Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Urbanística 4 Código 630G02032
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
jose.vmosquera@udc.es
Profesorado
Gallego Picard, Pablo
García Fontán, Cristina
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
pablo.gallego@udc.es
cristina.garcia.fontan@udc.es
jose.vmosquera@udc.es
Web
Descrición xeral A materia é un achegamento á comprensión do espazo construído polo home e da forma coma expresión da súa organización reflexionando sobre as causas que as xeran.
Presupón a importancia do análise, desenvolvendo aproximacións a unha metodoloxía do seu estudo, inculcando a esixencia do rigor e da busca de creatividade o longo deste proceso. A expresión gráfica, o dibuxo, coma forma de coñecemento,de expresión e coma intento de romper ca dicotomía entre clases teóricas e prácticas.
No estudo da forma do territorio, incídese na comprensión da súa dinámica a través do análise das súas transformacións entendendo a construción do espazo coma un proceso.
O enfoque é a partir do espazo do home de hoxe. Dunha aproximación á comprensión da paisaxe actual. Dende o presente da cidade de hoxe, dos procesos de construción do territorio actual e das súas respostas ca arquitectura, dende onde procedemos á reflexión sobre os cambios que se producen, valorando o seu pasado inmediato.
Desenvólvense clases sobre o coñecemento do soporte territorial e as discusións que sobre a cidade se produciron a partir do Movemento Moderno e que foron claves na comprensión teórica da cidade, do espazo construído polo home, buscando o que de común ten o discurso da paisaxe actual co da arquitectura de hoxe.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Aptitude para concibir e representar os atributos visuais dos obxectos e dominar a proporción e as técnicas do debuxo, incluídas as informáticas. (T)
A3 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos sistemas de representación espacial.
A4 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo da análise e teoría da forma e as leis da percepción visual.
A5 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo da xeometría métrica e proxectiva.
A6 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo das técnicas de levantamento gráfico en todas as súas fases, dende o debuxo de apuntes á restitución científica.
A7 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos principios da mecánica xeral, a estática, a xeometría de masas e os campos vectoriais e tensoriais.
A8 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos principios da termodinámica, acústica e óptica.
A9 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos principios da mecánica de fluídos, hidráulica, electricidade e electromagnetismo.
A10 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo das bases de topografía, hipsometría e cartografía e as técnicas de modificación do terreo.
A11 Coñecemento aplicado do cálculo numérico, a xeometría analítica e diferencial e os métodos alxébricos.
A34 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos básicos e de execución, esbozos e anteproxectos. (T)
A35 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos urbanos. (T)
A42 Aptitude para catalogar o patrimonio edificado e urbano e planificar a súa protección. (T)
A47 Capacidade para elaborar estudos medioambientais, paisaxísticos e de corrección de impactos ambientais. (T)
A48 Coñecemento axeitado das teorías xerais da forma, a composición e os tipos arquitectónicos.
A52 Coñecemento axeitado da ecoloxía, a sostibilidade e os principios de conservación de recursos enerxéticos e medioambientais.
A53 Coñecemento axeitado das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental, así como dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
A54 Coñecemento axeitado da estética e a teoría e historia das belas artes e as artes aplicadas.
A55 Coñecemento axeitado da relación entre os patróns culturais e as responsabilidades sociais do arquitecto.
A56 Coñecemento axeitado das bases da arquitectura vernácula.
A57 Coñecemento axeitado da socioloxía, teoría, economía e historia urbanas.
A58 Coñecemento axeitado dos fundamentos metodolóxicos do planeamento urbano e a ordenación territorial e metropolitana.
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta
B7 Coñecer o papel das belas artes como factor que pode influír na calidade da concepción arquitectónica
B8 Coñecer o urbanismo e as técnicas aplicadas no proceso de planificación
B12 Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Competencias específicas: O valor do análise como proxecto. Trasladar a un plano o recoñecemento da realidade territorial de xeito que se trasmitan as intencións de proxecto, tratando de mostrar, a traverso do dibuxo, as potencialidades do lugar estudado. Capacidade de recoñecer, valorar, analizar, definir criterios de intervención, elementos a seleccionar e ámbitos a tratar. Importancia de actuar considerando o entorno, a creación dun medio ambiente ordenado baixo criterios de sostibilidade A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A34
A35
A42
A47
A48
A52
A53
A54
A55
A56
A57
A58
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B12
C1
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
A COSTRUCIÓN DO TERRITORIO
01.- ECOLOXÍA HUMANA
02.-XEOGRAFÍA HUMANA
03.-HÁBITAT RURAL
04.-VIVENDA RURAL
05.-INFORMACIÓN URBANÍSTICA
ANALISE DOS MODELOS DE EVOLUCIÓN DA CIDADE E FORMACIÓN DA PERIFERIA 01.-CIDADES EN EVOLUCIÓN
02.-MOVEMENTO MODERNO
03.-TEAM X
04.-IMAXEN DA CIDADE
05.-A CIDADE COMA ARQUITECTURA
06.-A CIDADE COMA CRECEMENTO
07.-REVOLUCIÓN URBANA E DEREITO Á CIDADE
08.-PERIFERIA

PRACTICAS DE ANÁLISE TERRITORIAL 01.- ORIXE E EVOLUCIÓN DAS FORMAS TERRITORIAIS
02.-PERMANENCIA E TRANSFORMACIÓN DAS COMPOÑENTES TERRITORIAIS
03.-INTERVENCIÓN URBANA

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A48 A52 A53 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B12 C1 C6 C8 15 15 30
Obradoiro A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A34 A35 A42 A47 A48 A52 A53 A54 A55 A56 A57 A58 B1 B2 B3 B4 B5 B12 C1 C6 C8 30 44 74
Obradoiro A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A34 A35 A42 A47 A48 A52 A53 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B12 C1 C6 C8 15 30 45
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral SESIÓNS TEÓRICAS
Esta materia enténdese como unha unidade teórico-práctica, co que estas sesións son imprescindibles para a elaboración da parte práctica.
Serán fundamentalmente presenciais complementadas con traballos individuais concretos
Obradoiro PRÁCTICA DE ANÁLISE URBANA-
Traballos tutelados que computan na avaliación, co fomento da participación e de discusión dirixida.

Obradoiro PRÁCTICA DE ANÁLISE TERRITORIAL
Traballo en taller, tutelado e con comentarios e discusión dirixida.
Preparación de material síntesis del trabajo realizado en la materia para su publicación o exposición pública.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Obradoiro
Descrición
Os profesores da materia seguirán os obradoiros, facilitando a oomprensión da materia e a elaboración dos distintos traballos propostos, que se realizarán individualmente ou en grupos de 3 membros.
Nos talleres recíbese atención personalizada concernente ao traballo que está a desenvolverse, a traveso do profesor do grupo ao que fose asignado.
Contarase cos medios complementarios:

Correo electrónico:
– Moodle:
– Teams:

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A48 A52 A53 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B12 C1 C6 C8 Contidos teóricos que explican a materia e propoñen unha reflexión sobre o proceso de costrución territorial, e que ademais contribue a formar unha base teórica e un espíritu crítico para o desenvolvemento da parte práctica dos obradoiros.
Os coñecementos adquiridos serán avaliados mediante unha proba individual obxectiva. Tamén se valorará a participación na clase mediante opinións/escritos/ reflexións que xurdan ao longo do desenvolvemento da materia.(ata un 10%)
Será obligatorio para superar a materia ter aprobada esta proba individual

50
Obradoiro A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A34 A35 A42 A47 A48 A52 A53 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B12 C1 C6 C8 Traballo tutelado e discusión dirixida
Achegamento á comprensión do espazo do home de hoxe, á comprensión da paisaxe actual.
O debuxo coma método de análise e de esixencia do rigor necesario no proceso racional de comprensión das formas territoriales que expresan o uso do territorio.
Avalíanse os resultados a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo e a evolución das equipas deberán aparecer reflectidos na documentación final
10
Obradoiro A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A34 A35 A42 A47 A48 A52 A53 A54 A55 A56 A57 A58 B1 B2 B3 B4 B5 B12 C1 C6 C8 Traballo tutelado e discusión dirixida.
Partindo do presente, discutir sobre a cidade actual, sobre a súa costrución coma proceso contínuo de transformación e das súas respostas ca arquitectura.
Unha reflexión sobre os cambios que se producen e con referencias ao pasado inmediato e a súa valoración.
Avalíanse os resultados a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo e a evolución das equipas deberán aparecer reflectidos na documentación final
40
 
Observacións avaliación

Para poder superar a materia será necesario cumprir os seguintes
requisitos:1º Aprobar a proba/examen, si non se aproba, non se fai media coa parte práctica. 2º Entregar e aprobar tódolos traballos propostos nos prazos e forma indicados na
materia. 3º Asistir regularmente ás clases, obradoiros e ao Taller. Esixirase unha asistencia mínima
do 80%. Terá a condición de NON PRESENTADO o/a alumno/a que se atope
nalgunha das seguintes circunstancias:

1º Non cumpla a asistencia esixida ás clases teóricas, prácticas e ao Taller.

2º Non entregue os traballos propostos en forma e prazo, ou os entregue
incompletos. Consideraranse incompletos aqueles traballos que non conteñan a
documentación requerida en prácticas e en tódalas asignaturas que compoñen o Taller. 3º Non asista á proba obxectiva. Para presentarse á 2ª oportunidade no suposto de non ter superados os Obradoiros será obrigatorio a presentación da complementación dos mesmos nas condicións que estableza o profesor á vista do traballo realizado no curso. De acordo co establecido na memoria do Título de Grao de
Arquitecto, convocarase unha Xunta de Avaliación do taller, que analizará os
resultados globales do mesmo e dirimirá, no seu caso, sobre as situacións
especiales de avaliación do alumnado. Os alummnos que non superen nas dúas oportunidades de cada
convocatoria a materia de Proxectos 7 deberán cursar o taller o ano seguinte.
Neste caso, os alumnos, además de Proxectos 7, desenvoverán os traballos das
materias que non tiveran superado no taller do ano anterior. 

Medidas
de dedicación para el alumnado a tiempo parcial: no se contemplan, debido a que
se trata de una materia en la que el taller es la metodología fundamental. 

-O desenvolvemento de toda a práctica deberase realizar con debuxos realizados a man e de forma

individual ou en grupo.

-Valorarase a asistencia ao taller, as entregas das prácticas e a participación en clase do alumn@.

*IMPLICACIÓNS DO PLAXIO na realización das probas ou actividades de avaliación: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".


Fontes de información
Bibliografía básica Jone, Emery (). Alquerías y poblados.
Geddes, Patrick (). Ciudades en evolución .
George, Pierre (). Compendio de geografía rural.
de Solá-Morales, Manuel (). De cosas urbanas. Editorial Gustavo Gili
Koolhaas, Rem (). Delirios de Nueva York. Editorial Gustavo Gili
Hawley, Amos (). Ecología humana. Tecnos
de Solá-Morales, Manuel (). Formas estructurales de crecimiento urbano.
Fraguas y Fraguas, Antonio (). Geografía de Galicia.
Rossi, Aldo (). La arquitectura de la ciudad. Editorial Gustavo Gili
Izquierdo Vallina, Jaime (). La casa de mi padre. KRK Ediciones
Castells, Manuel (). La cuestión urbana. Siglo XXI Editores
Leguineche, Manuel (). La felicidad de la tierra. Alfacuara
Lynch, Kevin (). La imagen de la ciudad. Editorial Gustavo Gili
Benevolo, Leonardo (). La proyectación de la ciudad moderna. Editorial Gustavo Gili
Lefebvre, Henry (). La revolución urbana.
Juel-Christiansen, Carsten (). Monumento y nicho. DRU 4
Jacobs, Jane (). Muerte y vida de las grandes ciudades. Capitán Swing Libros
Ciam IV (). Principio de urbanismo_la carta de Atenas.
Berger, John (). Sobre el dibujo. Editorial Gustavo Gili
Marc Badal (2017). Vidas a la intemperie. Nostalgias y prejuicios sobre el mundo campesino. Pepitas y Cambalache

Bibliografía complementaria (). .
Richard Sennet (2018). Construír e Habitar. Etica para uma cidade aberta . Ed. Record. Rio de Janeiro
Christopher Alexander (1971). La estructura del medio ambiente. Ed. Tusquets


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Urbanística 1/630G01018
Urbanística 2/630G01024
Urbanística 3/630G02029

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Proxectos 7/630G01031

Materias que continúan o temario
Urbanística 5/630G01042
Ordenación do Territorio/630G01057
Métodos de Planeamento/630G01058
Actuacións Urbanísticas Contemporáneas/630G02060

Observacións

-O desenvolvemento de toda a práctica deberase realizar con debuxos realizados a man e de forma

individual ou en grupo.

-Valorarase a asistencia ao taller, as entregas das prácticas e a participación en clase do alumn@.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías