Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Actuacións Urbanísticas Contemporáneas Código 630G02060
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Seoane Prado, Enrique
Correo electrónico
enrique.seoane@udc.es
Profesorado
Seoane Prado, Enrique
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
enrique.seoane@udc.es
jose.vmosquera@udc.es
Web
Descrición xeral O curso desenvolverase arredor da globalización da información e da cultura, da mundialización da economía, e do cambio climático como paradigmas da contemporaneidade, que se traducen na explosión da cidade sobre os territorios e na urbanización indiscriminada e na ocupación desde a urbanidade de territorios afastados das cidades (especialmente os territorios litorais) e na percepción desde a óptica, desde a sensibilidade e desde a cultura urbanas de todos os territorios.

Cas exposicións teóricas preténdese o estudio e o entendemento dos modos contemporáneos de intervención proxectual urbanística no mundo urbano, periférico, e territorial.

As actuacións urbanísticas contemporáneas teñen así moito que ver:
- co entendemento do metabolismo urbano (social e material) e de ciclo pechado nas cidades e no territorio(autoxeneración enerxética, autosuficiencia hídrica e sistemas urbanos de drenaxe sostible, valorización de resíduos, sustentabilidade e soberania alimentaria,...);
- ca valoración da competencia dos territorios frente á competitividade entre eles;
- con modelos alternativos e integrados de mobilidade e de accesibilidade aos bens materiais e culturais;
- ca valoración da salubridade (cidades saudables e descarbonizadas), da inclusividade fronte á "gentrification" e a "guettification", e da participación ciudadadana;
- ca incorporación da natureza e dos procesos naturais na cidade consolidada, e da infraestruturas e dotacións urbanas no territorio rural (natureza no urbano e urbanidade no territorio), que derivan en actuacións de carácter paisaxístico.

O alumnado -en grupo e individualmente- ha de desenvolvernos exercicios, actividades prácticas e prácticas de curso -tanto desde a discusión teórica como desde a necesaria investigación iniciática- para o establecemento de pautas e propostas de intervención urbanística que contemplen e entendan os paradigmas da contemporaneidade a partir do conxunto de clases teóricas sobre os diferentes tipos de proxectos urbanos e territoriais.
Plan de continxencia Deseñaronse dous plans de continxencia, en función de dous escenarios diferentes:

ESCENARIO 1
Prevese un primeiro escenario no que debido á capacidade das aulas ou outro tipo de razóns non sexa factible a docencia presencial das clases expositivas (sesiones maxistrais), en tanto a que docencia interactiva e de obradoiros, ao ser grupos de menor número de alumnos poida seguir impartindose de xeito presencial.
Nesta situación, o único cambio previsto afecta á metodoloxía docente empregada nas sesións maxistrais que se realizarán en formato on line ca axuda da plataforma Teams incluida en Office365.
No hai cambios nos contidos da materia, nin nos mecanismos de atención personalizada ao alumnado, nin nos criterios de avaliación.

ESCENARIO 2
Prevese un segundo escenario no que ante un posible confinamento non sexa factible nengún tipo de docencia presencial. En tal caso, os cambios previstos son os seguintes:

1. Modificacións nos contidos
No se realizan cambios

2. Metodoloxías
Mantéñense todas, aínda que sexa de xeito non presencial, a través de MOODLE e TEAMS.
- Sesión maxistral
- Discusión dirixida e estudio de casos (computando na avaliación)
- Traballos tutelados (con atención personalizada e computando na avaliación)
- Atención personalizada
A imposibilidade de continuar utilizando as metodoloxías en formato presencial obriga a adoptar estratexias alternativas que faciliten as aprendizaxes con independencia das posibles continxencias relativas ao equipamiento e conexión do alumnado. Polo que se opta por facilitar a través da plataforma Moodle a documentación necesaria para continuar avanzando no programa formativo, e o resto das tarefas efectuaríanse ca axuda da plataforma Teams incluida en Office365.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
MOODLE será o foro virtual de relación e para compartir contidos, información e traballos.
O foro permanecerá aberto durante todo o período lectivo, respondendo o profesorado ás posibles consultas tanto durante as sesións virtuais, como durante o horario oficial de titorías.
TEAMS usaráse para reunións virtuais e canles de comunicación.
Manteránse abertas as canles de comunicación (xeral e por grupos) para que o alumnado poida formular consultas.
As titorías continuaránse a partir da plataformas TEAMS e MOODLE, en sesións semanais durante o horario de titorías, e outras sesións a concertar a través do correo electrónico

4. Modificacións na avaliación
Mantéñense os criterios de avaliación indicados e non se modifican as porcentaxes nin os conceptos avaliados.
Los alumnos que por causas justificadas relativas al equipamiento informático o de conexión, debidamente acreditadas, no pudiesen realizar los exámenes correspondientes a las pruebas mixtas en línea, tendrán derecho a la realización de dichas pruebas mixtas de forma oral, siendo requisito imprescindible solicitarlo mediante correo electrónico el mismo día del examen, tras lo que serán oportunamente convocados para su realización.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
No se realizan cambios. Mantéñense as fontes de información subministradas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A35 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos urbanos. (T)
A37 Capacidade para elaborar programas funcionais de edificios e espazos urbanos. (T)
A45 Capacidade para deseñar e executar trazados urbanos e proxectos de urbanización, xardinería e paisaxe. (T)
A46 Capacidade para aplicar normas e ordenanzas urbanísticas.
A52 Coñecemento axeitado da ecoloxía, a sostibilidade e os principios de conservación de recursos enerxéticos e medioambientais.
A53 Coñecemento axeitado das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental, así como dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
A55 Coñecemento axeitado da relación entre os patróns culturais e as responsabilidades sociais do arquitecto.
A58 Coñecemento axeitado dos fundamentos metodolóxicos do planeamento urbano e a ordenación territorial e metropolitana.
A59 Coñecemento dos mecanismos de redacción e xestión dos planos urbanísticos a calquera escala.
A69 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Urbanismo no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B8 Coñecer o urbanismo e as técnicas aplicadas no proceso de planificación
B12 Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
coñecemento dos diferentes xeitos contemporáneos de intervir na cidade e no territorio A35
A37
A45
A46
A52
A53
A55
A58
A59
A69
B1
B2
B3
B4
B5
B8
B12
C3
C4
C6
capacidade para analizar e propoñer actuacións urbanísticas en diferentes áreas urbanas, periurbanas ou territoriais A35
A37
A45
A46
A52
A53
A55
A58
A59
A69
B1
B2
B3
B4
B5
B8
B12
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Capacidade dialéctica, discursiva, expositiva para a participación nos debatese para a exposición e defensa dos traballos e actividades prácticas A35
A37
A45
A46
A52
A53
A55
A58
A59
A69
B1
B2
B3
B4
B5
B8
B12
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Intervencións relacionadas co METABOLISMO URBANO e SOCIAL.
Actuaciones vinculadas ao ciclo natural da auga (atmosférica, de superficie e do subsolo) cara á autosuficiencia hídrica e ao manexo da auga de chuvia.
Actuaciones favorecedoras da autoxeración enerxética e da eficiencia do sistema.
Actuacións urbanísticas de valorización de resíduos.
Actuacións de descarbonización das cidades e de medidas contra a contaminación ambiental, atmosférica e acústica.
Actuacións relacionadas ca REDE VERDE (pública, comunitaria e privada) de SOLO PERMEABLE e de ESPAZOS PÚBLICOS INCLUSIVOS INTERCONECTADOS - Rede VERDE (vexetación) e rede AZUL (auga) compatibles e interconectadas.
- Rutas e itinerarios interconectados en rede para un uso de ocio saludable, accesible, democrático e inclusivo.
- Topoloxía das redes e distribución, tipos e características dos espazos e as súas envolventes.
- Parques e hortas urbanas. Verde comestible. O papel urbano do hinterland das cidades: ocio verde e produción de alimentos de proximidade para mercados en rexións agropolitanas.


Actuacións RESIDENCIAIS INTEGRADAS en áreas de novo crecemento - ECOBARRIOS
- ECODISTRITOS
- ECOCIDADES
Actuacións de intervención integral ou selectiva en áreas degradadas ou singulares e na cidade construída en tecidos obsoletos, relacionados con modos e xeitos contemporáneos de REHABILITACIÓN, REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANA. - Actuacións en Cidades Históricas, tecidos residenciais tradicionais e Polígonos de Vivenda Colectiva.
- Actuacións de planificación e intervención en áreas degradadas de carácter industrial, portuario, ou infraestrutural, para darlles un novo uso territorial ou urbano.
- Actuacións de planificación ou intervención en áreas patrimoniais naturais ou culturais do territorio ou de cidades e barrios históricos.
- Actuacións de incorporación do litoral fluvial ou marítimo aos usos cívicos da urbanidade e do territorio.
Plans e proxectos de introdución e reintrodución de COMPLEXIDADE E VARIEDADE de USOS E TECIDOS fronte á "gentrification", "guettification" ou tematización de barrios, cidades e territorios. - Turistización e diversos modos de "gentrification"
- Tematización e/ou especialización de cidades, barrios e áreas.
- Degradación social, devaluación económica e obsolescencia física e funcional en áreas urbanas e territoriais. Problemas e alternativas.
- Proxectos vinculados ao grandes equipamentos e infraestruturas, de enclave urbano ou territorial.
Actuacións urbanísticas de NOVA VIALIDADE, MOBILIDADE e TRANSPORTE - Transporte público e/ou colectivo inclusivo en cidades como elemento transformador da accesibilidade e da integración social.
- Mobilidade segura e eficiente en diferentes modos de desprazamento.
- Compatibilidade e complementariedade dos diferentes modos de transporte.
- Abastecemento loxístico e distribucuión de alimentos, bens e mercadorías.
Actuacións de carácter PAISAXÍSTICO no TERRITORIO -Actuacións en paisaxes naturais ou culturais con intervencións cualificadoras e/ou restauradoras de carácter integrador ou selectivo, relacionadas con diferentes xeitos de intervención e de contemplación do territorio e a paisaxe.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A52 A53 A55 A58 A59 A69 B8 B12 C6 C8 20 0 20
Discusión dirixida B1 B2 B3 B4 C1 C4 C7 10 15 25
Traballos tutelados A35 A37 A45 A46 B1 B2 B3 B4 B5 B12 C1 C3 C4 20 60 80
Estudo de casos A52 A53 A55 A58 A59 A69 B8 C3 C5 C8 10 10 20
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas para ampliar coñecementos e fomentar a participación e o avance nas actividades prácticas
Discusión dirixida Debates encamiñados a fomentar no alumnado criterios de razoamento urbanístico
Traballos tutelados Actividades prácticas a desenvolver polos alumnos durante o curso, que se han de materializar en estudos e propostas de diferentes actuacións urbanísticas.
Estudo de casos Estudo e análise de actuacións contemporáneas de natureza urbanística a distintas escalas, arredor das temáticas abordadas durante o curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Discusión dirixida
Descrición
As discusións dirixidas e os traballos tutelados supoñen o seguimento e asesoramento por parte dos profesores para incentivar no alumnado a investigación persoal e para orientar as propostas creativas fomentando a autocrítica e o avance na capacidade propositiva.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A52 A53 A55 A58 A59 A69 B8 B12 C6 C8 Clases teóricas para ampliar coñecementos e fomentar a participación e o avance nas actividades prácticas 15
Traballos tutelados A35 A37 A45 A46 B1 B2 B3 B4 B5 B12 C1 C3 C4 Actividades prácticas a desenvolver polos alumnos durante o curso, que se han de materializar en estudos e propostas de diferentes actuacións urbanísticas. 60
Discusión dirixida B1 B2 B3 B4 C1 C4 C7 Debates encamiñados a fomentar no alumnado criterios de razoamento urbanístico 15
Estudo de casos A52 A53 A55 A58 A59 A69 B8 C3 C5 C8 Estudo e análise de actuacións contemporáneas de natureza urbanística a distintas escalas, arredor das temáticas abordadas durante o curso. 10
 
Observacións avaliación

Para a segunda oportunidade atenderase a normativa da UDC e será necesario entregar todos os traballos do curso para poder presentarse


Fontes de información
Bibliografía básica jaime Lerner (2005). Acupuntura urbana. Institut d'arquitectura avanzada de catalunya
Busquets, J. (2006). Cities X Lines. Harvard University
AA.VV. (2009-13). DRU 1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7. Depto: Proxectos e Urbanismo UDC
Batlle, E. (2011). El jardín de la metrópli. GG
AA. VV. (1999). Entornos vitales. GG
Paisaje Transversal (2019). Escuchar y transformar la ciudad. Urbanismo colaborativo y participación ciudadana. Catarata. Madrid
Salvador Rueda (2012). Guia metodológica para auditar la calidad y sostenibilidad en el medio urbano. Ministerio de Fomento
AA.VV. (2009). La ciudad paseable. CEDEX
Gehl, J. (2009). La humanización del espacio urbano. Ed. Reverté
Corominas, Sabaté & Sotoca (2007). Planes muy especiales. C. O. Arquitectes de Catalunya
AA.VV (1985-92). Revista UR (todos los números). Laboratorio Urbanismo Barcelona
A. Vegara & J.L. de las Rivas (2004). Territorios inteligentes: nuevos horizontes del urbanismo. Fundación Metrópoli Madrid

Bibliografía complementaria Philippe Rahm (2020). Arquitectura Meteorológica. Ed. Arquine. Ciudad de México
Richard Sennet (2018). Construír e Habitar. Etica para uma cidade aberta. Ed. Record. Rio de Janeiro
S. Sassen (2003). Contrageografías de la globalización. Ed. Traficantes de Sueños. Madrid
J. Sabaté Bel (2002). En la identidad del territorio está su alternativa. OP ingeniería y territorio nº 60
Francesco Tonucci (1996). La ciudad de los niños. fundación Rupérez
Christopher Alexander (1971). La estructura del medio ambiente. Ed. Tusquets
AAVV coord. por A. Font Arellano (2007). La explosión de la ciudad . Ministerio de Vivienda
François Jullien (2010). Las transformaciones silenciosas. Ediciones Bellaterra
Gustavo Duch (2014). No vamos a tragar. Soberanía Alimentaria. Editorial Gustavo Gili
Ian McHarg (2000). Proyectar con la naturaleza. ED. Gustavo Gili
Stephen Coyle (2011). Sustainable and resilient communities. editorial Wiley
Françésc Muñoz (2008). Urbanalización. Paisajes comunes. Lugares Globales . Ed. Gustavo Gili
J.Hoyer, W.Dickhaut, L.kronawiter & B.Weber (2011). Water Sensitive Urban Design: Principles and Inspiration for Sustainable Stormwater Management in the City of the Future. Ed. JOVIS


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Urbanística 5/630G02042

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías