Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Proxectos 7 Código 630G02031
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Meijide Tomas, Jorge Vicente
Correo electrónico
jorge.meijide@udc.es
Profesorado
Barge Ferreiros, Santiago
Fernández-Albalat Ruiz, Andrés
Martinez Raído, Jose Luis
Meijide Tomas, Jorge Vicente
Vidal Pérez, Francisco José
Correo electrónico
s.barge@udc.es
andres.fernandez-albalat@udc.es
jose.luis.martinez.raido@udc.es
jorge.meijide@udc.es
francisco.vidal@udc.es
Web http://www.udc.es
Descrición xeral Las intenciones básicas que sustenta el desarrollo de la asignatura son:
-La elaboración de proxectos de complexidade media-alta, nos que se satisfagan adecuadamente as exigencias compositivas, espaciais, técnicas e funcionais inherentes ao diseño arquitectónico e urbanístico. -A integración dentro do proceso compositivo y de proxectación arquitectónica -ademáis de afondar no coñecemento de un mesmo, nos desexos e necesidades, na realidade e as formas de vida, na súa repercusión formal e social, no xénero, nas relacións humanas e o simbólico, no pasado e o futuro, no "genius loci"- da aprendizaxe das asignaturas de perfil tecnolóxico e urbanístico, cunha metodoloxía que permita a aplicación práctica dos contidos teóricos de todas elas nun proxecto de complexidade media-alta.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen.
– Sesión maxistral
– Discusión dirixida (computa na avaliación)
– Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación)
– Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican.
– Proba  mixta  (non  se  realizará,  xa  que  a  avaliacións  deste  coñecementos  se  incorpora  a metodoloxís dos "Traballos tutelados".

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle:  Diariamente.  Segundo  a  necesidade  do  alumando.  Dispoñen   de  “foros  temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados (100%): En relación cos traballos tutelados valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.

*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
B) Alumnado  con  recoñecemento  de  dedicación  a  tempo  parcial  e  dispensa  académica  de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados).
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.


Competencias do título
Código Competencias do título
A34 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos básicos e de execución, esbozos e anteproxectos. (T)
A35 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos urbanos. (T)
A37 Capacidade para elaborar programas funcionais de edificios e espazos urbanos. (T)
A38 Capacidade para intervir en e conservar, restaurar e rehabilitar o patrimonio construído. (T)
A39 Aptitude para suprimir barreiras arquitectónicas. (T)
A41 Aptitude para resolver o acondicionamento ambiental pasivo, incluíndo o illamento térmico e acústico, o control climático, o rendemento enerxético e a iluminación natural. (T)
A42 Aptitude para catalogar o patrimonio edificado e urbano e planificar a súa protección. (T)
A43 Capacidade para realizar proxectos de seguridade, evacuación e protección en inmobles. (T)
A44 Capacidade para redactar proxectos de obra civil. (T)
A45 Capacidade para deseñar e executar trazados urbanos e proxectos de urbanización, xardinería e paisaxe. (T)
A46 Capacidade para aplicar normas e ordenanzas urbanísticas.
A51 Coñecemento axeitado dos métodos de estudo das necesidades sociais, a calidade de vida, a habitabilidade e os programas básicos de vivenda.
A52 Coñecemento axeitado da ecoloxía, a sostibilidade e os principios de conservación de recursos enerxéticos e medioambientais.
A53 Coñecemento axeitado das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental, así como dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
A57 Coñecemento axeitado da socioloxía, teoría, economía e historia urbanas.
A58 Coñecemento axeitado dos fundamentos metodolóxicos do planeamento urbano e a ordenación territorial e metropolitana.
A60 Coñecemento da regulamentación civil, administrativa, urbanística, da edificación e da industria relativa ao desempeño profesional.
A63 Elaboración, presentación e defensa ante un Tribunal Universitario dun traballo académico orixinal realizado individualmente relacionado con calquera das disciplinas cursadas.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta
B9 Comprender os problemas da concepción estrutural, de construción e da enxeñería vinculados cos proxectos de edificios así como as técnicas de resolución destes
B10 Coñecer os problemas físicos, as distintas tecnoloxías e a función dos edificios de xeito que se dote a estes de condicións internas de comodidade e protección dos factores climáticos, no marco do desenvolvemento sostible
B11 Coñecer as industrias, organizacións, normativas e procedementos para plasmar os proxectos en edificios e para integrar os planos na planificación
B12 Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ao superar este materia, o alumno deberá estar en condicións de: -Elaborar proxectos de complexidade media, nos que se satisfagan adecuadamente as exigencias compositivas, espaciais, técnicas e funcionais inherentes ao diseño arquitectónico e urbanístico. -Integrar dentro do proceso compositivo y de proxectación arquitectónica a aprendizaxe das asignaturas de perfil tecnolóxico e urbanístico, cunha metodoloxía que permita a aplicación práctica dos contidos teóricos de todas elas nun proxecto de complexidade media. -Utilizar o contido do bloque docente VIVENDA II. Normativa, estándares. O barrio e o espacio urbano, resolvendo proxectos de ordenación de vivendas que permitan unha visión global das circunstancias que conforman as relacións complexas que se dan nun LUGAR. O cambio de escala respecto a cuatrimestres anteriores e a amplitude dos traballos a realizar obliga a utilizar experiencias e coñecementos adquiridos noutras disciplinas, así como na vida diaria de alumnas e alumnos. Tamén, aparecen outros elementos de coñecemento como o traballo de campo e entrevistas cos veciños que impulsan propostas de investigación adaptándose ás necesidades dos seus habitantes. O traballo do taller está situado en espazos urbanos de transición ou vilas. Se proxectan diferentes tipos de vivendas que dan resposta a distintos grupos sociais, organizacións familiares ou formas alternativas de vivir. Os proxectos desenvolvense a nivel de proxecto básico e avanzase cara ao proxecto de execución, dende as ideas iniciais ata a elaboración máis detallada, incluíndo a definición dos seus materiais e a súa construcción e a incorporación, deseño e dimensionado de elementos estruturais. Trabállase coas normas sobre a habitabilidade, eliminación de barreiras, os criterios de evacuación, código técnico e normativa urbanística. A34
A35
A37
A38
A39
A41
A42
A43
A44
A45
A46
A51
A52
A53
A57
A58
A60
A63
B2
B3
B4
B5
B6
B9
B10
B11
B12
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
VIVENDA II - Tipoloxías de vivenda: unifamiliares, colectivas libres, colectivas de protección oficial, outros tipos
- Vivenda e economía
- Criterios de accesibilidade
- Flexibilidade espacial
- Areas privadas e compartidas
- Espazos de xogo infantil
- Areas de tránsito exteriores e interiores
- Espazos de almacenamento
- Areas de traballo
- As necesidades da vida diaria
- Vivenda e trama urbana
EQUIPAMENTOS II - Tipoloxías dotacionais
- Espazos sociais e comunitarios
- Tratamento integral de áreas
NORMATIVA II - Normativa local, estatal e autonómica
- Normativa urbanística
- Normativa de supresión de barreiras
- Normativa de promoción pública e protección oficial
- O Código Técnico da Edificación.
EXERCICIOS - Vivenda colectiva e adaptación o seu uso por parte de diferentes grupos sociais e
tipos de convivencia.
- Equipamento dotacional urbano

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro A34 A35 A37 A38 A39 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A51 A52 A53 A57 A58 A60 A63 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 30 51 81
Proba obxectiva A34 A35 A37 A38 A39 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A51 A52 A53 A57 A58 A60 A63 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 4 6 10
Saídas de campo A34 A35 A37 A51 A52 A53 A58 A60 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 2 0 2
Actividades iniciais A34 A35 A37 A51 A52 A53 A58 A60 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 2 2 4
Discusión dirixida A34 A35 A37 A38 A39 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A51 A52 A53 A57 A58 A60 A63 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 4 4 8
Esquemas A34 A35 A37 A51 A52 A53 A58 A60 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1 4 5
Lecturas A34 A35 A37 A51 A52 A53 A58 A60 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1 4 5
Proba de resposta múltiple A34 A35 A37 A51 A52 A53 A58 A60 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 2 2 4
Sesión maxistral A34 A35 A37 A38 A39 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A51 A52 A53 A57 A58 A60 A63 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 15 15 30
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes nos que se introducen coñecementos de diversas materias, sempre ao redor dun proxecto arquitectónico, onde se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc.) a través da que o alumnado desenvolve tarefas prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado das materias implicadas.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaluar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como aditiva. A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo á contorna académica universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento das capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, a execución de esbozo, fotografías, bosquexos, deseños, etc.
Actividades iniciais Actividades que levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos coñecementos previos.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Esquemas Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión da realidade e/ou texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que constitúen unha fonte de profundización nos contidos traballados.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só una delas é válida.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A sesión maxistral é tamén coñecida como conferencia, método expositivo ou lección maxistral. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Proba obxectiva
Descrición
O alumno recibe atención personalizada concernente ao traballo que está a desenvolver na materia e no Taller, a través do profesor do grupo ao que fose asignado. No Taller, ademais, terá a posibilidade de comentar e obter revisións críticas por parte dos profesores dos demais grupos e materias, para poder contrastar opinións e criterios e confrontalos cos propios.

O portafolio do alumno será obxecto de revisións personalizadas, para observar a súa evolución e constatar a súa autoría.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A34 A35 A37 A38 A39 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A51 A52 A53 A57 A58 A60 A63 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno, físico e dixital, dispoñible físicamente en papel e accesible a través da ferramenta informática para a docencia Moodle.

Avalíanse os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final.
80
Proba obxectiva A34 A35 A37 A38 A39 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A51 A52 A53 A57 A58 A60 A63 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B11 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Os coñecementos instrumentais contidos no temario de docencia expositiva, teóricos e prácticos, do curso serán avaliados mediante unha proba obxectiva. 20
 
Observacións avaliación

<p>Para poder superar a materia será necesario cumprir os seguintes requisitos:<br />1º Entregar todos os traballos propostos nos prazos e formas indicados nas materias implicadas no Taller.<br />2º Asistir regularmente as clases e ao Taller. Esixirase unha asistencia mínima do 80%<br />3º Facer a proba obxectiva</p><p>Terá a condición de NON PRESENTADO o/a alumno/a que se atope nalgunha das seguintes circunstancias:<br />1º Non cumpla a asistencia esixida ás clases e ao Taller.<br />2º Non entregue os traballos propostos en forma e prazo, ou os entregue incompletos. Consideraranse incompletos aqueles traballos que non conteñan a documentación requerida en tódalas asignaturas que compoñen o Taller.<br />3º Non asista á proba obxectiva.</p><p>De acordo co establecido na memoria do Título de Grao de Arquitecto, convocarase unha Xunta de Avaliación do taller, que analizará os resultados globales do mesmo e dirimirá, no seu caso, sobre as situacións especiales de avaliación do alumnado.</p><p>Cando non se supere a asignatura na primeira oportunidade, se permitirá completar e modificar os traballos presentados no taller, sempre que se teña cumprida a asistencia mínima, todos os traballos entregados de tódalas asignaturas implicadas no taller e a proba obxectiva da primeira oportunidade feita. Para superar a asignatura, neste caso, e obrigatoria a realización da proba obxectiva da segunda oportunidade.</p><p>Os alummnos que non superen en ningunha das dúas oportunidades a materia de Proxectos 7 deberán cursar o taller o ano seguinte. Neste caso, os alumnos, ademáis de Proxectos 7, desenrolarán os traballos das materias que non houberan superado no taller do ano anterior.</p><p>Aqueles alumnos que, superada a materia de Proxectos 7, non superaran algunha das outras materias do taller, terán que presentar, en consecutivas convocatorias, de novo e coas correccións oportunas, os traballos propostos no taller no que participaron.</p>


Fontes de información
Bibliografía básica Rowe, Collin (1981). Ciudad Collage. Barcelona: GG
Pallasmaa, Juhani (2010). La arquitectura de la humildad. Barcelona: Fundación Caja de Arquitectos
Alexander, Ch (1978). Urbanismo y participación. Barcelona: GG

Código Técnico de la Edificación

Normativa de Habitabilidade galega

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Proxectos 6/630G01026
Instalacións 1/630G01030
Construción 5/630G01033
Estruturas 4/630G01034

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Construción 6/630G01037
Estruturas 5/630G01038
Instalacións 2/630G01039

Materias que continúan o temario
Proxectos 8/630G01036

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías