Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Informática de Control Código 631510212
Titulación
Mestrado Universitario en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta asignatura introduce os sistemas de supervisión, control e adquisición de datos (SCADA) dos buques. Estúdianse tanto a súa arquitectura xeral como os seus principios de deseño. Finalmente cúbrense os aspectos básicos dos sistemas de comunicacións e os buses de campo máis comúns a bordo.

Competencias do título
Código Competencias do título
B2 Capacidade para resolver problemas de forma efectiva.
B5 Capacidade para traballar de forma efectiva nunha contorna de traballo.
B7 Capacidade para uso das novas tecnoloxías TIC e de internet como medio de comunicación e como fonte de información.
B9 Capacidade de análise e síntese.
B10 Capacidade para adquirir e aplicar coñecementos.
B11 Capacidade para organizar, planificar e resolver problemas relativos ao departamento de navegación
B12 CB6 -Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser originais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B13 CB7-Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplas (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B14 CB8-Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B16 CB10-Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
C2 Capacidade para dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita nun idioma estranxeiro
C5 Capacidade para entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Capacidade para valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Capacidade para valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
C10 C10-Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
C12 C12-Capacidade para comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a arquitectura hardware dos sistemas de control dos buques BM7
BM9
BM16
CM2
CM6
CM8
Coñecer os distintos compoñentes dun SCADA, así como a simboloxía e elementos gráficos estándar máis comúns BM7
BM9
BM16
CM2
CM6
CM8
Coñecer os aspectos básicos das comunicacións e os buses de campo máis comúns a bordo BM7
BM9
BM16
CM2
CM6
CM8
Ser capaz de manexar ferramentas informáticas para o deseño e integración dun sistema de supervisión e control BM2
BM5
BM10
BM11
BM12
BM13
BM14
CM2
CM5
CM6
CM10
CM12
Ser capaz de montar e configurar unha rede de computadores, facendo énfase na súa seguridade BM2
BM5
BM10
BM13
BM14
CM2
CM6
CM10

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. ARQUITECTURA XERAL DUN SISTEMA DE CONTROL 1.1. HARDWARE
1.2. SISTEMA DE COMUNICACIONS
1.3. SOFTWARE
TEMA 2. SISTEMAS SCADA 2.1. COMPOÑENTES
TEMA 3. RECOMENDACIÓNS DE DESEÑO 3.1. COLOR E FORMA COMO FONTES DE INFORMACIÓN
3.2. PRINCIPIOS DE SEÑALIZACIÓN
3.3. ELEMENTOS GRÁFICOS
TEMA 4. CONCEPTOS BÁSICOS DE COMUNICACIÓNS 4.1. MODOS DE TRANSMISIÓN
4.2. CODIFICACIÓN
4.3. PROTOCOLOS
4.4. TOPOLOXÍAS
TEMA 5. BUSES DE CAMPO 5.1. COMUNICACIONS MEDIANTE BUSES DE CAMPO

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B7 B9 B10 C2 C6 C8 12 12 24
Simulación B2 B5 B7 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C2 C6 C10 C12 4 16 20
Prácticas de laboratorio B2 B7 B10 B13 B14 C10 3 12 15
Traballos tutelados B2 B5 B7 B9 B10 B11 B14 B16 C2 C5 C6 C8 C10 C12 2 12 14
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase unha explicación introductoria dos contidos de cada tema. Proporcionanráselle ao alumno materiais e indicacións sobre como consultar fontes adicionais de información para profundizar no estudo do tema.
Simulación Unha vez tratados os Temas 2 e 3, os alumnos realizarán prácticas de simulación en ordenador na Aula de Informática. Deberán desenvolver un SCADA sinxelo que sexa susceptible de ser integrado nunha rede de PLCs.
Prácticas de laboratorio Unha vez tratados os Temas 4 e 5, os alumnos montarán unha rede por cable e wifi utilizando computadores, switches, routers, etc.
Traballos tutelados Proporánselle aos alumnos o desenvolvemento de traballos que profundicen nos conceptos explicados nas clases maxistrais. Os traballos deberán ser expostos na clase.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Simulación
Descrición
SESIÓN MAXISTRAL:
Resolveranse as dúbidas sobre os conceptos teóricos na aula e no despacho do profesor.

SIMULACIÓN:
Axudarase ao alumno a manexar na aula de informática algún software específico que lle permita montar unha sinxela simulación dun SCADA.

PRACTICAS DE LABORATORIO:
O profesor estará presente no laboratorio para solucionar as dúbidas que poidan aparecer.

TRABALLOS TUTELADOS:
Orientarase ao alumno sobre cómo debe desenrolar o seu traballo e posterior presentación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B2 B5 B7 B9 B10 B11 B14 B16 C2 C5 C6 C8 C10 C12 A presentación dos traballos terá unha valoración de 30 puntos 30
Prácticas de laboratorio B2 B7 B10 B13 B14 C10 A montaxe e configuración dunha rede no laboratorio terá unha valoración de 30 puntos 30
Simulación B2 B5 B7 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C2 C6 C10 C12 O desenvolvemento dun sinxelo SCADA terá una valoración de 40 puntos 40
 
Observacións avaliación
Na primeira oportunidade, o alumno ten dúas posibilidades de avaliación:

1. A avaliación continua. Mediante esta vía o alumno ten a posibilidade de superar a asignatura mediante o desenvolvemento e presentación dun SCADA, a participación na montaxe e configuración da rede, e a exposición dun traballo que profundice nos contidos abordados na materia. No caso de acadar máis de 50 puntos, non terá que facer a proba obxectiva final.

2. A avaliación mediante proba obxectiva final. Esta vía aplicarase cando o alumno non acade un minimo de 50 puntos ao longo do curso. Neste caso, o alumno se examinará do temario completo e o 100% da nota virá de esta proba.



Na segunda oportunidade, a única posibilidade de avaliación será a proba obxectiva final.



Os estudantes con dedicación a tempo parcial deberán respectar as datas que se fixen para a entrega das distintas tarefas, pero poderán realizar a súa presentación e defensa noutras datas e horas (de xeito presencial ou mediante videoconferencia). Asimesmo poderán realizar unha proba de resposta múltiple como alternativa ás prácticas de laboratorio.

Fontes de información
Bibliografía básica Rodríguez Penín, Aquilino (2012). Sistemas SCADA. Marcombo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Operación e Control Automático de Instalacións Marítimas/631510213

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías