Datos Identificativos 2022/23
Asignatura (*) Economía Marítima Código 631G01201
Titulación
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Dereito Privado
Coordinación
Díaz De La Rosa, Angélica
Correo electrónico
angelica.diaz@udc.es
Profesorado
Díaz De La Rosa, Angélica
Correo electrónico
angelica.diaz@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Interpretación, análise e aplicación práctica dos fundamentos e Institucións de Dereito e Economía para administrar, xestionar e explotar o buque, a empresa marítima, o negocio marítimo e transporte, e a empresa náutico-deportiva.
A10 Redactar e interpretar documentación técnica e publicacións náuticas.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de xeito efectivo.
B4 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
B5 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B6 Traballar de forma colaboradora.
B7 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B11 Capacidade de adaptación a novas situacións.
B15 Capacidade para adquirir e aplicar coñecementos.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C9 Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser originais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
C12 Que os estudantes saiban comunicar as suas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sin ambigüidades
C13 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analizar, diferenciar e cuantificar os diferentes tráficos marítimos mundiais. A5
A10
B2
B15
C1
C4
Identificar as modalidades existentes de transporte marítimo e formas de explotación do buque e explicar as súas características. A5
B6
C1
C5
Comparar as formas de organización e xestión dunha empresa navieira. A5
B2
B4
C1
C12
Avaliar o rendemento económico dun buque. A5
A10
B1
B2
B5
B7
B11
C1
C9
C13

Contidos
Temas Subtemas
Tráfico e comercio marítimo internacional. Áreas económicas e os seus portos.
Tráfico de graneis líquidos.
Tráfico de graneis sólidos.
Tráficos especiais e de contedores.
O transporte marítimo e as súas modalidades. O transporte marítimo de liña regular.
O transporte intermodal.
Short Sea Shipping.
Fretamento por viaxe.
Fretamento por tempo.
Fretamento a casco espido.
Contrato de transporte marítimo de mercadorías.
O frete. O frete en réxime de fretamentos.
O frete na liña regular.
As tarifas de frete.
O tempo de plancha e as demoras.
Organización e xestión da empresa navieira Departamentos.
Modelos de organización.
Modalidades de explotación dos buques.
Axentes marítimos.
Estrutura do balance.
Criterios de amortización.
Amortización financeira ou de capital.
Gastos financeiros.
Gastos operativos.
Gastos variables.
O desenvolvemento e superación destes contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garanten o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro AII/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Primeiro Oficial de Ponte da Mariña Mercante, sen limitación de arqueo bruto e Capitán da Mariña Mercante ata un máximo de 3.000 GT. Cadro A-II/2 do Convenio STCW.
Especificación das normas mínimas de competencia aplicables aos Capitáns e primeiros oficiais de ponte de buques de arqueo bruto igual ou superior a 3.000 GT.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 B15 10 10 20
Traballos tutelados A5 A10 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B15 C1 C4 C5 C13 18 18 36
Proba mixta A5 A10 B2 B15 C1 C4 C12 2 2 4
Obradoiro A5 A10 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B15 C1 C4 C5 C13 30 50 80
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios
audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas
aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar
a aprendizaxe.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe
autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios
variados.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas
tipo de probas obxectivas.
En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desenvolvemento;
as segundas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Obradoiro Realizar traballos e resolver casos prácticos encomendados polo profesor, coa súa posterior exposición e debate en clase. Todo iso con apoio e supervisión do profesor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
O profesor estará a disposición dos alumnos para resolver calquera dúbida ou aclaración sobre a teoría ou os traballos e casos prácticos obxecto de estudo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A10 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B15 C1 C4 C5 C13 A memoria do traballo avaliarase atendendo a unha rúbrica. Ademais, realizarase unha presentación oral dos resultados obtidos, que se avaliará igualmente atendendo a unha rúbrica.
Para que a cualificación do traballo tutelado faga media co resto de probas de avaliación, será necesario obter un resultado mínimo de 5 puntos sobre 10.
20
Proba mixta A5 A10 B2 B15 C1 C4 C12 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desenvolvemento;
as segundas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Para que a cualificación da proba mixta faga media co resto de probas de avaliación, será necesario obter un resultado mínimo de 5 puntos sobre 10.
40
Obradoiro A5 A10 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B15 C1 C4 C5 C13 Para a súa avaliación terase en conta a realización e entrega das actividades no prazo indicado polo profesor. 40
 
Observacións avaliación

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Empresa e Dereito/631G01109

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías