Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Cimentacións Código 630G02043
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Quinto Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Coordinación
Freire Tellado, Manuel Jose
Correo electrónico
manuel.freire.tellado@udc.es
Profesorado
Aragon Fitera, Jorge
Freire Tellado, Manuel Jose
Suárez Riestra, Félix Leandro
Correo electrónico
j.aragon@udc.es
manuel.freire.tellado@udc.es
felix.suarez@udc.es
Web http://fv.udc.es
Descrición xeral Tras cursar a materia, o alumno estará capacitado para poder identificar, afrontar e peritar de forma eficaz os problemas usuais que poden presentar as estruturas de cimentación e contención usuais dentro do contexto da obra nova de arquitectura.

Para poder desenvolver estas capacidades facilitaranse os coñecementos necesarios referentes á mecánica do chan e as técnicas básicas de proxecto e cálculo dos elementos de cimentación e contención, complementando este saber coa bibliografía e normativa existente. Estes contidos serán expostos nas clases de teoría.

Para garantir que o alumno sexa capaz de aplicar adecuadamente estes coñecementos, proponse unha serie de clases prácticas que versarán sobre o proxecto, deseño e cálculo de elementos de cimentación, complementadas coa realización de traballos específicos sobre a materia. Estes traballos estarán relacionadoS coa actividade profesional do arquitecto dentro do contido específico desta materia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A15 Aptitude para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar solucións de cimentación. (T)

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Dominio dO CTE-SE-C e CE-21 A15
Proxecto de Execución de Cimentacións e Contencións A15
Mantenemento e conservación das cimentacións A15
Dirección de obras de Cimentacións e Contencións A15
Proxecto da estrutura de cimentación e/o contención A15
Coñocemento do terreo como soporte da edificación A15

Contidos
Temas Subtemas
1. INTRODUCIÓN 1.1 Xeneralidades
1.2 Estruturas de cimentación e estruturas de contención
1.3 Marco normativo: CTE-SE-C

2. ESTADOS LÍMITE 2.1 Descrición dos Estados Límite: ELU e ELS
2.2 Conceptos xerais de seguridade en cimentacións e en contencións
2.3 A seguridade no CTE-SE-C.
3. MECÁNICA DO SOLO 3.1 Clasificación dos chans
3.2 Propiedades físicas dos chans: peso específico, granulometría, consistencia, permeabilidade.
3.3 A auga no chan: nivel freático, circulación, sifonamiento, lei de Terzagui.
3.4 Consolidación de chans
3.5 A compresión sobre o chan. Ensaios edométricos. Curvas edométricas.
3.6 Resistencia ao corte. Ensaios de corte directo e triaxial. Estados tensionales do chan
4. CAPACIDADE RESISTENTE DOS SOLOS 4.1 Tensións e asentos. Teorías elásticas
4.2 Presións sobre o chan. Área Eficaz
4.3 Criterios baseados no afundimento
4.4 Métodos simplificados
4.5 Cimentacións sobre roca
4.6 Resposta elástica do terreo: o módulo de balasto
4.7 Tensións para cálculos geotécnicos e estruturais
5. O INFORME XEOTÉCNICO 5.1.- Xeneralidades
5.2.- Contido dun estudo geotécnico
5.3.- Tipos de ensaios. Calicatas, sondaxes, penetrómetros
5.4.- Análise de laboratorio
5.5.- Interpretación de resultados
5.6.- Tabulaciones de referencia
6. CIMENTACIÓNS SUPERFICIAIS: ZAPATAS. 6.1 Introdución. Tipos de cimentacións superficiais
6.2 Zapatas corridas
6.3 Zapatas illadas
6.4 Zapatas illadas de medianería e esquina. Vigas centradoras
6.5 Solucións específicas
6.6 Aspectos construtivos
7. CIMENTACIÓNS SUPERFICIAIS: C. FLOTANTES. 7.1 Introdución. Tipos. Particularidades
7.2 Zapatas combinadas
7.3 Vigas Flotantes
7.4 Emparrillados de cimentación
7.5 Laxas de cimentación
7.6 Aspectos constructivos
8. CIMENTACIÓNS MEDIAS: POZOS. 8.1 Xeneralidades
8.2 Cimentacións por pozos
8.3 Aspectos construtivos
9. CIMENTACIÓNS PROFUNDAS: PILOTES. 9.1 Introdución. Tipos
9.2 Pilotes
9.3 Micropilotes
9.4 Encepados
9.5 Vigas de centrado
9.6 Aspectos construtivos
10. EMPUXES DO TERREO. 10.1 Tipos de pulo: Pulo activo. Pulo pasivo. Pulo ao repouso.
10.2 Hipótese de Coulomb. Pulos segundo CTE
10.3 Pulos sobre elementos acodalados.
10.4 Influencia do nivel freático.
10.5 Sobrecargas
11. ESTRUTURAS DE CONTENCIÓN. 11.1 Introdución. Tipos. Particularidades
11.2 Muros de contención. Muros de gravidade. Muros en ménsula. Muros de contrafuertes. Muros de bandexas.
11.3 Muros de cimentación e muros de soto
11.4 Muros ancorados
11.5 Muros pantalla
11.6 Muros de pilotes
11.7 Técnicas especiais: muros ecolóxicos e tablestacas.
12. TÉCNICAS DE EXCAVACIÓNS. 12.1 Actuacións sobre o terreo
12.2 Técnicas para terreos duros
12.3 A auga na escavación
12.4 Deseño de noiros
12.5 Estabilidade de noiros de chan
12.6 Estabilidade de noiros de roca
13. MELLORA E CONSOLIDACIÓN DE SOLOS. 13.1 Métodos de mellora do terreo: vibrosustitución, vibrocompactación, jet-grouting, inxeccións
13.2 Recheos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A15 0 1 1
Sesión maxistral A15 30 0 30
Solución de problemas A15 18 9 27
Estudo de casos A15 0 3 3
Lecturas A15 0 6 6
Proba obxectiva A15 4 36 40
Traballos tutelados A15 2 24 26
Obradoiro A15 6 6 12
Eventos científicos e/ou divulgativos A15 0 2 2
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais En base aos contidos da guía docente e á presentación da materia, o alumno revisa os seus coñecementos previos e recupera o material docente anterior relacionado coa materia.
Sesión maxistral Conxunto de clases e conferencias nas que resulta fundamental o labor expositivo do relator (profesor e/ou conferenciante), labor que se realiza co apoio da T.I.C. Consisten no desenvolvemento dos diversos temas do temario. O alumno debe adoitarse ao manexo da bibliografía recomendada da materia, que se pode localizar na biblioteca da ETSA (e parcialmente tamén en internet) contando como apoio cos esquemas das classe dispoñibles na facultade virtual, así como en reprografía.

O seguimento continuado das clases teóricas é unha esixencia da materia que se considera cumprido coa asistencia polo menos ao 80% das clases que se desenvolvan de forma presencial física
Solución de problemas El alumno resolverá ejercicios orientados hacia la futura práctica profesional con la tutela del profesor.
Se insistirá en presentar el resultado de forma que resulta claramente visible, indicando el valor numérico con la precisión y unidades correspondientes.
Se explicarán los errores más comunes que suelen cometerse, valorándolos en función de su gravedad, tanto de tipo conceptual como numéricos.
Posteriormente se propondrán ejercicios similares para su desarrollo por el alumnado
Esíxese a entrega do 80% das prácticas propostas adecuadamente resoltas.
Estudo de casos Enfróntase ao alumno a un caso real específico, cun importante contido estrutural, que lle describe unha situación real da vida profesional.
O alumno debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes á intervención sobre estruturas de cimentación para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión e razoamento crítico, expor unha actuación e confrontala coa realizada na realidade.
Lecturas Adquisición dun marco conceptual xeneral mediante a lectura de textos cuestiones referentes a mecánica do chan e cimentacións, así como de profundización sobre os diversos temas do programa e outros que poidan ser puntualmente interesantes, debido ás condicións particulares do traballo a desenvolver.
Proba obxectiva O alumno deberá superar dúas probas eminentemente prácticas pero que pode incluír contidos teóricos sobre os distintos aspectos da materia expostos en clase.
Traballos tutelados O alumno deberá realizar ao longo do curso un traballo que implique o deseño das estruturas e cimentación dun edificio, así como o dimensionado e a elaboración dos oportunos planos da cimentación realizados a un nivel profesional.
Este traballo inscríbese no desenvolvemento dun proxecto arquitectónico, incorporándose progresivamente os distintos temas que se desenvolven en teoría. Aqueles alumnos que non estean vinculados ao taller deseñarán no tres primeiras semanas do curos un edificio porticado de formigón e progresivamente irá desenvolvendo todos os aspectos que lle permitirán o deseño e cálculo da cimentación, que se irán organizando en entregas parciais que se refundirán nunha entrega final. Esíxese o seguimento ao longo do curso e a súa entrega na data especificada para iso, non admitíndose a súa entrega na segunda oportunidade.
Obradoiro O alumno deberá proxectar a estrutura e cimentación do edificio proxectado en réxime de taller, dimensionar a cimentación e representala adecuadamente a un nivel profesional. A partir do edificio deseñado een o taller, seguirase a metodoloxía exposta en traballos tutelados.
O taller, de acordo co establecido no vixente Plan de Estudos, está suxeito a un proceso de avaliación continua dado que ademais é un labor interdisciplinar. As revisións e entregas que se realizan ao longo do curso son as que permiten garantir a autoría do traballo e contrastar a súa evolución. Por iso esíxese o seguimento ao longo do curso e a súa entrega na data especificada para iso, non admitíndose a súa entrega na segunda oportunidade.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumno que implican a asistencia e participación en eventos científicos e divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, visitas a obras, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas relacionados coa materia.
Estas actividades proporcionan ao alumno coñecemento e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes ao ámbito de estudo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Solución de problemas
Obradoiro
Descrición
Durante as clases prácticas, nas que se afrontará a resolución de problemas relacionados coas competencias da materia, baixo a supervisión do profesor. Este contacto permitirá a atención personalizada ás dúbidas do alumno.

O alumno demostrará o seguimento efectivo da materia mediante a asistencia a tutorías nas que se controlará a evolución do desenvolvemento dos traballos propostos, aclararanse as dúbidas na realización dos exercicios propostos, e relacionaranse os contidos coa bibliografía básica e/ou complementaria.
Someterase a control a asistencia e a actividade desenvolvida.

Tamén se prestará atención personalizada vía o foro virtual do a páxina Moodle da materia, que permanecerá aberto durante o período lectivo, así como atendendo durante o horario de tutorías ás consultas formuladas por correo-e.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A15 Valoración del trabajo desarrollado 30
Proba obxectiva A15 Asistencia 70
 
Observacións avaliación
Asistencia

A avaliación, como sistema de recollida de información orientada á emisión de xuízos de valor (e no seu caso de mérito) sobre o proceso de aprendizaxe, require un desenvolvemento continuo cunha constante implicación do alumno.

Con esta premisa, asistencia e participación enténdense fundamentais, de forma que unha ausencia inxustificada e reiterativa repercute desfavorablemente na cualificación obtida por curso, en similar proporción que unha carencia de participación ou unha actitude negativa.

Para poder realizar as probas obxectivas será requisito ter unha asistencia de, polo menos, o 80% ás clases de teoría en modalidade presencial e ás prácticas da materia, así como entregadas adecuadamente o 80% das prácticas semanais.

Avaliación

 O sistema de avaliación continua configúrase con dúas probas obxectivas, que se realizarán durante o curso, e un traballo tutelado que se desenvolverá ao longo do cuadrimestre e cuxo seguimento esixirá entregas parciais.

As probas mixtas representan o 70% da cualificación global e o 30% restante corresponde á cualificación do traballo tutelado que inclúe o traballo de taller. Devandito traballo consta dunha parte de taller e outra específica da materia.

A superación da materia esixe obter unha cualificación mínima global, considerando tanto as probas mixtas como o traballo tutelado, de 5 sobre 10. Para obter esta nota hase de ter un valor mínimo de 3/10 en cada unha das partes avaliadas (cuestionarios teóricos, problemas e traballo práctico).

Nos criterios de corrección recóllense non só a exactitude dos resultados, senón tamén a claridade da presentación, a estructuración da análise efectuada, a utilización de unidades, a correcta aplicación dos criterios normativos, e a terminoloxía empregada.

Primeira e Segunda Oportunidade

Os alumnos que non superasen a materia por curso volverán examinarse das partes pendentes nas dúas oportunidades do mesmo curso. En ambos os casos consérvase a nota do traballo tutelado.

Non se contempla a posibilidade de mellora dos traballos presentados debido á imposibilidade de garantir a autoría do alumno. Por tanto, o alumno que non entregase este traballo no seu momento non poderá computar este apartado.

Convocatoria Adiantada

Nesta convocatoria o alumnado examinarase da totalidade da materia. Mantense a nota obtida con anterioridade no traballo tutelado, pero neste caso os alumnos poden optar por modificalo asistindo ás clases de taller da materia. A súa entrega realizarase unha semana antes do prazo de exames desta oportunidade.

Plaxio

A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de face á convocatoria extraordinaria.

Situacións especiais: alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica

Tempo parcial: Non se contemplan medidas de dedicación para o alumnado a tempo parcial debido a que a materia participa da metodoloxía de taller

Dispensa Académica de Exención de Asistencia: Non se contempla debido a que a materia participa da metodoloxía de taller

Avaliación: sen cambios.

Fontes de información
Bibliografía básica Fellenius, B.H. (2006). Basics of foundation design.. Electronic Edition (www.fellenius.net)
Calavera, J. (2015). Cálculo de estructuras de cimentación. 5ª Ed.. INTEMAC, Madrid
AA.VV. (2021). Código estructural CE-21. Ministerio de Fomento, Madrid
AA.VV. (2006). Código Técnico de la Edificación. Documento Básico de Seguridad Estructural: Cimientos CTE SE-C. Ministerio de Vivienda, Madrid
Rodriguez Ortiz - Serra Gesta - Oteo Mazo (1989). Curso Aplicado de Cimentaciones 7 Ed.. Colegio Oficial de Arquitectos de Madrid, COAM
Suárez Riestra, Félix L. (2009). Estudio Geotécnico y Mecánica de Suelos. Acercamiento al Concepto de Terreno como elemento estructural en el mundo de la edificación.. C.G.C.A.A.T.E.E. ISBN: 978-84-612-8003-2
Pérez Valcárcel, JB. (2004). Excavaciones urbanas y estructuras de contención. C.O.A.G. - C.A.T. / Santiago
Kameswara, N.S.V. (2011). Foundation design, theory and practice.. Wiley Ed. ISBN:978-0-470-82535-1
Ayuso, J. et Alt. (2009). Fundamentos de ingeniería de cimentaciones. Universidad de Córdoba.
Comisión Permanente del Hormigón (2014). Guía de aplicación de la Instrucción del Hormigón Estructural l (EHE-08): edificación. Ministerio de Fomento, Madrid
AA.VV. (2008). Guía para el proyecto y la ejecución de micropilotes en obras de carreteras.. Ministerio de Fomento
Pérez Valcárcel, J. B.; Freire Tellado, M. (2014). Introducción a la Mecánica del Suelo. Reprografía do Noroeste (ISBN 978-84-92794-99-7)
Fiol Femenia, Francisco; Fiol Oliván, Francisco (2006). Manual de Cimentaciones. Diseño y Cálculo de cimentaciones superficiales y muros, geotecnica y patología.Conforme con el CTE.. Burgos
Lahuerta Vargas, Javier (). Mecánica del Suelo. Pamplona
Muzás Labad, F (2007). Mecánica del suelo y cimentaciones. Vol I y II. Escuela de la Edificación, Madrid
Freire Tellado, M.; Aragón Fitera, J.; Pérez Valcárcel J.B. (2015). Mecánica del Suelo y Cimentaciones: Ejercicios Resueltos. Reprografía do Noroeste (ISBN978 84 16294 15 2 )
Calavera, J. (2001). Muros de contención y muros de sótano. 3ª Ed. (De acuerdo con EHE). INTEMAC, Madrid
Braja M. Das (2001). Principios de Ingenieria de Cimentaciones 4 Ed.. Calfornia State University.
Budhu, M. (2011). Soil mechanics and foundations.. John Wiley&Sons Inc. ISBN-10: 0470556846
Verruijt, A. (2007). Soil Mechanics.. Delft University of Technology. Electronic Edition. (https://www.kau.edu.sa/Files/0001553/files/Soil
Aysen,A. (2002). Soil Mechanics: basic concepts and engineering applications.. Balkema Publishers Ed. ISBN-10: 978-0-415-38393-6
Curtin, W.G.; Shaw, G.;Parkinson, G.I.; Golding, J.M. (2006). Structural foundations designer´s manual.. Curtins Consulting&Blackewll Publishing. ISBN-10:1-4051-3044-X.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estruturas 1/630G01019
Construción 2/630G01020
Estruturas 2/630G01023
Estruturas 4/630G01034

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Construción 7/630G01045

Materias que continúan o temario
Proxecto fin de Carreira/630011502

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías