Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Arquitectura de Escala Complexa Código 630G02058
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Sabin Diaz, Patricia
Correo electrónico
patricia.sabin@udc.es
Profesorado
Sabin Diaz, Patricia
Correo electrónico
patricia.sabin@udc.es
Web
Descrición xeral O concepto de "escala" en Arquitectura remite, en palabras de Anish Kapoor, a unha cantidade de proporcións abstractas que por unha banda se relacionan, a un determinado nivel, o corpo, o físico, e por outro, máis intenso, coa imaxinación. A complexidade non radica exclusivamente no tamaño, a función ou o artificio, senón na multiplicidade de relacións que un obxecto arquitectónico establece coa súa contorna física, ambiental, social, humano e cultural.

Competencias do título
Código Competencias do título
A17 Aptitude para aplicar as normas técnicas e construtivas.
A30 Coñecemento da organización de oficinas profesionais.
A34 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos básicos e de execución, esbozos e anteproxectos. (T)
A35 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos urbanos. (T)
A67 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Proxectos no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Cursar esta asignatura pemitirá o alumno achegarse o feito aquitectónico dende plantexamentos e ópticas pluridisciplinares, incorporando respostas a unha serie de condicions e variables cada vez máis complexas e confusas. Complementará o desenrolo programático das asignaturas da área de Proxectos Arquitectónicos. A17
A30
A34
A35
A67
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. ARQUITECTURA PARA AS GRANDES ESCALAS 1.1 Territorio e planificación.

1.2 Paisaxe e infraestructuras.

1.3 Arquitecturas subterráneas.

1.4 Linguaxe e dimensión na arquitectura.

1.5 Edificación en altura: o aranhaceos.
2. A FUNCIÓN COMPLEXA. PROGRAMAS ESPECÍFICOS 2.1 Arquitecturas para o transporte.

2.2 Arquitectura sanitaria e asistencial.

2.3 Os espazos para o traballo.

2.4 Arquitecturas para a industria.

2.5 Arquitecturas para grandes eventos.
3. A FORMA COMPLEXA. NOVAS FERRAMENTAS PARA O DESEÑO ARQUITECTÓNICO. 3.1 Xeometrías fractais.

3.2 As novas ciencias da complexidade.

3.3 Dinámicas non lineais, teoría do caos e sistemas auto-organizados.

3.4 Deseño paramétrico.

3.5 Arquitecturas e mundos virtuais.
4. ARQUITECTURAS EN ENTORNOS COMPLEXOS. 4.1 Arquitectura en condicións extremas.

4.2 Arquitectura nómada.

4.3 Arquitectura e identidade.

4.4 Arquitecturas nas periferias.
5. FERRAMENTAS E SISTEMAS DE XESTIÓN DO PROXECTO COMPLEXO. 5.1 Xestión de equipos multidisciplinares

5.2 Plataformas e contornas de xestión do proxecto

5.3 Contratación e tramitación administrativa

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B5 C8 1 4 5
Sesión maxistral B10 B11 6 0 6
Discusión dirixida B1 B5 C1 C7 5 0 5
Saídas de campo B10 B11 C8 4 0 4
Obradoiro A17 A30 A34 A35 A67 B2 B3 B4 C3 C4 C5 C6 20 40 60
Portafolios do alumno A17 C7 10 12.5 22.5
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos coñecementos previos.
Sesión maxistral Exposición oral, complementada co uso de medios audiovisuales e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A sesión maxistral é tamén coñecida como conferencia, método expositivo ou lección maxistral. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Saídas de campo A saída de campo, entendida como unha estratexia que achega de xeito consciente ao individuo coa realidade, é unha oportunidade de ensino e aprendizaxe valiosa para estudante, ao potenciar o proceso de observación, recolección de información, interpretación, formulación de conxecturas, explicacións e proxeccións que lles posibilitan interpretar a súa contorna social e o contexto cultural.
Obradoiro Obradoiro de proxectos: Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes nos que se introducen coñecementos de diversas materias, sempre ao redor dun proxecto arquitectónico, onde se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc.) a través da que o alumnado desenvolve tarefas prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado das materias implicadas.
Portafolios do alumno O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolio persoal do alumno, físico e dixital, dispoñible físicamente en papel e accesible a través da ferramenta informática para a docencia Moodle.

Se evalúan os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final.

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Discusión dirixida
Obradoiro
Descrición
O alumno recibe atención personalizada concernente ao traballo que está desenvolvendo na asignatura e no Taller, a través do profesor ou profesores do grupo ao que sexa asignado. No Taller, ademais, terá a posibilidade de comentar e obter revisións críticas por parte dos demais grupos, para poder contrastar opinións e criterios para confrontarlos cos propios.

O portafolio do alumno será obxecto de revisións personalizadas, para observar a súa evolución e constatar a súa autoría.

A docencia a alumnos de programas de mobilidade adaptarase a condicións pedagóxicas e de traballos tutelados especiais, así como as probas e exames de avaliación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A17 C7 O resultado final dos traballos realizados na asignatura plasmarase no portafolio persoal do alumno, dispoñible e accesible a través da plataforma docente Moodle.

Se evalúan os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final.

Realizaráse unha proba obxetiva consistente nunha práctica que demostre a habilidades e competencias adquiridas polo alumno cun peso do 20% deste apartado
40
Obradoiro A17 A30 A34 A35 A67 B2 B3 B4 C3 C4 C5 C6 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe - tanto autónoma como colaborativa - dos estudantes, baixo tutélaa do profesor e en escenarios variados (académicos, profesionais e competitivos). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade da súa propia aprendizaxe.

A docencia a alumnos de programas de mobilidade adaptarase a condicións pedagóxicas e de traballos tutelados especiais, así como as probas e exames de avaliación.
60
 
Observacións avaliación
Para superar a materia na oportunidade de xuño será preciso:
- Ter asistencia mínima 80% das clases con partición activa tanto nas clases de revisión conxunta como individual dos traballos.
- Entregar en tempo e forma os traballos (de xeito acorde o calendario da asignatura) e obter uhna calificación mínima de 3 en cada exercicio.
- Obter na proba obxetiva uhna calificación mínima de 5.

Para superar a materia na oportunidade de xullo será preciso:
- Ter asistencia mínima 80% das clases do curso con participación activa  tanto nas clases de revisión conxunta como individual dos traballos.
- Ter entregado en tempo e forma os traballos durante o curso, e proceder a súa modificación durante os meses de xuño-xullo se á calificación non supera o 3 en cada exercicio.
- Obter na proba obxetiva de xullo unha calificación mínima de 5.

Fontes de información
Bibliografía básica Rafael Moneo (2004). INQUIETUD TEORICA Y ESTRATEGIA PROYECTUAL EN LA OBRA DE OCHO ARQUITECTOS CONTEMPORANEOS . Barcelona: Actar
Rem Koolhaas (2006). LA CIUDAD GENÉRICA. Barcelona: Gustavo Gili
Peter Zumthor (2014). PENSAR LA ARQUITECTURA . Barcelona: Gustavo Gili
Ludovico Quaroni (1980). PROYECTAR UN EDIFICIO. OCHO LECCIONES DE ARQUITECTURA . Madrid: Xarait
Ignasi de Solá-Morales (2003). TERRITORIOS. Barcelona: Gustavo Gili

Bibliografía complementaria Josep Muntañola i Thornberg (2004). ARQUITECTURA, MODERNIDAD Y CONOCIMIENTO. Barcelona: Edicións UPC
Steen Eiler Rasmussen (2004). LA EXPERIENCIA DE LA ARQUITECTURA: SOBRE LA PERCEPCION DE NUESTRO ENTORNO. Barcelona: Reverte
Josep María Montaner (2008). SISTEMAS ARQUITECTONICOS CONTEMPORANEOS . Barcelona: Gustavo Gili


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Proxectos 5/630G02021
Proxectos 4/630G02016
Proxectos 2/630G02006
Proxectos 3/630G02011
Proxectos 7/630G02031
Proxectos 1/630G02001
Proxectos 6/630G02026

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Proxectos 9/630G02041
Proxectos 8/630G02036

Materias que continúan o temario
Traballo Fin de Grao/630G02059

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías