Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Proxectos 5 Código 630G02021
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Crespo Gonzalez, Cristobal
Correo electrónico
cristobal.crespo@udc.es
Profesorado
Crespo Gonzalez, Cristobal
Martinez Raído, Jose Luis
Mesejo Conde, Mónica
Pedros Fernandez, Oscar
Prieto López, Juan Ignacio
Correo electrónico
cristobal.crespo@udc.es
jose.luis.martinez.raido@udc.es
monica.mesejo@udc.es
oscar.pedros@udc.es
juan.prieto1@udc.es
Web http://dpauc.udc.es/
Descrición xeral Nesta materia consolidarase a elaboración da metodoloxía proxectual individual de cada alumno, permitíndolle comprobar como o achegamento ao proxecto baixo unha perspectiva disciplinar permite abordar programas moi diversos en canto a escala e complexidade. Neste cuatrimestre reflexionarase sobre o papel do edificio con respecto á súa contorna, de tal xeito que se pondere a influencia do mesmo en condicións que van desde a intervención nun conxunto urbano consolidado e con interese patrimonial a un área en desenvolvemento na periferia urbana e sen elementos construídos que a caractericen.

Así mesmo, traballarase sobre o concepto do uso colectivo, os espazos comúns e de relación e as condicións de privacidade, as circulacións, os espazos de acceso e reunión, os aspectos de representatividade e imaxe, o carácter dos espazos exteriores, pavimentos, axardinamento, patios, iluminación das estancias, etc.

Competencias do título
Código Competencias do título
A34 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos básicos e de execución, esbozos e anteproxectos. (T)
A37 Capacidade para elaborar programas funcionais de edificios e espazos urbanos. (T)
A38 Capacidade para intervir en e conservar, restaurar e rehabilitar o patrimonio construído. (T)
A39 Aptitude para suprimir barreiras arquitectónicas. (T)
A40 Capacidade para exercer a crítica arquitectónica.
A46 Capacidade para aplicar normas e ordenanzas urbanísticas.
A51 Coñecemento axeitado dos métodos de estudo das necesidades sociais, a calidade de vida, a habitabilidade e os programas básicos de vivenda.
A52 Coñecemento axeitado da ecoloxía, a sostibilidade e os principios de conservación de recursos enerxéticos e medioambientais.
A53 Coñecemento axeitado das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental, así como dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
A55 Coñecemento axeitado da relación entre os patróns culturais e as responsabilidades sociais do arquitecto.
A56 Coñecemento axeitado das bases da arquitectura vernácula.
A57 Coñecemento axeitado da socioloxía, teoría, economía e historia urbanas.
A58 Coñecemento axeitado dos fundamentos metodolóxicos do planeamento urbano e a ordenación territorial e metropolitana.
A63 Elaboración, presentación e defensa ante un Tribunal Universitario dun traballo académico orixinal realizado individualmente relacionado con calquera das disciplinas cursadas.
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta
B9 Comprender os problemas da concepción estrutural, de construción e da enxeñería vinculados cos proxectos de edificios así como as técnicas de resolución destes
B10 Coñecer os problemas físicos, as distintas tecnoloxías e a función dos edificios de xeito que se dote a estes de condicións internas de comodidade e protección dos factores climáticos, no marco do desenvolvemento sostible
B12 Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ao superar este asignatura, o alumno deberá estar en condicións de: - Saber manexar ferramentas materiais de certa complexidade, e reforzar os seus argumentos culturais e intelectuais para poder acometer a ideación e desenvolvemento dun proxecto arquitectónico de mediana escala e complexidade. - Saber relacionar as diferentes escalas de análise e concreción do proxecto, dende a urbanística ata a escala de detalle, incluíndo elementos de definición constructiva, tales como os acabados e os cerramentos, e de deseño e definición estrutural. - Ser capaz de elaborar unha documentación técnica adecuada para un proxecto de mediana complexidade e escala, indicando con precisión a súa configuración formal, os seus aspectos materiais, constructivos, estruturais e de instalacións, tendo en conta aspectos de normativa técnica e urbanística. - Aplicar sistemas de acondicionamento tendo en conta as normativas técnicas e os criterios relacionados coa sustentabilidade, as respostas enerxéticas pasivas e a optimización dos recursos enerxéticos. A34
A37
A38
A39
A40
A46
A51
A52
A53
A55
A56
A57
A58
A63
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
B10
B12
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1 - METODOLOXÍA DO PROXECTO II - Ferramentas organizativas. Programa, uso e función.

- Ferramentas culturais. Tradición, historia e cultura do lugar.

- Edificio e ambiente: enerxía e comportamento pasivo.

- O uso colectivo. Espazos comúns, de relación e de reunión.

- Tratamento de espazos interiores. Material, cor, iluminación.

- Tratamento de espazos exteriores. Pavimentos, axardinamento, patios.
TEMA II - ARQUITECTURA E CIDADE - Arquitectura pública e institucional.

- Arquitectura e patrimonio. A cidade histórica. A cidade herdada

- Arquitectura e paisaxe. Medio físico e cultural

- Linguaxe arquitectónica. Materialidade e estrutura

TEMA III - INTRODUCCIÓN Á NORMATIVA DE PROXECTO II - Acondicionamento dos espazos. Iluminación, ventilación, sistemas.

- Instalacións dos edificios.

- Condicións de seguridade contra incendios e evacuación.

- Patrimonio, restauración e intervención arquitectónica.
EXERCICIO 1 - PROXECTO BÁSICO - Análise urbana.

- Proxecto de equipamiento ou edificio con certa relevancia estructural nunha contorna non consolidada.

- Desenvolvemento da materialidade da proposta: construción e estrutura.
EXERCICIO 2 - PROXECTO EXECUTIVO - Análise de contexto.

- Proxecto de edificio público ou de servizos inserido nun entorno de interese ambiental e/ou patrimonial consolidado.

- Desenvolvemento da materialidade da proposta: construción, estrutura e instalacións

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A58 B5 B6 C6 2 0 2
Análise de fontes documentais A37 A40 B1 B3 0 8 8
Aprendizaxe colaborativa B4 C1 C3 4 8 12
Discusión dirixida B1 B4 C1 C3 C4 5 0 5
Esquemas A34 A37 A58 B3 B4 0 8 8
Obradoiro A34 A37 A38 A39 A46 A51 A52 A53 A63 15 18 33
Sesión maxistral A56 A57 B9 B10 B12 C8 15 0 15
Traballos tutelados A34 A38 A46 A52 A55 B9 C6 14 20 34
Proba obxectiva A53 A55 A57 B6 C3 1 0 1
Eventos científicos e/ou divulgativos A34 A51 A53 A55 A57 B5 B6 B12 C1 C4 C7 C8 8 0 8
Portafolios do alumno A34 A37 A38 A39 A46 A51 A52 A55 A56 A58 A63 B2 B4 B5 B9 B10 B12 C3 C4 C5 C7 C8 0 20 20
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Nas primeiras clases do curso formúlase ao alumno unha proba gráfica que permita coñecer o nivel previo co que parte o alumno. A devandita proba realízase na aula.
Análise de fontes documentais Antes de iniciar o desenvolvemento material dos traballos no TALLER, procederase á análise das fontes documentais relacionadas co tema proposto mediante a utilización de documentos audiovisuais, bibliográficos, reportaxes documentais, paneis gráficos, fotografías, maquetas, artigos, textos informativos, normativa de aplicación, etc. Os grupos (profesor - alumnos) analizan a documentación dispoñible e amplíana, elaborando unha síntese das distintas fontes documentais. Compleméntase esta análise con intervencións de profesionais da arquitectura e doutros campos, que serán invitados a efectuar charlas e coloquios con desenvolvemento de temas concretos e experiencias persoais.
Aprendizaxe colaborativa A clase organízase en pequenos grupos de traballo, onde os alumnos traballan conxuntamente para resolver as tarefas asignadas polo profesor. Organízase ao grupo para obter a máxima información posible e compartila (análise da parcela, busca de exemplos, de normativas, construción da maqueta xeral do emprazamento, toma de datos ou medicións in situ, tratamento infográfico da documentación obtida, etc.). Este traballo está guiado de forma presencial polo profesor asignado. Trátase de optimizar a aprendizaxe individual e o do grupo.
Discusión dirixida Tanto o traballo de grupo coma o individual expóñense de xeito público para incitar os membros do grupo a intervir no proceso creativo propio e alleo, de forma libre, informal e espontánea.
Esquemas Os datos obtidos nas análises, así como as intencións do proxecto, exprésanse de forma gráfica simplificada nas primeiras fases de cada traballo. Son as fases de información previa e anteproxecto.
Obradoiro Os proxectos desenvólvense mediante a combinación de diversas metodoloxías e probas: asistencia a exposicións, conferencias, análise de problemas concretos do programa. O alumno realiza tarefas eminentemente prácticas en cada un dos exercicios do curso, sempre baixo o apoio e supervisión do profesorado.
Sesión maxistral Periodicamente realízanse conferencias ou exposicións, relacionadas co tema a tratar en cada exercicio. Onde o relator expón de forma oral e/ou gráfica a información aos alumnos.
Traballos tutelados Preténdese promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor. Refírese á aprendizaxe de "como facer as cousas", é o estudante o que asume a responsabilidade da súa formación.
Proba obxectiva Farase unha proba obxectiva sobre os contidos presentados nas sesións expositivas, que configuran o marco teórico e normativo da asignatura.
Eventos científicos e/ou divulgativos - Asistencia a eventos culturais: Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.), indicadas polo profesorado como parte do contido docente, co obxectivo de profundizar no coñecemento de temas de estudio relacionados coa materia.
- Participación en exposicións e/ou publicacións: Preparación de materiais síntese dos traballos realizados na materia para a súa publicación e/ou exposición pública.
Portafolios do alumno Como resultado do seu traballo ao final do cuadrimestre, o alumno terá elaborado o seu portafolios da materia, accesible a través da plataforma docente Moodle. Este obxecto final, desenvolvido a través das sesións en grupos e no taller, servirá de base á cualificación e curriculuim persoal do alumno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Discusión dirixida
Eventos científicos e/ou divulgativos
Traballos tutelados
Portafolios do alumno
Descrición
O alumno recibe atención personalizada concernente ao traballo que está a desenvolver na materia e no Taller, a través do profesor do grupo ao que fose asignado. No Taller, ademais, terá a posibilidade de comentar e obter revisións críticas por parte dos profesores dos demais grupos e materias, para poder contrastar opinións e criterios e confrontalos cos propios.

O portafolios do alumno será obxecto de revisións personalizadas, para observar a súa evolución e constatar a súa autoría.

Condicións específicas relativas á mobilidade para alumnos saíntes e entrantes:
- A asignatura contempla exclusivamente a avaliación continua para todos os alumnos, ata para aqueles en programas de mobilidade, saínte ou entrante, para os que rexerán as mesmas condicións de avaliación e asistencia que para o resto, e sen prexuízo de que se poida prestar atención específica ao alumnado entrante por causa lingüística ou diferenzas manifestas entre as Escolas de orixe e destino.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos A34 A51 A53 A55 A57 B5 B6 B12 C1 C4 C7 C8 A asistencia a eventos culturais e a participación en exposicións e/ou publicacións indicados polo profesorado da materia como parte do contido docente do curso, poderán pasar a formar parte dos contidos da docencia expositiva, e conformar así unha parte da avaliación do alumnado. 5
Proba obxectiva A53 A55 A57 B6 C3 Os coñecementos instrumentais contidos no temario de docencia expositiva do curso serán avaliados mediante unha proba oxectiva. 10
Portafolios do alumno A34 A37 A38 A39 A46 A51 A52 A55 A56 A58 A63 B2 B4 B5 B9 B10 B12 C3 C4 C5 C7 C8 O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno, dispoñible e accesible a través da plataforma docente Moodle.

Avalíanse os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final.
85
 
Observacións avaliación

Para poder superar a materia será necesario cumprir Cos seguintes requisitos: 

1º Entregar todos os traballos propostos nos prazos e formas indicados na materia. 

2º Asistir regularmente a clases e ao Taller. Esixirase unha asistencia mínima do 80% 

Terá a condición de NON PRESENTADO o/a alumno/a que se atope nalgunha das seguintes circunstancias: 

1º Non cumpra a asistencia esixida ás clases e ao Taller. 

2º Non entregue os traballos propostos en forma e prazo, ou os entregue incompletos. Consideraranse incompletos aqueles traballos que non conteñan a documentación requerida en tódalas asignaturas que compoñen o Taller. 

3º Non asista á proba obxectiva.

NOTA: PARA PODER SUPERAR A ASIGNATURA, ESIXIRASE AS SEGUINTES CUALIFICACIÓNS MÍNIMAS: 3
PUNTOS NA PROBA OBXECTIVA E 4 PUNTOS EN CADA UN DOS TRABALLOS QUE
COMPUTAN NA EVALUACIÓN,  

- De acordo co establecido na memoria do Título de Grao en Estudos de Arquitectura, convocarase unha Xunta de Avaliación do Taller, que analizará os resultados globais do mesmo e dirimirá, no seu caso, sobre casos puntuais de avaliación do alumnado. 

- De acordo co establecido na memoria do Título de Grao en Estudos de Arquitectura, os alumnos que non superen nas dúas oportunidades de cada convocatoria a materia de Proxectos deberán asistir ao Taller do ano seguinte. As probas das diferentes oportunidades permitirán aos alumnos completar e modificar total ou parcialmente os traballos presentados no Taller, para poder así superar a asignatura.

TEMPO PARCIAL. Medidas de adicación para o alumnado a tempo
parcial: non se contemplan, debido a que se trata dunha materia na que o
obradoiro é a metodoloxía fundamental.

Dispensa académica de exención de asistencia. Non se contempla,
por ser unha materia na que o obradoiro é a metodoloxía fundamental.





PLAXIO. A detección de plaxio, así como a realización
fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada,
implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.


Fontes de información
Bibliografía básica NEUFERT, Ernst (2007). Arte de Proyectar en Arquitectura. Barcelona, G.G.
DAZA CAICEDO, Ricardo (2008). Buscando a Mies. Barcelona: ACTAR
VVAA (2010). Código Técnico de la Edificación. http://www.codigotecnico.org/web/recursos/documentos/
DEPLACES, Andrea (2010). Construir la arquitectura: del material en bruto al edificio. Barcelona: Gustavo Gili
TANIZAKI, Junichiro (1933). El elogio de la sombra. Siruela
PEDRÓS FERNÁNDEZ, Óscar (2020). El Motor de los Sueños. Diez momentos en la génesis del proyecto arqutiectónico. A Coruña: Labirinto de Paixóns
VVAA (2009). Escuela de música y albergue en St. Klara, Regensburg. A Coruña, UDC
PROYECTOS III (Plan Antiguo) (). IACOBUS: Rehabilitación del Patrimonio Europeo. http://blogiacobus.wordpress.com/
VVAA (2007). La plaza de Pontevedra y el frente marítimo del Orzán. A Coruña, UDC
AUGÉ, Marc (). Los no lugares. Gedisa
VVAA (2007). Normas do hábitat galego. http://igvs.xunta.es/ipecos-opencms-portlet/export/sites/default/PortalVivenda/Biblioteca/normashabi
ZUMTHOR, Peter (). Thinking architecture. Birkhäuser
VVAA (2008). Un complejo hotelero en Randan. A Coruña, UDC
ASCHNER ROSELLI, Juan Pablo (2009). ¿Cómo concebir un proyecto arquitectónico?. deArq (Revista digital) num. 05

Bibliografía complementaria DAZA, Ricardo (2000). Buscando a Mies. Barcelona, Actar Publishers
MONTEYS, X., FUERTES, P. (2001). Casa Collage. Barcelona, G.G.
KOOLHAAS, Rem (2007). Conversaciones con estudiantes. Barcelona, G.G.
BAÑA HEIM, José (1980). COSTA DE LA MUERTE. Historia y anecdotario de sus naufragios. A Coruña: Gráficas Venus
SLOTERDIJK, Peter (1998-2004). Esferas . Siruela
BACHELARD, Gaston (). LA POETICA DE LA ENSOÑACION . Madrid: Fondo de Cultura Económica de España
TORRES TUR, Elías (2005). Luz cenital. Barcelona, Collegi d´Arquitectes de Catalunya
DELEUZE, Gille, GUATTARI, Félix (1994). Mil Mesetas. Capitalismo y esquizofrenia. Pre-textos
BANHAM, Reyner (1965). TEORIA Y DISEÑO ARQUITECTONICO EN LA ERA DE LA MAQUINA . Buenos Aires: Nueva Visión


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Construción 3/630G01022
Urbanística 2/630G01024
Proxectos 4/630G02016
Estruturas 2/630G02023

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Construción 4/630G01027
Urbanística 3/630G01029
Estruturas 3/630G02028

Materias que continúan o temario
Proxectos 7/630G01031
Proxectos 6/630G02026

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías