Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Hábitat Básico Código 630G02062
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Quinto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Expresión Gráfica Arquitectónica
Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Lizancos Mora, Plácido
Correo electrónico
placido.lizancos@udc.es
Profesorado
Rodriguez Alvarez, Jorge
Correo electrónico
jorge.ralvarez@udc.es
Web http://www.udc.gal/dhabitat
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A16 Capacidade para concibir, calcular, deseñar, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar instalacións de subministración, tratamento e evacuación de augas, de calefacción e de climatización. (T)
A20 Aptitude para valorar as obras.
A25 Coñecemento axeitado dos sistemas construtivos convencionais e a súa patoloxía.
A26 Coñecemento axeitado das características físicas e químicas, os procedementos de produción, a patoloxía e o uso dos materiais de construción.
A28 Coñecemento da deontoloxía, a organización colexial, a estrutura profesional e a responsabilidade civil.
A29 Coñecemento dos procedementos administrativos e de xestión e tramitación profesional.
A34 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos básicos e de execución, esbozos e anteproxectos. (T)
A40 Capacidade para exercer a crítica arquitectónica.
A46 Capacidade para aplicar normas e ordenanzas urbanísticas.
A49 Coñecemento axeitado da historia xeral da arquitectura.
A50 Coñecemento axeitado dos métodos de estudo dos procesos de simbolización, as funcións prácticas e a ergonomía.
A51 Coñecemento axeitado dos métodos de estudo das necesidades sociais, a calidade de vida, a habitabilidade e os programas básicos de vivenda.
A53 Coñecemento axeitado das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental, así como dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
A55 Coñecemento axeitado da relación entre os patróns culturais e as responsabilidades sociais do arquitecto.
A56 Coñecemento axeitado das bases da arquitectura vernácula.
A57 Coñecemento axeitado da socioloxía, teoría, economía e historia urbanas.
A59 Coñecemento dos mecanismos de redacción e xestión dos planos urbanísticos a calquera escala.
A64 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Expresión Gráfica Arquitectónica no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
A65 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Matemáticas no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
A67 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Proxectos no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
A69 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Urbanismo no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
A70 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Construción no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
A71 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Instalacións no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
A72 Coñecemento avanzado de aspectos específicos da materia de Estruturas no contemplados expresamente na Orde EDU/2075/2010
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta
B9 Comprender os problemas da concepción estrutural, de construción e da enxeñería vinculados cos proxectos de edificios así como as técnicas de resolución destes
B10 Coñecer os problemas físicos, as distintas tecnoloxías e a función dos edificios de xeito que se dote a estes de condicións internas de comodidade e protección dos factores climáticos, no marco do desenvolvemento sostible
B11 Coñecer as industrias, organizacións, normativas e procedementos para plasmar os proxectos en edificios e para integrar os planos na planificación
B12 Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultura da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. Visibilizar as problemáticas actuais en materia de hábitat tanto en ámbitos locales como internacionais ben sexa en sociedades opulentas como en contextos de crise. A16
A20
A25
A26
A28
A29
A34
A40
A46
A49
A50
A51
A53
A55
A56
A57
A59
A64
A65
A67
A69
A70
A71
B1
B3
B4
B5
B6
B9
B10
B11
B12
C4
C6
C8
2. Coñecer os dereitos asociados: dereito ao hábitat, dereito á vivenda e dereito á cidade. A16
A20
A25
A26
A28
A29
A40
A51
A57
A59
A64
A65
A67
A69
A70
A72
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
B10
B11
C1
C3
C4
C6
3. Recoñecer os procesos formais e non formais de construcción do hábitat dende unha perspectiva complexa, que inclúe a análise do conflito de clases e de xénero, a consideración do impacto medioambiental e o entendimento das tensións existentes entre as diversas nacións e os seus sistemas culturais. A28
A29
A34
A40
A46
A49
A50
A53
A55
A56
A57
B6
C4
4. Desenvolver capacidades técnicas para a implementación de tecnoloxías apropiadas nos proxectos de hábitat. A16
A20
A25
A26
A28
A29
A34
A70
A71
A72
B9
B10
B11
C6
C8
5. Visibilizar os vínculos entre as diferentes disciplinas que actúan sobre o hábitat: arquitectura, enxeñerías, economía, política, antropoloxía, ciencias sociais, educación, saúde… A16
A20
A25
A26
A28
A29
A34
A40
A46
A49
A50
A51
A53
A55
A56
A57
A59
A64
A65
A67
A69
A70
A71
A72
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
B10
B11
B12
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. DEREITO Á VIVENDA E Á CIDADE 1.1. Perspectiva complexa do hábitat
1.2. Os dereitos humanos, o dereito á vivenda e o dereito á cidade.
2. HABITABILIDADE: O TEITO 2.1. Habitabilidade básica: definición, estándares; a habitabilidade precaria e a habitabilidade suntuaria.
2.2. A dotación de habitabilidade básica: politicas de vivenda
2.3. Patoloxías da habitabilidade
2.4. Habitabilidade e calidade de vida. O desenvolvemento humano.
3. HABITAT: A AGREGACIÓN DE TEITOS 3.1. Habitat básico: definición e estándares.
3.2. Tipoloxías de hábitat básico.
3.3. A dotación de habitat básico: politicas formais e informais.
3.4. Patoloxías do habitat

4. TECNOLOXÍAS APROPIADAS PARA O HÁBITAT BÁSICO 4.1. Tecnoloxías para o teito: estabilidade e confort. A emerxencia.
4.2. Tecnoloxías para o hábitat colectivo: enerxía, augas, lixo.
4.2. Tecnoloxías e procesos construtivos sustentables.

5. A INTERVENCIÓN SOCIAL NO HÁBITAT 5.1. Conceptos e actores na xestión social do hábitat
5.2. Políticas de xestión do hábitat
5.3. Diagnóstico social
5.4. Conflito e hábitat: xénero, medio ambiente, loita de clases e transculturización.
5.5. Técnicas de intervención social.
6. HABITAT BÁSICO EN GALICIA 6.1. A vivenda autoxestionada.
6.2. Procesos urbanizadores informais.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A40 A51 A53 A55 A57 A64 A65 A67 A69 B2 B5 C1 C3 C7 1 15 16
Lecturas A16 A20 A25 A26 A28 A29 A34 A40 A46 A49 A50 A51 A53 A55 A56 A57 A59 A70 A71 A72 B1 B3 B4 B6 B9 B10 B11 B12 C4 C5 C6 C8 0 10 10
Sesión maxistral A16 A20 A25 A34 A40 A50 A51 A53 A55 A56 A57 A70 A71 A72 B6 B9 B10 B11 B12 C4 9 0 9
Saídas de campo A40 A55 A56 A57 B3 5 0 5
Aprendizaxe colaborativa B3 B4 B6 B9 B10 B11 B12 C4 C5 C6 5 5 10
Traballos tutelados A16 A20 A25 A26 A28 A29 A34 A40 A46 A49 A50 A51 A53 A55 A56 A57 A59 A70 A71 A72 B6 B9 B10 B11 B12 C4 C5 C6 20 75 95
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O corazón das actividades que os alumnos desenvolverán será un traballo práctico, de análise crítico de asuntos de interese docente referidos ao Hábitat, as súas estratexias, procesos e outras circunstancias, nalgún ámbito determinado. Entendemos que a escolla dese ámbito forma parte do Trabajo Tutelado e neste caso é unha actividade de extrema importancia xa que o resultado da investigación que realice cada estudante depende en boa maneira nunha axeitada e ben formulada elección do ámbito de estudo e do establecemento das hipótesis apropiadas de traballo para aquel.
Por esta razón ista actividade ten de ser meticulosa, requerindo un grande empeño persoal do estaudante alén das aulas.
Lecturas Boa parte dos materiais sobre os que se sustentará a análise que se deberá realizar o alumno haberán de ser localizados en fontes escritas, por iso espérase unha ampla dedicación á procura hemerográfica.
Ademais diso, dada a actualidade dos temas abordados nesta materia e o seu impacto social faise necesario acudir a fontes bibliográficas vivas, non necesariamente procedentes do ámbito da arquitectura, para construír os discursos teóricos necesarios.
Sesión maxistral O profesorado presentará os contidos que conforman o corpo teórico da materia.
Previamente os alumnos poderán ser requiridos a realizar algunhas lecturas sobre o tema.
De igual maneira tras o desenvolvemento das sesións maxistrais, o alumnado pode ser requirido a debater os asuntos expostos.
Saídas de campo Realizarase unha ruta crítica -peonil ou ciclista- a través de tecidos urbanos caracterizados pola súa diversidade morfolóxica e a presenza dun parque edificado representativo de todas os procesos formais e informais de construción do hábitat.
Ao longo da ruta sucederanse sesións críticas colectivas, acompañadas de leccións disparadoras.
Esta ruta realizarase nunha contorna próxima á Escola de Arquitectura, que os alumnos cren coñecer.
Aprendizaxe colaborativa A construción do hábitat é un acto social por antonomasia. A cooperación é unha estratexia de traballo frecuente neste ámbito. E a inclusividade é unha das metas que se deben conseguir.
As aulas non poden ser alleas a isto polo que a aprendizaxe colaborativa será unha metodoloxía recorrentemente usada.
Traballos tutelados O obxectivo da materia é adestrar ao estudante na análise para a intervención, procurando fontes de información diversas e apoiándose no traballo de campo.
Todo esto estrutúrase nun Traballo Tutelado, que haberá de realizarse ao longo do período docente dacordo cunha metodoloxía científica e acompasándose ás leccións teóricas impartidas polo profesorado.
Producirase un documento final no que tódolos seus contidos deberán ser expresados con estratexias comunicativas axeitadas. avanzadas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Actividades iniciais
Traballos tutelados
Descrición
O alumno deberá requirir atención individualizada na fase inicial do curso, cando se elixe o ámbito do seu Traballo Tutelado e quedan definidas as hipóteses sobre as que este será construído.
Noutra orde de cousas, o Traballo Tutelado é o ámbito por antonomasia onde o alumnado hase de apoiar de forma continuada no profesorado de forma personalizada.
A atención personalizada desenvolverase nas clases prácticas, sen alterar o traballo colectivo do grupo. En determinados supostos, como por exemplo períodos de alta intensidade de traballo previos a puntos críticos do workflow, poderanse realizar titorías individuais ou en pequeno grupo nas aulas destinadas a este fin na oficina do profesorado no Edificios de Departamentos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Actividades iniciais A40 A51 A53 A55 A57 A64 A65 A67 A69 B2 B5 C1 C3 C7 Requíreselle ao estudante que xjustifique razonadamente as primeiras decisións sobre as que posteriormente se apoiará o Traballo Tutelado. 15
Lecturas A16 A20 A25 A26 A28 A29 A34 A40 A46 A49 A50 A51 A53 A55 A56 A57 A59 A70 A71 A72 B1 B3 B4 B6 B9 B10 B11 B12 C4 C5 C6 C8 A lectura crítica dos textos propostos complementa e no seu caso, predispóne a optimizar as achegas das leccións maxistrais. Os coñecementos adquiridos serán valorados no decurso do desenvolvemento do Traballo Tutelado. 5
Sesión maxistral A16 A20 A25 A34 A40 A50 A51 A53 A55 A56 A57 A70 A71 A72 B6 B9 B10 B11 B12 C4 A atención ao desenvolvemento das leccións maxistrais resulta fundamental para adquirir os coñecementos cos que se desenvolverá o Traballo Tutelado. Os coñecementos adquiridos serán valorados o desenvolvemento do Traballo Tutelado. 10
Aprendizaxe colaborativa B3 B4 B6 B9 B10 B11 B12 C4 C5 C6 A consecuencia natural das lecturas, as leccións maxistrais e o traballo de campo é a construción colaborativa do coñecemento.
Valórase a alta participación do estudante.
5
Saídas de campo A40 A55 A56 A57 B3 Na saída prevista de campo, identifícanse os temas que posteriormente serán obxecto de estudo na aula.
Os coñecementos adquiridos serán valorados o desenvolvemento do Traballo Tutelado.
5
Traballos tutelados A16 A20 A25 A26 A28 A29 A34 A40 A46 A49 A50 A51 A53 A55 A56 A57 A59 A70 A71 A72 B6 B9 B10 B11 B12 C4 C5 C6 O traballo tutelado, desenvolvido en réxime de taller, é o ámbito de síntese da materia. Aquí concorren os profesores de todas as procedencias co alumnado e verifícase a posta en práctica dos coñecementos adquiridos.
Simultaneamente vaise acompañando e impulsando o desenvolvemento intelectual do estudante e do grupo, tutelándose por parte do profesorado a adecuación aos obxectivos didácticos xenerais.
Valorase a axeitada elección do tema, un apropiado desenvolvmento, demostrando todas as hipoteses establecidas e aproducción dun documento final, de carácter científico-tecnolóxico, de altas prestacións comunicativas.
60
 
Observacións avaliación

O alumno debe asistir ás sesións maxistrais e presentar nas sesións con tipoloxía de taller, os traballos gráficos, maquetas, etc. propostos.
A asistencia é obrigatoria polo menos nun 80% ás sesións -tanto teóricas como prácticas- incluíndo a saída de campo e as lecturas.
Sen ese requisito, non se poderá aprobar por curso a materia.
Para aprobar, o alumno disporá de dúas oportunidades: xuño e xullo. A primeira coincide coa data de entrega do último traballo, e capacitará ao alumno para aprobar por curso. O alumno que non supere esta primeira oportunidade, poderá presentarse a unha segunda, que consistirá nunha proba práctica no mes de xullo. A entrega incompleta do Traballo Tutelado implica que non se seguiu o curso e conduce a unha cualificación de "Non Presentado" nas dúas oportunidades de avaliación salvo que se se realice antes da avaliación final a entrega total do Traballo Tutelado.
MOBILIDADE: A docencia a alumnos de programas de mobilidade, adaptarase a condicións pedagóxicas e de traballos tutelados especiais, así como as probas e exames de avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica Arquitectos sen Fronteiras Galicia (2013). Curso Hábitat a Escala Humana. ASF Galicia
Lefevbre, Henry (). Derecho a la ciudad.
Taibo, Carlos (2015). En defensa del decrecimiento.
Salas Serrano, J y Gesto, B. (2013). POR UNA TECNOLOGÍA PERTINENTE PARA DOTAR DE HABITABILIDAD BÁSICA A LAS COMUNIDADES RURALES AISLADAS. ICHAB, Madrid
VV. AA. (2015). Procesos Habitados. UDC, A Coruña
Germán Vargas Callejas e Mª José Caride Delgado, coord. (2014). REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN Nº 58 – COOPERACIÓN E DESENVOLVEMENTO. Asociación Sociopedagóxica galega
VV.AA. (2015). The Habitat III Issue Papers. UN Habitat

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Instalacións 2/630G02039
OrdenacIón do Territorio/630G02057
Estruturas 3/630G02028
Proxectos 6/630G02026
Construción 5/630G02033
Análise Arquitectónico 2/630G02017

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Comunicación gráfica en Arquitectura/630G02053
Actuacións Urbanísticas Contemporáneas/630G02060

Materias que continúan o temario
Traballo Fin de Grao/630G02059

Observacións

A superación desta materia achega ao estudante as ferramentas apropiadas para participar na maioría dos proxecto apoiados polas bolsas PCR (Proxectos de Coñecemento da Cooperación) ofertadas polo Sistema Universitario ou nos proxectos equivalentes da AECID (Agencia Española de Cooperación al Desarrollo). 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías