Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Matemáticas II Código 631G01106
Titulación
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Arós Rodríguez, Angel Daniel
Correo electrónico
angel.aros@udc.es
Profesorado
Arós Rodríguez, Angel Daniel
Cao Rial, María Teresa
Correo electrónico
angel.aros@udc.es
teresa.cao@udc.es
Web http://www.nauticaymaquinas.es/
Descrición xeral Nesta materia danse a coñecer conceptos fundamentais de Trigonometría Plana e Esférica, Lugares Xeométricos no Plano e o Espazo (en particular de Cónicas e Cuádricas), Derivación e Integración de funcións de varias variables e Estatística.
O alumno tamén vai a mellorar as súas habilidades na aprendizaxe e desenvolvemento de novos métodos e tecnoloxías necesarias para continuar a súa formación. Tamén a traballar con material bibliográfico e recursos informáticos, a elaborar unha memoria/informe de modo rigoroso e sistemático, a escribir e transmitir coñecementos correctamente, a realizar eficazmente as tarefas asignadas como parte dun grupo, etc. En concreto será capaz de resolver e analizar os resultados dos problemas matemáticos que poidan xurdir na enxeñería, a usar modelos matemáticos e a identificar o caso en que deben aplicarse.

Competencias do título
Código Competencias do título
A54 RA1C-Escribir, explicar e transmitir os coñecementos teóricos adquiridos tanto de modo oral como escrito mediante o uso do lenguaxe científico-técnico.
A55 RA2C-Identificar e relacionar os coñecementos adquiridos con outras disciplinas
A57 RA4C-Reunir e interpretar datos relevantes
B30 RA7H-Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo
B31 RA9H-Resolver eficazmente os problemas prácticos asociados á materia aplicando os coñecementos adquiridos.
B32 RA10H-Coñecer, analizar, sintetizar e aplicar os contidos, conceptos fundamentais e aplicacións da asignatura.
B33 RA11H-Desenvolver tanto o traballo individual como en grupo
B34 RA12H-Manexar material bibliográfico e recursos informáticos
B35 RA13H-Manexar con soltura as herramientas, técnicas, equipos e/ou material/instrumental propio de cada materia.
B36 RA14H-Utilizar as ferramentas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da sua profesión e para o aprendizaxe a lo largo de su vida.
C14 RA16X-Elaborar unha memoria/informe de modo riguroso e sistemático

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
RA1C- Escribir, explicar e transmitir os coñecementos teóricos adquiridos tanto de modo oral como escrito mediante o uso do lenguaxe científico-técnico. A54
RA2C-Identificar e relacionar os coñecementos adquiridos con outras disciplinas A55
RA4C-Reunir e interpretar datos relevantes A57
RA7H-Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo B30
RA9H-Resolver eficazmente os problemas prácticos asociados á materia aplicando os coñecementos adquiridos. B31
RA10H-Coñecer, analizar, sintetizar e aplicar os contidos, conceptos fundamentais e aplicacións da asignatura. B32
RA11H-Desenvolver tanto o traballo individual como en grupo B33
RA12H-Manexar material bibliográfico e recursos informáticos B34
RA13H-Manexar con soltura as herramientas, técnicas, equipos e/ou material/instrumental propio de cada materia. B35
RA14H-Utilizar as ferramentas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da sua profesión e para o aprendizaxe a lo largo de su vida. B36
RA16X-Elaborar unha memoria/informe de modo riguroso e sistemático C14

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1.- Funcións Circulares. Fórmulas Usuais. 1.1. Definicións e relacións básicas
1.2. Representacións gráficas
1.3. Fórmulas usuais
1.4. Funcións inversas
1.5. Ecuacións trigonométricas
Tema 2.- Trigonometría Plana. Resolución de Triángulos.
Aplicacións.
2.1. Definicións
2.2. Leis dos senos e cosenos. Outras fórmulas
2.3. Resolución de triángulos oblicuángulos
2.4. Complementos e aplicacións
2.5. Navegación nun plano
2.6. Estima
Tema 3.- Triángulos esféricos. Propiedades xerais. 3.1. Ángulos diedros. Rectilíneo suplementario
3.2. Ángulos triedros. Triedro polar
3.3. Superficie esférica. Definicións
3.4. Triángulo esférico. Triedro asociado
3.5. Triángulo esférico polar. Propiedades
3.6. Complementos
Tema 4.-Grupos de Fórmulas de Bessel. Analoxías de Delambre e Neper. 4.1. Grupos de Bessel
4.2. Fórmulas de Briggs
4.3. Analoxías de Delambre-Gauss
4.4. Analoxías de Neper
Tema 5.- Resolución de Triángulos Esféricos Oblicuángulos. 5.1. Análise de Casos
5.2. Complementos
Tema 6.-Aplicacións á Navegación 6.1. Definicións
6.2. Caso xeral: navegación por unha circunferencia máxima
6.3. Navegación por un paralelo

Tema 7.- Triángulos Esféricos Rectángulos. Resolución. 7.1.- Definicións
7.2. Fórmulas particulares. Regra do pentágono de Neper
7.3. Propiedades particulares dos tt.ee. rectángulos
7.4. Resolución dos tt.ee. rectángulos
7.5. Casos reducibles a tt.ee. rectángulos. Método do perpendículo
7.6. Aplicacións á navegación
Tema 8.- Lugares Xeométricos no Plano. Cónicas. 8.1. Lugares xeométricos no plano
8.2. Estudo particular das seccións cónicas
8.2.1. Circunferencia
8.2.2. Elipse
8.2.3. Hipérbola
8.2.4. Parábola
8.3. Ecuación xeral
8.3.1. Invariantes métricos
8.3.2. Clasificación
8.3.3. Redución á forma canónica
8.3.4 Determinación de elementos relevantes
8.3.5. Representación gráfica
Tema 9.-Lugares Xeométricos no Espazo. Cuádricas. 9.1. Lugares xeométricos no espazo
9.1.1. Superficies de revolución
9.1.3. Superficies regladas
9.2. Estudo particular das cuádricas
9.2.1. Superficie Esférica
9.2.2. Elipsoide
9.2.3. Hiperboloides
9.2.4. Paraboloides
9.2.5. Cuádricas dexeneradas
9.3. Ecuación xeral dunha cuádrica
9.3.1. Ecuación xeral
9.3.2. Invariantes métricos
9.3.3. Clasificación
9.4.4. Redución á forma canónica
Tema 10.- Funcións de Varias Variables Reais. Límites e Continuidade. 10.1.- Definicións Xerais
10.2.- Límites
10.3.- Continuidade
Tema 11.-Derivadas Parciais e Direccionais. Fórmula de Taylor. Extremos. 11.1.- Derivadas Parciais. Plano Tangente.
11.2.- Derivadas Direccionais
11.3.- Derivadas Parciais Sucesivas.
11.4.- Polinomio e Teorema de Taylor
11.5.- Extremos Relativos e Condicionados
Tema 12.- Integrais en Dúas e Tres Variables. Cálculo e Aplicacións. 12.1.- Definicións Xerais
12.2.- Propiedades
12.3.- Integrais Iteradas. Teorema de Fubini.
12.4.- Cambio de Variables
12.5.- Aplicacións
O desenvolvemento e superación destes contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garanten o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro AII/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Primeiro Oficial de Ponte da Mariña Mercante, sen limitación de arqueo bruto e Capitán da Mariña Mercante ata o máximo de 3000 GT. Cadro A-II/2 do Convenio STCW.
Especificación das normas mínimas de competencia aplicables a Capitáns e primeiros oficiais de ponte de buques de arqueo bruto igual ou superior a 500 GT.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A55 A57 B30 B32 30 30 60
Solución de problemas A54 B36 B35 B33 B32 B31 B30 24 36 60
Traballos tutelados A57 A54 B36 B35 B34 B32 B31 B30 C14 0 10 10
Seminario A54 A55 B36 B35 B34 B33 B32 B31 B30 0 10 10
Análise de fontes documentais A55 A57 B34 B35 B36 0 3 3
Proba obxectiva A54 B30 B31 B32 2 0 2
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición na aula dos conceptos fundamentais.
Solución de problemas Resolución de exercicios tipo e proposta de outros a resolver por os estudantes.
Traballos tutelados Seguimento e corrección de traballos propostos.
Seminario Titorías individualizadas e/ou en grupos moi reducidos
Análise de fontes documentais Seleccionar libros e páxinas web a utilizar
Proba obxectiva Resolver de forma individual unha proba de coñecementos teóricos e prácticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Seminario
Descrición
Resolución de dúbidas persoais de forma individual ou en grupo moi reducido. Debido á situación sanitaria provocada pola COVID-19, a atención ao alumnado farase preferentemente mediante ferramentas informáticas e internet (correo electrónico e reunións por MS Teams).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A54 B30 B31 B32 Proba individual de asimilación de coñecementos.
60
Sesión maxistral A55 A57 B30 B32 Resolución de cuestións teóricas ou prácticas breves relacionadas cos contidos da sesión maxistral 10
Traballos tutelados A57 A54 B36 B35 B34 B32 B31 B30 C14 Realización dos traballos propostos.
15
Solución de problemas A54 B36 B35 B33 B32 B31 B30 Capacidade para resolver problemas.
15
 
Observacións avaliación

Os estudantes que participan no sistema EEES, deberán acudir a un mínimo do 80% das clases interactivas. A avaliación continua supón o 40% da nota, e ao longo do cuatrimestre realizaranse probas parciais que lles permitan acadar o restante 60% da nota.

Os estudantes que teñan realizado a avaliación continua pero non superasen a materia trala realización dos parciais, terán a oportunidade de acadar o restante 60% da nota nun examen final de toda a asignatura na primeira ou segunda oportunidade. Os parciais non eliminan materia. Un alumno que non aprobe a materia trala realización dos parciais e que non se presente ós exames finais, será cualificado como NON PRESENTADO.

Os estudantes que decidan NON participar no sistema EEES serán avaliados a través dunha Proba Obxetiva que constituirá o 100% da avaliación, consistente nunha proba individual de asimilación de coñecementos teóricos e prácticos.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017), e queira manterse na vía do EEES e beneficiarse da avaliación continua, DEBERÁ INDICALO Ó PRINCIPIO DO CUADRIMESTRE e asistir ó 50% das clases interactivas. No caso de non poder asistir ás prácticas deberá asistir a titorías onde realizará probas equivalentes.

Ambas oportunidades: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica Larson-Hostetler-Edwards (). CÁLCULO (2) . Mac Graw Hill
D.G. Zill, W.S. Wright (). Cálculo de Varias Variables. McGraw Hill
Elizabeth Vargas, Luis A. Núñez (2020). Geometría III: geometría analítica plana y del espacio. UAPA
M.T. Cao Rial, Á. D. Rodríguez Arós (2020). Problemas de Trrigonometría Esférica. Aplicaciones a la navegación. Universidade da Coruña
A. R. Arós, F. Blanco, M.J. Muiños (2012). TRIGONOMETRÍA PLANA Y ESFÉRICA CON APLICACIONES A LA NAVEGACIÓN. Paraninfo

Bibliografía complementaria James Stewart (). CALCULO MULTIVARIABLE. Thomson Editores
Vila Mitjá, A. (). ELEMENTOS DE TRIGONOMETRÍA ESFÉRICA. U.P.C.
Gutiérrez Gómez-García Castro (). GEOMETRÍA. Pirámide
Villa, A. de la (). PROBLEMAS DE ÁLGEBRA LINEAL. Glagsa
Swokowski-Kole (). TRIGONOMETRÍA. Thomson
Ayres, F. (). TRIGONOMETRÍA PLANA Y ESFÉRICA. Mac Graw Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas I/631G01101

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Navegación I/631G01202
Manobra I/631G01207
Teoría do Buque I/631G01208

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías