Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Urbanística 4 Código 630G02032
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
jose.vmosquera@udc.es
Profesorado
Gallego Picard, Pablo
García Fontán, Cristina
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
pablo.gallego@udc.es
cristina.garcia.fontan@udc.es
jose.vmosquera@udc.es
Web
Descrición xeral A materia é un achegamento á comprensión do espazo construído polo home e da forma coma expresión da súa organización reflexionando sobre as causas que as xeran.
Presupón a importancia do análise, desenvolvendo aproximacións a unha metodoloxía do seu estudo, inculcando a esixencia do rigor e da busca de creatividade o longo deste proceso. A expresión gráfica, o dibuxo, coma forma de coñecemento,de expresión e coma intento de romper ca dicotomía entre clases teóricas e prácticas.
No estudo da forma do territorio, incídese na comprensión da súa dinámica a través do análise das súas transformacións entendendo a construción do espazo coma un proceso.
O enfoque é a partir do espazo do home de hoxe. Dunha aproximación á comprensión da paisaxe actual. Dende o presente da cidade de hoxe, dos procesos de construción do territorio actual e das súas respostas ca arquitectura, dende onde procedemos á reflexión sobre os cambios que se producen, valorando o seu pasado inmediato.
Desenvólvense clases sobre o coñecemento do soporte territorial e as discusións que sobre a cidade se produciron a partir do Movemento Moderno e que foron claves na comprensión teórica da cidade, do espazo construído polo home, buscando o que de común ten o discurso da paisaxe actual co da arquitectura de hoxe.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizaron cambios

2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen
_Sesión maxistral
_Proba mixta
*Metodoloxías docentes que se modifican
_Obradoiro: Os exercicios a desenvolver nesta metodoloxía incorpóranse na metodoloxía "Traballos tutelados"

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
_Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, resolver dúbidas, solicitar encontros virtuais, e facer o seguimento dos traballos tutelados.
_Moodle: Diariamente e segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, a través dos que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos impartidos.
_Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate
6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “Traballos tutelados”. Esta dinámica
permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do
alumando para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados (40%).
En relación cos traballos tutelados valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.

*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que as referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que haxa
presencial ate o momento no que se suspenda a actividade presencial.
E requisito para superar a materia tanto asistir e participar regularmente nas actividades da clase como entregar e expoñer os traballos tutelados na data e nos medios que se indiquen.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
_Non se modifican.


Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Aptitude para aplicar os procedementos gráficos á representación de espazos e obxectos (T)
A2 Aptitude para concibir e representar os atributos visuais dos obxectos e dominar a proporción e as técnicas do debuxo, incluídas as informáticas. (T)
A3 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos sistemas de representación espacial.
A4 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo da análise e teoría da forma e as leis da percepción visual.
A5 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo da xeometría métrica e proxectiva.
A6 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo das técnicas de levantamento gráfico en todas as súas fases, dende o debuxo de apuntes á restitución científica.
A7 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos principios da mecánica xeral, a estática, a xeometría de masas e os campos vectoriais e tensoriais.
A8 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos principios da termodinámica, acústica e óptica.
A9 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos principios da mecánica de fluídos, hidráulica, electricidade e electromagnetismo.
A10 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo das bases de topografía, hipsometría e cartografía e as técnicas de modificación do terreo.
A11 Coñecemento aplicado do cálculo numérico, a xeometría analítica e diferencial e os métodos alxébricos.
A12 Capacidade para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar estruturas de edificación. (T)
A13 Capacidade para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar sistemas de división interior, carpintería, escaleiras e demais obra rematada. (T)
A15 Aptitude para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar solucións de cimentación. (T)
A16 Capacidade para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar instalacións de subministración, tratamento e evacuación de augas, de calefacción e de climatización. (T)
A17 Aptitude para aplicar as normas técnicas e construtivas.
A19 Aptitude para conservar a obra rematada
A20 Aptitude para valorar as obras.
A25 Coñecemento axeitado dos sistemas construtivos convencionais e a súa patoloxía.
A29 Coñecemento dos procedementos administrativos e de xestión e tramitación profesional.
A30 Coñecemento da organización de oficinas profesionais.
A34 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos básicos e de execución, esbozos e anteproxectos. (T)
A35 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos urbanos. (T)
A36 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de dirección de obras. (T)
A42 Aptitude para catalogar o patrimonio edificado e urbano e planificar a súa protección. (T)
A43 Capacidade para realizar proxectos de seguridade, evacuación e protección en inmobles. (T)
A47 Capacidade para elaborar estudos medioambientais, paisaxísticos e de corrección de impactos ambientais. (T)
A48 Coñecemento axeitado das teorías xerais da forma, a composición e os tipos arquitectónicos.
A49 Coñecemento axeitado da historia xeral da arquitectura.
A50 Coñecemento axeitado dos métodos de estudo dos procesos de simbolización, as funcións prácticas e a ergonomía.
A51 Coñecemento axeitado dos métodos de estudo das necesidades sociais, a calidade de vida, a habitabilidade e os programas básicos de vivenda.
A52 Coñecemento axeitado da ecoloxía, a sostibilidade e os principios de conservación de recursos enerxéticos e medioambientais.
A53 Coñecemento axeitado das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental, así como dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
A54 Coñecemento axeitado da estética e a teoría e historia das belas artes e as artes aplicadas.
A55 Coñecemento axeitado da relación entre os patróns culturais e as responsabilidades sociais do arquitecto.
A56 Coñecemento axeitado das bases da arquitectura vernácula.
A57 Coñecemento axeitado da socioloxía, teoría, economía e historia urbanas.
A58 Coñecemento axeitado dos fundamentos metodolóxicos do planeamento urbano e a ordenación territorial e metropolitana.
A59 Coñecemento dos mecanismos de redacción e xestión dos planos urbanísticos a calquera escala.
A61 Coñecemento do análisis de viabilidade e a supervisión e coordinación de proxectos integrais.
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta
B7 Coñecer o papel das belas artes como factor que pode influír na calidade da concepción arquitectónica
B8 Coñecer o urbanismo e as técnicas aplicadas no proceso de planificación
B9 Comprender os problemas da concepción estrutural, de construción e da enxeñería vinculados cos proxectos de edificios así como as técnicas de resolución destes
B10 Coñecer os problemas físicos, as distintas tecnoloxías e a función dos edificios de xeito que se dote a estes de condicións internas de comodidade e protección dos factores climáticos, no marco do desenvolvemento sostible
B11 Coñecer as industrias, organizacións, normativas e procedementos para plasmar os proxectos en edificios e para integrar os planos na planificación
B12 Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Competencias específicas: O valor do análise como proxecto. Trasladar a un plano o recoñecemento da realidade territorial de xeito que se trasmitan as intencións de proxecto, tratando de mostrar, a traverso do dibuxo, as potencialidades do lugar estudado. Capacidade de recoñecer, valorar, analizar, definir criterios de intervención, elementos a seleccionar e ámbitos a tratar. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A15
A16
A17
A19
A20
A25
A29
A30
A34
A35
A36
A42
A43
A47
A48
A49
A50
A51
A52
A53
A54
A55
A56
A57
A58
A59
A61
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C1
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
A COSTRUCIÓN DO TERRITORIO
01.- ECOLOXÍA HUMANA
02.-XEOGRAFÍA HUMANA
03.-HÁBITAT RURAL
04.-VIVENDA RURAL
05.-INFORMACIÓN URBANÍSTICA
ANALISE DOS MODELOS DE EVOLUCIÓN DA CIDADE E FORMACIÓN DA PERIFERIA 01.-CIDADES EN EVOLUCIÓN
02.-MOVEMENTO MODERNO
03.-TEAM X
04.-IMAXEN DA CIDADE
05.-A CIDADE COMA ARQUITECTURA
06.-A CIDADE COMA CRECEMENTO
07.-REVOLUCIÓN URBANA E DEREITO Á CIDADE
08.-PERIFERIA

PRACTICAS DE ANÁLISE TERRITORIAL 01.- ORIXE E EVOLUCIÓN DAS FORMAS TERRITORIAIS
02.-PERMANENCIA E TRANSFORMACIÓN DAS COMPOÑENTES TERRITORIAIS
03.-INTERVENCIÓN URBANA

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A48 A49 A51 A52 A53 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B12 C1 C6 C8 15 15 30
Obradoiro A61 A59 A58 A57 A56 A55 A54 A53 A52 A50 A49 A48 A47 A43 A42 A36 A35 A34 A30 A29 A25 A20 A19 A17 A16 A15 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 B9 B10 B11 B12 C1 C6 C8 30 30 60
Obradoiro A53 A52 A51 A50 A49 A48 A47 A43 A42 A36 A35 A34 A30 A29 A25 A20 A19 A17 A16 A15 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B12 B11 B10 B9 B7 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C6 C8 30 29 59
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral SESIÓNS TEÓRICAS
Esta materia enténdese como unha unidade teórico-práctica, co que estas sesións son imprescindibles para a elaboración da parte práctica.
Serán fundamentalmente presenciais complementadas con traballos individuais concretos
Obradoiro PRÁCTICA DE ANÁLISE URBANA-
Traballos tutelados que computan na avaliación, co fomento da participación e de discusión dirixida.
Obradoiro PRÁCTICA DE ANÁLISE TERRITORIAL
Traballo en taller, tutelado e con comentarios e discusión dirixida.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Obradoiro
Descrición
Os profesores da materia seguirán os obradoiros, facilitando a oomprensión da materia e a elaboración dos distintos traballos propostos, que se realizarán individualmente ou en grupos de 3 membros.
Nos talleres recíbese atención personalizada concernente ao traballo que está a desenvolverse, a traveso do profesor do grupo ao que fose asignado.
Contarase cos medios complementarios:

Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos
asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros
de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a traverso das que se
pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos
tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate
6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica
permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do
alumando para desenvolver o traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A48 A49 A51 A52 A53 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B12 C1 C6 C8 Contidos teóricos que explican a materia e propoñen unha reflexión sobre o proceso de costrución territorial, e que ademais contribue a formar unha base teórica e un espíritu crítico para o desenvolvemento da parte práctica dos obradoiros.
Os coñecementos adquiridos serán avaliados mediante unha proba individual obxectiva. Tamén se valorará a participación na clase mediante opinións/escritos/ reflexións que xurdan ao longo do desenvolvemento da materia.(ata un 10%)
Será obligatorio para superar a materia ter aprobada esta proba individual

50
Obradoiro A53 A52 A51 A50 A49 A48 A47 A43 A42 A36 A35 A34 A30 A29 A25 A20 A19 A17 A16 A15 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B12 B11 B10 B9 B7 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C6 C8 Traballo tutelado e discusión dirixida
Achegamento á comprensión do espazo do home de hoxe, á comprensión da paisaxe actual.
O debuxo coma método de análise e de esixencia do rigor necesario no proceso racional de comprensión das formas territoriales que expresan o uso do territorio.
Avalíanse os resultados a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo e a evolución das equipas deberán aparecer reflectidos na documentación final
10
Obradoiro A61 A59 A58 A57 A56 A55 A54 A53 A52 A50 A49 A48 A47 A43 A42 A36 A35 A34 A30 A29 A25 A20 A19 A17 A16 A15 A13 A12 A11 A10 A9 A8 A7 A6 A5 A4 A3 A2 A1 B1 B2 B3 B4 B5 B9 B10 B11 B12 C1 C6 C8 Traballo tutelado e discusión dirixida.
Partindo do presente, discutir sobre a cidade actual, sobre a súa costrución coma proceso contínuo de transformación e das súas respostas ca arquitectura.
Unha reflexión sobre os cambios que se producen e con referencias ao pasado inmediato e a súa valoración.
Avalíanse os resultados a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo e a evolución das equipas deberán aparecer reflectidos na documentación final
40
 
Observacións avaliación

Para poder superar a materia será necesario cumprir os seguintes
requisitos:1º Aprobar a proba/examen, si non se aproba, non se fai media coa parte práctica. 2º Entregar e aprobar todos os traballos propostos nos prazos e formas indicados na
materia. 3º Asistir regularmente as clases, obradoiros e ao Taller. Esixirase unha asistencia mínima
do 80%. Terá a condición de NON PRESENTADO o/a alumno/a que se atope
nalgunha das seguintes circunstancias:<br />
1º Non cumpla a asistencia esixida ás clases teóricas, prácticas e ao Taller.<br />
2º Non entregue os traballos propostos en forma e prazo, ou os entregue
incompletos. Consideraranse incompletos aqueles traballos que non conteñan a
documentación requerida en prácticas e en tódalas asignaturas que compoñen o Taller. 4º Non asista á proba obxectiva. Para presentarse á 2ª oportunidade no suposto de non ter superados os Obradoiros será obrigatorio a presentación da complementación dos mesmos nas condicións que estableza o profesor á vista do traballo realizado no curso. De acordo co establecido na memoria do Título de Grao de
Arquitecto, convocarase unha Xunta de Avaliación do taller, que analizará os
resultados globales do mesmo e dirimirá, no seu caso, sobre as situacións
especiales de avaliación doalumnado. Os alummnos que non superen nas dúas oportunidades de cada
convocatoria a materia de Proxectos 7 deberán cursar o taller o ano seguinte.
Neste caso, os alumnos, además de Proxectos 7, desenrolarán os traballos das
materias que non houberan superado no taller do ano anterior. Aqueles alumnos que, superada a materia de Proxectos
7, non superaran algunha das outras materias do taller, terán que presentar, en
consecutivas convocatorias, de novo e coas correcciós oportunas, os
traballos propostos no taller no que participaron.


Fontes de información
Bibliografía básica Jone, Emery (). Alquerías y poblados.
Geddes, Patrick (). Ciudades en evolución .
George, Pierre (). Compendio de geografía rural.
de Solá-Morales, Manuel (). De cosas urbanas. Editorial Gustavo Gili
Koolhaas, Rem (). Delirios de Nueva York. Editorial Gustavo Gili
Hawley, Amos (). Ecología humana. Tecnos
de Solá-Morales, Manuel (). Formas estructurales de crecimiento urbano.
Fraguas y Fraguas, Antonio (). Geografía de Galicia.
Rossi, Aldo (). La arquitectura de la ciudad. Editorial Gustavo Gili
Izquierdo Vallina, Jaime (). La casa de mi padre. KRK Ediciones
Castells, Manuel (). La cuestión urbana. Siglo XXI Editores
Leguineche, Manuel (). La felicidad de la tierra. Alfacuara
Lynch, Kevin (). La imagen de la ciudad. Editorial Gustavo Gili
Benevolo, Leonardo (). La proyectación de la ciudad moderna. Editorial Gustavo Gili
Lefebvre, Henry (). La revolución urbana.
Juel-Christiansen, Carsten (). Monumento y nicho. DRU 4
Jacobs, Jane (). Muerte y vida de las grandes ciudades. Capitán Swing Libros
Ciam IV (). Principio de urbanismo_la carta de Atenas.
Berger, John (). Sobre el dibujo. Editorial Gustavo Gili

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Urbanística 1/630G01018
Urbanística 2/630G01024
Urbanística 3/630G02029

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Proxectos 7/630G01031

Materias que continúan o temario
Urbanística 5/630G01042
Ordenación do Territorio/630G01057
Métodos de Planeamento/630G01058
Actuacións Urbanísticas Contemporáneas/630G02060

Observacións

-O desenvolvemento de toda a práctica deberase realizar con debuxos realizados a man e de forma

individual ou en grupo.

-Valorarase a asistencia ao taller, as entregas das prácticas e a participación en clase do alumn@.

PLAN DE CONTINXENCIA COVID-19. De non poder realizarse presencialmente as clases, tanto

interactivas como expositivas, estas realizaranse en formato online. Do mesmo xeito se realizará a

avaliación. Utilizaranse para eses fins a plataforma Teams, moodle USC e o correo electrónico

– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para

resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.

– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos

asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros

de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se

pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.

– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos

tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do aluma



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías