A avaliación da asignatura configúrase como unha suma ponderada de probas obxectivas e traballos tutelados que serán expostos polos alumnos nas clases interactivas.
A asistencia e participación ás clases presencias é necesaria para ser avaliado. O traballo no presencial é valorado a través dos traballos tutelados cun peso do 40% na calificación final.
A proba obxectiva terá un peso total do 60% na calificación final.
Cada unha das partes que forman a calificación (traballo tutelado e proba obxectiva) son valorados de 0 a 10 puntos.
Para poder aprobar a materia débense cumplir as dúas condicións seguintes:
1. A nota mínima en cada unha das partes será de 3
puntos.
2. Unha das partes da proba obxectiva e un dos traballos tutelados teñen que obter unha calificación igual ou superior a 5
puntos.
Para poder ser avaliado na primeira oportunidade (maio) o alumno
debe cumprir a totalidade dos seguintes requisitos:
1. Asistir ó menos ó 80% das clases presenciais.
2. Entregar os traballos tutelados nas datas sinaladas.
3. Realizar a proba obxectiva, non deixando sen contestar a ningunha
das preguntas plantexadas.
No caso de non cumprir algún dos primeiros puntos, o alumno obterá un "Non presentado" na convocatoria (oportunidades de maio e xullo).
Si o alumno non se presenta á proba obxectiva na primeira oportunidade, cumprindo o resto de requisitos, obterá un "Non presentado" en maio.
Na segunda oportunidade (xullo), repetirase soamente a proba obxectiva, coas mesmas condicións que na primeira oportunidade, á que soamente se poderán presentar aqueles alumnos que:
1. Ou ben cumpriran os tres requisitos citados anteriormente
e non alcanzara a puntuación suficiente para aprobar.
2. Ou ben cumpriran os dous primeiros pero non se presentaran á proba obxectiva na primeira oportunidade.
Aqueles estudantes que participen programas de mobilidade saínte ou entrante
adaptaranse ás mesmas normas que o resto do estudantado.
Os estudantes repetidores que nun curso
anterior teñan cumprido o requisito de presencialidade quedan exentos de
cumplilo nos cursos seguintes