): Análise Gráfica da Arquitectura.. https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/5321
Ching, Frank (1989). Dibujo y proyecto.
Fraser & Henmi (1994). Envisioning architecture. An analysis of drawing..
Amado Lorenzo, Antonio y Franco Taboada, Juan Manuel (2013). Frank Lloyd Wright: Debuxo II, Análisis Gráfico Arquitectónico 2º, memoria docente 2003/2004. http://hdl.handle.net/2183/10020
Norberg- Schulz, Christian (1967). Intenciones en arquitectura..
Moore /Allen & Lyindon (1974). La casa:forma y diseño..
Curtis, Wilian (1987). Le Corbusier, Ideas y formas..
Baker, Geoffrey H. (1989). Le Corbusier. Análisis de la forma.
Michel, Lou (1996). Light. The shape of space..
Wittkower, Rudolf (1995). Los fundamentos de la arquitectura en la edad del humanismo..
Amado Lorenzo, Antonio y Franco Taboada, Juan Manuel (2017). Tadao Ando + Toyo Ito: Debuxo II, Análisis Arquitectónico 2º, memoria docente 2005/2006. http://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/18342
Moo Zell (2008). The architectural Drawing Course..

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Análise Arquitectónico 1/630G02012
Debuxo de Arquitectura/630G02002
Análise de Formas Arquitectónicas/630G02007
Proxectos 2/630G02006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Non se permite o uso de teléfonos móbiles nas clases teóricas para fins non académicos. O incumprimento desta norma poderá supor a expulsión inmediata da aula.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías