Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Navegación I Código 631G01202
Titulación
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Salgado Don, Alsira
Correo electrónico
alsira.salgado@udc.es
Profesorado
Pérez Canosa, José Manuel
Salgado Don, Alsira
Correo electrónico
jose.pcanosa@udc.es
alsira.salgado@udc.es
Web
Descrición xeral
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense as metodoloxías de lecturas e sesión maxistral (que este curso xa se impartirá, a prior, de xeito online), o resto modifícanse para adaptalas o formato non presencial.

*Metodoloxías docentes que se modifican
Prácticas de laboratorio: Mantense esta metodoloxía, ca particularidade de que as horas destinadas a realización de exercicios na aula, así como a súa corrección, farase de xeito non presencial.
Proba obxectiva e proba práctica: De ser posible manter a presencialidade, tanto das probas parciais coma dos exames finais de 1ª e 2ª oportunidades, estes realizarase con normalidade tal e como está descrito na guía docente. De non ser posible, realizarase online a través do Moodle e/ou Teams, mantendo os mesmos principios.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teams: Os docentes estaremos conectados nesta plataforma no horario normal de titorías para atender o alumnado mediante o servicio de chat ou videoconferencia. En caso de verse necesario, estas titorías faranse en grupos reducidos.
Foro de dubidas no Moodle: Nel o alumnado pode expoñer cantas dúbidas considere oportuno, os docentes intentaremos resolvelas o antes posible.
Correo electrónico: Como sempre, os docentes da materia estamos a disposición do alumnado a través do correo electrónico. Sen embargo, para facer consultas e expoñer dúbidas sobre a materia impartida ou os exercicios, é preferible que se faga en Moodle, a través do foro habilitado, xa que así todo o alumnado pode beneficiarse das respostas.

4. Modificacións na avaliación
Manteranse as mesmas metodoloxías de avaliación, cos seus porcentaxes correspondentes.

*Observacións de avaliación:
A pesar de manterse as metodoloxías de avaliación que figuran na guía docente, estas adaptaranse a non presencialidade do seguinte xeito:
Respecto o cómputo da asistencia, de realizarse, tan só se aplicará respecto as clases presenciais de prácticas. Durante o escenario de non presencialidade, non se realizará control de asistencia. Así, para poder presentarse as probas parciais, terase que asistir a un 80% das actividades prácticas presenciais realizadas ata ese momento, de habelas. Isto sempre e cando a situación de non presencialidade dure menos da metade do cuadrimestre. En caso contrario, eliminarase por completo este requisito.
En caso de que as probas parciais, tanto prácticas como teórica (obxectiva), se realicen todas elas en situación de non presencialidade, non se esixirá nota mínima en cada unha das probas, e a nota por curso obterase sempre empregando a media aritmética das cualificacións parciais. O mesmo se aplicará o exame oficial de cada oportunidade, en caso de realizarse en condicións exclusivas de non presencialidade, a nota será a media aritmética das partes do exame, sen restrición de nota mínima (en caso de realizarse de xeito híbrido, seguirase o establecido na guía docente).

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán modificacións. En todo caso, reforzarase o material accesible dende Moodle, con exercicios resoltos, e se complementarán as gravacións das clases impartidas de xeito síncrono con vídeos sobre cuestións adicionais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Coñecer e construír as Proxeccións Cartográficas Perspectivas empregadas en Navegación, os seus antecedentes e uso.
A10 Redactar e interpretar documentación técnica e publicacións náuticas.
A14 Planificar e dirixir unha travesía, determinar a situación por calquera medio de navegación, e dirixir a navegación.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de xeito efectivo.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
B5 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B6 Traballar de forma colaboradora.
B7 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Aprender en ámbitos de teleformación.
B9 Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito marítimo, mediante fundamentos físico-matemáticos.
B12 Uso das novas tecnoloxías TIC, e de Internet como medio de comunicación e como fonte de información.
B13 Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica.
B14 Capacidade de análise e síntese.
B15 Capacidade para adquirir e aplicar coñecementos.
B16 Organizar, planificar e resolver problemas.
B22 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
B23 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C10 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplas (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
C11 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Capacidade para realizar unha navegación de estima e analizar os resultados. Coñecer e manexar o material náutico dispoñible a bordo do buque: diferentes instrumentos e equipo de navegación. Traballar coa carta náutica para realizar unha navegación costeira segura. Capacidade para calcular a marea dun porto. Adquírense as competencias, coñecementos e actitudes respecto do seu uso establecidos no cadro A-II/1 do Convenio STCW 2010. A4
A10
A14
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B12
B13
B14
B15
B16
B22
B23
C3
C10
C11

Contidos
Temas Subtemas
Formas e dimensións da Terra Geoide. Elipsoide. Esfera.
Navegación de estima Capacidade para determinar a situación do buque utilizando navegación de estima, tendo en conta os ventos, mareas, correntes e a velocidade estimada

Navegación estimada para pequenas distancias: triángulo plano de estima.
Navegación estimada para grandes distancias: triángulo mercatoriano.
Manexo das taboas de estima.
Resolución do problema directo e inverso.
Navegación terrestre e costeira Capacidade para determinar a situación do buque utilizando marcas terrestres e axudas á navegación, incluídos faros, balizas e boias

Coñecemento cabal de cartas e publicacións náuticas tales como derroteiros, táboas de mareas, avisos ós navegantes, radioavisos náuticos e información sobre organización do tráfico marítimo, e capacidade para servirse de todo elo
Instrumentos e equipo de navegación Descripción e manexo: sextante, instrumentos de marcar, agullas, etc.
Mareas Xeneralidades. Forzas xeradoras das mareas. Teoría do equilibrio. Clasificación das mareas.
Manexo de anuarios: resolución do problema directo e inverso.
Nota: O desenrolo dos contidos anteriores cumpre ca columna 2, Coñecementos, Comprensión e Suficiencia, do Convenio STCW, modificado por Manila 2010, do cadro AII/1. .
O desenvolvemento e superación destes contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garanten o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro AII/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Primeiro Oficial de Ponte da Mariña Mercante, sen limitación de arqueo bruto e Capitán da Mariña Mercante ata o máximo de 3.000 GT. Cadro A-II/2 del Convenio STCW.
Especificación das normas mínimas de competencia aplicables a Capitáns e primeiros oficiais de ponte de buques de arqueo bruto igual ou superior a 500 GT.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A10 A14 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B9 B13 B14 B15 B22 B23 C10 C11 39 58.5 97.5
Prácticas de laboratorio A10 A14 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B12 B13 B15 B16 B22 B23 C3 C10 C11 15 18 33
Lecturas A10 A14 B3 B5 B8 B12 B14 B15 B22 C3 0 5.5 5.5
Proba obxectiva A4 A10 A14 B2 B3 B4 B5 B9 B13 B14 B15 B16 B22 C10 4 8 12
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral da materia complementada co uso de presentacións audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Dentro desta dinámica a intervención dos alumnos estará aberta para a realización de preguntas ou comentarios, que poderían dar lugar a debates abertos.
En caso de empregar textos ou presentacións audiovisuais, estas poranse a disposición do alumnado coa antelación suficiente como para que poidan lela de forma previa.
Prácticas de laboratorio Realización de exercicios de carácter práctico relacionados cos conceptos teóricos explicados nas sesións maxistrais.
Lecturas Documentación facilitada aos alumnos onde se profunda sobre os contidos a desenvolver na materia.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc.
A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de resposta breve, e/ou de desenvolvemento. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
O seguimento das prácticas realizarase de forma continua na aula, con todo, se se vise necesario, estableceranse tutorías adicionais de caracter individual ou en grupo moi reducido para o seu seguimento e a resolución das dúbidas que sobre elas, ou sobre os aspectos teóricos que as alcanzan, teñan os alumnos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A10 A14 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B12 B13 B15 B16 B22 B23 C3 C10 C11 No caso de que un alumno suspendese a materia cunha nota igual ou maior de 4,5, poderá aprobar a materia a condición de que realizase ao longo do curso o 100% das prácticas propostas en clase.

Con esta metodoloxía evaluaranse as competencias A10, A14, B1, B2, B3, B5, B7, B8, B12, B13, B15, B16 e C3.
5
Proba obxectiva A4 A10 A14 B2 B3 B4 B5 B9 B13 B14 B15 B16 B22 C10 Para os alumnos cunha asistencia regular a clase (polo menos o 80%) realizarase, previo á finalización do curso, polo menos un exámen parcial. Aqueles que superen o/os parcial/é cunha nota media igual ou superior a 5 non terán que presentarse ao exame final, a non ser que desexen subir a nota do curso.
En caso de realizarse máis dun parcial, a nota mínima para poder compensar por media aritmética cada un deles á hora de obter a nota do curso será dun 3,5. De obter nalgún dos parciais unha nota inferior a un 3,5, a nota do curso será a media xeométrica ponderada dos parciais (dando maior peso á menor nota obtida). En caso de non presentarse a algún dos parciais considerarase que o alumno non está a seguir o sistema de avaliación continua descrito e será cualificado por curso como non presentado.
Aqueles alumnos que non sigan o sistema de avaliación descrito ou suspendan a materia por curso, deberán presentarse ao exame final da convocatoria oficial, no cal entrará a totalidade da materia. Os exames parciais non librarán materia para o final.
Con esta metodoloxía evaluaranse as competencias A4, A10, A14, B2, B3, B5, B14, B15 y B16.
95
 
Observacións avaliación

Cada exame,
tanto parcial como final, constará de varias partes claramente diferenciadas en
canto a contido e metodoloxía de resolución (por exemplo diferentes partes de
teoría ou diferentes tipos de exercicios), que se corrixirán por separado en
base 10. A condición de que a nota de cada unha do dicir partes sexa igual ou
superior a un 3,5, a nota do exame será a media aritmética das partes. En caso
de obter en algures do exame unha nota inferior a 3,5, a nota do exame
corresponderase coa media xeométrica ponderado da das partes (dando maior peso
á menor nota obtida).

O alumnado
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia non se lle exixirá unha asistencia mínima para poder
presentarse os exames parciais, sen embargo, deberán acordarse co docente unha
serie de titorías (presenciais ou non presenciais) o longo do curso para
acreditar o seguimento da materia.

Os criterios
de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW na súa forma emendada,
e recollidos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de
deseñar e realizar a avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica Itsaso Ibáñez, Ricardo Gaztelu-Iturri (). FUNDAMENTOS DE NAVEGACIÓN MARÍTIMA.
Martínez Jiménez (). MANUAL DE NAVEGACIÓN.
Moreu Curbera, Martínez Jiménez (). NAVEGACIÓN I,II y III.
Ideale Capasso - Sergio Fede (). NAVIGAZIONE.
Martínez Jiménez (). TABLAS DE NAVEGACIÓN.
G.A.A. Grant, J Klinkert (). THE SHIP'S COMPASS.
I. Fossi (). TRATADO DE NÁUTICA.
Luis de Ribera y Uruburu (). TRATADO DE NAVEGACIÓN.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas I/631G01101
Expresión Gráfica/631G01102
Física/631G01103
Matemáticas II/631G01106

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
/
Navegación II/631G01306
Simulación Náutica/631G01402
Navegación e Organización do Buque/631G01212

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías