Identifying Data | 2020/21 | ||||||||
Subject (*) | Mathematics I | Code | 631G01101 | ||||||
Study programme |
|
||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | ||||
Graduate | 1st four-month period |
First | Basic training | 6 | |||||
Language |
|
||||||||
Teaching method | Hybrid | ||||||||
Prerequisites | |||||||||
Department | Matemáticas |
||||||||
Coordinador |
|
|
|||||||
Lecturers |
|
|
|||||||
Web | http://www.nauticaymaquinas.es/ | ||||||||
General description | Nesta materia danse a coñecer os conceptos fundamentais e as aplicacións máis elementais de Álxebra Lineal, Xeometría do Plano e do Espazo Afín e Euclídeo, Análise de Funcións Reais dunha Variable Real e Variable Complexa. O alumno vai aprender a manexar con soltura as ferramentas básicas de Álxebra e Cálculo pero tamén a mellorar as súas habilidades na aprendizaxe e desenvolvemento de novos métodos e tecnoloxías necesarias para continuar a súa formación. Tamén a traballar con material bibliográfico e recursos informáticos, a elaborar unha memoria/informe de modo rigoroso e sistemático, a escribir e transmitir coñecementos correctamente, a realizar eficazmente as tarefas asignadas como parte dun grupo, etc. En concreto será capaz de resolver e analizar os resultados dos problemas matemáticos que poidan xurdir na enxeñería, a usar modelos matemáticos e a identificar o caso en que deben aplicarse. | ||||||||
Contingency plan |
Neste apartado recóllense as adaptacións que se levarán a cabo na docencia e na avaliación, se nos enfrontamos a un escenario de non presencialidade debido a un novo abrocho da pandemia. 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Aprendizaxe colaborativa, Esquemas, Traballos tutelados, Análise de fontes documentais, Debate virtual, Discusión dirixida, Actividades iniciais. *Metodoloxías docentes que se modifican: • Sesión maxistral. Pasarán a ser vídeos e videoconferencias virtuais cos estudantes pola plataforma Teams. Quedan gravadas en Stream. Realizaranse sempre no horario oficial fixado en Xunta de Escola. • Solución de problemas. Pasarán a ser sesións virtuais de dúbidas na resolución de problemas e coleccións de exercicios resoltos postos a disposición do alumnado en OneNote. Realizaranse sempre no horario oficial fixado en Xunta de Escola. • Proba obxectiva. De non poder realizarse presencialmente, a proba obxectiva será realizada coas ferramentas de avaliación online que a Universidade pon á disposición da comunidade. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: • Correo electrónico: En horario laboral. De uso para facer consultas breves e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas en horario de titorías. • Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do estudantado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. • Teams: Sesións semanais en grupo único e grupos de docencia interactiva para o avance dos contidos teóricos e prácticos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do estudantado para desenvolver os traballos da materia. 4. Modificacións na avaliación: Establécense dous posibles itinerarios: a) Estudantes que teñan realizado a avaliación continua durante o curso: Metodoloxía: Traballos tutelados e Solución de problemas. Peso na cualificación: 50%. Descrición: Os alumnos que fixeran as probas de avaliación continua durante o curso (de xeito presencial e/ou virtual) serán cualificados coa nota media ponderada que obtiveron. Metodoloxía: Proba obxectiva. Peso na cualificación: 50%. Descrición: Proba individual de asimilación de coñecementos teórico-prácticos e resolución de problemas, coa posibilidade de defensa oral dalgún dos problemas propostos. b) Estudantes que non realizaron avaliación continua durante o curso ou renuncian a ela: Metodoloxía:Proba obxectiva Peso na cualificación: 50% Descrición: Proba individual de asimilación de coñecementos teórico-prácticos. Metodoloxía: Solución de problemas Peso na cualificación: 50% Descrición: Resolución de problemas prácticos coa posibilidade de defensa oral dalgún dos problemas propostos. *Observacións de avaliación: Os estudantes que se acollan ao segundo itinerario (sen avaliación continua) examinaranse de toda a materia e deberán acadar un mínimo do 35% na proba obxectiva para poder facer media coa parte de resolución de problemas. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle así como de diversos enlaces a libros electrónicos dispoñibles a través da Biblioteca da UDC para facilitar aos estudantes o acceso á bibliografía. |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation. |