Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Formación de Contaminantes e Impacto Ambiental Código 631480209
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Mariña
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Costa Rial, Ángel Martín
Correo electrónico
angel.costa@udc.es
Profesorado
Costa Rial, Ángel Martín
Correo electrónico
angel.costa@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 Detectar e definir a causa dos defectos de funcionamento das máquinas e reparalas, a nivel de xestión.
A8 Facer funcionar a máquina, controlar, vixiar e avaliar o seu rendemento e capacidade, a nivel de xestión.
A9 Manter a seguridade dos equipos, sistemas e servizos da maquinaria, a nivel de xestión.
A16 Vixiar e controlar o cumprimento das prescricións lexislativas e das medidas para garantir a seguridade da vida humana no mar e a protección do medio mariño, a nivel de xestión.
A17 Coñecer e ser capaz de aplicar os códigos, normas e regulamentos relativos á operación de buques e artefactos relacionados coa explotación dos recursos mariños, prestando especial atención aos sistemas de seguridade abordo e á protección ambiental.
A19 Regular, controlar, diagnosticar e supervisar sistemas, procesos e máquinas para a toma de decisións en condución e operación.
A20 Capacidade para desenrolar tarefas de análise e síntese de problemas teórico-prácticos en base a conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito marítimo, mediante fundamentos físico-matemáticos.
A21 Operar, reparar, manter, reformar, deseñar e optimizar a nivel de xestión as instalacións industriais relacionadas coa enxeñaría mariña.
A24 Capacidade para detectar necesidades de mellora e innovar sistemas enerxéticos buscando alternativas viables aos sistemas convencionais e implementar cos métodos, técnicas e tecnoloxías emerxentes máis eficientes para o apoio, asistencia e supervisión da Enxeñaría Mariña.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito marítimo, mediante fundamentos físico-matemáticos.
B10 Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica.
B11 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas.
B12 Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B13 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a sua capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B14 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B15 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sin ambigüidades
B16 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 Falar ben en público

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os procesos e mecanismos físico-químicos de formación de contaminantes máis relevante, así como o seu impacto ambiental. AM9
AM19
AM20
AM24
BM1
BM4
BM7
BM12
CM4
CM6
Coñecer as implicacións da xestión de sistemas de combustión sobre a emisión de contaminantes. AM2
AM8
AM21
BM2
BM5
BM11
CM6
CM7
Empregar a medida de emisións como método de diagnóstico do sistema. AM20
BM6
BM13
BM14
BM15
BM16
CM8
CM9
Coñecer a normativa aplivable e os métodos de redución de emisións. AM16
AM17
BM3
BM10
CM1
CM2

Contidos
Temas Subtemas
FORMACIÓN DE CONTAMINANTES E IMPACTO AMBIENTAL 1. Criterios de definición de emisións.
2. Formación e emisión de CO, HC, NOx, SOx, partículas.
3. Sistemas de medida.
4. Combustibles.
5. Normativa.
6. Impacto ambiental e técnicas de redución de emisións.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A20 A21 A24 B2 B11 B12 B13 5 15 20
Proba obxectiva B3 C1 C4 C8 3 0 3
Solución de problemas A17 A19 B1 B4 B5 6 18 24
Sesión maxistral A2 A8 A9 A16 7 7 14
Traballos tutelados B10 C2 C9 1 7 8
Análise de fontes documentais B6 B7 B14 B15 B16 C6 C7 1 1 2
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Proposta de casos prácticos, resolución e crítica.
Proba obxectiva Realizaranse probas escritas que constarán de cuestións teóricas e prácticas.
Solución de problemas Resolver os problemas en canto ao comportamento real.
Sesión maxistral Realizarase a explicación detallada dos contidos da materia. O alumno contará con material bibliográfico do tema para tratar en cada sesión maxistral. Fomentarase a participación do alumno en clase, a través de comentarios que tratan de relacionar os contidos teóricos coa experiencia real.
Traballos tutelados Propoñerase a realización de traballos para a resolución de casos de procesos reais, realizando en consecuente seguimento.
Análise de fontes documentais Levarase a cabo unha análise e selección das fontes de documentación máis actualizadas, con axuda de novas tecnoloxías, para alcanzar os obxectivos expostos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Proba obxectiva
Solución de problemas
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
ANÁLISE DE FONTES DOCUMENTAIS. Realizarase unha atención personalizada sobre a selección das fontes bibliográficas e as publicacións especializadas.

ESTUDO DE CASOS. Escolleranse para a súa análise preferentemente casos dos que se teña documentación de explotación ineficiente, facendo un seguimento do desenvolvemento dos mesmos de forma individualizada.

PROBA OBXECTIVA. Realizaranse probas escritas que constarán de cuestións teóricas e prácticas.

SOLUCIÓN DE PROBLEMAS. Os problemas propostos serán resoltos polo alumno, realizándose un seguimento permanente.

TRABALLOS TUTELADOS. Atención en despacho ou en aula para a resolución de traballos de análises e investigación.
Resolución das dificultades no traballo.

SESIÓN MAXISTRAL. Realizarase a explicación detallada dos contidos da materia. O alumno contará con material bibliográfico do tema para tratar en cada sesión maxistral. Fomentarase a participación do alumno en clase, a través de comentarios que tratan de relacionar os contidos teóricos coa experiencia real.

ATENCIÓN PERSONALIZADA. Realizaranse en horarios de tutorias establecido a comezo do curso e expusto no taboleiro do despacho. É ta atención personalizada é indispensable por sel o traballo realizado polo alumno eminentemente orientado á investigación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B3 C1 C4 C8 Permite evaluar y comprobar los resultados esperados en cuanto al contenido global de la materia. Verificar el grado de alcance de los objetivos propuestos. 100
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-III/2 do Código STCW, e recolleito no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.

Proba obxetiva: A8, A16, B3, C1, A21, B4, B7, B10, C6, C7, A2, A9, A19, A20, B2, B6, C2, B1, B11, C4, A17, A18, A25, B5, C8


Fontes de información
Bibliografía básica Ernest J. Henley (2002). Cálculo de Balances de Materia y Energía. Barcelona: Edit. Reverté. S.A.
D. B. Spalding (1979). Combustion and Mass Transfer. Pergamon
Manuel Marquez (2005). Combustión y Quemadores. España. Marcombo
David M. Himmelblau (2002). Principios básicos y cálculos en ingeniería química. México. Pearson Educación

Bibliografía complementaria Incropera, Frank P. (1999). Fundamentos de transferencia de calor. México. Prentice Hall
James R. Welty (1999). Fundamentos de transferencia de momento, calor y masa. México. Ed. Limusa
Robert E. Treybal (2004). Operaciones de transferencia de masa. México. McGraw-Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Combustión/631480208

Materias que continúan o temario

Observacións

Por ser unha materia optativa de Master, o que implica cursar o Grao; non se require ningún requisito previo adicional.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías