Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Técnicas Matemáticas para a Arquitectura Código 630G02047
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Otero Piñeiro, Maria Victoria
Correo electrónico
victoria.otero@udc.es
Profesorado
Otero Piñeiro, Maria Victoria
Rodriguez Seijo, Jose Manuel
Correo electrónico
victoria.otero@udc.es
jose.rodriguez.seijo@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral O obxectivo desta asignatura é proporcionar coñecementos específicos de matemáticas para facilitar os traballos profesionais que precisen técnicas numéricas, estatísticas, de optimización e de representación paramétrica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A63 Elaboración, presentación e defensa ante un Tribunal Universitario dun traballo académico orixinal realizado individualmente relacionado con calquera das disciplinas cursadas.
A65 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Matemáticas no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento avanzado de aspectos específicos de matemáticas non contemplados expresamente na orde EDU 2075/2010: Métodos estatísticos, Modelización, Optimización, Análise numérico. A63
A65
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Optimización nunha e varias variables.
Optimización nunha variable.
Optimización en varias variables.
Modelos mediante Ecuacións Diferenciais Ordinarias e Ecuacións Diferenciais en Derivadas Parciais. Simulación.
Modelos mediante Ecuacións Diferenciais Ordinarias.
Modelos mediante Ecuacións Diferenciais en Derivadas Parciais. Simulación.
Control paramétrico de curvas e superficies.
Control paramétrico de curvas.
Control paramétrico de superficies.
Métodos de mallado. Optimización de mallados. Métodos de mallado.
Optimización de mallados.
Nocións sobre estatística e probabilidade. Aplicacións en Arquitectura. Nocións sobre estatística.
Nocións sobre probabilidade.
Aplicacións en Arquitectura.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A63 A65 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 9 18 27
Obradoiro A63 A65 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C5 C6 C8 18 51 69
Traballos tutelados A63 A65 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 0 12 12
Proba obxectiva A63 A65 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 3.5 0 3.5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos/ás estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos/das estudiantes, baixo a tutela do profesorado e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polo estudantado da responsabilidade polo seu propio aprendizaxe.
Este sistema de ensinanza baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudiantado e o seguemento desa aprendizaxe polo/a profesor/a-tutor/a.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa coma aditiva. A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de resolución. Tamén se pode construir cun so tipo dalgunha de estas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
Ao longo do curso cada alumno/a deberá realizar co/coa profesor/a dúas sesións de 30 minutos cada unha. Nelas o/a profesor/a resolverá as dúbidas que lle presente o/a alumno/a.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A63 A65 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A avaliación do alumnado realizarase mediante un exame final, que constará dunha proba teórico-práctica sobre a materia que figura no temario da asignatura. 70
Traballos tutelados A63 A65 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O/A alumno/a deberá realizar un traballo sobre un tema proposto polo profesorado relacionado coa materia que figura no temario 30
 
Observacións avaliación

Tanto na primeira coma na segunda oportunidade o/a alumno/a deberá presentar o traballo que se lle teña asignado para optar á superación da materia. 

Ademais, deberá obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 na cualificación da proba obxectiva (2,8 puntos sobre 7). O alumnado que non cumpra este requisito terá unha cualificación de suspenso na oportunidade correspondente (a nota numérica será o mínimo entre 4,5 e a suma das cualificacións obtidas nos traballos tutelados e a proba obxectiva)

Ambas oportunidades: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando calquera cualificación obtida nas probas e/ou actividades de avaliación, tal e como se establece na normativa académica vixente na UDC. 


Fontes de información
Bibliografía básica Olarrea,J, Cordero,M (2010). Estadística para ingenieros. Madrid, García-Maroto Editores
Meerschaert, Mark M. (2013 (4ª edición)). Mathematical modeling. USA. Academic Press
Tedeschi, A (2011). Parametric Architecture. Italia, Le penseur

Bibliografía complementaria

Información adicional en: https://campusvirtual.udc.gal/


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas para a Arquitectura 1/630G02004
Matemáticas para a Arquitectura 2/630G02009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías