Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Matemáticas I Código 631G01101
Titulación
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Cao Rial, María Teresa
Correo electrónico
teresa.cao@udc.es
Profesorado
Calvo Garrido, María Del Carmen
Cao Rial, María Teresa
Correo electrónico
carmen.calvo.garrido@udc.es
teresa.cao@udc.es
Web http://www.nauticaymaquinas.es/
Descrición xeral Nesta materia daranse a coñecer os conceptos fundamentais e as aplicacións máis elementais de Álxebra Lineal, Xeometría do Plano e do Espazo Afín e Euclídeo, Análise de Funcións Reais dunha Variable Real e Variable Complexa. O alumno vai aprender a manexar con soltura as ferramentas básicas de Álxebra e Cálculo pero tamén a mellorar as súas habilidades na aprendizaxe e desenvolvemento de novos métodos e tecnoloxías necesarias para continuar a súa formación. Tamén a traballar con material bibliográfico e recursos informáticos, a elaborar unha memoria/informe de modo rigoroso e sistemático, a escribir e transmitir coñecementos correctamente, a realizar eficazmente as tarefas asignadas como parte dun grupo, etc. En concreto será capaz de resolver e analizar os resultados dos problemas matemáticos que poidan xurdir na enxeñería, a usar modelos matemáticos e a identificar o caso en que poden aplicarse.

Competencias do título
Código Competencias do título
A54 RA1C-Escribir, explicar e transmitir os coñecementos teóricos adquiridos tanto de modo oral como escrito mediante o uso do lenguaxe científico-técnico.
A55 RA2C-Identificar e relacionar os coñecementos adquiridos con outras disciplinas
A57 RA4C-Reunir e interpretar datos relevantes
B30 RA7H-Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo
B31 RA9H-Resolver eficazmente os problemas prácticos asociados á materia aplicando os coñecementos adquiridos.
B32 RA10H-Coñecer, analizar, sintetizar e aplicar os contidos, conceptos fundamentais e aplicacións da asignatura.
B33 RA11H-Desenvolver tanto o traballo individual como en grupo
B34 RA12H-Manexar material bibliográfico e recursos informáticos
B35 RA13H-Manexar con soltura as herramientas, técnicas, equipos e/ou material/instrumental propio de cada materia.
B36 RA14H-Utilizar as ferramentas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da sua profesión e para o aprendizaxe a lo largo de su vida.
C14 RA16X-Elaborar unha memoria/informe de modo riguroso e sistemático

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
RA1C- Escribir, explicar e transmitir os coñecementos teóricos adquiridos tanto de modo oral como escrito mediante o uso do lenguaxe científico-técnico. A54
RA2C-Identificar e relacionar os coñecementos adquiridos con outras disciplinas A55
RA4C-Reunir e interpretar datos relevantes A57
RA7H-Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo B30
RA9H-Resolver eficazmente os problemas prácticos asociados á materia aplicando os coñecementos adquiridos. B31
RA10H-Coñecer, analizar, sintetizar e aplicar os contidos, conceptos fundamentais e aplicacións da asignatura. B32
RA11H-Desenvolver tanto o traballo individual como en grupo B33
RA12H-Manexar material bibliográfico e recursos informáticos B34
RA13H-Manexar con soltura as herramientas, técnicas, equipos e/ou material/instrumental propio de cada materia. B35
RA14H-Utilizar as ferramentas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da sua profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida. B36
RA16X-Elaborar unha memoria/informe de modo riguroso e sistemático C14

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.- Matrices e Determinantes. 1.1.- Matrices. Operacións con matrices.
1.2.- Determinantes. Rango dunha matriz. Matriz Inversa. Transformacións elementais. Método de Gauss
Tema 2.- Espazos Vectoriais
2.1.- Introdución
2.2.- Definición, Exemplos e Propiedades
2.3.- Subespazo Vectorial
2.4.- Dependencia e Independencia Lineal
2.5.- Sistema de Xeradores
2.6.- Bases. Dimensión.
2.7.- Ecuacións dun Supespazo.
2.8.- Rango dun Sistema de Vectores.
Tema 3.- Aplicacións lineais.

3.1.- Introdución
3.2.- Aplicacións Lineais.
3.3.- Matriz Asociada a unha Aplicación Lineal.
3.4.- Matriz Cambio de Base.
Tema 4.- Sistemas de Ecuacións Lineais.
4.1.- Introdución.
4.2.- Definición, exemplos.
4.3.- Existencia e Unicidade de Solución. Teorema de Rouché-Frobenius.
4.4.- Regra de Cramer.
4.5.- Método de Gauss e Gauss-Jordan.
Tema 5.- Diagonalización de Matrices.
5.1.- Vectores e Valores Propios. Propiedades.
5.2.- Polinomio Característico. Propiedades.
5.3.- Matrices Diagonalizables. Diagonalización.
5.4.- Diagonalización de Matrices Simétricas.
Tema 6.- O espazo afin E3. Problemas de Incidencia e Paralelismo.
6.1.- Espazo Afín asociado a un Espazo Vectorial. Sistema de Referencia. Coordenadas.
6.2.- Determinación da Ecuación dunha Recta.
6.3.- Posicións Relativas de Rectas.
6.4.- Determinación da Ecuación dun Plano.
6.5.- Posicións Relativas de Planos. Feixe de Planos.
6.6.- Posicións Relativas de Recta e Plano.
Tema 7.- Espazo Vectorial Euclídeo. Productos Escalar, Vectorial e Mixto. 7.1.- Produto Escalar
7.2.- Cálculo dun Produto Escalar. Matriz de Gram.
7.3.- Espazo Vectorial Euclídeo.
7.4.- Norma dun Vector. Igualdades e Desigualdades relevantes.
7.5.- Angulo de Vectores. Ortogonalidade.
7.6.- Referencia Ortonormal. Expresión do Produto Escalar nunha Base Ortonormal.
7.7.- Espazo Euclídeo R3
7.8.- Orientación no Espazo Euclídeo R3
7.9.- Produto Vectorial no Espazo R3 . Propiedades. Expresión Analítica.
7.10.- Produto Mixto. Expresión Analítica. Interpretación Xeométrica.
Tema 8.- Espazo Euclídeo Ordinario . Problemas Métricos.
8.1.- Ecuación Normal dun Plano.
8.2.- Ángulo entre Variedades de R3 : Ángulo de Dous Planos, Ángulo de Dúas Rectas, Ángulo de Recta e Plano.
8.3.- Distancia entre Variedades de R3 : Distancia dun Punto a un Plano, Distancia dun Punto a unha Recta. Distancia entre dous Planos, Distancia entre Recta e Plano. Distancia entre dúas Rectas. Recta Perpendicular Común.
8.4.- Coordenadas Cilíndricas. Coordenadas Esféricas en R3.
Tema 9.- Funcións Reais de Variable Real. Continuidade.
9.1.- Definicións Básicas.
9.2.- Límites Funcionais.
9.3.- Continuidade. Tipos de Discontinuidade.
9.4.- Propiedades e Teoremas sobre Funcións Continuas.
Tema 10.- Derivabilidade e Aplicacións das Derivadas.
10.1.- Derivada e Diferencial dunha Función nun Punto. Significado Xeométrico.
10.2.- Propiedades e Cálculo de Derivadas.
10.3.- Función Derivada. Derivadas Sucesivas.
10.4.- Aplicacións das Derivadas ao Estudo Local dunha Función: Crecemento e Decrecimiento. Máximos e Mínimos. Concavidade e Convexidade. Puntos de Inflexión.
10.5.- Teoremas de Rolle e do Valor Medio.
10.6.- Regras de L´Hôpital
Tema 11.- Teorema de Taylor e aplicacións. Representación Gráfica.

11.1.- Expresión dun Polinomio mediante as súas Derivadas nun Punto.
11.2.- Polinomio e Teorema de Taylor. Fórmulas de Taylor e Mac Laurin.
11.3.- Expresión de Lagrange do Resto de Taylor. Estimación do Resto.
11.4.- Aplicacións ao Estudo Local dunha Función: Crecemento e Decrecimiento. Máximos e Mínimos. Concavidade e Convexidade. Puntos de Inflexión. Representación Gráfica.
Tema 12.- Integración Indefinida de Funcións dunha Variable Real 12.1.- Definicións Xerais. Táboa de Primitivas.
12.2.- Integración Inmediata
12.3.- Integración por Partes
12.4.- Integración de Funcións Racionais
12.5.- Integración por Substitución ou Cambio de Variable
Tema 13.- Integración Definida. Aplicacións. 13.1.- Definicións Xerais
13.2.- Propiedades
13.3.- Teorema do Valor Medio. Regra de Barrow.
13.4.- Avaliación de Integrais Definidas.
13.5.- Integrais Impropias.
13.6.- Aplicacións da Integral Definida
Tema 14.- Números Complexos. 14.1.- Definicións Xerais
14.2.- Operacións Fundamentais
14.3.- Potencias e Raíces
14.4.- Forma Exponencial dun Complexo
14.5.- Logaritmos e Potencias Complexas.
O desenvolvemento e superación destes contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garanten o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro AII/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Primeiro Oficial de Ponte da Mariña Mercante, sen limitación de arqueo bruto e Capitán da Mariña Mercante ata o máximo de 3000 GT. Cadro A-II/2 do Convenio STCW.
Especificación das normas mínimas de competencia aplicables a Capitáns e primeiros oficiais de ponte de buques de arqueo bruto igual ou superior a 500 GT.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A55 A57 B30 B32 28 28 56
Solución de problemas A54 B30 B31 B32 B33 B35 B36 24 36 60
Traballos tutelados A54 A57 B30 B31 B32 B34 B35 B36 C14 0 10 10
Seminario A55 A54 B30 B31 B32 B33 B34 B35 0 10 10
Análise de fontes documentais A55 A57 B34 B35 B36 0 3 3
Actividades iniciais B1 B3 B4 B7 B12 B14 B15 B22 2 2 4
Proba obxectiva A54 B30 B31 B32 2 0 2
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición na aula dos conceptos fundamentais.
Solución de problemas En cada tema, se propondrán exercicios para resolver.
Traballos tutelados Traballos propostos individuais e grupais
Seminario Titorías individuais e/ou en grupo moi reducido
Análise de fontes documentais Seleccionar libros e páxinas web a utilizar
Actividades iniciais Introdución á materia
Proba obxectiva Proba de coñecementos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Resolución de dúbidas persoais de forma individual ou en grupo moi reducido. Debido á situación sanitaria provocada pola COVID-19, a atención ao alumnado farase preferentemente mediante ferramentas informáticas e internet (correo electrónico e reunións por MS Teams).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A54 B30 B31 B32 B33 B35 B36 Resolver problemas.
15
Sesión maxistral A55 A57 B30 B32 Resolución de cuestións teóricas ou prácticas breves relacionadas cos contidos da sesión maxistral 10
Proba obxectiva A54 B30 B31 B32 Proba para amosar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos.
60
Traballos tutelados A54 A57 B30 B31 B32 B34 B35 B36 C14 Traballos propostos.
15
 
Observacións avaliación

Os estudantes que participan no sistema EEES, deberán realizar un mínimo do 75% das probas de avaliación continua na aula. A avaliación continua, mediante probas que se poden plantear tanto en sesións maxistrais como interactivas, supón o 40% da nota. Estas probas non son realizables fora do horario inicialmente establecido para cada unha delas salvo no caso de dispensa académica. Ó longo do cuatrimestre realizaranse dúas probas parciais que permiten acadar o restante 60% da nota.

Os estudantes que teñan realizado a avaliación continua pero non superasen a materia trala realización dos parciais, terán a oportunidade de acadar o restante 60% da nota nun examen final de toda a asignatura na primeira ou segunda oportunidade. Os parciais non eliminan materia.  Un alumno que non aprobe a materia trala realización dos parciais e que non se presente ós exames finais, será cualificado como NON PRESENTADO.

Os estudantes que decidan NON participar no sistema EEES serán avaliados a través dunha Proba Obxetiva que constituirá o 100% da avaliación, consistente nunha proba individual de asimilación de coñecementos teóricos e prácticos.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017), e queira manterse na vía do EEES e beneficiarse da avaliación continua, DEBERÁ INDICALO Ó PRINCIPIO DO CUADRIMESTRE e asistir ó 50% das clases interactivas. No caso de non poder asistir ás sesións nas que se realicen probas de avaliación continua deberá asistir a titorías onde realizará probas equivalentes.

Ambas oportunidades: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica R.E. Larson, R.P. Hostetler, B.H. Edwards (1999). Cálculo. McGraw Hill
D.G. Zill, W.S. Wright, J. Ibarra (). Matemáticas 1. Cálculo Diferencial. McGraw Hill
D.G. Zill, W.S. Wright, J. Ibarra (). Matemáticas 2. Cálculo Integral. McGraw Hill
S. Grossman, J. Ibarra (). Matemáticas 4. Álgebra Lineal. McGraw Hill
Á.M. Ramos del Olmo, J.M. Rey Cabezas (2017). Matemáticas básicas para el acceso a la universidad. Pirámide

Bibliografía complementaria Granero, F (). CÁLCULO. Mac Graw-Hill
García , A.y otros. (). CÁLCULO I (Teoría y Problemas). Librería I.C.A.I
Granero, F (). EJERCICIOS Y PROBLEMAS DE CÁLCULO (I y II). Tébar Flores
Villa, A. de la (). PROBLEMAS DE ALGEBRA LINEAL. GLAGSA


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Física/631G01103
Física I/631G02153

Materias que continúan o temario
Matemáticas II/631G01106

Observacións

Asistir ó curso cero, optativo, de repaso da primeira semana, de ter lugar.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías