Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Navegación Avanzada Código 631510203
Titulación
Mestrado Universitario en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Salgado Don, Alsira
Correo electrónico
alsira.salgado@udc.es
Profesorado
Lopez Varela, Pablo
Salgado Don, Alsira
Correo electrónico
pablo.lopez@udc.es
alsira.salgado@udc.es
Web
Descrición xeral
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantense a metodoloxía de lecturas, o resto modifícanse para adaptalas o formato non presencial.

*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral: Mantéñense as sesións maxistrais, ca particularidade de que se impartirán a través da plataforma de Microsoft Teams, no horario establecido polo centro. Se fora necesario, tamén se realizarían sesións asíncronas que se colgarían directamente en dito canal.
Simulación: En caso de imposibilidade de acudir o simulador de navegación do centro, esta metodoloxía substituiríase por unha serie de sesións expositivas a través de Teams onde se explicaría o contido das prácticas de simulación, e se pediría o alumnado a realización dunha proba adicional que permitise determinar a súa comprensión da temática exposta.
Prácticas de laboratorio: Mantense esta metodoloxía, ca particularidade de que as horas destinadas a realización de exercicios na aula, así como a súa corrección, farase de xeito non presencial.
Proba obxectiva: De ser posible manter a presencialidade, tanto das probas parciais coma dos exames finais de 1ª e 2ª oportunidades, estes realizarase con normalidade tal e como está descrito na guía docente. De non ser posible, realizarase online a través do Moodle e/ou Teams, mantendo os mesmos principios.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teams: Os docentes estaremos conectados nesta plataforma no horario normal de titorías para atender o alumnado mediante o servicio de chat ou videoconferencia. En caso de verse necesario, estas titorías faranse en grupos reducidos.
Foro de dubidas no Moodle: Nel o alumnado pode expoñer cantas dúbidas considere oportuno, os docentes intentaremos resolvelas o antes posible.
Correo electrónico: Como sempre, os docentes da materia estamos a disposición do alumnado a través do correo electrónico. Sen embargo, para facer consultas e expoñer dúbidas sobre a materia impartida ou os exercicios, é preferible que se faga en Moodle, a través do foro habilitado, xa que así todo o alumnado pode beneficiarse das respostas.

4. Modificacións na avaliación
Manteranse as mesmas metodoloxías de avaliación, cos seus porcentaxes correspondentes.

*Observacións de avaliación:
A pesar de manterse as metodoloxías de avaliación que figuran na guía docente, estas adaptaranse a non presencialidade do seguinte xeito:
Eliminase o requisito de asistencia regular a clase para a realización das probas parciais.
En caso de non poder realizarse as sesións de simulación programadas, non se exixirá a asistencia as mesmas para superar a materia, pero si se exixirá a realización da tarefa adicional que viría a substituír a esta metodoloxía. Esta tarefa non se avaliará cunha nota numérica, se non como apto ou non apto.
En caso de que as probas parciais, tanto prácticas como teórica, se realicen todas elas en situación de non presencialidade, non se esixirá nota mínima en cada unha das probas, e a nota por curso obterase sempre empregando a media aritmética das cualificacións parciais. O mesmo se aplicará o exame oficial de cada oportunidade, en caso de realizarse en condicións exclusivas de non presencialidade, a nota será a media aritmética das partes do exame, sen restrición de nota mínima (en caso de realizarse de xeito híbrido, seguirase o establecido na guía docente).

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán modificacións. En todo caso, reforzarase o material accesible dende Moodle, con exercicios resoltos, e se complementarán as gravacións das clases impartidas de xeito síncrono con vídeos sobre cuestións adicionais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para planificar unha viaxe e dirixir a navegación.
A2 Capacidade para determinar por calquera medio a situación e exactitude do punto resultante.
A3 Capacidade para determinar e compensar os erros do compás.
A5 Capacidade para establecer os sistemas e procedementos do servizo de garda.
A6 Capacidade para manter a seguridade da navegación utilizando información do equipo e os sistemas de navegación para facilitar a toma de decisións.
A7 Capacidade para manter a seguridade da navegación utilizando o SIVCE e os sistemas de navegación conexos para facilitar a toma de decisións.
A19 Capacidade para a utilización das cualidades de liderado e xestión.
B4 Capacidade para comunicarse de forma efectiva nunha contorna de traballo.
B9 Capacidade de análise e síntese.
B12 CB6 -Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser originais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B13 CB7-Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplas (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B14 CB8-Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B15 CB9-Que os estudantes saiban comunicar as suas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sin ambigüidades
B16 CB10-Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
C2 Capacidade para dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita nun idioma estranxeiro
C6 Capacidade para valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C10 C10-Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
C11 C11-Capacidade para integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento e manexo avanzado de sistemas e equipos de navegación. Utilización da información obtida destes para a planificación e execución da navegación. Capacidade para planificar a viaxe e dirixir a navegación con seguridade. Capacidade para determinar e compensar os desvíos da agulla. Capacidade para establecer os sistemas e procedementos do servizo de garda. Adquiríndose as competencias, coñecementos e actitudes establecidos no cadro A-II/2 do Convenio STCW 2010. AP1
AP2
AP3
AP5
AP6
AP7
AP19
BM4
BM9
BM12
BM13
BM14
BM15
BM16
CM2
CM6
CM10
CM11
Coñecemento e emprego de metodoloxías particulares e de liñas de posición de orixe astronómica e/ou terrestre para determinar a posición. Adquiríndose as competencias, coñecementos e actitudes establecidos no cadro A-II/2 do Convenio STCW 2010. AP2
AP6
BM9
BM12
BM13
BM14
CM6
CM10
CM11
Coñecemento e emprego de metodoloxías avanzadas de cinemática naval e a súa aplicación na toma de decisións. Adquiríndose as competencias, coñecementos e actitudes establecidos no cadro A-II/2 do Convenio STCW 2010. AP1
AP5
AP6
AP7
AP19
BM4
BM9
BM13
BM14
BM15
CM6
CM10
CM11

Contidos
Temas Subtemas
1- "Voyage planning" avanzado.
Planificación da viaxe e navegación, dadas tódalas condicións, seguindo métodos xeralmente aceptados de trazado de derrotas en alta mar que teñan en conta, por exemplo:
.1 as augas restrinxidas
.2 as condiciones meteorolóxicas
.3 os xeos
.4 a visibilidade reducida
.5 os dispositivos de separación do tráfico
.6 as zonas dos servicios de tráfico marítimo (STM); e
.7 as zonas con efectos acusados de mareas
Derrotas acordes cas disposicións xerais sobre organización do tráfico marítimo
Notificacións acordes cos Principios xerais a que deben axustarse os sistemas de notificación para buques e os procedementos do STM

O desenrolo deste tema cumpre ca columna 2, Coñecementos, Comprensión e Suficiencia, do Convenio STCW, modificado por Manila 2010, do cadro AII/2.
2- Utilización do equipo e sistemas de navegación, incluíndo o SIVCE e os seus sistemas conexos, para facilitar a toma de decisións e manter a seguridade da navegación. Cinemática naval avanzada

Valoración dos errores do sistema e profunda comprensión dos aspectos operacionais dos sistemas de navegación

Planificación do practicaxe sen visibilidade

Avaliación dos datos náuticos obtidos de outras fontes, incluídos o radar e a APRA, a fin de adoptar e aplicar decisións que permitan evitar o abordaxe e dirixir a navegación segura do buque

A interrelación e o uso óptimo de tódolos datos náuticos dispoñibles para dirixir a navegación

SIVCE e sistemas de navegación conexos: Xestión dos procedementos operacionais, archivos de sistema e datos, incluídos os seguintes:
.1 xestionar a adquisición, a concesión de licencias e a actualización dos datos cartográficos e do soporte lóxico do sistema para axustalos ós procedementos establecidos
.2 actualizar o sistema e a información, incluída a capacidade para actualizar a versión do sistema do SIVCE de conformidade ca elaboración do produto do vendedor
.3 crear e manter a configuración do sistema e dos archivos auxiliares
.4 crear e manter os archivos do diario de navegación de conformidade cos procedementos establecidos
.5 crear e manter os archivos do plan de derrota de conformidade cos procedementos establecidos
.6 utilizar o diario de navegación do SIVCE e as funcións sobre o historial do seguimento para a inspección das funcións do sistema, axustes das alarmas e respostas do usuario

O desenrolo deste tema cumpre ca columna 2, Coñecementos, Comprensión e Suficiencia, do Convenio STCW, modificado por Manila 2010, do cadro AII/2.
3- Metodoloxía avanzada para a determinación da posición e execución da navegación mediante observacións celestes, terrestres e o uso de axudas electrónicas á navegación. Determinación da situación, en calquera circunstancia:
.1 mediante observacións astronómicas
.2 mediante observacións terrestres, acompañadas da capacidade para facer uso das cartas apropiadas, os avisos ós navegantes e outras publicacións que permitan comprobar a exactitude da situación obtida
.3 utilizando modernas axudas electrónicas á navegación, con coñecemento específico dos seus principios de funcionamento, limitacións, fontes de errores e detección de deficiencias na presentación de información, e métodos de corrección para determinar con exactitude a situación

O desenrolo deste tema cumpre ca columna 2, Coñecementos, Comprensión e Suficiencia, do Convenio STCW, modificado por Manila 2010, do cadro AII/2.
4- Compensación. Capacidade para ter en conta os erros dos compases magnéticos e xiroscopios
Coñecemento dos principios dos compases magnéticos e xiroscopios
Comprensión dos sistemas comprobados polo xiroscopio principal, e coñecemento do funcionamento dos principais tipos de compases xiroscopios e precaucións que hai que tomar

O desenrolo deste tema cumpre ca columna 2, Coñecementos, Comprensión e Suficiencia, do Convenio STCW, modificado por Manila 2010, do cadro AII/2.
5- Sistemas e procedementos do servicio de garda. Cualidades de liderazgo e xestión Coñecemento cabal do contido, aplicación e finalidade dos principios fundamentais que procede observar na realización das gardas de navegación

Capacidade para aplicar a xestión das tarefas e da carga de traballo, incluídos os aspectos seguintes:
.1 a planificación e coordinación
.2 a asignación de persoal
.3 as limitacións de tempo e recursos
.4 a asignación de prioridades
Coñecemento e capacidade para aplicar a xestión eficaz dos recursos
.1 a distribución, asignación e clasificación prioritaria dos recursos
.2 a comunicación eficaz a bordo e en terra
.3 as decisións adoptadas reflexan o resultado do exame das experiencias no equipo
.4 a determinación e o liderazgo, incluída a motivación
.5 a consecución e o mantemento da conciencia da situación

O desenrolo deste tema cumpre ca columna 2, Coñecementos, Comprensión e Suficiencia, do Convenio STCW, modificado por Manila 2010, do cadro AII/2.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A6 A7 B13 B14 B16 C6 C10 C11 35 50 85
Lecturas A1 A2 A3 A5 A6 A7 B9 C2 0 6 6
Simulación A1 A2 A5 A6 A7 A19 B4 B9 B13 B14 B15 C2 C6 C10 C11 4 0 4
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 B12 B13 B14 C10 13 25 38
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 A6 A7 B9 B13 C6 4 9 13
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral da materia complementada co uso de presentacións audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Dentro desta dinámica a intervención dos alumnos estará aberta para a realización de preguntas ou comentarios, que poderían dar lugar a debates abertos.
Os textos e/ou presentacións audiovisuais empregados poranse a disposición do alumnado coa antelación suficiente como para que poidan lela de forma previa.
Lecturas Documentación facilitada aos alumnos onde se profunda sobre os contidos a desenvolver na materia.
Simulación Exercicios realizados no simulador de manobra e navegación nos cales se colocará ao alumnado ante condicións hipotéticas que simularán situacións que se poderían producir nun contexto real, coa finalidade de utilizalos como experiencias de aprendizaxe e procedemento de avaliación. Nestas simulacións o alumnado demostrará a súa destreza ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade para a toma de decisións.
Prácticas de laboratorio Realización de exercicios de carácter práctico relacionados cos conceptos teóricos explicados nas sesións maxistrais.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc.
A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de resposta breve, e/ou de desenvolvemento. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Simulación
Prácticas de laboratorio
Descrición
O seguimento do traballo realizado polos alumnos, tanto nas clases teóricas como prácticas, realizarase de forma continua na aula e, no caso de que se detecten necesidades específicas, estableceranse titorías adicionais de carácter individual ou en grupo moi reducido de apoio e para resolución de dúbidas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 A6 A7 B9 B13 C6 Para os alumnos cunha asistencia regular a clase (polo menos o 80%) realizaranse, ao longo do curso, catro probas parciais para avaliar o seguimento do traballo realizado durante o cuadrimestre (tres exercicios de tipo práctico e una proba teórica). Aqueles que superen todos os parciais cunha nota media igual ou superior a 5 non terán que presentarse ao exame final, a non ser que desexen subir a nota do curso. A nota mínima para poder compensar por media aritmética cada un dos parciais á hora de obter a nota do curso será dun 3,5. En caso de obter nalgún dos parciais unha nota inferior a un 3,5, a nota do curso será a media xeométrica ponderado dos parciais (dando maior peso á menor nota obtida). En caso de non presentarse a algún dos parciais considerarase que o alumno non está a seguir o sistema de avaliación continua descrito e será cualificado por curso como non presentado.

Aqueles alumnos que non sigan o sistema de avaliación descrito ou suspendan a materia por curso, deberán presentarse ao exame final da convocatoria oficial, no cal entrará a totalidade da materia. As probas parciais non librarán materia para o final.

Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A1, A2, A3, A5, A6, A7, B9, B13, C6.
95
Simulación A1 A2 A5 A6 A7 A19 B4 B9 B13 B14 B15 C2 C6 C10 C11 Os exercicios de simulación serán de obrigatoria asistencia para a superación da materia e serán avaliados sen cualificación numérica (apto ou non apto).
Aqueles alumnos que non asistan ao 80% das clases de simulación serán avaliados como non aptos.

Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A1, A2, A5, A6, A7, A19, B13, B14, C6.
0
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 B12 B13 B14 C10 No caso de que un alumno suspendese a materia cunha nota igual ou maior de 4,5, poderá aprobar a materia a condición de que realizase ao longo do curso o 100% das prácticas propostas en clase.

Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A1, A2, A3, B13, B14, C10.
5
 
Observacións avaliación

O exame final (tanto o da primeira oportunidade coma o da segunda) constará de varias partes claramente diferenciadas en
canto a contido e metodoloxía de resolución (por exemplo diferentes partes de
teoría ou diferentes tipos de exercicios), que se corrixirán por separado en
base 10. Sempre e cando a nota de cada unha de ditas partes sexa igual ou
superior a un 3,5, a nota do exame será a media aritmética das partes. En caso
de obter en algunha parte unha nota inferior a 3,5, a nota do exame
corresponderase coa media xeométrica ponderado da das partes (dando maior peso
á menor nota obtida).

O alumnado
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia non se lle exixirá unha asistencia mínima para poder
presentarse os exames parciais, sen embargo, deberán acordarse co docente unha
serie de titorías (presenciais ou non presenciais) o longo do curso para
acreditar o seguimento da materia.

Aqueles alumnos cualificados como non aptos na metodoloxía
de simulación non poden superar a materia. Neste caso aínda superando a proba obxectiva
e as prácticas de laboratorio o alumno será cualificado con un 4.

Os criterios
de avaliación contemplados no cadro A-II/2 do Código STCW na súa forma emendada,
e recollidos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de
deseñar e realizar a avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica

INTEGRATED BRIDGE SYSTEMS VOL 1: RADAR AND AIS - The Nautical Institute

INTEGRATED BRIDGE SYSTEMS VOL 2: ECDIS AND POSITIONING - The Nautical Institute

NAVIGAZIONE VOL. I Y II. Ideale Capasso, Sergio Fede

NAVEGACIÓN Nº 1, 2 Y 3. Moreu Curbera

ELECTRONIC SURVEYING AND NAVIGATION – Simo H. Laurila

RADAR NAVIGATION AND MANEUVERING BOARD MANUAL – National Imagery And Mapping Agency (http://msi.nga.mil/NGAPortal/MSI.portal?_nfpb=true&_pageLabel=msi_portal_page_62&pubCode=0008)

CINEMATICA ANTICOLISIÓN – Jesús Uribe-Echebarria

PILOTING WITH ELECTRONICS – Luke Melton

RADAR AND ARPA MANUAL – A. G. Bole & W.O. Dineley

DUTTONS NAVIGATION & PILOTING – Maloney

AMERICAN PRACTICAL NAVIGATION – Bowditch (http://msi.nga.mil/NGAPortal/MSI.portal?_nfpb=true&_pageLabel=msi_portal_page_62&pubCode=0002)

BRIDGE TEAM MANAGEMENT. A PRACTICAL GUIDE – Capt. A.J. Swift – The Nautical Institute

THE ELECTRONIC CHART DISPLAY AND INFORMATION SYSTEM (ECDIS): AN OPERATIONAL HANDBOOK - Adam Weintrit

CONVENIO INTERNACIONAL PARA LA SEGURIDAD DE LA VIDA HUMANA EN EL MAR (SOLAS)

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías