Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Traballo Fin de máster Código 631510210
Titulación
Mestrado Universitario en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Dereito Privado
Coordinación
Louro Rodríguez, Julio
Correo electrónico
julio.louro@udc.es
Profesorado
Campa Portela, Rosa Mary de la
Lopez Varela, Pablo
Louro Rodríguez, Julio
Pérez Canosa, José Manuel
Rodriguez Docampo, Maria Jose
Servia Ramos, Francisco J.
Correo electrónico
rosa.mary.campa@udc.es
pablo.lopez@udc.es
julio.louro@udc.es
jose.pcanosa@udc.es
maria.jose.rodriguez.docampo@udc.es
francisco.servia@udc.es
Web
Descrición xeral O Traballo Fin de Máster (en diante TFM) supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual, dun proxecto técnico, estudo de caso, informe ou texto científico concreto baixo a supervisión dun ou máis directores. Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do Máster.
El TFM deberá centrarse nas competencias específicas da titulación e encadrarse dentro dunha das seguintes tipoloxías, en calquera caso gardando unha estreita relación co ámbito de la titulación: proxectos técnicos, estudos de casos sectoriais, informes, e textos científicos.
Unha descrición máis detallada pódese atopar no Regulamento TFG/TFM dispoñible na páxina web do centro e no Moodle da materia.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacidade para planificar unha viaxe e dirixir a navegación.
A2 Capacidade para determinar por calquera medio a situación e exactitude do punto resultante.
A3 Capacidade para determinar e compensar os erros do compás.
A4 Capacidade para coordinar as operacións de procura e salvamento.
A5 Capacidade para establecer os sistemas e procedementos do servizo de garda.
A6 Capacidade para manter a seguridade da navegación utilizando información do equipo e os sistemas de navegación para facilitar a toma de decisións.
A7 Capacidade para manter a seguridade da navegación utilizando o SIVCE e os sistemas de navegación conexos para facilitar a toma de decisións.
A8 Capacidade para prognosticar as condicións meteorolóxicas e oceanográficas.
A9 Capacidade para analizar as medidas que procede adoptar en caso de emerxencia da navegación.
A10 Capacidade para manobrar e gobernar o buque en todas as condicións.
A11 Capacidade para utilizar os telemandos das instalacións de propulsión e dos sistemas e servizos de maquinaria.
A12 Capacidade para planificar e garantir o embarco, estiba e suxeción da carga, e o seu coidado durante a viaxe e o desembarco.
A13 Capacidade para a avaliación das avarías e defectos notificados, nos espazos de carga, as tapas de escotilla e os tanques de lastre, e adoptar as medidas oportunas.
A14 Capacidade para o transporte de mercadorías perigosas.
A15 Capacidade para controlar o asento, a estabilidade e os esforzos.
A16 Capacidade para vixiar e controlar o cumprimento das prescricións lexislativas e das medidas para garantir a seguridade da vida humana no mar, a protección marítima e a protección do medio mariño.
A17 Capacidade para manter a seguridade e protección do buque, da tripulación e os pasaxeiros, así como o bo estado de funcionamento dos sistemas de salvamento, de loita contra incendios e demais sistemas de seguridade.
A18 Capacidade para elaborar plans para continxencias de control de avarías, e actuar eficazmente en tales situacións.
A19 Capacidade para a utilización das cualidades de liderado e xestión.
A20 Capacidade para organizar e administrar a atención médica a bordo.
A21 Capacidade para identificar danos e defectos, elaborar informes e implantar medidas correctivas.
A22 Capacidade para o negocio marítimo a nivel de xestión.
A23 Capacidade para xestionar informaticamente a documentación técnica e as operacións de mantemento.
B1 Capacidade para aprender a aprender.
B2 Capacidade para resolver problemas de forma efectiva.
B3 Capacidade para aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Capacidade para comunicarse de forma efectiva nunha contorna de traballo.
B5 Capacidade para traballar de forma efectiva nunha contorna de traballo.
B6 Capacidade de adaptación a novas situacións.
B7 Capacidade para uso das novas tecnoloxías TIC e de internet como medio de comunicación e como fonte de información.
B8 Capacidade para comunicar por escrito e oralmente os coñecementos precedentes da linguaxe e síntese.
B9 Capacidade de análise e síntese.
B10 Capacidade para adquirir e aplicar coñecementos.
B11 Capacidade para organizar, planificar e resolver problemas relativos ao departamento de navegación
B12 CB6 -Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser originais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B13 CB7-Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplas (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B14 CB8-Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B15 CB9-Que os estudantes saiban comunicar as suas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sin ambigüidades
B16 CB10-Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
C1 Capacidade para expresarse correctamente tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C2 Capacidade para dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita nun idioma estranxeiro
C3 Capacidade para utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Capacidade para desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Capacidade para entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Capacidade para valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Capacidade para asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C8 Capacidade para valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C9 C9-Capacidade para posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
C10 C10-Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
C11 C11-Capacidade para integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
C12 C12-Capacidade para comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
C13 C13-Capacidade para desenvolver as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Adquirir coñecementos en temas relacionados co deseño e desenrolo de solucións técnicas no ámbito da náutica e o transporte marítimo. Adquirir a capacidade de sintetizar un traballo ou proxecto relacionado co exercicio profesional ou con liñas de investigación propias ou afines ós estudios do Mestrado. Realizar e estruturar un documento escrito que describa un deseño ou estudo técnico dentro dos ámbitos de coñecemento propios do Mestrado. AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
AP6
AP7
AP8
AP9
AP10
AP11
AP12
AP13
AP14
AP15
AP16
AP17
AP18
AP19
AP20
AP21
AP22
AP23
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
BM10
BM11
BM12
BM13
BM14
BM15
BM16
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
CM9
CM10
CM11
CM12
CM13

Contidos
Temas Subtemas
Como traballo final de síntese dos coñecementos adquiridos durante o curso, o alumno deberá realizar un proxecto sobre un tema relacionado cas materias do Mestrado, supervisado por un titor, e que finalizará ca súa exposición e defensa ante o correspondente tribunal. Este traballo reflexara os coñecementos interdisciplinarios resultado da aprendizaxe ó longo do Mestrado, con énfase no tema elixido.

O tema elixido debe corresponderse con algunha ou algunhas das materias cursadas no Mestrado, tal como figuran no Plan de Estudos da titulación.
En función do tema elixido para a realización do Traballo Fin de Master, desenrolaranse con máis profundidade aqueles contidos relacionados da columna 2, Coñecementos, Comprensión e Suficiencia, do Convenio STCW, modificado por Manila 2010, do cadro AII/2.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos B1 B2 B3 B4 15 15 30
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 53 0 53
Lecturas B3 B9 B10 B12 B14 C6 2 20 22
Proba oral B1 B2 B3 B9 B10 B11 B13 B15 C2 C3 C9 C10 C11 C12 C13 5 10 15
Análise de fontes documentais B3 B4 B7 B14 B16 C1 C3 C4 C5 C7 C8 C13 10 10 20
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Estudo crítico e en profuncidade dun tema de interés científico e social do ámbito das materias do Mestrado
Traballos tutelados O alumno terá que realizar un traballo individual e transversal sobre as competencias relacionadas cos contidos ds materias do Mestrado. O traballo será dirixido por un profesor.
Lecturas Identificación, lectura e comprensión das fontes e recursos de información relevantes para o tema seleccionado.
Proba oral O alumno presentará el TFM de forma oral ante o correspondente Tribunal, proposto pola Comisión de Traballos Fin de Máster en Náutica e Transporte Marítimo, para comprobar a súa autenticidade e verificar que o alumno adquiriu os coñecementos que se pretendía
Análise de fontes documentais Consulta das fontes documentais das materias do Mestrado e outas fontes relacionadas co traballo a realizar.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba oral
Análise de fontes documentais
Estudo de casos
Traballos tutelados
Lecturas
Descrición
O profesor director do TFM prestará atención personalizada cunha dedicación ponderada en tódalas metodoloxías que serán obxecto de avaliación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral B1 B2 B3 B9 B10 B11 B13 B15 C2 C3 C9 C10 C11 C12 C13 Exposición pública do traballo tutelado 40
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 Valoraránse aspectos relacionados coa redacción e presentación escrita do traballo tutelado, tales como o seu axuste as normas establecidas no regulamento, a relevancia do tema tratado ou a transversalidade. 60
 
Observacións avaliación

Defensa do Traballo Fin de
Máster 

O alumno realizará unha defensa
pública do seu traballo ante un tribunal, durante un tempo aproximado de 15
minutos. Na presentación se poderán utilizar tódolos recursos de apoio que se
consideren necesarios. Unha vez concluída a exposición, abrirase un turno de intervencións
para os membros do tribunal. O alumno haberá de contestar as preguntas e aclaracións
no tempo que considere necesario.  

Os estudantes disporán de dúas
convocatorias para a defensa pública do TFM, segundo o calendario oficial que
se publicará no momento pertinente. Para a avaliación dos TFM se constituirá un
tribunal e se fará público o lugar, o día e a hora para a defensa, así
como o calendario completo de defensas.

Os criterios de avaliación
contemplados no cadro A-II/2 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía
de Calidade, se terán en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.

Enlaces a normativa:

https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/titulos/normativa_grao_mestrado.pdf

http://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/matricula_defensa_fin_grao.pdf


Fontes de información
Bibliografía básica
Cada director proporcionará ao alumno unha bibliografía básica coa que orientar o seu traballo. O alumno ampliará persoalmente as súas fontes de información utilizando os recursos á súa disposición.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Na páxina web do centro e no Moodle pódese atopar o regulamento que describe a finalidade, obxetivos, e proceso para a realización e presentación do Traballo Fin de Máster. O alumno debe aterse a esta normativa.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías