Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Xeometrías complexas en Arquitectura Código 630G02052
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Expresión Gráfica Arquitectónica
Coordinación
Castro García, Óscar
Correo electrónico
oscar.castro@udc.es
Profesorado
Castro García, Óscar
Fraga Lopez, Fernando
Correo electrónico
oscar.castro@udc.es
fernando.fraga@udc.es
Web
Descrición xeral AFONDAR NO COÑECEMENTO DAS SUPERFICIES COMPLEXAS E A SÚA REPRESENTACIÓN, DEBUXO CON ORDENADOR EN 3D.
ANÁLISE DA XEOMETRÍA SUBXACENTE NA ARQUITECTURA. A RELACIÓN ENTRE A XEOMÉTRIA, O SISTEMA SUSTENTANTE E RESULTADO ARQUITECTÓNICO FINAL.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
MANTEÑENSE OS CONTENIDOS RELACIONADOS NA GUÍA DOCENTE

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
AS METODOLOXÍAS DOCENTES SE MANTEÑEN ADAPTÁNDOAS Á PLATAFORMA TEAMS.

*Metodoloxías docentes que se modifican
AS SAÍDAS DE CAMPO NON SE REALIZARÁN.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
FERRAMENTAS: TEAMS/CORREO ELECTRÓNICO
TEMPORALIZACIÓN: MANTEÑENSE OS HORARIOS ESTABLECIDOS INICIALMENTE NAS TUTORIAS DOS DOCENTES DURANTE A SEMANA.

4. Modificacións na avaliación
NON SE CONTEMPLAN MODIFICACIÓNS NA AVALIACIÓN

*Observacións de avaliación:
TERANSE EN CONTA AS CIRCUNSTANCIAS ESPECIAIS E XUSTIFICADAS DO ALUMNADO NO CASO DE NON TER RECURSOS INFORMÁTICOS QUE PERMITAN A SÚA ASISTENCIA ÁS CLASES ON-LINE OU A REALIZACIÓN DAS ENTREGAS EN TEMPO E FORMA.
NESTES CASOS ESTUDARASE A SOLUCIÓN COMO UN CASO ESPECIAL DE XEITO PERSONALIZADO.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
MÁNTENSE A BIBLIOGRAFÍA E A WEBGRAFÍA

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Aptitude para aplicar os procedementos gráficos á representación de espazos e obxectos (T)
A2 Aptitude para concibir e representar os atributos visuais dos obxectos e dominar a proporción e as técnicas do debuxo, incluídas as informáticas. (T)
A3 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo dos sistemas de representación espacial.
A4 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo da análise e teoría da forma e as leis da percepción visual.
A5 Coñecemento axeitado e aplicado á arquitectura e ao urbanismo da xeometría métrica e proxectiva.
A34 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos básicos e de execución, esbozos e anteproxectos. (T)
A40 Capacidade para exercer a crítica arquitectónica.
A49 Coñecemento axeitado da historia xeral da arquitectura.
A64 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Expresión Gráfica Arquitectónica no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprensión da Xeometría subxacente na definición formal da arquitectura. Traballo tutelado. A1
B2
B3
B4
B5
C3
C6
Comprender a relación entre o emprego dun tipo de superficie concreto, o espazo xerado e o resultado formal último. Practicas de laboratorio semanais. Proba obxectiva. A3
A5
B1
B2
B4
C3
C6
C8
Adquirir destreza no manexo do debuxo asistido por ordenador en 3 D como ferramenta durante o proceso proxectual e como instrumento de comunicación e representación. Prácticas de laboratorio semanais. A2
A34
A64
B1
B2
B3
B4
B5
C3
C4
C5
C8
Coñecemento e análise de arquitecturas carismáticas, construídas ou simplemente proxectadas, utilizando o CAD-CAD-3D. Exposición ante compañeiros e profesores. Traballo tutelado. A4
A40
A49
B2
B3
B4
C1
C3
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1.- DEBUXO EN CAD-3D. HOMOXENEIZACIÓN DO NIVEL DO ALUMNADO
1.1.- Ordes relacionadas con 3D
1.2. -Sólidos 3D e Superficies 3D
1.3. -Comandos de renderizado
1.4.- Presentacións
2:-SUPERFICIES ARQUITECTÓNICAS DE BASE POLIEDRAL.
2.1 PREGADURAS
Lineais. Radiais. Sobre superficies curvas
Pregables. Exemplos arquitectónicos
2.2 REDES PLANAS E ESPACIAIS
Redes de base cuadrangular, triangular e hexagonal. De simple curvatura. De dobre curvatura. Cúpulas xeodésicas. Exemplos arquitectónicos.
3.- SUPERFICIES ARQUITECTÓNICAS DE DIFICIL DEFINICIÓN XEOMÉTRICA 3.1. - SUPERFICIES TRACCIONADAS
Superficies alabeadas sinxelas. Onduladas.
Entibadas. Exemplos arquitectónicos
3.2.- SUPERFICIES PNEUMÁTICAS
Superficies inflables a baixa presión. Paneis inflables.
Exemplos arquitectónicos.
Representación en CAD-3D
4.- SUPERFICIES ARQUITECTÓNICAS DE DIFICIL DEFINICIÓN XEOMÉTRICA 4.1. - SUPERFICIES TRACCIONADAS
Superficies alabeadas sinxelas. Onduladas.
Entibadas. Exemplos arquitectónicos
4.2.- SUPERFICIES PNEUMÁTICAS
Superficies inflables a baixa presión. Paneis inflables.
Exemplos arquitectónicos.
Representación en CAD-3D
5.- APLICACIÓN Á REPRESENTACIÓN DE ARQUITECTURAS EMBLEMÁTICAS (CONSTRUIDAS OU SOLO DEBUXADAS). Representación en CAD-3D 5.- APLICACIÓN Á REPRESENTACIÓN DE ARQUITECTURAS EMBLEMÁTICAS (CONSTRUIDAS OU SOLO DEBUXADAS). Representación en CAD-3D

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B1 B3 C1 C8 1 0 1
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A34 A40 A49 A64 B2 B4 C3 C5 C6 12 12 24
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A5 A34 A40 A49 A64 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C5 C6 C8 1 18 19
Presentación oral A1 A2 A3 A64 B4 C1 C3 3 10 13
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A34 A40 B2 B3 C1 C3 C4 C5 C7 4 45 49
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A5 A34 A64 B1 B3 B4 B5 C4 C8 20 17 37
Saídas de campo B1 B3 C1 C4 C5 3 3 6
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia
Sesión maxistral Sesión Maxistral: Apoiándose na análise gráfica clasifícanse e representanse na pizarra a xeración xeométrica das diferentes superficies. Nunha segunda parte, con medios audiovisuais, expóñense exemplos construídos emblemáticos e representativos dos tipos de superficies abordadas na sesión. Analízanse estrutural, xeométrica e formalmente.
Proba obxectiva Proba teórica: Realizaráse unha proba escrita dunha hora de duración, o final do curso,
sobre os contidos teóricos desenvolvidos nas sesións maxistrais e nas exposicións dos distintos grupos sobre a primeira práctica tutelada. Preténdese obter unha nota individualizada do alumno que se compoñerá co resto das notas dos traballos realizados individualmente ou en grupo.
Presentación oral Presentación oral: Os alumnos en grupo de tres deberán expoñer o Traballo Tutelado inicial de análise e comprensión de arquitecturas emblemáticas.
Preténdese que todos os alumnos do curso sexan participes dos contidos dos exercicios dos outros compañeiros.
Valórase a capacidade de síntese e precisión da exposición, a calidade do material de apoio achegado e o grao de afondamento e coñecemento do tema tratado.
Estes contidos incorpóranse ao corpo teórico da materia sendo susceptibles de incluírse nas probas obxectivas a realizar.
Traballos tutelados Traballos tutelados: Realizaranse un traballo tutelado que implica un maior traballo autónomo non presencial nas que se realizará a representación e análise xeométrica de arquitecturas emblemáticas da historia da arquitectura, construídas ou tan só debuxadas. O traballo realizarase en grupos de 3 membros como máximo e será o grupo o que a principio de curso elixa a arquitectura emblemática, consensuado cos profesores. Ao longo do curso realizaranse turtorias de control do desenvolvemento do traballo. Lle entrega realizarase ao final do cuadrimestre.
Prácticas de laboratorio Case todas as semanas que se explique un tema teórico sobre un tipo de superficies, farase unha practica de curta duración no laboratorio de informática donde se implemente o debuxo por computador desas superficies. A practica se entrregará ó ramate da clase.
Saídas de campo Saídas de campo: Ao longo do curso de pretende realizar polo menos unha saída para visitar algún edificio que exemplifique os contidos teóricos desenvolvidos. Tamén se realizarán visitas a empresas que utilizan as últimas tecnoloxías do debuxo asistido por ordenador para o cálculo, o deseño e a representación da arquitectura.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Realizaranse titorías individualizadas ou en grupos moi reducidos para resolver dúbidas sobre os contidos teóricos da materia e sobre as prácticas tuteladas e en xeral sobre calquera outra circunstancia sobre a materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A5 A34 A40 A49 A64 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C4 C5 C6 C8 Realizásese unha proba escrita dunha hora de duración, ao final de curso sobre os contidos teóricos desenvolvidos nas sesións maxistrais e nas exposicións dos distintos grupos sobre a práctica tutelada. Para superar a materia é necesario conquerir unha claificación mínima de 4 ptos sobre 10 da proba obxetiva. 25
Presentación oral A1 A2 A3 A64 B4 C1 C3 Presentación oral: Os alumnos en grupo de tres deberán expoñer o Traballo Tutelado inicial de análise e comprensión de arquitecturas emblemáticas.
Todos os membros do grupo deberán intervir.
Valórase a capacidade de síntese e precisión da exposición, a corrección oratoria, a calidade do material audiovisual de apoio achegado e o grao de afondamento e coñecemento do tema tratado.
Estes contidos incorpóranse ao corpo teórico da materia sendo susceptibles de incluírse nas probas obxectivas a realizar.
10
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A5 A34 A64 B1 B3 B4 B5 C4 C8 As Prácticas de Laboratorio realízanse de xeito individual no Laboratorio Informático da ETSA. Os alumnos que non consigan entregar na sesión de laboratorio correspondente, completarán practíca con traballo autónomo e entregarana na sesión da boratorio da semana seguinte. 45
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A34 A40 B2 B3 C1 C3 C4 C5 C7 O traballo realizarase en grupos de 3 membros como máximo e será o grupo o que a principio de curso elixa a arquitectura emblemática, consensuado cos profesores. Ao longo do curso realizaranse tutorias de control do desenvolvemento do traballo. A entrega realizarase ao final do cuadrimestre. 20
 
Observacións avaliación

Utilizarase o método de Avaliación Continua, o que supón que se controlará a asistencia a clase e que a cualificación se obterá fundamentalmente a partir da actitude e do traballo do estudante ao longo do cuadrimestre. 

O alumno deberá asistir polo menos ao 80% das sesións maxistrais e tamén ao 80% das clases de prácticas de laboratorio. Deberá ter entregado todas as prácticas propostas e terse presentado á proba obxectiva.

Para superar a materia é necesario conquerir unha claificación mínima de 4 ptos sobre 10 na proba obxetiva.

Segunda oportunidade:Para presentase deberá ter cumprida co 80% da asistencia esixida e ter entregado todas as prácticas debidamente tuteladas. A segunda oportunidade poderá consistir nunha proba obxectiva e/ou a entrega dun traballo complementario.
Para superar a materia é necesario conquerir unha claificación mínima de 5 ptos sobre 10 na proba obxetiva.

A docencia a alumnos de programas de mobilidade adaptarase a condicións pedagóxicas e traballos tutelados especiais, así como as probas e examens de avaliación.

Fontes de información
Bibliografía básica OTTO, Frey (1979). Arquitectura adaptable. G.G.
HERZOG, T. (1977). Construcciones neumáticas. Barcelona: G.G.
JOEDICKE, Jürgen. (1967 ). Estructuras en voladizos y cubiertas.. México D.F.:Hermes
FRANCO TABOADA, J.A. (2012). Geometría descriptiva para la representación arquitecónica.. Andavira
ATERINI, A. y otros (1990). Geometria e Structure. Aliena
GHEORGIU , A. y DRAGOMIR, V. (1978). Geometry of structural forms. A.S.P.
ENGEL, HEINO (2001). Sistemas de Estructuras. G.G.
SCHOCK, Hans-Joachim (1997). SOFT SHELLS. Desing and Technology of Tensile Arquitecture . Birkhäser

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xeometría Descritiva/630G02003
Análise Arquitectónico 1/630G02012
Xeometría da Forma Arquitectónica/630G02014
Análise Arquitectónico 2/630G02017

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Estruturas Singulares/630G02049

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías