Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Investigación de Accidentes Marítimos Código 631G01512
Titulación
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Pacheco Martínez, Eliseo Antonio
Correo electrónico
eliseo.pacheco@udc.es
Profesorado
Pacheco Martínez, Eliseo Antonio
Correo electrónico
eliseo.pacheco@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia consiste en proporcionar os coñecementos básicos no proceso da investigación de accidentes e incidentes marítimos, e servir de ferramenta científica introdutoria que permita orientar a actividade profesional ao estudo técnico dos accidentes no mar.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se farán cambios.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Proba mixta
Estudo de casos
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se farán cambios.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teams.
A titoría sincrónica está aberta en calquera momento, co límite da dispoñibilidade do profesor. Intentarase coordinar co alumno o tempo da titoría.
Email.
O profesor comprométese a responder o antes posible a todas as preguntas enviadas de xeito asíncrono.

4. Modificacións na avaliación
Non se farán cambios.
*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se farán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 Redactar e interpretar documentación técnica e publicacións náuticas.
A40 Capacidad para identificar daños y defectos en la estructura del buque.
A41 Capacidad para identificar evidencias ante casos de accidentes y siniestros marítimos.
A42 Capacidad para recabar información objetiva en las entrevistas personales.
A44 Capacidad para redactar informes técnicos.
B2 Resolver problemas de xeito efectivo.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B9 Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito marítimo, mediante fundamentos físico-matemáticos.
B13 Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica.
B14 Capacidade de análise e síntese.
B20 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
B24 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C11 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
C12 Que os estudantes saiban comunicar as suas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sin ambigüidades

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento da normativa nacional e internacional aplicable ao transporte marítimo. Aplicación da normativa nacional e internacional na investigación de sinistros e sucesos marítimos. Capacidade para identificar danos na estrutura do buque. Recolección de evidencias, entrevistas persoais. Redactar informes e elaborar estatísticas A10
A40
A41
A42
A44
B2
B3
B9
B13
B14
B20
B24
C4
C6
C11
C12

Contidos
Temas Subtemas
2. Normativa relacionada coa Investigación de Sinistros e Sucesos Marítimos.

Normativa Internacional.
Normativa Europea.
Normativa Española.
4. Organismos Nacionais encargados das Investigacións.

Organismos máis importantes.
Foro Internacional de Investigadores de Accidentes Marítimos (MAIIF).
Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM).
3. A.849(20). Código para a Investigación de Sinistros e Sucesos Marítimos.

Estrutura do Código.
Definicións.
Aspectos máis importantes.
5. Metodoloxías para realizar a Investigación.

A.1075(28): Guidelines to assist investigators in the implementation of the Casualty Investigation Code.
MAIIF Investigation Manual.
MAIIF Investigators’ In- the- field Job Aid
MAIIF Fire Investigation Manual.
Outras metodoloxías.
6. Redacción do Informe.

Fases na redacción.
Elementos a cubrir.
Terminoloxía.
A.918(22). SMCP
7. IMO Reporting. GISIS.
8. Estatísticas. Exemplos de bases de datos de estatísticas.
9. Exemplos de Investigacións. Comentarios sobre Informes de Investigacións

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A10 B3 B9 B14 B20 B24 C6 20 40 60
Traballos tutelados A10 A40 A41 A42 A44 B2 B3 B9 B13 B14 B20 B24 C4 10 30 40
Proba mixta B2 B9 B13 C12 4 0 4
Estudo de casos A44 C11 10 28 38
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba mixta
Estudo de casos
Sesión maxistral
Descrición
Presencial.
En horario de titorías, e previa autorización sanitaria.

Teams.
A titoría sincrónica está aberta en calquera momento, co límite da dispoñibilidade do profesor. Intentarase coordinar co alumno o tempo da titoría.

Email.
O profesor comprométese a responder o antes posible a todas as preguntas enviadas de xeito asíncrono.

En canto ao "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" o profesor poñerá a disposición da bibliografía da materia e a posibilidade de titorías en liña.
Profesor e alumnx coordinarán esta asistencia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A10 A40 A41 A42 A44 B2 B3 B9 B13 B14 B20 B24 C4 Un exemplo de traballo tutelado pode ser a realización dunha investigación propia dun sinistro marítimo. 50
Proba mixta B2 B9 B13 C12 Para optar a Avaliación Continua haberá que xustificar un mínimo do 80%de asistencia. 40
Estudo de casos A44 C11 Un exemplo de estudo de caso pode ser o comentario a un informe oficial de investigación. 10
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recolleito no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica

A.1075(28). Guidelines to Assist Investigators in the Implementation of the Casualty Investigation Code.

MAIIF Investigation Manual.

MAIFF Investigators "In-the-field Job Aid".

MAIIF Fire Investigation Manual.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Seguridade Marítima/631G01211

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías