Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Navegación Astronómica Código 631G01277
Titulación
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Lopez Varela, Pablo
Correo electrónico
pablo.lopez@udc.es
Profesorado
Lopez Varela, Pablo
Sánchez Girón, Javier Ramón
Correo electrónico
pablo.lopez@udc.es
javier.sanchez5@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título
B31 RA9H-Resolver eficazmente os problemas prácticos asociados á materia aplicando os coñecementos adquiridos.
B35 RA13H-Manexar con soltura as herramientas, técnicas, equipos e/ou material/instrumental propio de cada materia.
B46 RA41H–Determinar por calquer medio a situación e a exactitude do punto resultante
B47 RA42H–Determinar e compensar os erros do compás
C18 RA21X–Planificar e dirixir unha travesía e determinar a situación
C19 RA22X–Manter una garda de navegación segura
C29 RA40X–Planificar un viaxe e dirixir a navegación

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
RA9H-Resolver eficazmente os problemas prácticos asociados á materia aplicando os coñecementos adquiridos B31
RA13H-Manexar con soltura as ferramentas, técnicas, equipos e/ou material/instrumental propio de cada materia B35
RA41H-Determinar por calquera medio a situación e a exactitude do punto resultante B46
RA42H-Determinar e compensar os erros do compás B47
RA21X-Planificar e dirixir unha travesía e determinar a situación C18
RA22X-Manter una garda de navegación segura C19
RA40X-Planificar un viaxe e dirixir a navegación C29

Contidos
Temas Subtemas
Fundamentos da navegación astronómica O desenrolo deste tema cumpre ca columna 2, Coñecementos, Comprensión e Suficiencia, do Convenio STCW, modificado por Manila 2010, do cadro AII/1.
A esfera celeste O desenrolo deste tema cumpre ca columna 2, Coñecementos, Comprensión e Suficiencia, do Convenio STCW, modificado por Manila 2010, do cadro AII/1.
Estudo do tempo O desenrolo deste tema cumpre ca columna 2, Coñecementos, Comprensión e Suficiencia, do Convenio STCW, modificado por Manila 2010, do cadro AII/1.
Movemento aparente dos astros O desenrolo deste tema cumpre ca columna 2, Coñecementos, Comprensión e Suficiencia, do Convenio STCW, modificado por Manila 2010, do cadro AII/1.
O sextante O desenrolo deste tema cumpre ca columna 2, Coñecementos, Comprensión e Suficiencia, do Convenio STCW, modificado por Manila 2010, do cadro AII/1.
Correción as alturas aparentes dos astros O desenrolo deste tema cumpre ca columna 2, Coñecementos, Comprensión e Suficiencia, do Convenio STCW, modificado por Manila 2010, do cadro AII/1.
Resolución do triángulo de posición astronómico O desenrolo deste tema cumpre ca columna 2, Coñecementos, Comprensión e Suficiencia, do Convenio STCW, modificado por Manila 2010, do cadro AII/1.
O desenvolvemento e superación destes contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garanten o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro AII/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Primeiro Oficial de Ponte da Mariña Mercante, sen limitación de arqueo bruto e Capitán da Mariña Mercante ata o máximo de 3.000 GT. Cadro A-II/2 del Convenio STCW.
Especificación de las normas mínimas de competencia aplicables a Capitáns y primeiros oficiais de ponte de buques de arqueo bruto igual ou superior a 500 GT.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B31 B35 B46 B47 C18 C19 C29 39 58.5 97.5
Prácticas de laboratorio B31 B35 B46 B47 C18 C19 C29 15 18 33
Lecturas B46 C18 C19 C29 0 5.5 5.5
Proba práctica B31 B35 B46 B47 C18 C19 C29 2 4 6
Proba obxectiva B46 B47 C18 C19 C29 2 4 6
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral da materia complementada co uso de presentacións audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Dentro desta dinámica a intervención dos alumnos estará aberta para a realización de preguntas ou comentarios, que poderían dar lugar a debates abertos.
En caso de empregar textos ou presentacións audiovisuais, estas poranse a disposición do alumnado coa antelación suficiente como para que poidan lelos de forma previa.
Prácticas de laboratorio Realización de exercicios de carácter práctico relacionados cos conceptos teóricos explicados nas sesións maxistrais.
Lecturas Documentación facilitada os alumnos onde se profundiza sobre os contidos a desarrollar na materia.
Proba práctica Proba na que se busca que o alumno realice un exercicio práctico, parecido os realizados durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida.
Proba obxectiva Proba escritura utilizada para a evaluación da aprendizaxe, sendo seu rasgo distintivo a posibilidade de determinar se as respostas dadas son correctas. Constitue un instrumento de medida, elaborado rigurosamente, que permite evaluar coñecementos, capacidades, destrezas, rendimento, etc.
A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de resposta breve, e/ou de desenrolar. Tamén podese construir cun so tipo de algunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Descrición
O seguimento do traballo realizado polos alumnos, tanto nas clases teóricas como prácticas, realizarase de forma continua na aula e, no caso de que se detecten necesidades específicas, estableceranse titorías adicionais de carácter individual ou en grupo moi reducido de apoio e para resolución de dúbidas.
No caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberán acordarse co docente unha serie de titorías obrigatorias (polo menos unha por cada tema), presenciais ou non presenciais, o longo do curso para acreditar o seguimento da materia.





Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica B31 B35 B46 B47 C18 C19 C29 Para o alumnado cunha asistencia regular a clase (ao menos o 80%) realizaranse, polo menos, unha proba práctica para avaliar o seguimento do traballo realizado durante o cuadrimestre (se se vise necesario, poderíanse facer varias). Esta proba consistirá nun ou varios exercicios de navegación astronómica e estima. 45
Prácticas de laboratorio B31 B35 B46 B47 C18 C19 C29 O longo do curso proporanse varias prácticas avaliables, ben na aula, ben no campus virtual. 10
Proba obxectiva B46 B47 C18 C19 C29 Para o alumnado cunha asistencia regular a clase (ao menos o 80%) realizarase unha proba teórica para avaliar o seguimento do traballo realizado durante o cuadrimestre. 45
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación descrito, constitúe a denominada avaliación continua, e o alumnado que supere tódalas probas parciais cunha nota media igual ou superior a 5 (incluíndo as prácticas avaliables) non terá que presentarse ao exame final da primeira oportunidade, a non ser que desexe subir a nota do curso. As probas avaliaranse en base 10, e a nota mínima para poder compensar unha proba suspensa a hora de obter a nota do curso será dun 3,5. Encaso de obter nalgunha das probas unha nota inferior a un 3,5, a nota por curso será de suspenso (nota máxima dun 4).

En caso de non presentarse a algunha das probas parciais, considerarase que o alumno non está seguindo o sistema de avaliación continua descrito e será avaliado por curso como non presentado.

O alumnado que non siga o sistema de avaliación continua descrito ou suspenda a materia por curso, deberá presentarse ao exame final da convocatoria oficial, no cal entrará a totalidade da materia. As probas parciais superadas cunha nota maior ou igual a 5, librarán materia para o exame final da primeira oportunidade, pero non para o da segunda oportunidade (o alumnado que deba examinarse na segunda oportunidade deberá facelo da totalidade da materia).

O exame final (tanto da primeira coma da segunda oportunidade) constará de dúas partes, unha de teoría e outra de práctica, que se corrixirán por separado en base 10. Sempre e cando a nota de cada unha de ditas partes sexa igual ou superior a un 3,5, a nota do exame será a media aritmética das partes. En caso de obter en algunha das partes do exame unha nota inferior a 3,5, a nota do exame será de suspenso (máxima nota 4). En caso de non presentarse a algunha das partes, a nota do exame será de cero.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia non se lle exixirá unha asistencia mínima para poder presentarse as probas parciais, sempre e cando os profesores sexand ebidamente informados ao principio do curso. Asemade, deberá acordarse co docente unha serie de titorías (presenciais ou non presenciais) o longo do curso para acreditar o seguimento da materia.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW nasúa forma emendada, e recollidos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse enconta á hora de deseñar e realizar a avaliación.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario .


Fontes de información
Bibliografía básica F.Martín Asín (). ASTRONOMÍA.
Ferdinando Flora (). ASTRONOMÍA NÁUTICA.
A. Pita Porta (). LA HIPÉRBOLA ESFÉRICA EN LA NAVEGACIÓN ASTRONÓMICA. RECTA DIFERENCIOMÉTRICA. VERDADERA NATURALEZA DE LA BISETRIZ DE ALTURA.
Martínez Jiménez (). MANUAL DE NAVEGACIÓN.
Moreu Curbera, Martínez Jiménez (). NAVEGACIÓN I,II,III.
Ideale Capasso - Sergio Fede (). NAVIGAZIONE.
Bowditch, N. (). THE AMERICAN PRACTICAL NAVIGATOR. https://msi.nga.mil/Publications/APN
I. Foosi (). TRATADO DE NÁUTICA.

Bibliografía complementaria

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Navegación I/631G01202

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Navegación II/631G01306
Simulación Náutica/631G01402

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías