Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Navegación II Código 631G01306
Titulación
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Lopez Varela, Pablo
Correo electrónico
pablo.lopez@udc.es
Profesorado
Lopez Varela, Pablo
Salgado Don, Alsira
Correo electrónico
pablo.lopez@udc.es
alsira.salgado@udc.es
Web
Descrición xeral A materia está orientada a continuar a formación en navegación astronómica iniciada na materia de navegación e organización do buque mediante a súa aplicación a supostos prácticos, e a fornecer ao alumno un coñecemento completo dos distintos instrumentos e equipos de navegación, dos sistemas electrónicos de determinación da situación e en xeral de todos aqueles que constitúan unha axuda á navegación. Tamén se estudan en profundidade os sistemas de carta de navegación electrónica, os sistemas de radar mariños e os fundamentos da cinemática naval, e impártese unha instrución completa sobre a metodoloxía de planificación da viaxe e a derrota.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense as metodoloxías de lecturas e sesión maxistral (que este curso xa se impartirá, a prior, de xeito online), o resto modifícanse para adaptalas o formato non presencial.

*Metodoloxías docentes que se modifican
Prácticas de laboratorio: Mantense esta metodoloxía, ca particularidade de que as horas destinadas a realización de exercicios na aula, así como a súa corrección, farase de xeito non presencial.
Proba obxectiva e proba práctica: De ser posible manter a presencialidade, tanto das probas parciais coma dos exames finais de 1ª e 2ª oportunidades, estes realizarase con normalidade tal e como está descrito na guía docente. De non ser posible, realizarase online a través do Moodle e/ou Teams, mantendo os mesmos principios.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teams: Os docentes estaremos conectados nesta plataforma no horario normal de titorías para atender o alumnado mediante o servicio de chat ou videoconferencia. En caso de verse necesario, estas titorías faranse en grupos reducidos.
Foro de dubidas no Moodle: Nel o alumnado pode expoñer cantas dúbidas considere oportuno, os docentes intentaremos resolvelas o antes posible.
Correo electrónico: Como sempre, os docentes da materia estamos a disposición do alumnado a través do correo electrónico. Sen embargo, para facer consultas e expoñer dúbidas sobre a materia impartida ou os exercicios, é preferible que se faga en Moodle, a través do foro habilitado, xa que así todo o alumnado pode beneficiarse das respostas.

4. Modificacións na avaliación
Manteranse as mesmas metodoloxías de avaliación, cos seus porcentaxes correspondentes.

*Observacións de avaliación:
A pesar de manterse as metodoloxías de avaliación que figuran na guía docente, estas adaptaranse a non presencialidade do seguinte xeito:
Respecto o cómputo da asistencia, de realizarse, tan só se aplicará respecto as clases presenciais de prácticas. Durante o escenario de non presencialidade, non se realizará control de asistencia. Así, para poder presentarse os exames parciais, terase que asistir a un 80% das actividades presenciais realizadas ata ese momento, de habelas. Isto sempre e cando a situación de non presencialidade dure menos da metade do cuadrimestre. En caso contrario, eliminarase por completo este requisito.
En caso de que as probas parciais, tanto prácticas como teóricas (obxectivas), se realicen todas elas en situación de non presencialidade, non se esixirá nota mínima en cada unha das probas, e a nota por curso obterase sempre empregando a media aritmética das cualificacións parciais. O mesmo se aplicará o exame oficial de cada oportunidade, en caso de realizarse en condicións exclusivas de non presencialidade, a nota será a media aritmética das partes do exame, sen restrición de nota mínima (en caso de realizarse de xeito híbrido, seguirase o establecido na guía docente).

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán modificacións. En todo caso, reforzarase o material accesible dende Moodle, con exercicios resoltos, e se complementarán as gravacións das clases impartidas de xeito síncrono con vídeos sobre cuestións adicionais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 Redactar e interpretar documentación técnica e publicacións náuticas.
A14 Planificar e dirixir unha travesía, determinar a situación por calquera medio de navegación, e dirixir a navegación.
A16 Manter a seguridade da navegación utilizando o radar, a ARPA e os modernos sistemas de navegación para facilitar a toma de decisións.
A28 Planificar e controlar a derrota meteo-oceanográfica.
A37 Usar correctamente os diferentes aparatos de navegación e radiocomunicacións.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de xeito efectivo.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B5 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B7 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Aprender en ámbitos de teleformación.
B9 Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito marítimo, mediante fundamentos físico-matemáticos.
B10 Versatilidade.
B12 Uso das novas tecnoloxías TIC, e de Internet como medio de comunicación e como fonte de información.
B13 Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica.
B14 Capacidade de análise e síntese.
B15 Capacidade para adquirir e aplicar coñecementos.
B16 Organizar, planificar e resolver problemas.
B20 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
B22 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
B23 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
B24 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C10 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplas (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
C11 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os fundamentos do radar e dos sistemas ARPA, e adquirir as competencias teóricas, coñecementos e actitudes respecto ao uso do ARPA establecidos nas táboas das seccións A-II/1 e A-II/2 do Convenio STCW 2010, así como na Orden FOM/2296/2002, de 4 de septiembre de 2002. Ser capaz de interpretar a pantalla do radar/ARPA e de tomar as decisiones oportunas en base ao estudio dos fundamentos da cinemática naval. A14
A16
A37
B1
B2
B3
B5
B7
B9
B10
B13
B14
B15
B16
B22
B23
B24
C6
C10
C11
Coñecer os diferentes sistemas de posicionamento por satélite. Coñecer os diferentes sistemas de determinación da situación e de navegación. Adquírense as competencias, coñecementos e actitudes respecto do establecidos no cadro A-II/1 do Convenio STCW 2010. A10
A14
A16
A37
B1
B2
B3
B5
B7
B9
B10
B12
B13
B14
B15
B16
B20
C3
C6
C10
C11
Coñecer os fundamentos dos sistemas de información e visualización de carta electrónica (ECDIS), e adquirir as competencias teóricas, coñecementos e actitudes respecto ao uso do ECDIS establecidos nas táboas das seccións A-II/1 e A-II/2 do Convenio STCW 2010, así como no Curso Modelo OMI 1.27 e na Resolución de 18 de xuño de 2013 da DGMM. A10
A14
A16
A28
A37
B1
B2
B3
B5
B7
B8
B9
B10
B12
B14
B15
B16
B20
B23
B24
C3
C6
C10
C11
Ser capaz de planificar unha derrota, adquirindo as competencias, coñecementos e actitudes respecto do establecidos no cadro A-II/1 do Convenio STCW 2010. A10
A14
A28
B1
B2
B3
B5
B7
B8
B9
B10
B12
B13
B15
C3
C6
C10
C11

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: CINEMÁTICA NAVAL Xeneralidades.
Movemento absoluto e relativo.
Triángulo de velocidades.
Rosa de manobras.
Achar o rumbo e velocidade dun buque coñecendo o seu movemento relativo.
Estudo do movemento relativo dun buque respecto ao noso: CPA e TCPA.
Cinemática anticolisión: Variación do rumbo e/ou a velocidade do noso buque para pasar a unha distancia dada doutro, coñecendo o seu rumbo e velocidade.
Alcances: Porse ao costado doutro buque coñecendo o seu rumbo e velocidade (buque parado, cambios de rumbo e/ou velocidade).
Casos particulares.
TEMA 2: O RADAR Directividade da onda transmitida.- Lonxitude do impulso e frecuencia de repetición.- Propagación das ondas: O horizonte radar.- Diagrama de bloques dun radar.- Función dos elementos principais.- Discriminación de brancos.- Diminución do sinal transmitido coa distancia.- Perda de potencia por atenuación e por obstrución.- Diminución do sinal do eco coa distancia.- Diagramas de radiación e de cobertura.- Propagación normal.- Propagación anormal: subrefracción, superrefracción, efectos de canalización, investimentos de subsidiencia.- Absorción dos sinais pola atmosfera.
TEMA 3: ARPA Principais tipos de sistemas ARPA/APRA e as súas características de presentación. Normas de rendemento. Disposicións de Convenio STCW. Riscos do exceso de confianza no sistema. Coñecemento dos parámetros de rendemento con respecto aos diferentes datos de entrada no sistema. Efectos do funcionamento defectuoso dos detectores na precisión dos datos. Efectos das limitacións que pesan sobre o alcance, a discriminación de demoras e a precisión do radar. Efectos da imprecisión dos datos de entrada (rumbo e velocidade). Coñecemento de en a os factores que inflúen na precisión do vector. Coñecemento dos criterios de selección de brancos por captación automática. Factores para a correcta elección de brancos por captación manual. Efectos da perda e do desmaio de brancos no seguimento. Circunstancias que causan variación calidade do eco e efectos desta na información presentada. Retardos de tratamento. Cando e como empregar os avisos operacionais. Vantaxes e limitacións destes. Métodos de comprobación do funcionamento defectuoso do sistema ARPA, incluída a proba automática de funcionamento. Precaucións a tomar se se produce un defecto de funcionamento. Captación manual e automática de brancos e limitacións de ambos os procedementos. Avaliación dos riscos. Dedución do punto de aproximación máxima previsto e hora de chegada a ese punto. Efectos dos cambios de rumbo e/ou velocidade do buque propio e/ou dos brancos. Efectos dos erros referentes a vectores e a zonas de perigo. Coñecemento correcto dos vectores verdadeiro e relativo. Dedución dos rumbos verdadeiros e velocidades dos brancos. Vantaxes da conmutación entre os vectores verdadeiro e relativo. Coñecemento do método de dedución das situacións anteriores dos brancos que se seguen e recoñecemento dos datos históricos como medio indicador das manobras recentes dos brancos e como procedemento para comprobar a validez do seguimento do sistema.
TEMA 4: EMPREGO DO RADAR E DO ARPA Brancos naturais.- Brancos artificiais en terra.- Ecos de pequenos brancos illados.- Falsos ecos e os seus efectos.- O radar como axuda á navegación: recalada, navegación costeira, practicaxe.- Practicaxe cego.- Medios auxiliares para o uso do radar.- Procedementos para aumentar a intensidade do eco e a identificación.- O radar como equipo anticolisión.- Diario de operacións radar.- Entretemento e conservación do radar. Procedemento correcto de posta en funcionamento para obter a presentación óptima da información ARPA. Axuste correcto dos mandos variables. Elección da presentación da imaxe. Movemento relativo e verdadeiro. Selección de datos de entrada. Mandos de punteo e captación manual e automática. Escala de tempos. Emprego das áreas de exclusión cando se utiliza a captación automática. Comprobacións xerais do sistema e determinación da precisión dos datos. Comprobacións de rendemento
(rumbo e velocidade). Obtención de información utilizando a imaxe obtida en movementos relativo e verdadeiro que comprenda: Identificación de ecos críticos; rumbo e velocidade do branco; momento e distancia no que se alcanzará o punto de aproximación máxima do branco; detección dos cambios de rumbo e de velocidade aisladamente e combinados co propio buque; relación da proba de manobra hipotética; análise das situacións que encerran risco de abordaxe partindo da información presentada; determinación e aplicación de medidas para evitar situacións de aproximación excesiva de conformidade co Regulamento internacional para previr abordaxes na mar.
TEMA 5: SISTEMAS ELECTRÓNICOS DE DETERMINACIÓN DA SITUACIÓN E DE NAVEGACIÓN Capacidade para determinar a situación do buque utilizando axudas náuticas electrónicas.

O sistema GPS.
Compoñente de control e sector de usuario.
Sistemas de medida.
Métodos de posicionamento.
O GPS diferencial.
Sistemas hiperbólicos de navegación.
O GNSS.
TEMA 6: O ECDIS Aspectos e requisitos legais
Elementos das cartas electrónicas
Gardas con cartas electrónicas
Planificación da travesía
Obxectivos, cartas e sistema ECDIS
Funcións e indicacións de navegación adicionais
Erros nos datos presentados e de interpretación
Responsabilidade e avaliación da competencia
Perigos da dependencia excesiva do ECDIS
TEMA 7: EQUIPOS DE AXUDA A NAVEGACIÓN Ecosondas e correderas: capacidade para manexar estes aparatos e utilizar correctamente a información
O AIS.
O LRIT.
Os compases saletitarios.
Compases magnéticos e xiroscópicos: coñecementos dos principios do compás magnético e do xirocompás.
TEMA 8: A PLANIFICACIÓN DA DERROTA O plan da viaxe.
As súas fases.
Valoración.
Planificación.
Execución do plan.
Seguimento.
TEMA 9: EXERCICIOS - PLANIFICAR E DIRIXIR UNHA TRAVESIA E DETERMINAR A POSICIÓN Navegación astronómica e de estima: capacidade para determinar a situación do buque utilizando os corpos celestes.
Cinemática naval aplicada.
Nota: O desenrolo dos contidos anteriores cumpre ca columna 2, Coñecementos, Comprensión e Suficiencia, do Convenio STCW, modificado por Manila 2010, do cadro AII/1. .
O desenvolvemento e superación destes contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garanten o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro AII/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Primeiro Oficial de Ponte da Mariña Mercante, sen limitación de arqueo bruto e Capitán da Mariña Mercante ata o máximo de 3.000 GT. Cadro A-II/2 del Convenio STCW.
Especificación de las normas mínimas de competencia aplicables a Capitáns y primeiros oficiais de ponte de buques de arqueo bruto igual ou superior a 500 GT.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A10 A14 A16 A28 A37 B1 B3 B7 B8 B9 B10 B14 B15 B16 B20 B22 B23 B24 C3 C6 C10 C11 34 51 85
Prácticas de laboratorio A10 A14 A28 A37 B23 B22 B16 B15 B14 B13 B12 B10 B9 B8 B7 B5 B3 B2 B1 C3 C6 C10 C11 10 27 37
Lecturas A10 A14 A16 A37 B1 B3 B5 B12 B14 B15 B23 C3 C6 0 6 6
Proba práctica A10 A14 A28 A37 B2 B3 B9 B14 B22 C6 C10 3 6 9
Proba obxectiva A10 A14 A16 A28 A37 B2 B3 B13 B14 C10 2 7 9
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral da materia complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Dentro de esta dinámica a intervención dos alumnos estará aberta para a realización de preguntas ou comentarios, que poderían dar lugar a debates abertos.
Os textos e/ou presentacións audiovisuais empregados se porán a disposición do alumnado ca antelación suficiente como para que podan leela de forma previa.
Prácticas de laboratorio Realización de exercicios de carácter práctico relacionados cos conceptos teóricos explicados nas sesións maxistrais.
Lecturas Documentación facilitada aos alumnos onde se profunda sobre os contidos a desenvolver na materia.
Proba práctica Proba na que se busca que o alumno realice un exercicio práctico, parecido os realizados durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc.
A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de resposta breve, e/ou de desenvolvemento. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Descrición
O seguimento do traballo realizado polos alumnos, tanto nas clases teóricas como prácticas, realizarase de forma continua na aula e, no caso de que se detecten necesidades específicas, estableceranse titorías adicionais de carácter individual ou en grupo moi reducido de apoio e para resolución de dúbidas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A10 A14 A28 A37 B2 B3 B9 B14 B22 C6 C10 Para o alumnado cunha asistencia regular as clases prácticas (ao menos o 80%) realizaranse, a o largo do cuadrimestre, un mínimo de tres probas prácticas para avaliar o seguimento do traballo realizado durante o cuadrimestre. Estas probas consistirán nun ou varios exercicios de navegación ortodrómica, cinemática naval e/ou navegación astronómica, propostos de forma independente ou combinada.
Estas probas poderán realizarse nunha única sesión ou en varias.
Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A10, A14, A28, A37, B2, B3, B9, B14, B22, C6, C10.
47.5
Proba obxectiva A10 A14 A16 A28 A37 B2 B3 B13 B14 C10 Para o alumnado cunha asistencia regular a clase (ao menos o 80% de las clases prácticas) se realizarase, ao largo del cuadrimestre, un mínimo de dúas probas teóricas para avaliar o seguimento do traballo realizado durante o cuadrimestre. Estas probas poderán realizarse nunha única sesión ou en dúas.
Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A10, A14, A16, A28, A37, B2, B3, B13, B14, C10.
47.5
Prácticas de laboratorio A10 A14 A28 A37 B23 B22 B16 B15 B14 B13 B12 B10 B9 B8 B7 B5 B3 B2 B1 C3 C6 C10 C11 No caso de que un alumno suspendese a materia cunha nota igual ou maior de 4,5, poderá aprobar a materia a condición de que realizase ao longo do curso o 100% das prácticas propostas en clase.

Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A10, A14, A16, A37, B1, B2, B3, B5, B7, B9, B10, B12, B13, B15, B16, C6, C10, C11.
5
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación descrito,
constitúe a denominada “avaliación continua” e o alumnado que supere tódalas probas
parciais (5 en total: 3 prácticas e 2 teóricas) cunha nota media igual ou
superior a 5 non terán que presentarse ao exame final, a non ser que desexen
subir a nota do curso. As probas avaliaranse en base 10, e a nota mínima para
poder compensar por media aritmética cada unha de elas a hora de obter a nota do
curso será dun 3,5. En caso de obter nalgunha das probas unha nota inferior a
un 3,5, para o cálculo da nota empregarase a media xeométrica ponderada das probas
(dando maior peso a menor nota obtida). En caso de non presentarse a algunha
das probas parciais considerarase que o alumno non está seguindo o sistema de
avaliación continua descrito e será avaliado por curso como non presentado.

Aqueles alumnos que non sigan o sistema de avaliación continua descrito ou
suspendan a materia por curso, deberán presentarse ao exame final da
convocatoria oficial, no cal entrará a totalidade da materia. As probas
parciais non librarán materia para o exame final.

O exame final (tanto da primeira coma da
segunda oportunidade) constará de varias partes claramente diferenciadas en
canto a contido e metodoloxía de resolución (por exemplo, diferentes partes de
teoría ou diferentes tipos de exercicios), que se corrixirán por separado en
base 10. Sempre e cando a nota de cada unha de ditas partes sexa igual ou
superior a un 3,5, a nota do exame será a media aritmética das partes. En caso
de obter en algunha das partes do exame unha nota inferior a 3,5, a nota do
exame corresponderase coa media xeométrica ponderado da das partes (dando maior
peso á menor nota obtida). En caso de non presentarse a algunha das partes, a
nota do exame será de cero.

O alumnado con recoñecemento de dedicación
a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia non se lle
exixirá unha asistencia mínima para poder presentarse os exames parciais, sen
embargo, deberán acordarse co docente unha serie de titorías (presenciais ou
non presenciais) o longo do curso para acreditar o seguimento da materia.

Os criterios de avaliación contemplados no
cadro A-II/1 do Código STCW na súa forma emendada, e recollidos no Sistema de
Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a
avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica

INTEGRATED BRIDGE SYSTEMS VOL 1: RADAR AND AIS - The Nautical Institute

INTEGRATED BRIDGE SYSTEMS VOL 2: ECDIS AND POSITIONING - The Nautical Institute

NAVIGAZIONE VOL. I Y II. Ideale Capasso, Sergio Fede

ELECTRONIC SURVEYING AND NAVIGATION – Simo H. Laurila

RADAR NAVIGATION AND MANEUVERING BOARD MANUAL – National Imagery And Mapping Agency (http://msi.nga.mil/NGAPortal/MSI.portal?_nfpb=true&_pageLabel=msi_portal_page_62&pubCode=0008)

CINEMATICA ANTICOLISIÓN – Jesús Uribe-Echebarria

PILOTING WITH ELECTRONICS – Luke Melton

RADAR AND ARPA MANUAL – A. G. Bole & W.O. Dineley

DUTTONS NAVIGATION & PILOTING – Maloney

AMERICAN PRACTICAL NAVIGATION – Bowditch (http://msi.nga.mil/NGAPortal/MSI.portal?_nfpb=true&_pageLabel=msi_portal_page_62&pubCode=0002)

BRIDGE TEAM MANAGEMENT. A PRACTICAL GUIDE – Capt. A.J. Swift – The Nautical Institute

THE ELECTRONIC CHART DISPLAY AND INFORMATION SYSTEM (ECDIS): AN OPERATIONAL HANDBOOK - Adam Weintrit

CONVENIO INTERNACIONAL PARA LA SEGURIDAD DE LA VIDA HUMANA EN EL MAR (SOLAS)

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Navegación I/631G01202
/
Navegación e Organización do Buque/631G01212

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Simulación Náutica/631G01402

Observacións

A materia de Navegación II é unha continuación directa das materias do 2º curso Navegación I e Navegación e organización do buque, e os seus contidos daranse por asimilados. A un alumno que non adquirise as competencias previas das materias mencionadas resultaralle practicamente imposible cursar de forma proveitosa esta materia, especialmente no referente á parte práctica.

O mesmo sucede respecto desta materia e a súa continuación no 4º curso, Simulación Náutica, a cal se basea na realización de exercicios de simulación. Nestes exercicios se parte da base de que os alumnos xa asimilaron os contidos teóricos impartidos en Navegación II, polo que aqueles que non cursasen previamente esta, dificilmente poderán cursar Simulación Náutica.

Esta materia inclúe os contidos teóricos correspondentes ó curso de especialidade “ECDIS: Cartas electrónicas” (27,5 horas) establecidos na Sección A- II/1 e A-II/2 do STCW 78/95/10, conforme o curso modelo OMI 1.27, que se desenrola a continuación:

1.- Elementos del ECDIS

2.- A garda de mar con ECDIS

3.- Monitorización e planificación da ruta ECDIS

4.- Brancos, cartas e sistemas ECDIS

5.- Responsabilidade e avaliación ECDIS

Para a obtención do certificado de especialidade “ECDIS: Cartas electrónicas” é necesaria a superación desta materia e da materia de Simulación Náutica (631G01402), na cal se inclúen os contidos prácticos correspondentes (40 horas en total).

 Esta materia tamén inclúe os contidos teóricos correspondentes ó curso de especialidade “Radar de Punteo Automático (ARPA)” (12 horas) establecidos na Sección A- II/1 e A-II/2 do STCW 78/95/10, cubrindo entre outros os seguintes:

- Coñecemento dos fundamentos do radar e das axudas de punteo radar automáticas (APRA).

- Capacidade para utilizar o radar e para interpretar e analizar a información obtida.

- Utilización.

- Capacidade para utilizar o APRA, interpretar e analizar a información obtida.

- Determinación da situación.

- Valoración dos erros do sistema e profunda comprensión dos aspectos operacionais.

- Planificación do practicaxe sen visibilidade.

- Avaliación dos datos náuticos obtidos a fin de adoptar e aplicar decisións que permitan evitar a abordaxe e dirixir a navegación segura do buque.

Todo elo conforme o programa establecido na ORDEN FOM/2296/2002, de 4 de setembro, cuxo contido se desenrola no “Tema 3: ARPA” da presente guía docente, e tendo en conta ademais as directrices establecidas nos cursos modelo OMI 1.07 e 1.08.

Para a obtención do certificado de especialidade “Radar de Punteo Automático (ARPA)” é necesaria a superación desta materia e da materia de Simulación Náutica (631G01402), na cal se inclúen os contidos prácticos correspondentes (30 horas en total).



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías