Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Comunicación gráfica en Arquitectura Código 630G02053
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Expresión Gráfica Arquitectónica
Coordinación
Fernandez-Gago Longueira, Paula
Correo electrónico
paula.fernandez-gago@udc.es
Profesorado
Fernandez-Gago Longueira, Paula
Pernas Alonso, Maria Ines
Correo electrónico
paula.fernandez-gago@udc.es
ines.alonso@udc.es
Web
Descrición xeral Poñer en coñecemento do alumnado os contidos teóricos sobre os procesos de comunicación gráfica, representación, ideación, deseño, fotografía, medios audiovisualis, señalética e infografía necesarios para o desenvolvemento práctico do programa docente plantexado.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Aptitude para aplicar os procedementos gráficos á representación de espazos e obxectos (T)
A2 Aptitude para concibir e representar os atributos visuais dos obxectos e dominar a proporción e as técnicas do debuxo, incluídas as informáticas. (T)
A64 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Expresión Gráfica Arquitectónica no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B7 Coñecer o papel das belas artes como factor que pode influír na calidade da concepción arquitectónica
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento e aplicación dos procedementos de deseño para resolver proxectos gráficos e aplicacións arquitectónicas. A1
A2
A64
Coñecemento da organización estética e expresiva das artes visuais como punto de partida para a percepción estética do entorno. B2
B7
Emprego dos elementos do vocabulario visual para a súa formalización gráfica nun soporte axeitado. A2
Emprego das técnicas fotográficas como ferramenta visual na exposición de proyectos gráficos e arquitectónicos. B4
Saber aplicar as ferramentas informáticas axeitadas a cada proxecto gráfico. C3

Contidos
Temas Subtemas
I. COMUNICACIÓN VISUAL Comunicación visual na actualidade
As artes visuais. O vocabulario visual
Técnicas de presentación na actualidade
II. IMAXE CORPORATIVA. DESEÑO DE PROGRAMAS Imaxe corporativa na arquitectura
Grafismo ambiental
III. TEORÍA E PRÁCTICA DA SINALÉTICA O linguaxe sinalético
A cor sinalética

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 9.5 0 9.5
Traballos tutelados A1 A64 B7 16 59.5 75.5
Prácticas a través de TIC C3 0 14 14
Análise de fontes documentais B4 0 6.5 6.5
Proba obxectiva B2 0 1 1
Presentación oral B4 4 0 4
Actividades iniciais B2 1 0 1
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballos tutelados Practica semestral que se expón a principio do semestre e desagrégase en varios apartados, cada un dos cales constitúe un bloque de aplicación dos contidos impartidos nas sesións maxistrais. Esta práctica realízase en grupo, polo que supón un traballo colaborativo e de toma de decisións compartidas.
Dentro de cada un dos apartados constituíntes da práctica tutorada, o alumno realiza de forma individual un traballo de investigacion relativo ao tema tratado no devandito bloque.
Contémplase o seguimento en forma de tutoria individualizada do traballo do alumno dentro do traballo tutorado, tanto no seu desenvolvemento presencial como non presencial.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións, simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canal para o tratamento da información e aplicación práctica de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Proba obxectiva Proba teórico/práctica utilizada para a avaliación da aprendizaxe, co trazo distintivo da posibilidade de determinar se o alumno alcanzou o nivel esperado de aprendizaxe. Constituirá un instrumento de medida, articulado rigorosamente, que permita avaliar capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes e actitudes.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Presentación oral Ao final do semestre, cada grupo debe facer unha exposición oral da práctica xeral realizada, presentando cada un dos apartados e participando todos os integrantes, durante un tempo fixado previamente.
Actividades iniciais Exposición inicial dos obxectivos que se queren alcanzar ao longo do semestre vinculados co programa formativo da materia. Exposición das metodoloxías a empregar e proposta de traballos a desenvolver.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atencion concíbese como momentos presenciais de traballo do alumno co profesor en forma de tutorías en grupos moi reducidos e en tutorias individualizadas que se realizarán nas horas establecidas para ese efecto no calendario de tutorías xerais do profesor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A64 B7 Realízase durante todo o semestre nos horarios facilitados ao alumnado e cunha periodicidade tal que permita o seguimento e correción da práctica exposta. 60
Proba obxectiva B2 É unha proba teórico/práctica que se utiliza para a evaluacion da aprendizaxe individual do alumnado. 30
Presentación oral B4 É unha presentación por parte do estudantado do traballo realizado durante o semestre. 10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Costa, Joan (2007). Señalética corporativa . Barcelona : Costa Punto Com
Costa, Joan (1989). Señalética de la señalización al diseño de programas. Barcelona:CEAC
Cossu, Matteo. (2010). Usted está aqui : diseño de señalética . Barcelona:Maomao
Cohen, David (2012). A visual language : [elements of design] / David Cohen & Scott Anderson. London: Herbert Press
Heller, Steven (2012). Cien ideas que cambiaron el diseño gráfico. Barcelona:Laberinto
Martínez-Val, Juan (2004). Comunicación en el diseño gráfico : la lógica de los mensajes visuales en diseño, publicidad e Internet. Madrid: Laberinto
Mariño Campos, Ramón (2007). Diseño de páginas web y diseño gráfico : metodologías para la implementación de sitios web y para el diseño gráfico. Vigo:Ideaspropias
Knobler, Nathan (1970). El diálogo visual. Introducción a la apreciación del arte. . Aguilar
Satué, Enric (1977). El diseño gráfico en España. Historia de una forma comunicativa nueva. Alianza Editorial
Skolos, Nancy (2012). El proceso del diseño gráfico: del problema a la solución. Barcelona:Blume
Meggs, Philip B. (1991(2000 reimp.)). Historia del diseño gráfico.. Mexico:Trillas
Mathieu Lommen (2012). The book of books : 500 years of graphic innovation. London:Thames & Hudson

Bibliografía complementaria Sánchez Avillaneda, María del Rocío (2005). Señalética conceptos y fundamentos: una aplicación en bibliotecas.. Buenos Aires:Alfagrama


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías