Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Teoría da Arquitectura Código 630G02025
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Agrasar Quiroga, Fernando
Correo electrónico
fernando.agrasar@udc.es
Profesorado
Agrasar Quiroga, Fernando
García Requejo, Zaida
Paz Agras, Mari Luz
Correo electrónico
fernando.agrasar@udc.es
zaida.garcia@udc.es
luz.paz.agras@udc.es
Web http://http://etsa.udc.es/web/
Descrición xeral Os presupostos e obxectivos básicos da docencia desta asignatura cuatrimestral son:

A necesidade de abordar a comprensión do fenómeno arquitectónico dende o mundo das ideas, entendendo a reflexión como parte substancial da creación artística.

A toma de conciencia do estreito vínculo dos sistemas de pensamento e os resultados creativos coas circunstancias do seu propio tempo. A nosa comprensión dos mesmos está, necesariamente, tamizada pola nosa propia perspectiva temporal.

O fío conductor utilizado no curso é o valor da doble natureza artística e técnica da arquitectura, contemplando todas as súas implicacións: perceptivas, formales, sociales, morales, estéticas,…

Os textos de arquitectos e pensadores e as circunstancias históricas do seu tempo leranse en paralelo, nunha continua relación de causa-efecto, xunto coas obras arquitectónicas e outras manifestacións artísticas, consideradas dende unha triple perspectiva: técnica, artística e social.

Os primeiros temas do programa incidirán na teoría arquitectónica anterior á experiencia moderna, como necesaria preparación á comprensión deste fenómeno, que centrará a maior parte dos contidos do cuatrimestre.

A asignatura, TEORÍA DA ARQUITECTURA, estructúrase en 15 temas, agrupados en 6 bloques. En cada tema, exporanse contidos explicativos e unha serie de exemplos de análise, nos que o feito arquitectónico será estudiado a través dos seus soportes teóricos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e máis a integridade dos contidos.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Manteranse as mesmas metodoloxías docentes. Tanto a sesión maxistral, como a realización de proba mixta,como o seguimento dos traballos tutelados adaptaranse ao soporte virtual, no seu caso.
* Metodoloxías docentes que se modifican:
Non está previsto modificar metodoloxías docentes

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. As titorías serán convocadas en sesións, previamente anunciadas de Teams. As corrección e aclaracións en grupo teñen un valor pedagóxico maior que a atención individualizada, inda así, estas realizaranse mediante correo electrónico e conferencia por Teams.

4. Modificacións na avaliación
A avaliación non será modificada.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
Os recursos bibliográficos da asignatura están xa disponibles no Moodle. Aportacións específicas de materiais de consulta se facilitarán en soporte dixital.

Competencias do título
Código Competencias do título
A38 Capacidade para intervir en e conservar, restaurar e rehabilitar o patrimonio construído. (T)
A40 Capacidade para exercer a crítica arquitectónica.
A48 Coñecemento axeitado das teorías xerais da forma, a composición e os tipos arquitectónicos.
A51 Coñecemento axeitado dos métodos de estudo das necesidades sociais, a calidade de vida, a habitabilidade e os programas básicos de vivenda.
A52 Coñecemento axeitado da ecoloxía, a sostibilidade e os principios de conservación de recursos enerxéticos e medioambientais.
A53 Coñecemento axeitado das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental, así como dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
A54 Coñecemento axeitado da estética e a teoría e historia das belas artes e as artes aplicadas.
A55 Coñecemento axeitado da relación entre os patróns culturais e as responsabilidades sociais do arquitecto.
A57 Coñecemento axeitado da socioloxía, teoría, economía e historia urbanas.
A63 Elaboración, presentación e defensa ante un Tribunal Universitario dun traballo académico orixinal realizado individualmente relacionado con calquera das disciplinas cursadas.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta
B7 Coñecer o papel das belas artes como factor que pode influír na calidade da concepción arquitectónica
B12 Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender o fenómeno arquitectónico dente o mundo das ideas, entendendo a reflexión como parte substancial da creación artística. A38
A40
A48
A51
A52
A53
A54
A55
A57
B2
B3
B4
B5
B6
B7
C1
C4
C6
C7
C8
Analizar o estreito vínculo dos sistemas de pensamento e os resultados creativos coas circunstancias do seu propio tempo. A38
A40
A48
A51
A52
A53
A54
A55
A57
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B12
C1
C4
C6
C7
C8
Relacionar o estudo da forma arquitectónica coas principais xustificacións da mesma: tectónicas, funcionais, morais, estéticas, etc. A38
A40
A48
A51
A53
A54
A55
A57
A63
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B12
C1
C4
C6
C7
C8
Analizar a relación entre os textos de arquitectos e pensadores, xunto coas obras arquitectónicas e outras manifestacións artísticas, e as circunstancias históricas do seu tempo. A38
A40
A48
A51
A52
A53
A54
A55
A57
A63
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B12
C1
C4
C6
C7
C8
Comprender o fenómeno da experiencia moderna partir do coñecemento da teoría arquitectónica anterior. A38
A40
A48
A51
A52
A53
A54
A55
A57
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B12
C1
C4
C6
C7
C8
Argumentar a relación existente entre a produción arquitectónica contemporánea e as experiencias previas. A38
A40
A48
A51
A52
A53
A54
A55
A57
A63
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B12
C1
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
INTRODUCIÓN 1 As orixes do pensamento arquitectónico: Tratadística Clásica.
A arquitectura codificada: arquitectura e cultura.
Orixes e evolución: a Cabaña Primitiva, de Vitruvio a Laugier.
A linguaxe clásica: Schinkel, das orixes á modernidade.

2 As formas da técnica: materia, construción e pensamento.
As formas da beleza: arte, estética e pensamento.
As formas do social: política, moral e pensamento.

PARTE II: A TÉCNICA E A MODERNIDADE 3 Semper: arquitectura e evolución.
A ruptura do legado clásico: Arts&Crafts, Viollet-le-Duc, os Modernimos e o primeiro Wright.

4 Industria e arquitectura. O problema da estandirazación: de Paxton á Deutscher Werbund.
Mecanización e arquitectura: Chicago School.

5 Mies van der Rohe e a técnica trascendida.

PARTE III: A ARTE E A MODERNIDADE 6 O laboratorio vienés: Wagner, Hoffmann e Loos.

7 A modernidade en América: Wright.

8 A intelecturalización da arte: Expresionismo, Bauhaus, Neoplasticismo.

9 Le Corbusier: a arte e a técnica.

PARTE IV: O SOCIAL E A MODERNIDADE 10 A vangarda rusa: Suprematistas vs Productivistas.
O Futurismo e revolución.

11 O grupo ABC: política e arquitectura.

PARTE V: CARA O NOSO PRESENTE: A CRISE DA MODERNIDADE 12 As outras modernidades: a interpretación nórdica, italiana e española.
Da contención á exaltación formal: Rudolf Schindler.

13 Novos enfoques metodológicos: o Estructuralismo.
As dinámicas sociais trala II Guerra Mundial: o último Mies e os Smithson.

PARTE VI: CONCLUSIÓNS 14 Pensamento arquitectónico e contemporaneidade: de Complexite and Contradiction a Delirious New York.
Da teoría Situacionista á Arquitectura do Espectáculo.

15 Novos enfoques trala crise de 2007: responsabilidade social e conciencia medioambiental; de Buckminster Fuller a hoxe.
Conclusións.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A38 A40 B2 B3 B4 B5 B12 15 45 60
Proba mixta B6 B7 C1 C4 C7 3 42 45
Sesión maxistral A48 A51 A52 A53 A54 A55 A57 A63 C6 C8 42 0 42
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos consistirán en análises prácticos nos que se vinculen textos e ideas, incluidos no temario, con obras arquitectónicas concretas. Os grupos de traballo serán de tres alumnas-as, asignados polo profesorado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A38 A40 B2 B3 B4 B5 B12 Os traballos, realizados en grupo, terán unha cualificación máxima de 2 puntos. Será preciso ter entregado os traballos para superar a asignatura. 20
Proba mixta B6 B7 C1 C4 C7 Un exame ao final do cuatrimestre, referido á totalidade de todos os contidos do curso. A este exame corresponderá un 80% da cualificación final. No mesmo, é preciso acadar unha cualificación de 4 (sobre un máximo de 10) para poder superar a asignatura e poder facer media cos traballos. 80
 
Observacións avaliación

A asistencia regular (mínimo un  80%) será imprescindible para realizar o traballo tutelado e a proba mixta.

Para concorrer á segunda oportunidade de cada convocatoria será imprescindible ter entregado, na primeira, o traballo desenvolvido durante o curso e revisado polo profesorado da asignatura. Este traballo tutelado pode ser ampliado e correxido para ser reavaliado na segunda oportunidade. 


Fontes de información
Bibliografía básica KRUFT, Hanno-Walter (1994). A History of Architectural Theory. Princeton Architectural Press
KRUFT, Hanno-Walter (1990). Historia de la teoría de la arquitectura (2 vol). Madrid: Alianza Forma
AGRASAR, Fernando (2008). Introducción al conocimiento de la arquitectura. A Coruña: COAG
CURTIS, William (2006). La Arquitectura Moderna desde 1900. Londres, Nueva York: PHAIDON
CURTIS, William (2013). Modern Architecture Since 1900. London, New York: PHAIDON
HEREU, P., MONTANER, J.M., OLIVERAS, J., (1994). Textos de arquitectura de la modernidad. Madrid: Nerea

A bibliografía xeral é corta e substancial, a través da cal o alumno completará o estudo dos temas expostos na clase.

Asemade da bibliografía básica, que consta nesta guía docente, tense elaborado unha bibliografía específica, referida a cada tema, que está dispoñible para os alumnos na plataforma Moodle

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución á Arquitectura /630G02005
Historia da Arte/630G02015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Teoría da Intervención Contemporánea/630G02061

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías