Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Maritime Radiocommunications (Comunicacións Radiomarítimas) Código 631G01307
Titulación
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
López López, María Natividad
Correo electrónico
natividad.lopezl@udc.es
Profesorado
López López, María Natividad
Correo electrónico
natividad.lopezl@udc.es
Web
Descrición xeral Capacitar ós alumnos en todos os aspectos relacionados coas Comunicaciones Marítimas co obxetivo de que consigan a capacidade necesaria para manexar todos os equipos seguindo os procedementos establecidos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Computaranse as prácticas que se poideron facer presencial con tarefas engadidas, con participación mínima do 80%
Realizaranse tarefas propostas para poder facer unha evaluación continua
Farase unha proba obxetiva a través da ferrametna moodle, a nota será sumada á obtida cas tarefas encomendadas
Aquel estudante que posúa o título de operador de GMDSS terá un 5 asignatura (podendo obter máis puntuación se realiza a proba obxetiva)

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral: a través da ferramenta teams no horario indicado polo centro.
Traballos tutelados
Atención personalizada

*Metodoloxías docentes que se modifican
Prácticas en simulador: deixaranse para poder realizarse en canto sexa posible, xa que as prácticas levan consigo un certificado de especialidade. Serán evaluadas aquelas que se poideran realizar xunto con unhas tarefas relacionadas indicadas pola profesora.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

Correo electrónico: diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer seguimento das tarefas encomendadas.
Moodle: Semanalmente. Para acceso ó temario da materia e para as tarefas encomendadas.
Teams: en día e hora proposta en xunta de escola das clases maxistrais, conexións propostas a maiores para discusión dirixida de tarefas. Ademáis de todas aquelas conexións precisas por parte do alumnado proposta con antelación.


4. Modificacións na avaliación
METODOLOXÍA PESO NA CUALIFICACIÓN DESCRICIÓN
PRACTICAS 20% VALORACIÓN DAS PRACTICAS FEITAS NO SIMULADOR XUNTO CON UNHA
TAREFA
TAREFAS 30% UNHA SERIE DE CASOS A DESENROLAR
PROBA TEST 50% PROBA TIPO TEST PROPOSTA NO MOODLE

*Observacións de avaliación:
Para o alumnado con dedicación completa, alumnado a tempo parcial, requisitos para superar a materia, condicións da avaliación na 2ªoportunidade, etc...)
Evaluación continua: farase unha proba "exame prefinal" coa data consesuada co alumnado, para a realización de dita proba é indispensable a entrega das tarefas propostas
1ª oprotunidade: evaluación contínua como se sinala no apartado 4 (sumando prácticas+tarefas+proba test)
2ª oportunidade: prácticas que contarán o 20% ( tendo que entregar unha tarefa que se propoña a maiores das prácticas que poideron ser realizadas no simulador) e mais a proba tipo test que contará o 80% restante.
A) alumnado con dedicación completa:
asistencia /participación nas tarefas correspondentes ás prácticas mínimo 80%
B)alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (arts.2.3;3.b e 4.5)(29/5/212):
asistencia/participación nas tarefas correspondentes ás prácticas mínimo 80%. De non poder asistir ás sesións maxistarais acordarase coa profesora titorías.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se fan modificacións da bibliografía respecto á guía docente, somente se facilita ó estudante unha serie de apuntes a través de moodle para poder superar a materia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 Redactar e interpretar documentación técnica e publicacións náuticas.
A11 Empregar o inglés, falado e escrito, aplicado á navegación e ao negocio marítimo.
A17 Adoptar as medidas axeitadas en casos de emerxencias.
A18 Responder a sinais de socorro no mar.
A19 Utilizar as frases normalizadas da OMI para as comunicacións marítimas, e emprego do inglés falado e escrito.
A20 Transmitir e recibir información mediante todo tipo de sinais.
A26 Operar os dispositivos de salvamento.
A29 Responder correctamente ás diferentes situacións de emerxencia.
A37 Usar correctamente os diferentes aparatos de navegación e radiocomunicacións.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de xeito efectivo.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
B5 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B6 Traballar de forma colaboradora.
B7 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B11 Capacidade de adaptación a novas situacións.
B12 Uso das novas tecnoloxías TIC, e de Internet como medio de comunicación e como fonte de información.
B18 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
B19 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C9 Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser originais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. Transmitir e recibir información utilizando os equipos do sistema GMDSS. A10
A11
A17
A18
A19
A20
A26
A29
A37
B1
B3
B4
B5
B6
B7
B12
B18
B19
C3
C9
2. Garantir o servizo de radiocomunicacións en emerxencias. A10
A11
A17
A18
A19
A20
A26
A29
A37
B2
B4
B12
C3
3. Utilizar procedementos para evitar transmisións involuntarias e falsas alertas para mitigar as súas consecuencias e efectos. A10
A11
A17
A18
A19
A20
A26
A29
A37
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B11
B12
B18
B19
C3
C9
4. Coñecer e aplicar os procedementos de radiocomunicacións de procura e salvamento. A10
A11
A17
A18
A19
A20
A26
A29
A37
B1
B2
B3
B4
B11
B12
B18
B19
C3
C9
5. Manexar e traballar coas novas tecnoloxías da información e a súa aplicación nos sistemas e equipos empregados nas comunicacións. A10
A11
A17
A18
A19
A20
A26
A29
A37
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B11
B12
B18
B19
C3
C9
Facer funcionar os dispositivos de salvamento A10
A11
A17
A18
A19
A20
A26
A29
A37
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B11
B12
B18
B19
C3
C9

Contidos
Temas Subtemas
CAPÍTULO I. INTRODUCIÓN ÁS COMUNICACIÓNS RADIOTELEFÓNICAS
1.1 O ESPECTRO RADIOELÉCTRICO DE FRECUENCIAS
1.2 AS FRECUENCIAS DO SERVIZO MÓBIL MARÍTIMO (SMM)
1.3 AS ONDAS ELECTROMAGNÉTICAS DO ESPECTRO DE RF
1.4 A REGULACIÓN INTERNACIONAL DO ESPECTRO DE FRECUENCIAS DE RADIO
1.5 DIFERENTES TIPOS DE MODULACIÓN DA ONDA PORTADORA
1.6 A DENOMINACIÓN DAS EMISIÓNS
CAPÍTULO II. A PROPAGACIÓN DAS ONDAS ELECTROMAGNÉTICAS DE RF 2.1 A ATMOSFERA DA TERRA
2.2 A PROPAGACIÓN DAS ONDAS RADIO
2.3 AS PERDAS DE ENERXÍA DA ONDA CELESTE
2.4 AS VARIACIÓNS IONOSFÉRICAS E As PERTURBACIÓNS: A súa INFLUENCIA NAS COMUNICACIÓNS RADIO.
2.5 O MODO DE PROPAGACIÓN DAS ONDAS RADIO EN FUNCIÓN DA BANDA DE FRECUENCIAS: BREVE RECAPITULACIÓN


CAPÍTULO III. COMPOÑENTES, FALLOS E CONTROIS DOS EQUIPOS RADIOMARÍTIMOS 3.1 COMPOÑENTES DUN EQUIPO RADIOMARÍTIMO
3.2 FALLOS MÁIS COMÚNS NOS EQUIPOS RADIOMARÍTIMOS
3.3 DESCRICIÓN DE CONTROIS MÁIS COMÚNS NOS TRANSCEPTORES
CAPÍTULO IV. AS ANTENAS DOS BUQUES
4.1 INTRODUCIÓN
4.2 FUNDAMENTOS DA ANTENA
4.3 A SINTONÍA DE ANTENA: LONXITUDE DE ANTENA E FRECUENCIA DE RESONANCIA
4.4 TIPOS DE ANTENAS DOS BUQUES PARA COMUNICACIÓNS TERRESTRES, VHF E MF/HF
4.5 O CÁLCULO DA LONXITUDE DUNHA ANTENA
4.6 CONSTRUCIÓN DUNHA ANTENA DE EMERXENCIA DE MF
4.7 AS ANTENAS OU CARGAS ARTIFICIAIS (DUMMY LOAD)
4.8 ILLAMENTOS E LIÑAS DE TRANSMISIÓN
CAPÍTULO V. PROCEDEMENTOS DE RADIOTELEFONÍA PARA BUQUES NON SUXEITOS AO CAP IV DO SOLAS [BUQUES NON-GMDSS] 5.1 INTRODUCIÓN
5.2 OS PROCEDEMENTOS DE SOCORRO EN RTF PARA BUQUES NON-GMDSS
5.3 OS PROCEDEMENTOS DE URXENCIA E SEGURIDADE EN RTF PARA BUQUES NON-GMDSS
5.4 OS PROCEDEMENTOS DE RUTINA EN RTF PARA BUQUES NON-GMDSS
5.5 PROCEDEMENTOS DE RUTINA EN RTF PARA CHAMADA E RESPOSTA
5.6 OS PERÍODOS DE SILENCIO NAS FRECUENCIAS DE RTF
CAPÍTULO VI. INTRODUCCIÓN O SISTEMA MUNDIAL DE SOCORRO E SEGURIDADE MARÍTIMA [Sistema GMDSS]
6.1 INTRODUCIÓN
6.2 IMPLEMENTACIÓN
6.3 CONCEPTO BÁSICO DO GMDSS
6.4 O SISTEMA ANTERIOR E A NECESIDADE DE MELLORALO
6.5 AS ÁREAS DE NAVEGACIÓN DO GMDSS
6.6 AS FUNCIÓNS DO GMDSS
6.7 O EQUIPO BÁSICO REQUIRIDO
6.8 A NORMATIVA ESPAÑOLA DE APLICACIÓN PARA BUQUES NON SUXEITOS AO CAPÍTULO IV DO SOLAS (BUQUES NON-GMDSS)
CAPÍTULO VII. A CHAMADA SELECTIVA DIXITAL (DIGITAL SELECTIVE CALLING –DSC–) 7.1 INTRODUCIÓN
7.2 COMO TRABALLA O DSC
7.3 CARACTERÍSTICAS XERAIS
7.4 ESTRUTURA E CONTIDO DUNHA CHAMADA DSC
7.5 O MMSI (Maritime Mobile Service Identity)
7.6 Os COMPOÑENTES DUNHA CHAMADA DSC
7.7 CONSIDERACIÓNS ACHEGA DA ÁREA MARÍTIMA NA CAL NAVEGA O BUQUE
7.8 As CANLES DE SOCORRO DSC
7.9 As FRECUENCIAS DE ESCOITA DE SOCORRO EN DSC
7.10 A CHAMADA DE PROBA NO EQUIPO DSC
7.11 Os TIPOS DE CHAMADAS DSC
7.12 Os COMPOÑENTES DO EQUIPO DSC

CAPÍTULO VIII. PROCEDEMENTOS DE OPERACIÓN DO EQUIPO DSC

8.1 INTRODUCIÓN
8.2 PROCEDEMENTOS DE OPERACIÓN PARA OS BUQUES QUE SE COMUNIQUEN CO EQUIPO DSC NAS BANDAS DE VHF, MF e HF
8.4 SEGURIDADE
8.5 CORRESPONDENCIA PÚBLICA
8.6 CONDICIÓNS ESPECIAIS E PROCEDEMENTOS PARA COMUNICACIÓNS MEDIANTE DSC EN HF
8.7 CANCELACIÓN DUNHA FALSA ALERTA DE SOCORRO DSC
CAPÍTULO IX. O NAVTEX

9.1 A INFORMACIÓN SOBRE SEGURIDADE MARÍTIMA BAIXO O GMDSS
9.2 O SISTEMA NAVTEX
9.3 O FORMATO DA MENSAXE
9.4 O RECEPTOR NAVTEX
9.5 INTRUCCIONES PRÁCTICAS PARA O USO DO RECEPTOR NAVTEX
9.6 LISTA DE COMPROBACIÓN DO RECEPTOR NAVTEX
CAPÍTULO X. O RADIOTÉLEX

10.1 O SISTEMA RADIOTÉLEX
10.2 O EQUIPO
10.3 NÚMEROS DE IDENTIFICACIÓN
10.4 MODOS DE OPERACIÓN DO RADIOTÉLEX
10.5 CÓDIGOS DE SERVIZOS E COMANDOS USADOS EN RADIOTÉLEX
10.6 FORMATO DA MENSAXE
10.7 PROCEDEMENTO DE CHAMADA A UNHA COSTEIRA
10.8 TRÁFICO DE SOCORRO
10.9 CHAMADAS DE URXENCIA E SEGURIDADE
CAPÍTULO XI. COMUNICACIÓNS POR SATÉLITE
11.1 INTRODUCIÓN
11.2 O LANZAMENTO
11.3 PARÁMETROS DAS ÓRBITAS
11.4 LEIS DE KEPLER
11.5 FORZAS PERTURBADORAS
11.6 CLASIFICACIÓN DAS ÓRBITAS POLA súa ALTURA
11.7 BANDAS DE FRECUENCIAS
11.8 VANTAXES DAS COMUNICACIÓNS POR SATÉLITE

CAPÍTULO XII. INMARSAT 12.1 INTRODUCIÓN
12.2 O SISTEMA SATELITAL DE INMARSAT
12.3 O SEGMENTO ESPACIAL
12.4 O SEGMENTO TERRESTRE
12.5 ESTACIÓNS MÓBILES
12.6 SERVIZOS QUE PROPORCIONA INMARSAT
12.7 CÓDIGOS DE DÚAS CIFRAS USADOS PARA TELÉFONO E TÉLEX CON INMARSAT
CAPÍTULO XIII. INMARSAT-B, M E Mini-M
13.1 INMARSAT-B
13.2 INMARSAT-B HSD
13.3 ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS DUNHA TERMINAL INMARSAT-B
13.4 INMARSAT-M
13.5 INMARSAT Mini-M
13.6 ORIENTACIÓN DA ANTENA
13.7 ALERTAS DE SOCORRO BUQUE-TERRA
13.8 CHAMADAS DE SOCORRO POR TELÉFONO
13.9 CHAMADAS DE SOCORRO POR TÉLEX
13.10 RECEPCIÓN DE ALERTAS DE SOCORRO
13.11 PROCEDEMENTOS DE PROBA DA CHAMADA DE SOCORRO
13.12 CHAMADAS CON PRIORIDADE DE URXENCIA E SEGURIDADE
13.13 CHAMADAS POR TELÉFONO
13.14 COMUNICACIÓNS POR FACSIMIL
13.15 CHAMADAS POR TÉLEX
13.16 CÓDIGOS DE FALLO DE CONEXIÓN NAS REDES DE TÉLEX
13.17 COMUNICACIÓNS PARA TRANSMISIÓN DE DATOS
CAPÍTULO XIV. INMARSAT-C
14.1 O SISTEMA INMARSAT-C
14.2 O EQUIPO INMARSAT-C
14.3 ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS DUNHA MES INMARSAT-C
14.4 CLASES DE TERMINAIS INMARSAT-C
14.5 LOGIN E LOGOUT
14.6 SERVIZOS
14.7 TRANSMISIÓN DUNHA ALERTA E UNHA MENSAXE DE SOCORRO
14.8 COMUNICACIÓNS CUNHA TERMINAL INMARSAT-C
14.9 SERVIZOS DE MENSAXERÍA
14.10 RELAYS DE ALERTAS DE SOCORRO TERRA-BUQUE
14.11 CANCELACIÓN DUNHA ALERTA DE SOCORRO
14.12 CÓDIGOS DE NON-ENTREGA DE MENSAXES EN INMARSAT-C
14.13 SSAS (Ship Security Alert System)
14.14 PANEL DE ALARMAS
CAPÍTULO XV. INFORMACIÓN SOBRE SEGURIDADE MARÍTIMA (MSI) 15.1 INTRODUCIÓN
15.2 INFORMACIÓN SOBRE SEGURIDADE MARÍTIMA (MSI)
15.3 CHAMADA INTENSIFICADA A GRUPOS DE INMARSAT
15.4 O SERVIZO SAFETYNET
15.5 TIPOS DE MENSAXES QUE SE PODEN RECIBIR POR SAFETYNET
15.6 ÁREAS NAVAREA E METAREA
15.7 SERVIZO MUNDIAL DE RADIOAVISOS NÁUTICOS
15.8 RECEPTORES EGC
15.9 DIVULGACIÓN DA INFORMACIÓN SOBRE SEGURIDADE MARÍTIMA MEDIANTE O SERVIZO SAFETYNET
15.10 RECEPCIÓN DE MENSAXES SAFETYNET
15.11 FORMATO TÍPICO DUNHA MENSAXE MSI
15.12 MENSAXES RELACIONADAS COA PIRATERÍA
15.13 COMO MANEXAR O RECEPTOR EGC
15.14 RECEPCIÓN DE MSI POR MEDIO DE IMPRESIÓN DIRECTA DE BANDA ESTREITA EN ALTA FRECUENCIA (HF IDBE ou HF NBDP)
15.15 FLEETNET

CAPÍTULO XVI. INMARSAT FLEET
16.1 INMARSAT FLEET: INTRODUCIÓN
16.2 SOLUCIÓNS INMARSAT FLEET
16.3 FLEET F77
16.4 INMARSAT FLEET F77 E O GMDSS
16.5 CHAMADAS DE SOCORRO
16.6 PROCEDEMENTOS DE PROBA DA CHAMADA DE SOCORRO
16.7 CHAMADAS CON PRIORIDADE DE URXENCIA E SEGURIDADE
16.8 CHAMADAS POR TELÉFONO
16.9 COMUNICACIÓNS POR FACSÍMIL
16.10 COMUNICACIÓNS PARA TRANSMISIÓN DE DATOS
16.11 COMUNICACIÓNS A 128K
16.12 OPERACIÓN DO EQUIPO MEDIANTE UN PC
16.13 CANDO USAR MPDS OU ISDN
16.14 INMARSAT FLEETPHONE
16.15 TAREFAS DOS SERVIZOS DE INMARSAT FLEET
16.16 COMPARACIÓN DOS DISTINTOS SISTEMAS DE INMARSAT
CAPÍTULO XVII. O SISTEMA INMARSAT FLEETBROADBAND

17.1 INMARSAT FLEETBROADBAND: INTRODUCIÓN
17.2 A REDE FLEETBROADBAND
17.3 TERMINAIS FLEETBROADBAND
17.4 SERVIZOS QUE PROPORCIONA UNHA TERMINAL FLEETBROADBAND
17.5 SELECCIÓN DO TIPO DE CONEXIÓN IP
17.6 LIMITACIÓNS DO SISTEMA FLEETBROADBAND
17.7 FLEETBROADBAND LAUNCHPAD
17.8 CHAMADAS POR TELÉFONO E ENVÍO DE FAXES
17.9 TARIFAS DE FLEETBROADBAND
17.10 COMPARACIÓN DE TERMINAIS FLEETBROADBAND E FLEET F77
17.11 TERMINAIS VSAT
17.12 SISTEMA IRIDIUM
17.13 SISTEMA GLOBALSTAR
17.14 SISTEMA THURAYA
CAPITULO XVIII. RADIOBALIZAS DE LOCALIZACIÓN DE SINISTROS

18.1 DEFINICIÓN
18.2 TIPOS DE RADIOBALIZAS
18.3 INTRODUCIÓN Ao SISTEMA COSPAS-SARSAT
18.4 CONCEPTO XERAL DO SISTEMA COSPAS-SARSAT
18.5 O SEGMENTO ESPACIAL
18.6 O SEGMENTO TERRESTRE
18.7 MODOS DE COBERTURA
18.8 RADIOBALIZA DE 121,5 MHZ
18.9 RADIOBALIZA DE 406 MHZ
18.10 COMPOÑENTES DUNHA RADIOBALIZA
18.11 REXISTRO DAS RADIOBALIZAS DE 406 MHZ.
18.12 FALSAS ALERTAS
18.14 PROBAS E INSPECCIÓNS DAS RADIOBALIZAS
18.13 RADIOBALIZA DE VHF
18.14 RADIOBALIZAS PERSOAIS
CAPÍTULO XIX. RESPONDEDORES DE RADAR E APARELLOS RADIOTELEFONICOS BIDIRECCIONAIS
19.1 INTRODUCIÓN
19.2 CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS E OPERACIONALES DO SART
19.3 FACTORES QUE AFECTAN Á DISTANCIA DE DETECCIÓN
19.4 INSPECCIÓN E PROBA DO RESPONDEDOR
19.5 EFECTOS DA ALTURA DE ANTENA E OBSTRUCIÓN DO SINAL DE SAÍDA POLO BOTE Ou BALSA SALVAVIDAS E Os seus OCUPANTES NO ALCANCE DE DETECCIÓN DO SART
19.5.1 Efectos da altura de antena no alcance de detección
19.5.2 Efectos da embarcación de supervivencia no sinal SART
19.6 MANEXO DE RADARES MARIÑOS PARA DETECCIÓN DE SART
19.7 AIS-SART
19.8 APARELLOS RADIOTELEFÓNICOS BIDIRECCIONALES PARA EMBARCACIÓNS DE SUPERVIVENCIA
19.9 APARELLO DE VHF PARA COMUNICACIÓNS DE EMERXENCIA NAS FRECUENCIAS AERONÁUTICAS
CAPÍTULO XX. PROCURA E SALVAMENTO - CONVENIO SAR 20.1 CONVENIO INTERNACIONAL SOBRE PROCURA E SALVAMENTO MARÍTIMO
20.2 O GMDSS E AS OPERACIÓNS SAR
20.3 MEDIDAS A TOMAR POLO BUQUE EN PERIGO
20.4 MEDIDAS QUE HAN DE TOMAR Os BUQUES AUXILIADORES
20.5 SERVIZOS DE ESCOITA
20.6 ÁREAS DE PROCURA E RESCATE (SRR)
20.7 A COORDINACIÓN SAR
20.8 SISTEMA DE NOTIFICACIÓN DE BUQUES
20.9 FASES DE EMERXENCIA
20.10 INFORMES DE NOTIFICACION DE CONTINXENCIAS
20.11 A ORGANIZACIÓN DO SERVIZO SAR EN ESPAÑA

CAPÍTULO XXI. REGULAMENTO DE RADIOCOMUNICACIÓNS, TAREFAS E INFORMACIÓN XERAL
21.1 AUTORIDADE DO CAPITÁN
21.2 OBLIGACIÓNS DO CAPITÁN REFERENTES AO SOCORRO
21.3 SEGREDO DAS COMUNICACIÓNS
21.4 LICENZA DA ESTACIÓN DE RADIO
21.5 CERTIFICADO DE SEGURIDADE RADIOELÉCTRICA
21.6 PERSOAL DE RADIOCOMUNICACIÓNS
21.7 DISTINTIVO DE CHAMADA (CALL SIGN)
21.8 REXISTROS RADIOELÉCTRICOS
21.9 AUTORIDADE ENCARGADA DA CONTABILIDADE
21.10 SERVIZO DE ACTIVACIÓN DE TERMINAIS INMARSAT
21.11 UNIDADES MONETARIAS USADAS NAS TARIFAS DE SERVIZOS
21.12 TARIFAS POLAS CHAMADAS DE TELÉFONO POR RADIO
21.13 TARIFAS POLAS CHAMADAS VIA INMARSAT
21.14 DOCUMENTOS A LEVAR NO BUQUE
21.15 PLAN DE COMUNICACIÓNS DA VIAXE
21.16 RUTINA DO OPERADOR GMDSS
21.17 MANTEMENTO DOS EQUIPOS DO GMDSS
21.18 SINAIS HORARIOS
21.19 INFORMES DE NOTIFICACIÓN DA SITUACIÓN
CAPITULO XXII. FONTES DE ENERXÍA
22.1 XENERALIDADES
22.2 FONTES DE ENERXÍA
22.3 BATERÍAS
22.4 PRINCIPIOS DA BATERÍA DE CHUMBO
22.5 CONTROL DA BATERÍA
22.6 DIAGNOSE DAS AVARÍAS DAS BATERÍAS
22.7 PRESCRICIÓNS DE SEGURIDADE
22.8 BATERÍAS DE XEL
22.9 BATERÍAS DE NÍQUEL-CADMIO.
22.10 BATERÍAS DE FERRO-NÍQUEL
22.11 FONTE DE ALIMENTACIÓN ININTERROMPIDA (UPS)
Segundo o STCW incluídas as Emendas de Manila de 2010, columna 2 (recoñecementos, comprensión e suficiencia) do Cadro A-II/1 (Especificación das normas mínimas de competencia aplicables aos oficiais encargados da garda de navegación en buques de arqueo bruto igual ou superior a 500). Ademais do nomeado con anterioridade:
Coñecemento do funcionamento dos dispositivos radioeléctricos de salvamento, RLS satelitarias e RESAR.
O desenvolvemento e superación destes contidos, xunto cos correspondentes a outras materias que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garanten o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro AII/2, do Convenio STCW, relacionadas co nivel de xestión de Primeiro Oficial de Ponte da Mariña Mercante, sen limitación de arqueo bruto e Capitán da Mariña Mercante ata o máximo de 3000 GT. Cadro A-II/2 del Convenio STCW.
Especificación de las normas mínimas de competencia aplicables a Capitáns e primeiros oficiais de ponte de buques de arqueo bruto igual ou superior a 500 GT.
Segundo o STCW incluídas as Emendas de Manila de 2010, columna 2 (recoñecementos, comprensión e suficiencia) do cadro A-IV/2 Ademais do estipulado no Regulamento de Radiocomunicacións, coñecementos de:
1. radiocomunicacións de procura e salvamento, incluídos os procedementos do Manual internacional dos servizos aeronáuticos e marítimos de procura e salvamento (IAMSAR).
2. medios de impedir a transmisión de falsos alertas de socorro e procedementos para mitigar as consecuencias das devanditas alertas.
3. sistemas de notificación para buques.
4. servizos radiomédicos
5. utilización do Código Internacional de Sinais e das Frases normalizadas da OMI para as comunicacións marítimas.
6. inglés falado e escrito para comunicar información relacionada coa seguridade da vida humana no mar.
Nota: Esta prescrición poderá ser máis flexible no caso do título de radiooperador restrinxido.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A10 A11 A17 A18 A19 A20 A26 A29 A37 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B11 B12 B18 B19 C3 C9 24 36 60
Proba obxectiva A10 A11 A17 A18 A19 A20 A26 A29 A37 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B11 B12 B18 B19 C3 C9 3.5 0 3.5
Prácticas de laboratorio A11 A17 A18 A19 A20 A29 A37 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B11 B12 B18 B19 C3 C9 27 40.5 67.5
Actividades iniciais A10 A11 A17 A18 A19 A20 A29 A37 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B11 B12 B18 B19 C3 C9 1 1 2
Resumo A10 A11 A17 A18 A19 A20 A29 A37 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B11 B12 B18 B19 C3 C9 2 0 2
 
Atención personalizada 15 0 15
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Configúrase a exposición de cada un dos temas que conforman o programa tomando como referencia básica o Manual de Radiocomunicacións recomendado.
NOTA: Con esta Metodoloxía, o alumno adquire as competencias da titulación: A11, A17, A18, A19, A20,A26, A29, C2, C3.
Proba obxectiva A proba obxectiva consistirá nunhas preguntas de desenvolvemento conceptual e de desenvolvemento curto; en preguntas tipo test ou en ambos os tipos de proba á vez. Tanto o tipo de proba en concreto como a puntuación relativa dos diferentes tipos de preguntas en cada exame informarase os alumnos oportunamente con antelación. O contido das preguntas versará sobre as materias impartidas en clase e sobre as que se achegará ao alumno material suficiente para a súa superación.
Tamén terase que realizar unha serie de tarefas relacionadas coa materia, cuxa nota será engadida á da proba obxetiva.
Prácticas de laboratorio Os alumnos divídense en grupos reducidos para realizar as prácticas obrigatorias no Simulador de Comunicacións TRANSAS onde levan a cabo escenarios que permiten asimilar de modo práctico os conceptos teóricos referentes a materia.
NOTA: Con esta Metodoloxía, o alumno adquire as competencias da titulación: A11, A17, A18, A19, A20,A26, A29, A37, B2, B4, B11, B12, C2, C3.
Actividades iniciais A primeira clase do curso académico dedicarase a unha serie de actividades nas que se presentará a materia aos alumnos e tratarase de determinar as competencias, intereses e motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos para alcanzar.
Resumo Cara ao final do curso realizarase unha clase de sínteses dos principais contidos. Con este recurso preténdese axudar ao alumnado para comprender de forma global a materia mediante o repaso do xa estudado, deténdose de forma particular naqueles aspectos que puidesen dar lugar a confusión ou cuxo contido non fose asimilado adecuadamente.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Descrición
A profesora da Materia atenderán calquera consulta dos alumnos no seu horario de titorías e adicionalmente, nas datas próximas ás probas obxectivas, en calquera outro momento en que se atope dispoñible a través do correo electrónico, moodle e/ou teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A10 A11 A17 A18 A19 A20 A26 A29 A37 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B11 B12 B18 B19 C3 C9 O alumno terá a opción de aprobar esta parte da materia por curso sempre que asistise a un 80% das clases maxistrais.
Aqueles alumnos que teñan o Certificado de Operador Xeral do GMDSS considéraselles aprobada a materia cunha nota de 5.0. Con todo calquera alumno nesta situación pode asistir a clase e presentarse aos examenes para subir esta nota mínima.

A proba obxectiva consistirá nunha serie de preguntas curtas de concepto, nunha proba tipo test, ou ben nunha combinación dos dous sistemas de probas anteriormente mencionadas, nese caso, a profesora fixará con antelación os criterios específicos de valoración para cada unha das partes.
Será preciso a realización de distintas tarefas relacionadas coa materia, a nota acadada será engadida á acadada na proba obxetiva.
Para aprobar por curso, será necesario obter unha nota media de 5.0.
60
Prácticas de laboratorio A11 A17 A18 A19 A20 A29 A37 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B11 B12 B18 B19 C3 C9 SIMULADOR DE COMUNICACIÓNS: Para aprobar esta parte da Materia será necesaria unha asistencia mínima do 80% ás clases de simulación. A cualificación de cada alumno basearase na avaliación continua do Profesor na que terá en conta a destreza e interese do alumno en cada un dos exercicios propostos.
40
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-II/1, A-II/2, A-III/1 e A-III/2 do Código STCW e as súas emendas relacionados con esta materia teranse en conta á hora de deseñar e realizar a súa avaliación.

 Esta materia inclúe os contidos correspondentes ao curso de especialidade "Operador Xeral do Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítima (GMDSS) "(132h) establecidos na Sección A- II/1  e A-II/2 do STCW 78/95/10, con arranxo ao curso modelo OMI 1.25.

Para a obtención do certificado de especialidade "Operador Xeral do Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítima (GMDSS)" é necesaria a superación desta materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA DA MATERIA

- LOUZÁN LAGO, F.; IGLESIAS BANIELA, S. (2009). Manual de Comunicaciones Marítimas.

- Admiralty List of Radio Signals, Vol 5 Ed. 2012.

- BREHAUT, DENISE (2009). GMDSS A User’s Handbook 4th Ed. Adlard Coles Nautical, London.

- IMO (2011). GMDSS Manual, London.

- INMARSAT (2011). The SafetyNET Users Handbook, 5th Ed., London.

- IMO (2011). International SafetyNet Manual, London.

- IMO (2010). Manual on Maritime Safety Information (MSI Manual). London.

- LEES, GRAHAM and WILLIAMSON, WILLIE (2009). Handbook for Marine Radio Communications, 5th Ed. L.L.P. London.

· IMO (2010).  International Aeronautical and Maritime Search and Rescue (IAMSAR) Manual. London.

- IMO (2001). GMDSS Handbook on CD-ROM (v. 2.0),  IMO.

- IMO (2005). NAVTEX Manual, London.

- ORGANIZACIÓN MARITIMA INTERNACIONAL. “SOLAS, Edición refundida, 2001 OMI, Londres 2001.

- ITU (2011). Manual para uso de los servicios móvil marítimo y móvil marítimo por satélite, ITU.

- WAUGH IAN (2007). The Mariner’s Guide to Marine Communication, 2nd. Ed. The Nautical Institute.

· AISM-IALA. “Manual on Radio Aids to Navigation”, 2nd edition, 1993.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías