Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Urbanística 4 Código 630G02032
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
jose.vmosquera@udc.es
Profesorado
Gallego Picard, Pablo
García Fontán, Cristina
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
pablo.gallego@udc.es
cristina.garcia.fontan@udc.es
jose.vmosquera@udc.es
Web
Descrición xeral A materia é un achegamento á comprensión do espazo construído polo home e da forma coma expresión da súa organización reflexionando sobre as causas que as xeran.
Presupón a importancia do análise, desenvolvendo aproximacións a unha metodoloxía do seu estudo, inculcando a esixencia do rigor e da busca de creatividade o longo deste proceso. A expresión gráfica, o dibuxo, coma forma de coñecemento,de expresión e coma intento de romper ca dicotomía entre clases teóricas e prácticas.
No estudo da forma do territorio, incídese na comprensión da súa dinámica a través do análise das súas transformacións entendendo a construción do espazo coma un proceso.
O enfoque é a partir do espazo do home de hoxe. Dunha aproximación á comprensión da paisaxe actual. Dende o presente da cidade de hoxe, dos procesos de construción do territorio actual e das súas respostas ca arquitectura, dende onde procedemos á reflexión sobre os cambios que se producen, valorando o seu pasado inmediato.
Desenvólvense clases sobre o coñecemento do soporte territorial e as discusións que sobre a cidade se produciron a partir do Movemento Moderno e que foron claves na comprensión teórica da cidade, do espazo construído polo home, buscando o que de común ten o discurso da paisaxe actual co da arquitectura de hoxe.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Aptitude para aplicar os procedementos gráficos á representación de espazos e obxectos (T)
A2 Aptitude para concibir e representar os atributos visuais dos obxectos e dominar a proporción e as técnicas do debuxo, incluídas as informáticas. (T)
A3 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos sistemas de representación espacial.
A4 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo da análise e teoría da forma e as leis da percepción visual.
A5 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo da xeometría métrica e proxectiva.
A6 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo das técnicas de levantamento gráfico en todas as súas fases, dende o debuxo de apuntes á restitución científica.
A10 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo das bases de topografía, hipsometría e cartografía e as técnicas de modificación do terreo.
A12 Capacidade para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar estruturas de edificación. (T)
A17 Aptitude para aplicar as normas técnicas e construtivas.
A22 Capacidade para proxectar instalacións edificatorias e urbanas de transformación e subministración eléctricas, de comunicación audiovisual, de acondicionamento acústico e de iluminación artificial.
A28 Coñecemento da deontoloxía, a organización colexial, a estrutura profesional e a responsabilidade civil.
A29 Coñecemento dos procedementos administrativos e de xestión e tramitación profesional.
A35 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos urbanos. (T)
A37 Capacidade para elaborar programas funcionais de edificios e espazos urbanos. (T)
A38 Capacidade para intervir en e conservar, restaurar e rehabilitar o patrimonio construído. (T)
A39 Aptitude para suprimir barreiras arquitectónicas. (T)
A40 Capacidade para exercer a crítica arquitectónica.
A41 Aptitude para resolver o acondicionamento ambiental pasivo, incluíndo o illamento térmico e acústico, o control climático, o rendemento enerxético e a iluminación natural. (T)
A42 Aptitude para catalogar o patrimonio edificado e urbano e planificar a súa protección. (T)
A45 Capacidade para deseñar e executar trazados urbanos e proxectos de urbanización, xardinería e paisaxe. (T)
A46 Capacidade para aplicar normas e ordenanzas urbanísticas.
A47 Capacidade para elaborar estudos medioambientais, paisaxísticos e de corrección de impactos ambientais. (T)
A48 Coñecemento axeitado das teorías xerais da forma, a composición e os tipos arquitectónicos.
A49 Coñecemento axeitado da historia xeral da arquitectura.
A51 Coñecemento axeitado dos métodos de estudo das necesidades sociais, a calidade de vida, a habitabilidade e os programas básicos de vivenda.
A52 Coñecemento axeitado da ecoloxía, a sostibilidade e os principios de conservación de recursos enerxéticos e medioambientais.
A53 Coñecemento axeitado das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental, así como dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
A54 Coñecemento axeitado da estética e a teoría e historia das belas artes e as artes aplicadas.
A55 Coñecemento axeitado da relación entre os patróns culturais e as responsabilidades sociais do arquitecto.
A56 Coñecemento axeitado das bases da arquitectura vernácula.
A57 Coñecemento axeitado da socioloxía, teoría, economía e historia urbanas.
A58 Coñecemento axeitado dos fundamentos metodolóxicos do planeamento urbano e a ordenación territorial e metropolitana.
A59 Coñecemento dos mecanismos de redacción e xestión dos planos urbanísticos a calquera escala.
A67 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Proxectos no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
A69 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Urbanismo no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta
B7 Coñecer o papel das belas artes como factor que pode influír na calidade da concepción arquitectónica
B8 Coñecer o urbanismo e as técnicas aplicadas no proceso de planificación
B12 Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Competencias específicas A1
A2
A3
A4
A5
A6
A10
A12
A17
A22
A28
A29
A35
A37
A38
A39
A40
A41
A42
A45
A46
A47
A48
A49
A51
A52
A53
A54
A55
A56
A57
A58
A59
A67
A69
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B12
C1
C4
C5
C6
C7
C8
A1
A2
A3
A4
A5
A6
A10
A12
A17
A22
A28
A29
A35
A37
A38
A39
A40
A41
A42
A45
A46
A47
A48
A49
A51
A52
A53
A54
A55
A56
A57
A58
A59
A67
A69
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B12
C1
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
A COSTRUCIÓN DO TERRITORIO
01.- ECOLOXÍA HUMANA
02.-XEOGRAFÍA HUMANA
03.-HÁBITAT RURAL
04.-VIVENDA RURAL
05.-INFORMACIÓN URBANÍSTICA
ANALISE DOS MODELOS DE EVOLUCIÓN DA CIDADE E FORMACIÓN DA PERIFERIA 01.-CIDADES EN EVOLUCIÓN
02.-MOVEMENTO MODERNO
03.-TEAM X
04.-IMAXEN DA CIDADE
05.-A CIDADE COMA ARQUITECTURA
06.-A CIDADE COMA CRECEMENTO
07.-REVOLUCIÓN URBANA E DEREITO Á CIDADE
08.-PERIFERIA

PRACTICAS DE ANÁLISE TERRITORIAL 01.- ORIXE E EVOLUCIÓN DAS FORMAS TERRITORIAIS
02.-PERMANENCIA E TRANSFORMACIÓN DAS COMPOÑENTES TERRITORIAIS
03.-INTERVENCIÓN URBANA

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A40 A48 A52 A54 A56 15 15 30
Obradoiro A69 A59 A58 A57 A56 A55 A53 A52 A49 A48 A47 A46 A45 A42 A41 A40 A39 A38 A37 A35 A29 A28 A22 A17 A12 A10 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B12 C1 C4 C5 C6 C7 C8 30 30 60
Obradoiro A69 A67 A59 A58 A57 A56 A55 A53 A52 A51 A49 A48 A47 A46 A45 A42 A41 A40 A39 A38 A37 A35 A29 A22 A12 A10 A6 A5 A4 A3 A1 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B12 C1 C4 C5 C6 C7 30 29 59

Atención personalizada 1 0 1

*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral SESIÓNS TEÓRICAS
Obradoiro PRÁCTICA DE ANÁLISE URBANA
Obradoiro PRÁCTICA DE ANÁLISE TERRITORIAL

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Obradoiro
Descrición
Os profesores da materia seguirán os obradoiros, facilitando a oomprensión da materia e a elaboración dos distintos traballos propostos que se realizarán individualmente ou en grupos de 3 membros.
Nos talleres recíbese atención personalizada concernente ao traballo que está a desenvolverse, a través do profesor do grupo ao que fose asignado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A40 A48 A52 A54 A56 Contidos teóricos que explican a materia e propoñen unha reflexión sobre o proceso de costrución territorial, e que ademais contribue a formar unha base teórica e un espíritu crítico para o desenvolvemento da parte práctica dos obradoiros.
Os coñecementos adquiridos serán avaliados mediante unha proba individual obxectiva. Tamén se valorará a participación na clase mediante opinións/escritos/ reflexións que xurdan ao longo do desenvolvemento da materia.(ata un 10%)
Será obligatorio para superar a materia ter aprobada esta proba individual

50
Obradoiro A69 A67 A59 A58 A57 A56 A55 A53 A52 A51 A49 A48 A47 A46 A45 A42 A41 A40 A39 A38 A37 A35 A29 A22 A12 A10 A6 A5 A4 A3 A1 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B12 C1 C4 C5 C6 C7 Achegamento á comprensión do espazo do home de hoxe, á comprensión da paisaxe actual.
O debuxo coma método de análise e de esixencia do rigor necesario no proceso racional de comprensión das formas territoriales que expresan o uso do territorio.
Avalíanse os resultados a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo e a evolución das equipas deberán aparecer reflectidos na documentación final
25
Obradoiro A69 A59 A58 A57 A56 A55 A53 A52 A49 A48 A47 A46 A45 A42 A41 A40 A39 A38 A37 A35 A29 A28 A22 A17 A12 A10 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B12 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Partindo do presente, discutir sobre a cidade actual, sobre a súa costrución coma proceso contínuo de transformación e das súas respostas ca arquitectura.
Unha reflexión sobre os cambios que se producen e con referencias ao pasado inmediato e a súa valoración.
Avalíanse os resultados a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo e a evolución das equipas deberán aparecer reflectidos na documentación final
25

Observacións avaliación

Para poder superar a materia será necesario cumprir os seguintes
requisitos:

1º Entregar e aprobar todos os traballos propostos nos prazos e formas indicados na
materia.

2º Asistir regularmente as clases, obradoiros e ao Taller. Esixirase unha asistencia mínima
do 80%

Terá a condición de NON PRESENTADO o/a alumno/a que se atope
nalgunha das seguintes circunstancias:

1º Non cumpla a asistencia esixida ás clases teóricas, prácticas e ao Taller.

2º Non entregue os traballos propostos en forma e prazo, ou os entregue
incompletos. Consideraranse incompletos aqueles traballos que non conteñan a
documentación requerida en prácticas e en tódalas asignaturas que compoñen o Taller.

3º Non asista á proba obxectiva.

Para presentarse á 2ª oportunidade no suposto de non ter superados os Obradoiros será obrigatorio a presentación da complementación dos mesmos nas condicións que estableza o profesor á vista do traballo realizado no curso.

De acordo co establecido na memoria do Título de Grao de
Arquitecto, convocarase unha Xunta de Avaliación do taller, que analizará os
resultados globales do mesmo e dirimirá, no seu caso, sobre as situacións
especiales de avaliación doalumnado.

Os alummnos que non superen nas dúas oportunidades de cada
convocatoria a materia de Proxectos 7 deberán cursar o taller o ano seguinte.
Neste caso, os alumnos, además de Proxectos 7, desenrolarán os traballos das
materias que non houberan superado no taller do ano anterior.

Aqueles alumnos que, superada a materia de Proxectos
7, non superaran algunha das outras materias do taller, terán que presentar, en
consecutivas convocatorias, de novo e coas correcciós oportunas, os
traballosmpropostos no taller no que participaron

Fontes de información
Bibliografía básica

Descripción: https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gifCarsten Juel-Christiansen (). Monumento e Nicho. DRU4
Descripción: https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gifAmos H Hawley (). Ecología humana. Tecnos
Descripción: https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gifPierre George (). Compendio de geografía rural.
Descripción: https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gifEmery Jones (). Alquerías y poblados.
Descripción: https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gifPatrick Geddes (). Ciudades en evolución.
Descripción: https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gifLeonardo Benevolo (). La proyectación de la ciudad moderna. GG
Descripción: https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gifMovemento Moderno (). Principios de urbanismo_la carta de Atenas.
Descripción: https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gifKeving Lynch (). La imagen de la ciudad. GG
Descripción: https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gifAldo Rossi (). La arquitectura de la ciudad. GG
Descripción: https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gifHenry Lefebvre (). la revolución urbana.
Descripción: https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gifM. de Solá-Morales (). Formas estructurales de crecimiento urbano.
Descripción: https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gifM. de Solá-Morales (). De cosas urbanas. GG

Descripción: https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gifManuel Leguineche (). La felicidad de la tierra. Alfaguara
Descripción: https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gifJohn Berger (). Sobre el dibujo. GG
Descripción: https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gifJane Jacobs (). Muerte y vida de las grandes ciudades. Capitan Swing libros
Descripción: https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gifRem Koolhaas (). Delirios de Nueva York. GG
Descripción: https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gifManuel Castells (). La cuestión urbana. Siglo XXI editores
Descripción: https://guiadocente.udc.es/docencia/guia_docent/images/square.gifJaime Izquierdo Vallina (). La casa de mi padre. KRK ediciones

Antonio Fraguas y Fraguas. Geografía de Galicia.

Bibliografía complementaria

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Urbanística 1/630G01018
Urbanística 2/630G01024
Urbanística 3/630G02029

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Proxectos 7/630G01031

Materias que continúan o temario
Urbanística 5/630G01042
Ordenación do Territorio/630G01057
Métodos de Planeamento/630G01058
Actuacións Urbanísticas Contemporáneas/630G02060

Observacións

(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías