Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Xestión Social da Paisaxe Código 630G03027
Titulación
Grao en Paisaxe
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Coordinación
Lois González, Rubén
Correo electrónico
Profesorado
Lois González, Rubén
Piñeira Mantiñan, Maria Jose
Correo electrónico
Web http://https://www.usc.gal/es/centros/eps/materia.html?materia=144168&ano=71&idioma=2
Descrición xeral Obxectivos da materia
- Coñecer os instrumentos e modelos participativos de intervención e planificación da paisaxe (catálogos, cartas da paisaxe, atlas, etc.).
- Identificar os procedementos e métodos empregados para canalizar a participación social na custodia do territorio e na protección da paisaxe.
- Aprender a deseñar instrumentos de consulta para a xestión democrática da paisaxe.
- Coñecer exemplos de participación pública na salvagarda da paisaxe: os exemplos de catálogos e de guías da paisaxe urbana.
Plan de continxencia Todo o plantexamento do programa para o Curso 2020-21 poderá verse alterado en función de calquera problema epidemiolóxico que acompañe aos posibles rebrotes do COVID-19.
En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación desagrégase en dúas compoñentes formativas, cos pesos
seguintes: entregas de avaliación continua, 50%; e exame, 50%. De acordo coas directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial
segura no curso 2020-2021, prevense tres escenarios.
1. Escenario «Normalidade adaptada»
1.1. O 50% das entregas de avaliación continua resultará das aulas interactivas previstas. Nesta compoñente terase en conta a participación activa
do alumnado nas aulas e mais a memoria reflexiva da saída de campo. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma
entre alumnos/as, comportarán suspender.
1.2. O 50% do exame será presencial para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia. Nas preguntas tipo test, as
respostas equivocadas restarán.
1.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na
segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que esa compoñente tamén será obxecto de avaliación mediante un exame.
1.4. Para o alumnado coa dispensa concedida, a compoñente de avaliación continua será avaliada mediante un exame presencial equivalente.
1.5. Dentro da primeira compoñente, prevese unha saída de campo. Para aquel alumnado sen a dispensa concedida, trátase dunha actividade de
ensino-aprendizaxe regular. Porén, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.
2. Escenario «Distanciamento»
2.1. De se poderen realizar as aulas interactivas, desenvolveranse o máis parecidas que sexa posíbel ao primeiro escenario. Porén, non se terá en
conta a participación activa do alumnado nas aulas nin haberá traballo de campo. De non se poderen realizar as aulas interactivas, proporanse
tarefas a través de Campus Virtual que serán avaliábeis. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre
alumnos/as, comportarán suspender.
2.2. O 50% do exame será telemático, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia.Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas
restarán.
2.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na
segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que esa compoñente tamén será obxecto de avaliación mediante un exame
telemático.
2.4. Para o alumnado coa dispensa concedida, a compoñente de avaliación continua só será avaliada mediante un exame telemático equivalente na
primeira oportunidade.
3. Escenario «Peche das instalacións»
3.1. O 50% das entregas de avaliación continua resultará de tarefas a través de Campus Virtual que serán avaliábeis. En todas as entregas, os
plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender.
3.2. O 50% do exame será telemático, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia. Nas preguntas tipo test, as respostas
equivocadas restarán.
3.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade, a primeira compoñente tamén será obxecto de avaliación mediante un exame telemático.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Coñecer os instrumentos e modelos participativos de intervención e planificación da paisaxe (catálogos, cartas da paisaxe, atlas, etc.). - Identificar os procedementos e métodos empregados para canalizar a participación social na custodia do territorio e na protección da paisaxe. - Aprender a deseñar instrumentos de consulta para a xestión democrática da paisaxe. - Coñecer exemplos de participación pública na salvagarda da paisaxe: os exemplos de catálogos e de guías da paisaxe urbana.

Contidos
Temas Subtemas
1.- A ordenación e planificación territorial participativa: antecedentes e exemplos. .
2.- Os instrumentos de preservación e posta en valor da paisaxe: unha nova xeración do ordenamento ambiental e territorial. .
3.- O dereito cidadá a unha paisaxe harmónica e de calidade .
4.- A planificación democrática e de base: cómo facer unha carta e un catálogo de paisaxe. .
5.- As dinámicas e os grupos colectivos de discusión: as claves da súa organización e funcionamento. .
6.- Un exemplo participativo en Galicia: a Guía da Paisaxe Urbana. .

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario 40 60 100
Proba obxectiva 2 0 2
Sesión maxistral 15 28 43
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario
Proba obxectiva
Sesión maxistral

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada posible, en función da extensión de cada tema, combinando a docencia expositiva coa interactiva (prácticas de aula e de campo). A parte teórica desenvolverase na aula e tamén a través de actividades non presenciais.
Realizaranse prácticas de campo de acordo co horario oficial da materia e segundo dispoñibilidades orzamentarias. O alumnado deberá entregar unha memoria escrita desas actividades.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario entregas de avaliación continua resultará das aulas interactivas previstas. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas aulas e mais a memoria reflexiva da saída de campo. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender. 50
Proba obxectiva O exame será presencial para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán. 50
 
Observacións avaliación

En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación desagrégase en dúas compoñentes formativas, cos pesos

seguintes: entregas de avaliación continua, 50%; e exame, 50%. De acordo coas directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial

segura no curso 2020-2021, prevense tres escenarios.

1. Escenario «Normalidade adaptada»

1.1. O 50% das entregas de avaliación continua resultará das aulas interactivas previstas. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas aulas e mais a memoria reflexiva da saída de campo. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender.

1.2. O 50% do exame será presencial para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.

1.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que esa compoñente tamén será obxecto de avaliación mediante un exame.

1.4. Para o alumnado coa dispensa concedida, a compoñente de avaliación continua será avaliada mediante un exame presencial equivalente.

1.5. Dentro da primeira compoñente, prevese unha saída de campo. Para aquel alumnado sen a dispensa concedida, trátase dunha actividade de ensino-aprendizaxe regular. Porén, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.


Fontes de información
Bibliografía básica

- Busquets, J. e Cortina, A. (coords.) (2009): Gestión del paisaje. Manual de protección, gestión y ordenación del paisaje. Barcelona: Ariel.

-González, A. et al (2019). Guía de estudos da paisaxe urbana. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Xunta de Galicia.

https://cmatv.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=444733&name=DLFE-53007.pdf

- Howard, P.; Thomson, I. e Waterton, E. (2013): The Routledge Companion to Landscape Studies. Abingdon: Routledge.

- Mata, R. e Tarroja, À. (coords.) (2006): El paisaje y la gestión del territorio. Criterios paisajísticos en la ordenación del territorio y el urbanismo.

Barcelona: Diputació de Barcelona.

- Nogué, J.; Puigbert, L.: Sala, P. e Bretcha, G. (eds.) (2010): Paisatge i participació ciutadana: l’experiència dels catàlegs de paisatge de Catalunya.

Olot/Barcelona : Observatori del Paisatge de Catalunya/Generalitat de Catalunya.

- Prieur, M. et al. (2006): Landscape and Sustainable Development: Challenges of the European Landscape Convention. Strasbourg: Council of

Europe.

-Tarroja, A. e Camagni, R. (Coords.) (2006): Uma nueva cultura del território. Criterios socials y ambientales en las políticas y el gobierno del

territorio. Barcelona: Diputaciò de Barcelona.

- Zoido, F. e Venegas, C. (coords.) (2002): Paisaje y ordenación del territorio. Sevilla/Soria: Junta de Andalucia/Fundación Duques de Soria.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xeografía Física e Humana/630G03002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Planificación e Sostibilidade da Paisaxe/630G03025

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías