Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Teoría da Intervención Contemporánea Código 630G02061
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Agrasar Quiroga, Fernando
Correo electrónico
fernando.agrasar@udc.es
Profesorado
Agrasar Quiroga, Fernando
Paz Agras, Mari Luz
Correo electrónico
fernando.agrasar@udc.es
luz.paz.agras@udc.es
Web http://http://etsa.udc.es/web/
Descrición xeral A asignatura propón o estudo dun conxunto de casos dunha selección de obras arquitectónicas que sexan o resultado dunha intervención sobre o construido. Todos estes exemplos foron proxectados dende a segunta metade do século XX ata os nosos días. O conxunto de arquitecturas seleccionadas e o ideairo dos seus autores, analizado a través dos seus textos, permiten unha aproximación á TEORÍA DA INTERVENCIÓN CONTEMPORÁNEA. As clases maxistrais e o taller da asignatura parten da concreción da obra, a través da súa análise, para formular as ideas fundamentais que soportan as decisións de proxecto.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e máis a integridade dos contidos.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Manteranse as mesmas metodoloxías docentes. Tanto a sesión maxistral, como a realización de proba mixta ou seguimento dos traballos tutelados adaptaranse ao soporte virtual, no seu caso.
* Metodoloxías docentes que se modifican:
Non está previsto modificacións de metodoloxías docentes

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. As titorías serán convocadas en sesións, previamente anunciadas de Teams. As corrección e aclaracións en grupo teñen un valor pedagóxico maior que a atención individualizada, inda así, estas realizaranse mediante correo electrónico e conferencia por Teams.

4. Modificacións na avaliación
A avaliación non será modificada.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
Os recursos bibliográficos da asignatura están xa disponibles no Moodle. Aportacións específicas de materiais de consulta se facilitarán en soporte dixital.


Competencias do título
Código Competencias do título
A68 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Composición no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A68
B1
B2
B3
B4
B5
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1 Tema introdutorio: O valor do pasado, das teorías do XIX á negación da modernidade - A conciencia do valor do existente: Alberti e Michael Angelo
- Os dous polos dialécticos do XIX: Ruskin e Viollet
- A ahistoricidade moderna
2 Carlo Scarpa: a narratividade secuencial e o valor do detalle singular - Análise do Castelvecchio de Verona
- Análise do Palazzo QueriniStampalia
3 Lina Bo Bardi: o espazo vivido - Análise do CESC Fábrica Pompéia
- Análise das intervenciones en Salvador de Bahía
- Análise do Teatro Oficina
4 Alison e Peter Smithson: orde conglomerado e signos de ocupación - Análise comparado das viviendas dos Smithson
- Análise do Solar Pavillion
- Análise da Hexenhaus
5 Gordon Matta-Clark: a arte como instrumento de intervención arquitectónica - As intervenciones de Matta-Clark e as súas consecuencias arquitectónicas.
- Análise de Orange Caribbean
6 Rem Koolhaas: o arquitecto como “curator” - Análise da Fondazione Prada
- Análise da intervención no Hermitage
- Cronocaos: teoría da intervención contemporánea
7 Conclusión e recapitulaciones: outras experiencias e teorías .

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro B2 B3 C3 15 45 60
Proba mixta B1 B4 B5 C1 3 16.5 19.5
Sesión maxistral A68 C4 C5 C6 C7 C8 30 0 30
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
Os traballos consistirán na análise de propostas arquitectónicas en relación ao temario do curso. Os traballos serán en grupos de tres alumnas-os.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro B2 B3 C3 Os traballos, realizados en grupo, terán unha cualificación máxima de 2 puntos. Será preciso ter entregado os traballos para superar a asignatura. 25
Proba mixta B1 B4 B5 C1 Un exame ao final do cuatrimestre, referido á totalidade de todos os contidos do curso. A este exame corresponderá un 80% da cualificación final. No mesmo, é preciso acadar unha cualificación de 4 (sobre un máximo de 10) para poder superar a asignatura e poder facer media cos traballos. 75
 
Observacións avaliación

A asistencia regualar á clase (80% mínimo) é imprescindible para realizar o obradoiro e a proba mixta.

Para concorrer á segunda oportunidade de cada convocatoria será imprescindible ter entregado, na primeira, o traballo desenvolvido durante o curso e revisado polo profesorado da asignatura. Este traballo tutelado pode ser ampliado e correxido para ser reavaliado na segunda oportunidade. 


Fontes de información
Bibliografía básica SEMI, Franca (2010). A lezione con Carlo Scarpa. Venecia: Cicero
SOLÁ-MORALES, Ignasi de (2006). Intervenciones. Barcelona: GG
BO BARDI, Lina (1996). Lina Bo Bardi. Sao Paulo: Imprenta Oficial
BO BARDI, Lina (2014). Por escrito. Textos escogidos 1943-1991. México DF: Alias
KOOLHAAS, Rem (2014). Preservation is overtaking us. Nueva York: GSAPP Books
SMITHSON, Alison y Peter (2001). The charged void: Architecture. Nueva York: The Monacelli Press
CORBEIRA, Darío (Ed) (2000). ¿Construir... o deconstruir? Textos sobre Gordon Matta-Clark. Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Teoría da Arquitectura/630G02025

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías